Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 90 Clase Expositiva: 45 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacitar ao alumno no uso de tecnoloxías que apoien os procesos de captura, análise e visualización de datos espaciais, adquirindo a capacidade de manexar información xeoespacial.
A memoria verificada do título contempla os seguintes contidos:
Conceptos fundamentais de cartografía. Representación cartográfica de fenómenos xeográficos. Clasificación da cartografía e tipos de representacións cartográficas. Semioloxía cartográfica. Cartografía topográfica e cartografía temática. Fundamentos da fotogrametría. Visión 3D e interpretación fotográfica. Sensores (sistemas aéreos). Proceso xeral de fotogrametría. Restitución fotogramétrica. Ortofotomapas. Fundamentos e principios físicos da teledetección. Sensores (sistemas espaciais). Tratamento da imaxe dixital. Extracción de información a partir de imaxes de satélite. Xeodesia espacial: sistemas de posicionamento global por satélite Constelacións de satélites para o posicionamento. Navegación espacial.
Estes contidos desenvolveranse do seguinte xeito:
SESIÓNS EXPOSITIVAS:
T01.- Introdución á xeoinformática (1 HP + 1,5 HTA)
T02.- Xeodesia (1 HP + 1,5 HTA)
T03.- Escala cartográfica (1 HP + 1,5 HTA)
T04.- Métodos de representación do relevo (2 HP + 3 HTA)
T05.- Proxeccións cartográficas (2 HP + 3 HTA)
T06.- Cartografía (2 HP + 3 HTA)
T07.- Sistemas de Posicionamento Global (2 HP + 3 HTA)
T08.- Método de traballo e aplicacións con GNSS (1 HP + 1,5 HTA)
T09.- Fundamentos da fotogrametría (1 HP + 1,5 HTA)
T10.- Estereoscopía e paralaxe (1 HP + 1,5 HTA)
T11.- Método xeral de fotogrametría (1 HP + 1,5 HTA)
T12.- Cámaras e imaxes (1 HP + 1,5 HTA)
T13.- Proceso de orientación interna. Calibración (3 HP + 4,5 HTA)
T14.- UAS (Unmanned Aircraft System) (1 HP + 1,5 HTA)
T15.- Planificación de voos (2 HP + 3 HTA)
T16.- Fotointerpretación (2 HP + 3 HTA)
T17.- Conceptos básicos da teledetección (2 HP + 3 HTA)
T18.- Plataformas e sensores empregados na teledetección (2 HP + 3 HTA)
T19.- Procesamento de imaxes (2 HP + 3 HTA)
SESIÓNS INTERACTIVAS:
P01.- Procesamento dun voo con apoio fotogramétrico (4 HP + 6 HTA)
P02.- Procesado de imaxes de satélite multiespectrais (3 HP + 4,5 HTA)
P03.- Procesamento dun voo con sensor térmico (8 HP + 12 HTA)
S01.- Escalas (2 HP + 3 HTA)
S02.- Curvas de nivel (2 HP + 3 HTA) S03.- Proxección UTM (2 HP + 3 HTA)
S04.- Empregando un estereoscopio (2 HP + 3 HTA)
S05.- Calibración de cámara (2 HP + 3 HTA)
S06.- Elaboración dun plan de voo (2 HP + 3 HTA)
S07.- Elaboración dun plan de voo (GSD) (2 HP + 3 HTA)
S08.- Uso de software de planificación de voos (1 HP + 1,5 HTA)
HP = Horas Presenciais
HTA = Horas de Traballo Autónomo
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
(1) Vázquez maure, F. y Martín López, J. (1989). Lectura de mapas. Madrid: IGN.
(2) Bernabé, M.A.; Iturrioz, T. (1995). Elementos de Diseño Gráfico. Ed. Escuela Universitaria de Ingeniería Técnica. Universidad Politécnica de Madrid.
(3) Lerma, J.L. (2002). Fotogrametría moderna: Analítica y Digital. Valencia: Universidad Politécnica de Valencia.
(4) Chuvieco Salinero, E. (2002). Teledetección Ambiental. La observación de la Tierra desde el espacio. Barcelona: Ed. Ariel S.A.
(5) Pinilla, C. (1995). Elementos de Teledetección. Madrid: Ed. Rama.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
(1) Jensen, J.R. (2007). Remote Sensing of the Environment: An Earth Resource Perspective. NJ: Prentice Hall.
(2) Jensen, J.R. (2005). Introductory Digital Image Processing. NJ: Prentice Hall.
(3) Kleusberg, A.; Teunissen, P.J.G. (1998). GPS for geodesy. Berlin: Springer.
(4) Robinson, A. H. et al. (1987). Elementos de Cartografía. Barcelona: Omega.
(5) Kraus, K. (2000) Photogrammetry. Vol. 1. Fundamentals and Standard Processes. Köln: Ed. Dümmler.
Competencias básicas e xerais: CB01, CB02, CB03, CB04, CB05, CG02, CG05
Competencias transversais: CT02, CT05, CT07, CT08
Competencias específicas: CE03, CE07, CE11, CE12
DESCRICIÓN DAS COMPETENCIAS:
CB1 Que o alumnado demostre posesión e comprensión de coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adoita atoparse nun nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda da súa área de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da
elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CE11 Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de levantamentos e replanteos topográficos. Cartografía, Fotogrametría, sistemas de información xeográfica e teledetección.
CE12 Coñecemento adecuado e aplicado á paisaxe das bases de topografía, hipsometría e cartografía e as técnicas de modificación do terreo.
CE3 Coñecemento adecuado e aplicado á paisaxe dos sistemas de representación espacial e fotográfica.
CG2 Coñecer os sistemas de información e representación da paisaxe.
CG5 Coñecemento en materias básicas, científicas e tecnolóxicas que permitan unha aprendizaxe continua, así como unha capacidade de adaptación a novas situacións.
CT2 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. Habilidade no manexo de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC). Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada. Utilización de información bibliográfica e da internet.
CT5 Estimular a capacidade para traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
CT7 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
CT8 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
CR07 Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos ordenadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñería
COMPETENCIAS: CE03, CE07, CE11, CE12
- Sesión maxistral.
- Proba obxectiva.
- Solución de problemas.
- Proba de resposta múltiple.
- Obradoiro de asignatura.
COMPETENCIAS: CT02, CT05, CT07, CT08
- Solución de problemas.
- Proba de resposta múltiple.
- Obradoiro de asignatura.
COMPETENCIAS: CB01, CB02, CB03, CB04, CB05, CG02, CG05
- Proba de resposta múltiple.
1) ALUMNOS MATRICULADOS POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA:
[EC] Proba de resposta múltiple (20%)
O alumno terá cuestionarios que terá que facer de cada tema na aula virtual, así como actividades prácticas para a aplicación dos coñecementos adquiridos, obtendo unha nota sobre un máximo de 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE3, CE11, CE12, CT2, CB1, CB2, CB3, CB4, CB5, CG2, CG5
[EX] Proba obxectiva (40%)
O exame consistirá en preguntas teóricas e prácticas puntuando a nota dun total sobre 10 puntos.
COMPETENCIAS: CE3, CE11, CE12
[PR] Avaliación de taller (40%)
O alumno debe entregar as actividades prácticas que se van realizando, puntuando cunha nota de 10 puntos. No caso de realizarse unha viaxe de prácticas, a asistencia será obrigatoria. A avaliación desta actividade computarase baixo este epígrafe.
COMPETENCIAS: CT2, CE3, CE11, CE12
2) ALUMNOS QUE NON SUPERARON A MATERIA EN ANOS ANTERIORES:
Terán que facer o exame e as actividades de avaliación cos mesmos criterios que os alumnos matriculados por primeira vez.
IMPORTANTE:
- A avaliación da primeira e segunda oportunidades realizarase utilizando os mesmos criterios.
- En caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o establecido no Regulamento para a avaliación do rendemento académico dos estudantes e a revisión de cualificacións.
Os tempos de estudo establecidos nesta materia son:
- Clases teóricas expositivas: 30 horas
- Clases interactivas (prácticas/seminarios): 30 horas
- Titorías en grupo: 0 horas
- Estudo individual, lectura e terminación de traballos prácticos: 90 horas
- Asistencia a todas as sesións expositivas e prácticas.
- Consulta diaria del campus virtual.
- Asistencia a titorías grupais para discutir, aclarar ou resolver dúbidas.
DISPENSA DE ASISTENCIA:
Os estudantes aos que se lles conceda esta exención deben seguir a materia a través do Campus Virtual, realizando todas as entregas necesarias para obter unha nota positiva en EC, PR e EX respectivamente.
IMPORTANTE:
Queda prohibido o uso de dispositivos electrónicos durante as clases e/ou exames salvo autorización expresa. O incumprimento disto suporá a expulsión do alumno da sesión correspondente.
Xesus Pablo Gonzalez Vazquez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- xesuspablo.gonzalez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Jaime Rodriguez Pereña
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- jaime.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Teresa Martin Sanchez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Cartográfica, Xeodésica e Fotogrametría
- Correo electrónico
- mteresa.martin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario do Territorio (Pav.II-PSI) |