Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Física Aplicada
Áreas: Física Aplicada
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
• Aprendizaxe dos fundamentos físicos nos campos da termodinámica, transporte da calor, teoría de campos e electromagnetismo, axeitados ao perfil da titulación.
• Desenvolvemento da capacidade de análise e resolución de problemas prácticos de aplicación dos fundamentos físicos aprendidos, empregando para iso modelos matemáticos propios das materias abordadas.
• Afondamento na formación experimental adquirida no laboratorio de Física I para lograr que o alumno desenvolva competencias transversais de formación experimental e científica propias da titulación. As actividades propostas promoverán a elección e aplicación de métodos analíticos, de cálculo e experimentais xa establecidos, así como interpretación dos resultados para chegar a conclusións válidas no ámbito do estudo. Farase fincapé na análise de incertezas e na presentación correcta, tanto escrita como oral, dos resultados experimentais.
• Establecemento da base necesaria para o desenvolvemento posterior doutras materias afíns dentro do plan de estudos.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
• Termodinámica: principios da Termodinámica; transmisión da calor.
• Electromagnetismo: teoría de campos; electrostática; corrente continua; magnetostática; indución magnética; corrente alterna; ecuacións de Maxwell e ondas electromagnéticas.
Estes contidos teóricos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
1ª PARTE: TERMODINÁMICA E TRANSMISIÓN DO CALOR
Distribución en horas para este bloque:
• Presenciais: 12 docencia expositiva, 6 seminarios, 1,5 titorías grupo, 6 prácticas.
• Non presenciais: 18 preparación temas, 6 realización exercicios, 12 elaboración traballos, 11 preparación probas avaliación.
TEMA 1: CONCEPTOS BÁSICOS E POSTULADOS INICIAIS DA TERMODINÁMICA
Introdución: obxecto da termodinámica. Sistema termodinámico: propiedades, descrición e estado. Fases: calor latente. Procesos. Ciclos. Procesos reversíbeis e irreversíbeis. Equilibrio térmico. Definición de temperatura. Escalas termométricas. Temperatura absoluta. Teorema de Nernst. Leis dos gases ideais: ecuación térmica de estado. Ecuación de estado dos gases reais. Diagrama de compresibilidade. Comportamento P-V-T de mesturas de gases: os modelos de Dalton e Amagat. Mesturas de gases reais. Dilatación térmica: lineal, superficial e cúbica. Dilatación de líquidos. Dilatación dun gas ideal. Esforzos térmicos.
TEMA 2: PRIMEIRO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA.
Introdución. Ampliando o concepto de enerxía: enerxía interna. Ampliando o concepto de traballo: traballo termodinámico. Traballo en procesos cuasiestáticos de expansión e compresión. Teoría clásica de intercambio de calor de Lavoisier-Laplace: calorimetría. Primeiro principio: conservación da enerxía. Termodinámica dos gases perfectos: lei de Joule, enerxía interna, entalpía, calores específicos e relación de Mayer. Aplicación do primeiro principio a sistema pechados con gases ideais: isóbaras, isócoras, isotermas e adiabáticas. Procesos politrópicos.
TEMA 3: SEGUNDO PRINCIPIO DA TERMODINÁMICA.
Introdución: limitacións do primeiro principio. Máquinas térmicas: rendemento e eficacia. Formulacións do segundo principio en base a máquinas térmicas: enunciados clásicos de Clausius e Kelvin-Planck. Móbil perpetuo de segunda especie. Estudo de máquinas térmicas. Causas de irreversibilidade en procesos reais. Segundo principio: versión Carnot. Teorema de Carnot. Outros ciclos: Otto e Diesel. Temperatura termodinámica. Segundo principio: aumento de entropía. Variacións de entropía en procesos irreversibles. Desigualdade de Clausius. Relacións da entropía con outras propiedades termodinámicas. Cálculo de variacións de entropía en procesos reversibles.
TEMA 4: TRANSMISIÓN DA CALOR.
Introdución: sistemas desequilibrados. Contexto dos modos de transmisión do calor. Transferencia da calor por condución. Propiedades térmicas da materia: condutividade e resistencia térmica. Ecuación de difusión da calor. Transferencia da calor por convección. Transferencia da calor por radiación: Penetración da radiación na materia. Propiedades das superficies emisoras de radiación. Reflectancia, absortancia e transmitancia. O modelo de corpo negro. A lei de Planck. A lei dos desprazamento de Wien. A lei de Stefan-Boltzmann. A lei de Kirchhoff. Intercambio de calor por radiación entre dous corpos separados por un medio non absorbente. Exemplos clásicos con solución analítica: Condución a través de paredes planas simples. Transmisión térmica complexa. Coeficiente global de transmisión. Sistema radiais: condución a través das paredes simples dun cilindro oco. Condución a través de paredes cilíndricas compostas. Condución a través de paredes esféricas compostas. Espesura crítica dun illante radial. Perfís de temperatura en función da xeometría.
2ª PARTE: ELECTROMAGNETISMO
Distribución en horas para este bloque:
• Presenciais: 12 docencia Expositiva, 6 seminarios, 1,5 titorías grupo, 6 prácticas.
• Non presenciais: 18 preparación temas, 6 realización exercicios, 12 elaboración traballos, 12 preparación probas avaliación.
TEMA 5: CONCEPTOS BÁSICOS DA TEORÍA DE CAMPOS.
Introdución. Conceptos de campo escalar e vectorial. Características dos campos escalares e vectoriais. Cálculo vectorial infinitesimal. Derivada direccional. O operador nabla. Gradiente dun campo escalar. Diverxencia dun campo vectorial. Rotacional dun campo vectorial. Laplaciana dunha función escalar. Representación vectorial de superficies. Integración de campos vectoriais: circulación e integral de superficie. Fluxo dun campo vectorial a través dunha superficie. Integrais de volume. Definicións integrais de gradiente, diverxencia e rotacional. Teorema de Ostrogradski-Gauss. Teorema de Stokes. Teoría potencial: escalar e vectorial. Clasificación dos campos vectoriais. Teorema de Helmholtz.
TEMA 6: CAMPOS ELÉCTRICOS ESTÁTICOS.
Introdución. Carga eléctrica. Distribucións de carga eléctrica. Lei de Coulomb. Campo eléctrico. Principio de superposición. Liñas de campo. Fontes escalares de campo: lei de Gauss. Aplicación da lei de Gauss. Traballo, enerxía e potencial electrostático. Superficies equipotenciais. Ecuación de Poisson e de Laplace. Enerxía en función do campo eléctrico. Estudo do dipolo eléctrico. Materiais condutores. Teoremas de Faraday e de Coulomb. Condensadores: tipos e asociacións. Enerxía almacenada nun condensador. Materiais dieléctricos. Polarización dun dieléctrico. Xeneralización da lei de Gauss. Vector de desprazamento eléctrico. Relación constitutiva. Condensador recheo dun dieléctrico.
TEMA 7: CORRENTE CONTINUA.
Introdución: magnitudes fundamentais. Intensidade e densidade de corrente. Ecuación de continuidade. Relación constitutiva: lei de Ohm. Condutividade e resistencia eléctrica. Potencia e enerxía eléctrica: lei de Joule. Elementos activos ideais e reais: xeradores de tensión e de corrente. Receptores e forza contraelectromtriz. Asociación de elementos activos e pasivos. Concepto de circuíto eléctrico. Teoría de circuítos de corrente continua: ecuación do circuíto e leis de Kircchoff. Métodos de resolución de circuítos: correntes de malla e tensións nos nós. Teorema de superposición. Teoremas de Thèvenin e Norton. Teorema de máxima transferencia de potencia. Balance de potencias.
TEMA 8: CAMPOS MAGNÉTICOS ESTÁTICOS.
Introdución. Forza de Lorentz e implicacións. Efecto Hall. Forzas magnéticas sobre condutores e par sobre unha espira de corrente. Lei de Biot-Savart: aplicacións. Lei de Gauss para o campo magnético. Liñas de campo magnético. Lei circuital de Ampère: aplicacións a casos con simetría. Potencial vector magnético. Potencial magnético escalar dunha corrente. Estudo do dipolo magnético.Magnetización da materia. Vector imanación. Correntes macroscópicas equivalentes. Xeneralización da lei de Ampère. Vector intensidade magnética. Relación constitutiva. Descrición cualitativa das propiedades magnéticas da materia: diamagnetismo, paramagnetismo y ferromagnetismo.
TEMA 9: CAMPOS ELECTROMAGNÉTICOS VARIABLES CO TEMPO.
Introdución. Fluxo magnético e lei de Faraday. Forza electromotriz inducida: casos. Indutancia: autoindución e indución mutua. Coeficiente de acoplamento. Asociación de bobinas. Bobinas acopladas magneticamente: o transformador. Enerxía magnética. Comparativa entre a enerxía eléctrica e magnética. Achegas de Maxwell: a compilación do electromagnetismo en catro ecuacións. Estudo básico das ondas electromagnéticas.
TEMA 10: CORRENTE ALTERNA.
Introdución. Sinais variables no tempo: elección sinusoidal. Xeración de sinais variables sinusoidais: fem alterna. Propiedades: valor medio e eficaz. Comportamento dos compoñentes básicos fronte a sinais alternas: resistencias, condensadores e bobinas. Representación fasorial das sinais alternas sinusoidais. Elementos pasivos: asociacións. Elementos activos: asociación e conversión. Potencia e enerxía: potencia complexa. Factor de potencia a súa corrección. Resonancia e antirresonancia. Asociación de elementos activos e pasivos. Teoría de circuítos de corrente alterna: leis de Kirchhoff fasoriais. Métodos de resolución de circuítos: correntes de malla e tensións nos nós. Teorema de superposición. Teoremas de Thèvenin e Norton. Teorema de máxima transferencia de potencia.
CONTIDOS EXPERIMENTAIS:
O ensino no laboratorio dos alumnos constitúe unha parte substancial de todo curso de Física. Ademais do seu papel tradicional ilustrando contidos específicos do programa da materia, as prácticas permiten ao alumno desenvolver competencias transversais propias da titulación. As actividades que se desenvolven no laboratorio promoven a elección e aplicación de métodos analíticos, de cálculo e experimentais xa establecidos, e fan necesaria a interpretación dos resultados para chegar a conclusións válidas no ámbito do estudo. Ademais, tanto no laboratorio coma á hora de elaborar o material para a súa exposición, se fomenta o traballo en equipo, practícase a comunicación oral e escrita e a xestión da información. Máis concretamente, os obxectivos específicos do laboratorio son:
• Desenvolver hábitos correctos de traballo en equipo mediante a aplicación do método científico á análise de problemas prácticos reais.
• Aprender o correcto manexo de datos e a extraer conclusións dos experimentos, proporcionándolles ademais experiencia na transmisión da información técnica mediante a redacción de informes científico-técnicos e a exposición oral.
• Desenvolver o seu compromiso coas metas marcadas para un grupo de traballo e cos principios éticos involucrados no traballo científico e técnico.
Para acadar os anteriores obxectivos no laboratorio de prácticas de Física II disponse do seguinte conxunto de experimentos:
I. Termodinámica e transmisión de calor
• DETERMINACIÓN DE CALORES ESPECÍFICOS DE SÓLIDOS
• DILATACIÓN LONXITUDINAL DE SÓLIDOS
• ECUACIÓN DOS GASES IDEAIS
• ESTUDO DA TRANSMISIÓN DA CALOR EN PAREDES PLANAS
II. Electromagnetismo
• LEI DE COULOMB
• INDUCIÓN MAGNÉTICA
• CIRCUÍTOS DE CORRENTE CONTINUA
• CIRCUÍTOS DE CORRENTE ALTERNA
•CONDENSADOR DE PLACAS PLANOPARALELAS
PROXECTOS DE SIMULACIÓN POR ORDENADOR
A simulación é unha potente ferramenta de ensinanza-aprendizaxe que facilita a comprensión e afondamento nos principios físicos aos estudantes de física e enxeñaría. Na Web, existe unha morea de boas simulacións animadas pero a física que hai detrás delas mantense en secreto polo autor. Empregando un linguaxe de alto nivel, como Python, o alumno aprende a programar as súas simulacións ao tempo que afonda no entendemento do fenómeno proporcionándolle unha experiencia de aprendizaxe superior á de executar un applet en Internet. No últimos tempos, os baixos prezos dos microcontroladores Arduino, permítenos combinar este hardware coa programación en Python para levar experimentos de computación física simples que permitan aumentar a aprendizaxe autónoma e a motivación do estudante.
Nesta materia, ofrecemos ao alumno, de xeito individual e voluntario, poder levar a cabo traballos simulacións por ordenador de distintos fenómenos físicos relevantes na materia impartida e/ou de importancia práctica na enxeñería. Esta lista non é pechada senón que está en continuo cambio
e ampliación. A listaxe dos traballos propostos no pasado curso académico é a seguinte:
• Cálculo do traballo realizado por un gas ideal.
• Lei dos gases ideais e ecuación de Van der Waals.
• Radio crítico en sistemas radiais e cilíndricos.
• Campo electrostático a partir do potencial.
• Circuítos de corrente continua.
• Forza de Lorentz sobre unha partícula.
• Lei arrefriamento de Newton con Arduino.
• Entropía e desorde.
• Procesos de transferencia de calor.
• Simulación do motor de Stirling.
• Enerxía nun campo electrostático.
• Oscilacións en circuítos RLC.
• Transitorios en circuíos RC e RL.
• Circuíto RC con Arduino.
o YOUNG, H.D.; FREEDMAN, R.A.; LEWIS FORD, A.: Sears and Zemansky's University Physics with Modern Physics. Ed. Addison Wesley, 2011.
o DE JUANA, J. M.: Física General. Vol. I e II. Ed. Pearson Prentice-Hall, 2007.
o TIPLER, P.A.: Física para la Ciencia y la Tecnología. (2 vol.). Ed. Reverté, 1999.
o Libros de problemas
o ALCARAZ, O., LÓPEZ, J., LÓPEZ, V. Física. Problemas y ejercicios resueltos. Ed. Pearson Prentice-Hall, 2006.
o BURBANO, S.; BURBANO, E.; GRACIA, C.: Problemas de Física. Ed. Tebar, 2004.
o SERRANO S. ET AL. Electricidad y magnetismo. Estrategias para la resolución de problemas y aplicaciones. Ed. Pearson, 2001.
•BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
o GONZÁLEZ DE POSADA, F.; GONZÁLEZ, M.; REDONDO Mª D.: Teorías Termológicas. Aplicación a la Arquitectura
y a las Ingenierías. Ed. Pearson. 2007.
o INCROPERA, F.; DeWITT, D.: Fundamentos de Transferencia de Calor. Ed. Pearson, 1999.
o Fraile Mora, J., Fraile Ardanuy, J.: Electromagnetismo: Teoría y Problemas. Ed. Ibergarceta Publicaciones, 2015.
o FRAILE-MORA, J.: Electromagnetismo y Circuitos Eléctricos. Ed. McGraw-Hill, 2006.
o PRESTON, DARYL W. The Art of experimental physics Publicación New York. John Wiley & Sons, 1991. ISBN 0-471-84748-8
o Physics Books On-Line (http://www.sciencebooksonline.info/physics.html)
Nesta materia o alumno adquirirá unha serie de competencias xenéricas e desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, da enxeñaría. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para as titulacións, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas:
•CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo
•CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
•CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
•CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado
•CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía
Competencias xerais:
• CG1- Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
Competencias transversais:
•CT1.- Capacidade de análise e síntese.
•CT2.- Capacidade para o razoamento e a argumentación.
•CT3.- Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
•CT4.- Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
•CT5.- Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
•CT6.- Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
•CT7.- Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
•CT8.- Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
•CT9.- Habilidade no manexo de TIC’s.
•CT10.- Utilización de información bibliográfica e de Internet.
•CT12.- Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Competencias específicas:
•CEFB4 .- Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
Observacións: esta competencia adquírese cursando as materias de Física I e Física II.
Metodoloxía da ensinanza
-Leccións maxistrais participativas (~80): Os contidos teóricos levaranse a cabo mediante exposición maxistral empregando material de apio multimedia (transparencias, animacións gráficas, vídeos ilustrativos curtos, etc.). Para dinamizar as presentacións e manter a atención do alumnado, inseriranse cuestións simples no medio das exposicións, que calquera estudante terá a oportunidade de responder oralmente A asistencia a esta actividade presencial é VOLUNTARIA para todos os alumnos.
Competencias traballadas: CB={1,2,3,4,5}, CG1, CT={2,10,12}, CEFB4.
-Actividades en seminarios interactivos con grupos reducidos (~20): estas sesións empregaranse para a realización de problemas representativos dos contidos teóricos. O profesor promoverá a participación activa do estudantado durante o prantexamento dos problemas e ao remate da resolución, haberá unha sesión aberta para que se poidan expoñer as dúbidas ao profesor e explorar solucións alternativas. Ademais, poderán propoñerse cuestións-desafío para resolver en parellas nos últimos 10 minutos de clase. Con carácter voluntario e individual, proporase aos alumnos a resolución dun problema desafío por cada tema. Estes exercicios terán unha dificultade maior aos das clases e, na medida do posible, serán de aplicación no campo da enxeñería. A asistencia a esta actividade presencial é VOLUNTARIA para todos os alumnos.
Competencias traballadas: CB={1,2,3,4,5}, CG1, CT={1,2,4,7,10,12}, CEFB4.
- Aprendizaxe baseado na resolución de casos prácticos e en proxectos: proponse unha actividade voluntaria a desenvolver individualmente, no ámbito da simulación computacional de fenómenos físicos relevantes para a materia e aplicados ao ámbito da enxeñería. Esta actividade está estreitamente relacionada coa adquisición de competencias transversais (física, matemáticas e informática) e encamiñada a potenciar a docencia activa. A metodoloxía que se aplica é a de pequenos proxectos, asistidos cada certo tempo nas horas de titoría. O alumnos presentará un breve memoria, debidamente estruturada e o programa, sen erros, co que acadou os resultados presentados.
Competencias traballadas: CB={1,2,3,4,5}, CG1, CT={1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,12}, CEFB4.
-Titorías en grupo: empregaranse os boletíns de cuestións como elemento dinamizador para promover a participación oral, o que permitirá que esta actividade cumpra a súa función de resolver dúbidas ao mesmo tempo que a docente avalía as respostas de cada participante. Espérase que o alumnado chegue ás titorías en aula tendo realizado unha preparación previa destes boletíns (traballo non presencial). Nestas sesións, se así se require por parte do alumnado, pódese dedicar unha parte do tempo para asesorar aos alumnos nos desafíos computacionais ou problemas desafío..
Competencias traballadas: CB={1,2,3,4,5}, CG1, CT={1,2,3,5,7,12}, CEFB4.
- Titoría individual: este espazo personalizado do alumno co profesor, abordaranse cuestións e consellos relativos ao método de estudo por parte do discente na materia, axudaráselle con calquera traballo que estea a realizar e resólvalle as dúbidas que se lle expoñan.
Competencias traballadas: CB={1,2,3,4,5}, CG1, CT={1,2,3,5,12}, CEFB4 en EC.
-Prácticas de laboratorio: esta actividade presencial é obrigatoria para todos os alumnos. Con ela, perséguese que o alumno desenvolva competencias transversais de formación experimental e científica propias da titulación. As actividades que se desenvolven no laboratorio promoven a elección e aplicación de métodos analíticos, de cálculo e experimentais xa establecidos, así como interpretación dos resultados para chegar a conclusións válidas no ámbito do estudo. Ademais, fomentar o traballo en equipo, practícase a comunicación oral e escrita e a xestión da información.
Partindo das metas acadadas no laboratorio da materia de Física I, os estudantes realizarán agora un traballo práctico máis independente que lles permita levar a cabo unha ampliación da investigación experimental base (proposta no guión), menos pautada e máis creativa na que se verán obrigados a deseñar e levar a cabo estratexias para lograr o obxectivo marcado. É importante que os estudantes teñan a oportunidade de comprobar algunhas das ideas por si mesmos. Ademais, deben aprender como facer observacións experimentais coidadosas, e a pensar e obter conclusións dos datos obtidos. As prácticas de laboratorio non están destinadas a conseguir a resposta correcta por encima de todo. O seu propósito é aprender como gañar coñecemento ollando a realidade e entendendo o significado do que acontece.
A metodoloxía que se levará a cabo nesta actividade interactiva é a seguinte:
•Cada unidade de traballo, contará cun guión que axude a comprender como e que se pode medir co instrumental asignado. OS guións das prácticas estarán colgados da aula virtual antes de que comecen as sesión de laboratorio, e se aconsella que o alumno os imprima para levar ó laboratorio (no laboratorio non haberá guións en papel). Durante todo este proceso, o alumno será supervisado polo profesor de laboratorio que o asesorará no manexo do instrumental e adquisición/tratamentos de datos.
•nha vez rematada cada práctica, o alumno elaborará un informe técnico, debidamente estruturado, que entregará ó seu profesor de prácticas para a súa avaliación. Este documento debe comunicar unha análise razoada do experimento que se fixo, os resultados que se obtiveron e unha interpretación dos mesmos. Un informe debe ser tan claro e simple como sexa posible, posto que a partir del un lector debería ser capaz de reproducir o experimento acadando resultados similares. Adicionalmente, cada grupo preparará unha presentación mediante ordenador do experimento (tipo Powerpoint ou Impress), duns 10 minutos de duración, que se exporá ao resto de alumnos na última sesión de laboratorio. Ao final de cada intervención, haberá 5 minutos de discusión e en función da presentación, exposición e defensa recibirá un peso na nota de prácticas.
Competencias traballadas: CB={1,2,3,4,5}, CG1, CT={1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,12}, CEFB4.
•A asistencia ás clases e actividades de aula sen participación activa, aínda que sendo recomendable, non implicará ningún tipo de valoración.
•Participación do alumnado nas actividades da aula (peso máximo na nota: 5%): os alumnos que asistan con regularidade ás actividades presenciais e participen activamente nelas, contará coa posibilidade de obter puntuación EXTRA que lle facilite a superación da materia. A resposta a cuestións puntuais en clases expositivas, seminarios e titorías en aula, así como ás cuestións-desafío resoltas en grupo e os problemas desafío de cada tema será puntuada en cada caso tendo en conta a dificultade. Esta cualificación irá acorde, en distintos graos, ás seguintes competencias:
Competencias avaliadas: CB={4,5}, CT={1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,12}, CEFB4.
•Proba ou probas, orais e/ou escritas (Peso Máximo na nota: 60%): O alumno deberá superar un exame final da materia na 1ª ou na 2ª oportunidade para poder realizar a ponderación de notas. Aqueles discentes con nota inferior a un cinco, consideraranse \textbf{suspensos}. Estas probas escritas estarán conformadas por unha parte de teoría e outra de problemas (debese acadar unha puntuación compensada en ambas dúas partes) para avaliar a comprensión e asimilación dos conceptos, a capacidade de relacionalos entre si e aplicalos a resolución de problemas no ámbito da enxeñaría.
As normas básicas para a realización de todas as probas escritas son:
o Non se permitirá o uso de ningún libro, apuntamentos nin outro material que non fose previamente autorizado.
o O enunciado do exame deberá entregarse inescusablemente.
o As persoas que non asistisen con regularidade ás actividades presenciais deberán acudir provistos do DNI ou pasaporte para permitir a súa correcta identificación.
o Por recomendación expresa da Dirección da EPS, queda prohibida a utilización do teléfono móbil até a entrega do exame.
o De acordo coa Normativa de Avaliación do Rendemento Académico e Revisión de Cualificacións da USC, se un alumno realiza fraudulentamente unha proba ou exercicio esixida na avaliación implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, copiar nun exame así como a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
Competencias avaliadas: CT={1,2,6,12}, CEFB4.
•Aproveitamento das prácticas (peso máximo na nota 20%): na parte experimental da materia avaliará tres grandes aspectos: 1) actitude e comportamento do discente no laboratorio, 2) valoración do informe técnico presentado (estrutura, análise de datos e erros, etc.) e 3) a exposición oral e defensa do traballo realizado en cada experimento ante o profesor da materia. En caso de dúbida e se o profesor de laboratorio o considerase preciso, tamén se podería realizar unha proba escrita de prácticas aos grupos en cuestión.
• Considerarase como suspenso na materia de Física II, tanto na oportunidade ordinaria como na de recuperación, a todo alumno que en prácticas de laboratorio non acade a cualificación de apto, que non asistira a todas as sesións de laboratorio fixadas nos horarios, que non entregara as memorias técnicas esixidas e/ou que non realizara as correspondentes presentacións orais.
• Para os alumnos repetidores, manterase a cualificación da parte práctica da materia durante os tres cursos académicos posteriores a súa aprobación (ver normativa de permanencia da USC). Non obstante, de xeito voluntario aqueles discentes que desexen elevar a súa cualificación de anos previos poden acudir ao laboratorio a realizar novos experimentos.
Competencias avaliadas: CB={3,4,5}, CT={1,2,4,5,6,7,8,9,10,12}, CEFB4.
•Traballos entregados e/ou presentados. (peso máximo na nota 15%):trátase de realizar unha serie de simulacións computacionais de fenómenos físicos propostos (ou algún outro que as persoas participantes poidan propor previa consulta co profesor). Para a súa avaliación, o alumno deberá entregar unha breve memoria explicando o fenómeno físico simulado, como lograron os obxectivos e os resultados e as principais conclusións e o programa fonte. Isto complementarse cun pequeno debate (10 minutos) no despacho do profesor para pescudar o grado de orixinalidade, compresión do traballo realizado e, tamén, posibles fraudes.
Competencias avaliadas: CB={3,4,5}, CT={1,2,3,5,6,8,9,10,12}, CEFB4.
As notas acadas tanto nas actividades de aula e nos traballos presentados, conservaranse soamente para a segunda oportunidade do mesmo curso académico no que se tiveran obtido.
Unha vez que o discente supere todas as probas teóricas e prácticas obrigatorias previstas, a nota final acharase como se indica na seguinte táboa (tanto na primeira oportunidade como na segunda):
Sistema de avaliación Competencias Peso na cualificación (SOBRE 10 PUNTOS)
-------------------------------------------- ---------------------------------------------------- -------------------------
Participación alumnado actividades aula CB={4,5}, CT={1,2,3,4,5,6,7,8,9,10,12}, CEFB4 EXTRA (0,5) PUNTOS
Proba ou probas, orais e/ou escritas (complementaria á avaliación continua) CT={1,2,6,12}, CEFB4 . 6,0 PUNTOS
Aproveitamento das prácticas CB={3,4,5}, CT={1,2,4,5,6,7,8,9,10,12}, CEFB4 2,0 PUNTOS
Traballos entregados e/ou expostos CB={3,4,5}, CT={1,2,3,5,6,8,9,10,12}, CEFB4 1.5 PUNTOS
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por mor do traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatorio a asistencia ás prácticas de laboratorio e ao exame final, ámbalas dúas programadas no horario e previstas nesta guía docente.
Os alumnos repetidores, do plano de estudos v02 do grao de Enxeñaría Civil, serán avaliados como o resto, a excepción das prácticas de laboratorio. Estas poderanse compensar durante os tres anos académicos seguintes e conservando a nota inicial acadada. Non obstante, o alumno voluntariamente pode decidir repetilas para acadar unha nota superior.
Actividades non presenciais:
Lectura e preparación de temas 36
Realización de exercicios 12
Elaboración de traballos de curso 24
Preparación de probas de avaliación 23
------------------------------------------------
TOTAL 95
Asistencia a Exames 4
Recoméndaselle ao alumno:
• Asistir ás clases e intervir de xeito activo nelas, así coma no resto de actividades interactivas (seminarios, prácticas, titorías de aula).
• Consultar con frecuencia a aula virtual da materia, sobre todo o foro de novidades, onde se avisará ao alumnado de cuestións de relevancia relacionadas coa materia que xurdan ao longo do curso.
• Tratar de levar o estudo da materia ao día.
• Realizar unhas boas prácticas e esforzarse nos traballos que decida levar a cabo ao longo do curso.
• Resolver as cuestións propostas e os problemas das cuartillas. Aconsellase formar un grupo de traballo para levar a cabo esta actividade e non caer no desánimo ante as dificultades.
• Utilizar a bibliografía recomendada ( libros e outras fontes) como medio de estudo, axudándose dos apuntamentos facilitados polo profesor.
A parte fundamental do material empregado durante as clases estará dispoñible no Campus Virtual da materia, na web da USC: http://www.usc.es/campusvirtual
Xose Ramon Fernandez Vidal
Coordinador/a- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 881816428
- Correo electrónico
- xose.vidal [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pedro Vazquez Verdes
- Departamento
- Física Aplicada
- Área
- Física Aplicada
- Teléfono
- 982823240
- Correo electrónico
- pedro.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade