Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 31 Clase Interactiva: 18 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Ciencias
Convocatoria:
Docencia: Sen docencia (Extinguida)
Matrícula: Non matriculable
Dispoñer de coñecementos básicos que permitan a adquisición doutros máis específicos dentro das áreas da Química. Saber correlacionar os conceptos aprendidos nas clases de teoría coa realización práctica.
Programa de clases teóricas
Tema 1. Conceptos básicos. Estequiometría.
Tema 2. Estrutura atómica e sistema periódico dos elementos.
Tema 3. Enlace químico I: Termoquímica. Enlace iónico.
Tema 4. Enlace químico II: Enlace covalente. Enlace metálico.
Tema 5. Forzas intermoleculares. Estados de agregación da materia.
Tema 6. Introdución á Química Orgánica.
Programa das clases prácticas
- Normas de seguridade. Coñecemento e manipulación dos materiais e reactivos máis elementais nun laboratorio.
- Métodos de separación.
- Síntese dun composto orgánico.
Bibliografía básica
• CHANG, R.: “Química”, 13ª ed., McGraw-Hill, México (2020).
• PETRUCCI, R. H., HARWOOD, W. S., HERRING, F. G., “Química General”, 8ª ed., Pearson Educación, Madrid (2003).
Bibliografía complementaria
• ATKINS, P. W., JONES, L.: “Principios de Química: los caminos del descubrimiento”, 5ª ed., Editorial Médica Panamericana, Madrid, 2012.
• BROWN, T. L., LEMAY, H. E., BURSTEN, B. E.: “Química. la ciencia central”, edición en castellano de la 7ª ed., Prentice-Hall Hispanoamericana, México (1998).
• CASABÓ i GISPERT, J.: “Estructura atómica y enlace químico”, Reverte, Barcelona (1999).
• KOTZ, J. C., TREICHEL, P. M.: “Química y reactividad Química”, 5ª ed., Paraninfo Thomson Learning, México DF, Méjico (2003).
• MASTERTON, W. L., HURLEY, C. N., “Química. Principios y reacciones”, 4ª ed., International Thomson, Paraninfo, Madrid (2004).
• PETRUCCI, R. H., HERRING, F. G., MADURA, J. D, BISSONNETTE, C.: “Química General: principios y aplicaciones modernas”. Versión en castelán da 11ª ed. inglesa, Pearson Educación, Madrid (2017).
• REBOIRAS, M. D., “Química: la ciencia básica”, International Thomson, Paraninfo, Madrid (2006).
• WHITTEN, K. W., DAVIS, R. E., PECK, M. L., “Química General”, 3ª ed. en castelán tradución de la 5ª ed. inglesa, McGraw-Hill Madrid (2002).
• SILBERBERG, M. S.: “Química: la naturaleza molecular del cambio y la materia”, MacGraw-Hill Interamericana, México (2002)
• UMLAND, J. B., BELLAMA, J. M., “Química general”, 3ª ed., International Thomson, México (2000).
Libros de problemas
• Selección de problemas de calquera dos libros de Química Xeral anteriormente indicados
• LÓPEZ CANCIO, J. A., VERA, A., “Problemas de química: cuestiones y ejercicios”, Prentice Hall, Madrid (2000)
• NYMAN, C. J., KING, G. B., “Problemas de química general y análisis cualitativo”, AC, Madrid (1971)
• RUIZ, A., POZAS, A., LÓPEZ, J., GONZÁLEZ, B.; “Química general. Serie Schaum”, McGraw Hill Interamericana, Madrid (1994)
• VALE PARAPAR, J., ET AL., “Problemas resueltos de química para ingeniería”, Thomson, Madrid (2004)
Competencias básicas:
CB1 - Que os estudantes teñan demostrado ter e comprender coñecementos en Química que parten da base da educación secundaria xeral, e adoitan atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Competencias xerais:
CG3 - Coñecemento en materias básicas e tecnolóxicas, que lles capacite para o aprendizaxe de novos métodos e teorías, e lles dote de versatilidade para adaptarse a novas situacións.
Competencias transversais:
CT4 – Capacidade para traballar en equipo.
CT6 – Demostrar sensibilidade cara a temas medioambientais.
CT10 – Capacidade para a resolución de problemas
Competencias específicas:
CE4 - Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da Química Xeral, Química Orgánica e Inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría.
A docencia está repartida, por grupo, e ao longo do semestre en 31 horas de clases expositivas, 3 horas de seminario, 2 de titorías en grupos reducidos e 15 horas de prácticas de laboratorio.
Nas clases expositivas (na súa maior parte teóricas), explícanse os conceptos teóricos establecidos no programa da materia e, en clases puntuais, resolver cuestións propostas previamente mediante boletíns, tratando de seguir unha metodoloxía que facilite a adquisición dos coñecementos por parte do alumnado. O profesorado pode contar co apoio de diferentes recursos docentes: presentación oral con utilización do encerado, medios audiovisuais e informáticos, recursos en internet, entre outros, pero utilizando sempre como base os libros recomendados na bibliografía e co apoio do campus virtual.
Nas clases interactivas en grupo reducido (seminarios) analizaranse e discutiranse as cuestións e problemas propostos previamente mediante boletíns, intentado que o alumnado participe activamente, ademais, nestas sesións poderanse realizar controis escritos intermedios sobre os coñecementos adquiridos e o traballo realizado. As notas destes últimos contarán para a avaliación continua. Nas titorías en grupos reducidos resolveranse as dúbidas que podan ter o alumnado relacionadas coa materia impartida e algunhas cuestións propostas nos boletíns. Nestas, ao igual que nos seminarios, poderanse realizar probas para avaliar o traballo do alumnado que contarán para a avaliación continua.
As clases prácticas abarcarán conceptos adquiridos polo alumno nas clases teóricas e seminarios. Realizaranse no laboratorio en grupos de dous alumnos e orientaranse a que o alumno adquira destrezas no manexo de material de laboratorio e desenvolva as súas capacidades dedutivas, comunicativas, de traballo en equipo, e analíticas. Tamén a énfase será colocada na importancia das normas de seguridade nos laboratorios e nun axeitado tratamento dos residuos. Ao finalizar as prácticas, cada estudante deberá presentar un caderno de prácticas co traballo realizado ou, dependendo das circunstancias, realizar unha proba escrita sobre os seus contidos que se incluirá na avaliación continua. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
A cualificación de cada estudante se realizará a través de avaliación continua e a realización dun exame final . A avaliación continua inclúe o seguimento do traballo persoal do alumno, que poderá abarcar controis escritos, entregas, participación do estudante na aula, prácticas de laboratorio e titorías. A avaliación dependerá, sobre todo, da realización dunha proba escrita final, común a todos os alumnos (75 %). Tamén se terá en conta a participación individual dos alumnos en clases e seminarios e a realización dos diferentes exercicios presentados durante o curso (10 %), e a realización das prácticas nas que se terá en conta para a nota o traballo do alumno no laboratorio (5 %) e o caderno de laboratorio onde se recolla o traballo realizado e a resolución das cuestións incluídas nos guións subministrados ou, no seu caso, a realización dunha proba escrita sobre os contidos das prácticas de laboratorio (10 %). O alumnado debe entender que, polo menos, ten que ter no exame final unha nota de 4,5 sobre 10 para que a nota das outras partes lle sexa engadida á nota do exame final. A asistencia ás clases interactivas en grupo reducido (seminarios) e ás prácticas de laboratorio considerarase obrigatoria con carácter xeral. Dado que as prácticas de laboratorio están integradas na materia, a avaliación destas será incluída na porcentaxe de avaliación continua. Ademais, para aprobar a materia, o alumno deberá realizar tódalas prácticas asignadas e debe alcanzar a cualificación de apto.
As competencias que se avaliarán nos distintos apartados anteriores son:
exame final (75 % da nota total): CB1, CB2, CG3, CT10, CE4
Participación en clase, seminarios e titorías (10 % da nota total): CB1, CB2, CG3, CT4, CT10, CE4
Prácticas (15 % da nota total): CB1, CB2, CG3, CT4, CT6
Soamente os estudantes que non realizaran ningunha das actividades obrigatorias avaliables poderán obter a cualificación final de Non Presentado. Tendo en conta o anterior, o estudante que teña algunha nota de avaliación continua e non se presente ao exame final se lle poñerá unha cualificación de cero.
Os estudantes que non teñan acadado o aprobado no anterior proceso de avaliación terán unha segunda oportunidade de alcanzalo realizando un novo exame, a final de curso, manténdose a cualificación da avaliación continua.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa da avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
ATRIBUCIÓN DE CRÉDITOS ECTS.
A materia consta de 6 créditos ECTS, e a carga de traballo para o alumno será de 95 horas. O desglose de horas para cada unha das actividades implicadas na materia se reflicte na Táboa.
A materia consta de 6 créditos ECTS, e a carga de traballo para o alumno será de 95 horas. O reparto de horas para cada unha das actividades implicadas na materia será a seguinte:
Actividade: Horas presenciais na aula / Horas do traballo persoal do alumno
Clases expositivas en grupo grande: 31 / 62
Seminarios: 3 / 9
Prácticas de laboratorio: 15 / 9
Titorías en grupo moi reducido: 2 / 4
Realización exames e revisión: 4 / 11
Horas totais: 55 / 95
- É aconsellable có alumnado asista ás clases expositivas.
- É importante manter o estudo da materia "ó día".
- Unha vez finalizado un tema, é útil facer un resumen dos puntos importantes, identificando as ecuacións básicas que se han de lembrar e asegurándose de coñecer tanto o seu significado coma as condicións baixo as que se poden aplicar.
- A resolución de problemas é fundamental para a aprendizaxe desta materia. Pode ser útil seguir estes pasos: a) facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado; b) facer unha lista coas cantidades que se deben calcular; c) identificar as ecuacións a utilizar para resolver o problema e aplicalas correctamente.
- Ler coidadosamente os guións subministrados polo profesorado antes de comezar as prácticas de laboratorio e contestar as cuestións incluídas neles.
- É conveniente o uso das titorías para aclarar dúbidas que se lles presentan tanto na aula como no laboratorio.
- Recoméndase consultar regularmente o aula virtual da materia, onde estará dispoñible a guía docente da materia, os guións das prácticas, boletíns de problemas e outro material complementario para axudar ao alumnado no seu estudo.
A materia impartirase en galego e castelán..
Juan Manuel Ortigueira Amor
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- juanm.ortigueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
17.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |
09.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | 1P AULA 2 PRIMEIRA PLANTA |