Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 30 Clase Interactiva: 30 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Ser capaces de identificar unha ampla variedade de especies presentes nos espazos verdes. Coñecer os usos potenciais e as características ornamentais das especies estudadas. Coñecer e aplicar adecuadamente os criterios básicos para a selección de especies a utilizar nun espazo verde determinado. Coñecer as esixencias de calidade do material vexetal que se adquira para a súa implantación en zonas verdes. Coñecer a metodoloxía, procesos e ferramentas para a implantación de elementos vexetais en zonas verdes.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Recoñecemento dunha ampla representación de especies presentes nos espazos verdes, con indicacións da súa orixe, atributos, requirimentos de cultivo e aplicacións na paisaxe. Criterios básicos para a selección de especies. Coñecemento dos requisitos de calidade das plantas para o seu uso na paisaxe. Principios xerais para a implantación das especies nas zonas verdes.
Os contidos desenvolveranse de acordo co seguinte temario:
PROGRAMA DE TEORÍA
BLOQUE 1. As plantas como elemento da paisaxe (20 h presenciais; 30 horas non presenciais)
1. Introdución. Presentación da materia. As plantas a través da historia. Organización do material vexetal. Criterios de clasificación (1h).
2. Gimnospermas. Coníferas. Principais especies e cultivares. Necesidades de clima e chan. Características ornamentais. Aplicacións na paisaxe. (10h)
3. Angiospermas dicotiledóneas. Árbores. Principais especies e cultivares. Necesidades de clima e chan. Características ornamentais. Aplicacións na paisaxe. (8h)
4. Angiospermas monocotiledóneas. Palmáceas e Agaváceas. Principais especies e cultivares. Necesidades de clima e chan. Características ornamentais. Aplicacións na paisaxe. (1h)
BLOQUE 2. Técnicas de implantación das especies en zonas verdes (10 h presenciais; 15 horas non presenciais)
5. Céspedes e pradeiras. Principais especies. Mesturas. Implantación de céspedes e pradeiras.(5h)
6. Criterios de calidade do material vexetal. (1h)
7. Técnicas de implantación da vexetación. Coidados post plantación.(4h)
PROGRAMA DE PRÁCTICAS
1. Recoñecemento de especies e cultivares de plantas leñosas utilizadas en zonas verdes. Os alumnos deberán realizar un herbario dixital cun mínimo de 50 especies. Visitaranse diferentes espazos verdes na contorna urbana ou rural, parques e xardíns contemporáneos ou históricos (20 h presenciais; 30 horas non presencias).
2. Recoñecemento de sementes e plantas de especies cespitosas (1h presencial; 1,5 h non presenciais)
3. Visita a un viveiro de produción de planta ornamental (4h presenciais; 6 h non presenciais).
4. Aplicación práctica dos contidos sobre céspedes e implantación: sementeira e seguimento da nascencia e desenvolvemento do céspede; programación da implantación. (5 horas presenciais; 7,5 h non presenciais)
-Brickell, C. (1990). Enciclopedia de plantas y flores. The Royal Horticultural Society, Ed. Grijalbo. Barcelona.
-Coombes. A.J. (1993). Árboles. Ed. Omega. Barcelona.
-Lamosa Quinteiro, S. (2009). Conocimiento básicos de céspedes y gramíneas cespitosas. Unicopia. Lugo.
-Merino Merino, D., y Ansorena Miner, J. (1998). Césped deportivo. Construcción y mantenimiento. Dpto. de Agricultura y Medio Ambiente, Diputación Foral de Guipuzkoa.
-Naves Viñas, F., J. Pujol Solanich, X. Argimon de Vilardaga y L. Sampere Montillól. (1992). El árbol en jardinería y paisajismo. Ed. Omega. Barcelona.
-Normas Tecnológicas de Jardinería y Paisajismo (NTJ). (1993-2020). Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Agrícolas y Peritos Agrícolas de Cataluña/Fundació de la Jardineria i el Paisatge.
-Pereira-Espinel Plata, J.; Rodríguez Guitián, M.A; Iglesias Díaz, Mª Isabel; Rigueiro Rodríguez, A. (2012). Ruta Botánica por el Campus de Lugo. Reserva de la Biosfera Terras do Miño. Universidade de Santiago de Compostela, Diputación de Lugo.
Recursos web:
Arbolapp. Guía de los árboles silvestres de la Península Ibérica y Baleares. CSIC/FECYT. Accesible en: http://www.arbolapp.es/
Sánchez de Lorenzo Cáceres, J.M. Árboles ornamentales. Accesible en: https://www.arbolesornamentales.es/
Complementaria
-Krüssman, G. (1986). Manual of cultivated broad-leaved trees & shrubs. Vol. I-IV. Timber Press. Oregón.
-Sánchez de Lorenzo Cáceres, J.M. (2000). Flora ornamental española. Tomo I: Magnoliaceae a Casuarinaceae); Tomo II: Cactaceae a Cucurbitaceae. Tomo III: Salicaceae a Chrysobalanaceae; Tomo IV: Papilionaceae a Proteaceae; Tomo V: Santalaceae a Polygonaceae; Tomo VI: Araliaceae a Boraginaceae. Ed. Junta de Andalucía. Consejería de Agricultura y Pesca. Sevilla.
-Walter, S.M. y col. (Ed.) (1986-2000). The European Garden Flora. A manual for the identification of plants in Europa, both out-of-doors and under glass. Vol. I-VI. Cambridge University Press. Oregón.
CG6 - Coñecer os problemas físicos e ambientais; os factores hidrolóxicos e climáticos; a edafoloxía e a calidade vexetal que determinan a paisaxe.
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nun área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vanguardia do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
CB5 - Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grado de autonomía
Competencias transversais:
CT2 - Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT4 - Adquirir habilidades para a vida, hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
CT5 - Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
CT8 - Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
Competencias específicas:
CE49 - Coñecementos do material vexetal: clasificación, especies e usos, subministro e calidades, implantación.
CE50 - Capacidade de coñecer, seleccionar e utilizar a vexetación en consonancia co lugar, carácter e enfoque do proxecto e en función da escala (rexional, local ou particular)
CE51 - Coñecementos dos usos potenciais e das características ornamentais das especies vexetais en función da xestión, conservación e mantemento de zonas verdes.
A materia se imparte no primeiro semestre do 2º curso do Grao de Paisaxe, cunha carga lectiva de 6 créditos, repartida a partes iguais entre clases expositivas (30 h) e clases interactivas (seminarios e prácticas, 30 h). A parte teórica se impartirá en clases maxistrais nas que se explicarán os contidos básicos de forma que sexa posible unha participación activa do alumnado.
As clases interactivas (seminarios, prácticas de laboratorio e viaxes de prácticas) realizadas durante o curso son de carácter obrigatorio e axudarán ao alumno a unha mellor comprensión da parte teórica. Os traballos prácticos que os alumnos deberán realizar durante o curso facilitarán e reforzarán a aprendizaxe dos contidos da materia. Farase como mínimo unha viaxe de prácticas a xardíns públicos, xardíns históricos, o viveiros. A viaxe é obrigatoria e o informe da práctica computará na cualificación final.
As competencias traballadas en cada unha das modalidades de ensino son as seguintes:
Clases expositivas: CG6, CE49, CE50, CE51,
Clases interactivas: CB1, CB2, CB3, CB5, CT2, CT5, CE50,
Viaxes de prácticas: CB2, CB3, CT2, CT4, CT5, CT8, CE50
Toda a información necesaria sobre a materia, así como o material empregado na docencia teórica e práctica, enlaces web, foro para debates, exercicios para a aprendizaxe da materia, así como novidades nas actividades relacionadas cos contidos da materia, estarán dispoñibles para os alumnos no campus virtual da USC. Tamén se habilitará espazo nel para a entrega dos traballos que se lle encarguen ao alumno.
Os alumnos examinaranse da parte teórica da materia mediante unha proba obxectiva escrita que terá lugar nas datas establecidas polo centro, e que será necesario aprobar en cada unha das súas partes para superar a materia. As partes de teoría de que conste a proba serán compensables sempre e cando a nota mínima sexa de 4, do contrario o estudante deberá repetir a parte de teoría suspensa. Realizarase un exame práctico de identificación de especies, que tamén será necesario aprobar para superar a materia no seu conxunto. As prácticas son de asistencia obrigatoria. Os alumnos deberán realizar e aprobar os traballos prácticos que se propoñan durante o curso. Os alumnos que repitan non terán que facer de novo as prácticas o primeiro ano. En caso de suspender unha segunda vez repetirán toda a materia.
A memoria verificada do título establece tres sistemas xenéricos de avaliación coas súas correspondentes escalas de ponderación sobre a cualificación final da materia. A achega de cada tipo de sistema de avaliación sobre a cualificación final da materia será a seguinte:
Participación nas clases (10%)
Proba obxectiva escrita (35%): competencias CE49, CE50, CE51
Traballos entregados e/ou expostos:
-Proba práctica identificación de especies (20%): competencias CE49, CE50
-Entrega de traballos e informes (35%): competencias CB2, CB3, CT2, CT5, CE50
En canto á superación da materia nas oportunidades extraordinarias (Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC): Os alumnos deberán examinarse da parte teórica da materia mediante un exame escrito que será necesario aprobar para superar a materia. Haberá un exame de prácticas sobre identificación de especies ornamentais, que tamén será necesario aprobar para superar a materia no seu conxunto. As prácticas son de asistencia obrigatoria. Os alumnos deberán realizar e aprobar todos os traballos prácticos.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Os créditos desta materia son 6. Isto supón un total de 150 horas computables, que se distribúen do modo seguinte:
a) Docencia presencial. Distribución:
30 h clases expositivas
30 h clases interactivas
b) Traballo persoal do alumno. En total, o alumno debe dedicar 90 horas ao estudo dos contidos da materia e á comprensión e realización dos traballos prácticos.
O alumno vai estudar unha materia que abarca un coñecemento detallado das plantas que conforman as nosas paisaxes. Este coñecemento abarca aspectos botánicos referidos á identificación e clasificación das especies, pero tamén aspectos estéticos que debemos identificar e aprender a utilizar na creación de novas paisaxes. O coñecemento das diferentes especies de plantas e os seus atributos debe combinarse cun coñecemento das súas necesidades de cultivo e prácticas de manexo e conservación, necesarias para unha xestión adecuada das paisaxes construídas. Recoméndase a asistencia e a participación activa nas clases, así como as consultas das posibles dúbidas nas titorías do profesor. É importante completar os contidos explicados en clase mediante a consulta da bibliografía recomendada. Finalmente, é necesario complementar o estudo das plantas desde un punto de vista moi práctico, de modo individual ou ben en grupo, aprendendo a recoñecelas nas saídas a espazos verdes, reforzando as saídas de prácticas que se farán durante o curso e, observando as posibilidades de emprego das diferentes especies de plantas que constitúen a vexetación.
Rosa Romero Franco
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- rosa.romero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Iglesias Diaz
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- mariaisabel.iglesias.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Santiago Lamosa Quinteiro
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Teléfono
- 982823111
- Correo electrónico
- santiago.lamosa [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Couso Viana
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- ana.couso.viana [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
Mércores | |||
17:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |
15.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |
30.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 5 (Aulario 2) |