Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | (Si)
“Facer cousas” ven sendo unha actividade esencial para as civilizacións humanas incluso antes da historia coñecida. Hoxe en día o termo “manufactura” se utiliza para esta actividade. Por razóns tecnolóxicas e económicas, a manufactura es unha actividade moi importante para o benestar das nacións. A tecnoloxía pode ser definida como a aplicación da ciencia para proporcionar á sociedade e aos seus membros aqueles bens que se necesitan ou desexan; afecta á nosa vida diaria de diversas formas, directa e indirectamente, pois representa varias tecnoloxías que axudan á sociedade e aos seus membros a vivir mellor (algúns exemplos: teléfonos móbiles, cámaras dixitais, ordenadores, automóbiles híbridos, circuítos integrados, fornos microondas, reloxos de cuarzo, etc). A que todos estes produtos teñen en común é que son manufacturados, polo que a manufactura é o factor crítico que fai posible a tecnoloxía.
Nesta materia se pretende responder ás seguintes preguntas e introducir aos alumnos na profundidade que unha materia de 4.5 créditos permite: Que é a manufactura? Como se organiza na industria? Que materiais procesos e sistemas a conforman? Que é e que conforma os sistemas de produción industrial? Como se organizan? Cales son os sistemas de soporte de ditos sistemas?
A materia está divida en dous bloques. O primeiro presta atención principalmente á manufactura e á definición dos sistemas de produción industrial, inclúe tres temas: o primeiro fai unha introdución dos aspectos máis xerais de manufactura, tipos de sistemas de manufactura, de procesos, etc; o segundo presenta e define os procesos de manufactura, e o terceiro profundiña nos sistemas de manufactura. O segundo bloque se dedica en exclusiva aos sistemas de soporte e xestión dos procesos de produción presentados no tema 3 do bloque anterior: planificación do proceso e control da produción, e control de calidade e inspección.
Polo tanto, os obxectivos da materia son: introducir aos alumnos aos procesos de fabricación, incluíndo a importancia dos materiais, unha clasificación e descrición dos procesos posibles, e se abordarán en profundidade os sistemas de produción industrial. Por último preténdese aportar aos alumnos coñecementos sobre os sistemas de soporte e xestión dos procesos de produción. Algúns obxectivos máis específicos:
- Comprender a organización necesaria nun entorno global e competitivo para xeración de bens e servizos na industria.
- Identificar diferentes tipos de sistemas produtivos e os principais problemas de organización de fluxo de materiais e de información que teñen lugar.
- Coñecer, aplicar e interpretar os resultados obtidos con diferentes técnicas de organización dos sistemas produtivos industriais para a toma de decisións tácticas e operativas.
Tal e como contempla a memoria da titulación Grado en Enxeñaría Química en vigor, os contidos da materia inclúen os seguintes descritores: Procesos de manufactura. Factores económicos, tecnolóxicos e sociais. Subsistemas de produción. Métodos e técnicas de apoio á xestión. Planificación e control da produción. Organización e calidad. Elementos e ferramentas para a xestión dos sistemas de calidade. Normas ISO 9000. Cadea de valor e vantaxe competitiva. Diagramas de Gantt. Redes Pert. Loxística. Funcións e principais indicadores clave de desempeño.
Dichos contidos están estruturados en dous bloques e 5 temas como se indica a continuación.
Bloque I. Manufactura e sistemas de produción industrial
Tema 1.- Introdución á manufactura.
Definición de manufactura. Materiais en manufactura. Procesos de manufactura. Sistemas de produción. Economía e manufactura. O problema da distribución das instalacións.
Tema 2.- Procesos de manufactura.
Introdución. Propiedades dos materiais e atributos dos produtos. Materiais en enxeñaría. Procesos de solidificación. Procesado de partículas de metais e cerámicas. Formado do metal e traballo con láminas metálicas. Procesos de eliminación de material. Operacións para a mellora de propiedades e procesado de superficie. Procesos de unión e ensamble. Procesado especial e tecnoloxías de ensamble.
Tema 3.- Sistemas de manufactura.
Introdución. Tecnoloxías de automatización para sistemas de manufactura. Sistemas integrados de manufactura. Manexo de materiais. Fundamentos das liñas de produción. Liñas de montaxe manual. Liñas de produción automatizadas. Manufactura celular. Sistemas e células de manufactura flexible. Manufactura integrada por ordenador. Programación de operacións.
Bloque II. Sistemas de soporte da manufactura
Tema 4.- Planificación do proceso e control da produción.
Introdución. Planificación del proceso. Outras funcións de enxeñaría de manufactura. Planificación e control da produción. Sistemas de entrega xusto a tempo. Produción esvelta.
Tema 5.- Control de calidade e inspección
Introdución. Calidade do produto. Capacidade e tolerancias do proceso. Control estatístico do proceso. Programas de calidade en manufactura. Principios de inspección. Tecnoloxías de inspección.
Bibliografía básica
Groover, M. P. Fundamentals of Modern manufacturing : material, proceses and systems. 6ª ed. John Wiley&Sons, New York, 2015. Sinatura ETSE : A132 11
Bibliografía complementaria:
Nahmias, S. Análisis da produción e las operaciones.6ª ed. McGraw-Hill Interamericana de México, 2014. ISBN 9786071511850. Sinatura ETSE: A132 5 B
Heizer, J., Render, B. Dirección de la producción y de operaciones: decisiones tácticas. 2008. 8ª Ed. Pearson-Prentice Hall. Madrid. ISBN: 978-84-8322-361-1
As notas de clase estarán dispoñibles no campus virtual da USC ao comenzo de cada tema.
A superación desta materia implica que o estudante terá adquirido as seguintes competencias:
Competencias básicas e xerais
CG.8. Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
CG.9. Capacidad de organización e planificación no ámbito da empresa e outras institución e organizacións.
Competencias transversais
CT.1. Capacidade de análise e síntese
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
CT.7. Toma de decisións
CT.14. Adaptación a novas situacións
CT.15. Motivación pola calidade
Competencias específicas
CI.9. Coñecementos básicos dos sistemas de produción e fabricación.
CI.11. Coñecementos aplicados de organización de empresas.
Durante o curso se facilitará aos alumnos as notas de clase para cada un dos temas, así como boletíns de problemas propostos para aqueles temas que corresponda complementar os realizados no aula normalmente a través da plataforma virtual. Tamén se facilitará outro material de traballo a través da plataforma virtual.
Nas clases expositivas (28 horas en 1 grupo) se presentaran os contidos e se resolverán problemas-tipo que permitan a análise dos conceptos estudiados. Se realizará un ou dous seminarios ao final de cada tema (as clases de seminario son 9h para cada alumno divididas en 2 grupos), nas que se traballará en actividades relacionadas cos problemas propostos para cada tema, así como outras actividades tipo de avaliación.
Proporase a realización dun traballo individual obrigatorio, aínda que dependendo do número de alumnos este traballo podería ser realizado entre 2 alumnos. O traballo consistirá, posteriormente á análise individual dos alumnos do tecido industrial da nosa xeografía, a selección de un sistema produtivo, e a análise do mesmo na medida que se avanza na materia. A análise deste sistema seleccionado por cada alumno será entregado unha vez terminado cada tema ou unha vez terminada a materia nunha caixa da plataforma virtual habilitada para dito fin.
Proporase tamén a dun traballo en grupo obrigatorio, grupos cunha composición aleatoria. Os traballos serán plantexados paulatinamente nas clases expositivas ao longo do curso, pois serán temáticas dos temas que se estean impartindo, de modo que en cada caso se plantexará o tema e o grupo de forma aleatoria por parte do profesor. Unha vez que os traballos estean listos os alumnos o comunicarán á profesora que dará o visto e prace para a súa presentación de forma sintética a todos os compañeiros nas clases expositivas e/ou interactivas; todos os traballos serán temática da materia, polo que previamente á súa presentación (que propoñerán os líderes de grupo cando o consideren) será supervisado e dirixido pola profesora; neste traballo a rapidez na presentación desde a proposta do traballo, o funcionamento efectivo do equipo, a síntese, así como a presentación serán obxecto de avaliación, ademais da calidade do mesmo que exclusivamente se realizará a modo presentación.
As titorías da materia poderán incluír dous tipos de actividades: sesións sobre sistemas de produción industrial existentes, que, a ser posible, industriais invitados explicarán aos alumnos en clase na ETSE. Por outra parte tamén se efectuará unha visita a un sistema de produción no caso de que a visita se poida levar a cabo. Previamente á visita, en clase estudiarase o sistema de produción industrial específico. Estas actividades de carácter obrigatorio, se avaliarán coa elaboración dun documento sobre os aspectos relacionados coa materia das mesmas.
Como tarefas voluntarias se proporán tamén unha serie de actividades que o alumno poderá realizar de forma individual unha vez plantexado e subir á caixa correspondente do aula virtual. Entre elas se realizarán actividades de avaliación parcial tipo cuestións cortas en clase e tipo test dispoñibles durante un tempo limitado no aula virtual; isto realizarase ao final de cada tema que se analizarán nas clases interactivas para resolver dúbidas e plantexar cuestións.
A continuación se presenta unha distribución previsible de actividades por semana:
1 Expositiva Presentación da materia, Exp./Int. Tema 1
2 Exp./Int. Tema 1, Seminario 1
3 Exp./Int. Tema 1, Seminario 2, Presentación Traballo en grupo
4 Exp./Int. Tema 1, Presentación Traballo en grupo
5 Exp./Int. Tema 2, Seminario 4, Titoría 1, Presentación Traballo en grupo
6 Exp./Int. Tema 2, Seminario 5, Presentación Traballo en grupo
7 Exp./Int. Tema 3, Presentación Traballo en grupo
8 Seminario 6, Exp./Int. Tema 3, Presentación Traballo en grupo
9 Exp./Int. Tema 3, Seminario 6, Presentación Traballo en grupo
10 Exp./Int. Tema 4, Seminario 7, Presentación Traballo en grupo
11 Exp./Int. Tema 4, Presentación Traballo en grupo
12 Exp./Int. Tema 5, Seminario 8, Presentación Traballo en grupo
13 Exp./Int. Tema 5, Seminario 9, Titoría 2
14 Seminario 9, Presentación Traballo en grupo
Na metodoloxía se terá en conta o desenvolvemento das competencias do seguinte modo:
CG.8. Capacidade para aplicar os principios e métodos da calidade.
Exp./Int. Tema 5, Presentación Traballo en grupo, Exp./Int. Tema 5, Seminarios 8 e 9
CG.9. Capacidade de organización e planificación no ámbito da empresa, e outras institucións e organizacións.
Expositivas e Interactivas, Seminarios, Traballo individual e en grupo, actividades voluntarias
CT.1. Capacidade de análise e síntese
Expositivas/Interactivas, Seminarios para resolución de boletíns de problemas, e Traballo en grupo, Titorías
CT.2. Capacidade de organizar e planificar
Seminarios, Traballo individual, Traballo en grupo e actividades voluntarias
CT.7. Toma de decisións
Seminarios, Traballo individual, Traballo en grupo e actividades voluntarias
CT.14. Adaptación a novas situacións
Traballo en grupo, Traballo individual, actividades voluntarias
CT.15. Motivación pola calidade
Interactivas/expositivas e seminarios
a. EXAME: Se realizará un exame final que terá un peso do 60% na nota final.
b. TRABALLOS/ACTIVIDADES: na avaliación do Traballo a realizar ao longo do curso se terá en conta a dedicación en las horas interactivas así como a actitude/aptitude do alumno, tendo en conxunto unha valoración do 30% na nota final:
- O Traballo en grupo terá un peso do 10% na nota final.
- O Traballo individual terá un peso do 10%.
- A actividade do alumno ao longo do curso nas actividades puntuais (cuestións, test, etc) terá un peso do 10% na nota final.
c. TITORÍAS: a participación do alumno nas Titorías terá un peso de un 5%.
d. INFORME do PROFESOR: Tamén contará adicionalmente un 5% o informe do profesor, onde entre outros aspectos se valorará a formulación de preguntas ou respostas a cuestións nas clases expositivas e interactivas.
Para ter en conta os apartados b e c na cualificación final o alumno debe obter unha nota mínima de 3.5 (sobre 10) en cada unha de las partes do exame. Asimesmo para superar a materia o alumno acadará un mínimo de 3.5 (sobre 10.0) en cada una das partes a, b e c. Antes da realización do exame os alumnos coñecerán as cualificacións obtidas no apartado b e c. Se considerará como NON PRESENTADO aquel alumno que non houbera realizado algún dos 4 ítems obrigatorios (Titorías grupais, exame, Traballo individual e Traballo en grupo)
No caso de non superar a materia na Primeira Oportunidade, o estúdiante será avaliado de novo na Segunda Oportunidade. Aqueles alumnos que na primeira oportunidade non acadaran o mínimo nos apartados b e c, serán avaliados das mesmas no exame da segunda oportunidade, de forma independiente para cada una das actividades.
Avaliación de actividades e competencias:
- Exame: CI.9, CG.8, CG.9, CT.7, CT.1, CT.2, CT.14, CT.15 - Traballos/actividades: CI.11, CG.8, CG.9, CT.1, CT.14 - Titorías: CI.11, CG.9, CT.2 - Informe do profesor: TODAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A materia consta de 4,5 ECTS (112,5 h de traballo total do estudante). A continuación, especificanse as horas previstas para cada actividade.
presencial autónomo total
Expositivas 28 34 62
Interactivas 9 11 20
Tutorías en grupo 1 4 5
Tutorías individuales 1 2 3
examen 5 17,5 22,5
TOTAL 44 68,5 112,5
É aconsellable que o estudante teña para a consulta de bibliografía de certo dominio do inglés e de ferramentas de follas de cálculo para a resolución de problemas. Recoméndase:
• Seguir a materia día a día.
• Participar na clase, para aclarar dubidas.
• Atender ás sesións de titorías.
• Resolver os problemas.
É recomendable que o alumno teña cursado as materias propias de enxeñaría dos cursos previos da titulación, en especial Fundamentos de Enxeñaría Química, e que simultaneamente estea cursando o teña cursado as materias de Fundamentos de máquinas e Resistencia de Materiais, así como Ciencia dos materiais. Empregaranse ferramentas de folla de cálculo, en concreto, excel.
As clases se impartirán en castelán e galego. Se manexarán tamén fontes de información en inglés. Como se indicou anteriormente, farase uso do Campus Virtual.
Nas actividades que se desenvolvan a traves de medios telemáticos, empregarase MS Teams xunto co campus virtual. Para estas actividades recoméndase que o equipo informático poda dispoñer de micrófono e cámara.
Pastora Maria Bello Bugallo
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816789
- Correo electrónico
- pastora.bello.bugallo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor