O Grao Aberto “5USC Enxeñarías” permite, o seu remate, obter o grao que realmente desexa cada un dos nosos alumnos e alumnas e un Diploma Oficial de “Intensificación Curricular en Enxeñarías”.
As titulacións que conforman este Grao Aberto, e que poden ser as titulacións finais de destino dos estudantes, son os graos de:
- Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais (habilitante para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Industrial)
- Enxeñaría Civil (habilitante para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico en Obras Públicas)
- Enxeñaría Forestal e do Medio Natural (habilitante para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Forestal)
- Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria (habilitante para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico Agrícola)
- Robótica (G4111)
Todos estes títulos, impartidos pola USC teñen o recoñecemento a nivel europeo ao estar adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), contan co mellor posicionamento nos rankings nacionais e internacionais e o recoñecemento de diferentes selos de calidade internacional.
Cada estudante poderá escoller o seu propio itinerario sempre co asesoramento dun titor/a académico que lle axudará a tomar as decisións sobre materias e horarios en función do perfil de cada un dos/as estudantes
O perfil de ingreso recomendado son alumnos/as de bacharelato (modalidade de Ciencias e Tecnoloxía) ou de ciclos formativos superiores de familias dos 5 graos impartidos.
Dada a novidade desta opción que oferta a USC, recoméndase ao alumnado que teña pensado solicitar a bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional que consulte a convocatoria que se publica anualmente e, no caso de ter dúbidas, se poña en contacto coa Sección de Bolsas e Axudas ao Alumnado.