Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 34 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Electrónica e Computación
Áreas: Ciencia da Computación e Intelixencia Artificial
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Coñecer as estruturas de datos básicas e as estruturas de fluxo de control de instrucións, e as súas aplicacións en problemas de cómputo científico.
Dominar una ferramenta para cómputo científico e programación estruturada. Analizar, deseñar e implementar algoritmos de resolución de problemas na enxeñería.
Saber resolver problemas e tomar decisións mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
Capacidade para o razoamento e a argumentación.
Capacidade para obter información adecuada, diversa y actualizada por diversos medios, como información bibliográfica e Internet, e analizala de forma crítica.
Habilidade no manexo de TICs
Teoría
Introducción á informática. Conceptos básicos de sistemas operativos. Introducción ó desenvolvemento de programas. (2 horas presenciáis e 2 non presenciáis))
Metodoloxía de programación. Deseño de algoritmos. Tipos de datos e expresiones básicas.
Entrada/Salida. Estructuras de control. Programación modular. (8 horas presenciáis e 8 non presenciáis)
Redes de computadoras e internet. (2 horas presenciáis e 2 non presenciáis)
Fundamentos de bases de datos. (2 horas presenciáis e 2 non presenciáis)
Prácticas
1) Uso de ferramentas de cálculo (4 horas presenciáis e 4 non presenciáis)
2) Programación: Estructura básica dun programa. Implementación das estrategias de programación estructurada. Programación modular. Programación de Métodos numéricos. (23 horas presenciáis e 34,5 non presenciáis)
3) Bases de datos: Deseño e creación dunha base de datos. Programación sobre bases de datos (2 horas presenciáis y 6 non presenciáis)
Bibliografía básica:
[1] Prieto, A.; Lloris, A.; Torres, J. C. Introducción a la informática. McGraw-Hill, 2010.
[2] Joyanes, L. Fundamentos de programación: algoritmos, estructuras de datos y objetos (3.ª ed.). McGraw-Hill, 2003.
[3] Marzal Varó, A.; Gracia Luengo, I.; García Sevilla, P. Introducción a la programación con Python 3. Universitat Jaume I. Dispoñible baixo licenza Creative Commons.
[4] SQLite. Documentación oficial de SQLite. Dispoñible en: https://www.sqlite.org/docs.html
[5] Gilat, A. MATLAB: una introducción con ejemplos prácticos. Barcelona: Reverté, 2006. ISBN: 978-84-291-5035-3. Dispoñible na Biblioteca ETSE: A300 35, e A300 35 A-D.
Bibliografía complementaria:
[6] Palm, W. J. Introduction to MATLAB 7 for Engineers. Boston: McGraw-Hill, 2005. ISBN: 0-07-123262-1.
[7] Etter, D. M. Engineering Problem Solving with MATLAB. Englewood Cliffs, New Jersey: Prentice Hall, 1993.
[8] García Pérez-Schofield, B. Introducción a la programación con Python. Dispoñible baixo licenza Creative Commons.
[9] González Duque, R. Python para todos. Dispoñible baixo licenza Creative Commons.
[10] De Miguel, P. Fundamentos de los computadores. Editorial Thomson Learning Paraninfo, 2004.
Competencias básicas, xerais e transversais:
• CB2 – Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen amosarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para a aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
• CT1 - Capacidade de análise e sínteses.
• CT2 – Habilidade para usar aplicacións informáticas no ámbito da Enxeñería Industrial.
• CT3 – Capacidade para xestionar a información.
• CT8 – Capacidade para usar TIC
Competencias específicas:
• CE3 - Coñecementos básicos sobre o uso e programación das computadoras, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación na enxeñaría
Actividades presenciais
Clases expositivas: 15 horas
Prácticas: 33 horas
Titorías en grupo: 2 horas
Seminarios: 1 hora
Actividades non presenciais
Lectura e preparación de temas
Preparación das prácticas e resolución dun Boletín de problemas propostos.
Uso da aula virtual da materia con material de apoio (exercicios resoltos, lecturas recomendadas, etc.).
Actividades de formación complementaria que poderán implicar a busca de información en Internet ou lectura de material adicional.
Realización de exercicios prácticos
Para a realización das titorías, así como para manter una comunicación directa tanto entre os propios estudantes como entre éstos e o docente, se poderán usar as ferramentas telemáticas ó efecto disponibles na USC (na actualidade o foro e a mensaxería do curso virtual da asignatura, a ferramente MS Teams ou ben o correo electrónico)
Primeira oportunidade:
Para superar a materia na primeira oportunidade, o alumnado deberá cumprir tres condicións: asistir regularmente ás clases, realizar e superar as actividades propostas ao longo do curso e aprobar o exame final.
A asistencia ás clases interactivas e expositivas é obrigatoria. Será imprescindible asistir como mínimo ao 80% das sesións (agás causas xustificadas segundo o artigo 3 do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela).
Proponse o uso de dúas técnicas de avaliación: avaliación continua do traballo realizado polo alumnado durante o curso (actividades prácticas e/ou probas teórico-prácticas), que suporá o 40% da cualificación final, e unha proba final da materia, que representará o 60% da nota.
Será imprescindible aprobar por separado tanto as actividades da avaliación continua como o exame para superar a materia.
A avaliación continua da teoría farase mediante probas curtas individuais con exercicios breves ou mediante cuestionarios sobre contidos explicados nas clases teóricas. A capacidade de análise e síntese (CT1) será especialmente relevante para resolver as cuestións propostas nesta parte. A avaliación teórica tamén permitirá avaliar o conxunto das competencias CE3, CB2, CG3, CT1, CT2, CT3 e CT8.
A avaliación continua da parte práctica consistirá na resolución de problemas prácticos. Estas actividades permitirán avaliar as competencias CE3, CT1, CT2, CT3, CT8 e CB2.
Poderase propoñer ao alumnado actividades de formación complementaria non presenciais. Estas poderán incluír a busca de información en internet ou a lectura de materiais adicionais, e serán avaliadas mediante os exercicios que se propoñan para a avaliación continua.
O exame final estará orientado á aplicación práctica dos contidos traballados na aula, avaliando as competencias CG3, CB2, CT1, CT2, CT3, CT8 e CE3.
Este exame constará de dúas partes, que o estudante deberá aprobar por separado:
• Parte teórica: avaliada mediante test e/ou preguntas curtas.
• Parte práctica: desenvolvemento de exercicios de programación.
A materia considerarase superada cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Segunda oportunidade:
Para superar a materia na segunda oportunidade, o alumnado deberá cumprir dúas condicións: realizar e superar as actividades de avaliación continua propostas ao longo do curso, e aprobar o exame final correspondente.
Respecto ás actividades realizadas durante o curso, manterase a nota obtida na primeira oportunidade. Porén, os estudantes poderán entregar, antes do exame final, aquelas actividades que non acadaran a nota de corte na anterior oportunidade.
Mantense o mesmo esquema de avaliación por competencias e as mesmas porcentaxes. Será imprescindible aprobar por separado tanto as actividades como o exame. Igualmente, superar o exame final implicará superar separadamente a parte teórica (tipo test e/ou preguntas curtas) e a parte práctica (exercicios de programación).
A materia considerarase superada cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Dispensa de asistencia:
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia pola Comisión de Título, conforme ao Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, deberá superar o exame final e entregar as actividades que o profesorado determine como necesarias a comezo de curso.
A cualificación final calcularase aplicando os mesmos porcentaxes e sistema de avaliación por competencias que para o resto do alumnado.
A materia considerarase superada cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Alumnado de segunda matrícula e sucesivas:
O alumnado de segunda matrícula e sucesivas estará exento do cumprimento da obrigatoriedade de asistencia ás clases presenciais para superar a materia na convocatoria ordinaria.
Deberá realizar e entregar as actividades de avaliación continua nos prazos establecidos e superar o exame final.
A cualificación final calcularase aplicando os mesmos porcentaxes e sistema de avaliación por competencias que para o resto do alumnado.
A materia considerarase superada cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5 puntos sobre 10.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas:
Nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o disposto na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Lectura e preparación de temas 14 horas
Realización de exercicios 18 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas 44,5 horas
Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais) 3,5 horas
Preparación de probas de avaliación 10 horas
TOTAL
90 horas
Durante a realización das prácticas o alumno disporá por adiantado dun boletín de exercicios que se irán resolvendo no laboratorio. Durante as horas de estudio individual o alumno deberá tratar de analizar os problemas propostos tratando de propoñer unha solución que logo poda verificar en prácticas. Por outra banda, despois da realización da práctica o alumno debería reler os exercicios realizados no laboratorio, tratando de prestar atención a aqueles aspectos que lle resultan de maior dificultade, intentado entender o que se fai, e evitando sempre un procedemento memorístico.
As clases se impartirán en castelán
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:00 | Grupo /CLE_01 | - | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
18.12.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
19.06.2026 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |