Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Introducir ao alumnado no coñecemento dos medios mecánicos empregados no monte e na agricultura, en canto a morfoloxía, funcionamento, seguridade e aplicación nos principais traballos forestais
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Motores de combustión interna alternativos: Ciclos teóricos e reais. Combustibles. Potencias e rendementos. Curvas características. Sobrealimentación. Lubricantes. Sistemas de alimentación, lubricación e refrixeración.
Tractores agrícolas e forestais: Evolución, tipos e usos. Motor. Ensaios. Transmisión. Dinámica de tracción. Mecanización dos principais traballos forestais.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario (h. presenciais - h. non presenciais):
A) CLASES EXPOSITIVAS (18 horas presenciais / 18 horas de traballo non presencial)
Tema I: O tractor como base da mecanización forestal (1 h / 1 h.)
Tema 2: Motores de combustión interna. Motores de dous e catro tempos (2 h / 2 h)
Tema 3: Estudo teórico dos motores alternativos: Ciclos (2 h / 2 h)
Tema 4: Combustibles e combustión (1 h /1 h)
Tema 5: Prestacións dun motor. Potencias (1 h / 1 h)
Tema 6: Alimentación e Sobrealimentación (1 h /1 h)
Tema 7: Ensaios, curvas características dun motor (2 h/ 2 h)
Tema 8: Lubricación do motor (1 h /1 h)
Tema 9: A transmisión (2 h / 2 h)
Tema 10: Estudo estático e dinámico do tractor (2 h / 2 h)
Tema 11: Rodadura, capacidade de tracción (2 h /2 h)
Tema 12: Homologación, estruturas de seguridade e matriculación de tractores (1h / 1 h)
B) SEMINARIOS. RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS (6 horas presenciais / 15 horas de traballo non presencial) Seminario 1: Motores e ciclos (1 h / 2 h)
Seminario 2: Potencias e rendementos (1 h/ 2 h)
Seminario 3: Curvas características (1 h / 3 h)
Seminario 4: Transmisións (1 h / 2 h)
Seminario 5: Estática e dinámica do tractor (1 h / 3 h) Seminario 6: Tracción (1 h / 3 h)
C) PRÁCTICAS DE TALLER E DE CAMPO (12 horas presenciais / 12 horas de traballo non presencial)
Práctica 01: O tractor (1 h / 1 h)
Práctica 02: Motores alternativos de combustión interna (1 h / 1 h)
Práctica 03: Elementos construtivos do motor (1 h / 1 h)
Práctica 04: Motores Diésel e gasolina (1 h / 1 h)
Práctica 05: Distribución nos motores (1 h / 1 h)
Práctica 06: Alimentación dos motores (2 h / 2 h)
Práctica 07: Engraxamento do motor (1 h / 1 h)
Práctica 08: Refrixeración do motor (1 h / 1 h)
Práctica 09: Transmisión de forza (1 h / 1 h)
Práctica 10: Manexo e condución do tractor (2 h / 2h)
D) TITORÍAS EN GRUPO (2H)
Nas sesións de titorías en grupo abordaranse as dúbidas expostas polos alumnos sobre os problemas formulados nas sesións teóricas e nas prácticas.
Básica:
1.- Goering, C. E. 1992. Engine & tractor power. ASAE
2.- Motores Endotérmicos. Dante Giacosa. Ed. Dossat
3.- Nieto, R. (2001). Manual de mecanización forestal. Ed. Rufino Nieto. Jaén. 477 pp.
4.- Tractores Agrícolas: Tecnología y Utilización. Luís Márquez Delgado. B&H Editores
Complementaria:
Eckert, K.K. 2005. Chain saw safwty and field maintenance. Hot Pixel Press.
Arnal, P. V., Laguna, A. (1996) Tractores y motores agrícolas / 3ª ed. rev. y ampliada. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentacin, Mundi-Prensa. Madrid.
Hernanz, J.L. (2002). El par motor. Ed. Agrotécnicas. Revista Terralia. Madrid. pp 24-29.
John Deere (1980). Motores. Colección Fundamentos de Servicio. Ed. Deere & Company, Moline-Illinois. 182 pp.
Ortiz-Cañavate, J.; Hernanz, J.L. (1989). Técnica de la mecanización agraria. 30 edición. Ed. Mundi-Prensa, Madrid. 642 pp. Spinelli, R. (2000). Meccanizzazione forestale intermedia. Calderini Edagricole. Bologna.
Varios.(1999). Tecnología automoción. : Edebé, D.L. Barcelona.
Vignote, S.; Martos, J.; González, M. A. (1993). Los Tractores en la explotación forestal. Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación. Madrid. 150 pp
Nesta materia o alumno adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas, propias da enxeñería en xeral ou da enxeñería forestal en particular. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas e xerais:
CG9 - Coñecementos de hidráulica, construción, electrificación, camiños forestais, maquinaria e mecanización necesarios tanto para a xestión dos sistemas forestais como para a súa conservación
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética
Competencias transversais:
CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica
CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos
Competencias específicas:
CECF9 - Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios de Maquinaria e Mecanización forestais
Clases expositivas de grupo grande: Nas clases teóricas empregarase o método expositivo, de forma que o/a alumno/a reciba unha base teórica imprescindible para a aplicación dos métodos dialéctico e heurístico, que precisan duns coñecementos mínimos.
En calquera caso, este método didáctico non se usará de forma ríxida, intercalándose preguntas para fomentar o razoamento e estimar o nivel de comprensión da exposición. A clase teórica debe servir ao alumnado como unha introdución á aprendizaxe dunha cuestión concreta e non como un substituto do seu traballo persoal, que ha de lograrse por outros medios. Competencias: CG9, CECF9.
Os alumnos deberán responder en non menos do 50% das aulas a cuestións breves ou exercicios relacionados cos contidos e a temas propostos polo profesor ó longo curso. Deberán responder a través dunha aplicación informática/app e contrastar súa propia resposta en tempo real na aula. Competencias CT2, CT3, CT12, CECF9.
Seminarios nos cales abordarse a resolución de exercicios relacionados co temario, coa participación de todos os membros do grupo. Apoiarémonos na utilización da lousa clásica. Competencias: CG9, CB3, CECF9.
Prácticas: Considérase tamén a realización de prácticas nas que se aplicarán os coñecementos adquiridos nas clases teóricas, que serán complementados aquí co manexo e despezamento dos elementos mecánicos constitutivos dos motores e máquinas. Para a realización destas prácticas utilizaranse os equipos existentes na nave de Mecanización Agrícola e Forestal. Competencias CG9, CT3, CT4, CT12, CECF9
Para as horas presenciais non definidas como teóricas proponse unha metodoloxía de aprendizaxe baseada no traballo en grupo, aplicando o método dialéctico, método plenamente participativo que leva ao alumnado a razoar e a formular correctamente cuestións, estimulando a actitude crítica e demostrando a necesidade de dubidar e preguntarse.
Titorías: Ademais de posibilitar un contacto directo profesor-alumnado, permiten a orientación sobre calquera tipo de problema relacionado co desenvolvemento da materia. Permiten a orientación individual co fin de lograr unha maior eficacia no traballo persoal do alumnado. Tamén se prevén titorías en grupo, se ben estas se deseñan especificamente para cando o problema que formulan se refire ao conxunto do alumnado. Competencias: CB3, CG9, CT2, CT4
Utilizarase o campus virtual e, en xeral, as novas tecnoloxías (correo electrónico, etc.) como apoio a titoría tradicional, aproveitando a infraestrutura do centro e as dispoñibilidades do alumnado neste terreo.
Cuestións entregados e/ou presentados, propostas nas aulas (10%): Competencias CT2;
Proba ou probas, orais e/ou escritas (65%): Competencias CG9, CB3, CT2, CT3, CT12, CECF9.
Aproveitamento das prácticas (25%): Competencias CG9, CT3, CT4, CT12, CECF9
Para aprobar a materia, é imprescindible completar de forma independente a teoría e os exercicios prácticos. Haberá un exame final obrigatorio, independente do exame teórico, para avaliar as prácticas. Unha vez aprobadas ambas partes, a media ponderada será do 65% para a parte teórica e do 25% para a parte práctica, cun 10% para as preguntas respondidas na clase. As cualificacións aprobadas en teoría ou prácticas validaranse da primeira á segunda oportunidade, pero non para o seguinte curso académico..
As probas escritas consistirán en preguntas de resposta aberta ou pechada (tests), exercicios numéricos similares aos que se resolven nos seminarios, etc. Non están previstos exames parciais durante o curso escolar. Os criterios de avaliación son os mesmos para todo o alumnado da materia, tanto en primeira como en segunda oportunidade, así como para os repetidores..
Para o alumnado ao que se lle concedeu unha exención de asistencia pola Comisión de Título, segundo o disposto no Regulamento de Asistencia ás Clases, a porcentaxe destinada á participación mediante a resolución de cuestións propostas e resoltas nas clases distribuirase proporcionalmente: 5% para probas escritas (70%), e o 5% restante para traballos prácticos (30%)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”
Docencia expositiva en grupo de ata 80 alumnos: 18 horas
Docencia interactiva en grupo de 20 alumnos (seminarios, taller): 18 horas
Titorías en grupo de 10 alumnos: 2 horas
Actividades de avaliación: 3 horas
Lectura e preparación de temas: 18 horas
Realización de exercicios: 15 horas
Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 12 horas
Preparación de probas de avaliación: 26,5 horas.
• Asistencia a todas as actividades docentes.
• Facer uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas coa materia.
• Coñecer e utilizar documentación que se pon ao dispor do alumno no Campus Virtual
• Organización, ordenación e posta o día da documentación (apuntamentos, etc).
• Estudar día a día, no deixalo para os días previos ao exame.
Jose Manuel Pereira Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- j.pereira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade