Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Familiarizarse coa teoría literaria feminista, así como coas súas principais autoras e obras
• Participar activamente en discusións teóricas sobre estudos de xénero
• Aplicar a teoría literaria feminista a textos literarios concretos para producir lecturas dende unha perspectiva de xénero
Estudio da produción literaria anglófona dende a perspectiva de xénero. Abordaránse aspectos como: a política da escritura en relación ao xénero, feminismo, ficción femenina/feminista/de muller; o canon literario e a perspectiva de xénero; a crítica angloamericana e a crítica francesa, a crítica feminista afroamericana os Queer Studies. Introducción á literatura escrita por mulleres en diferentes épocas e en relación a temas, personaxes, e contexto histórico, o que fará posible que o alumnado aplique as devanditas ferramentas de análise a diferentes tradicións literarias.
TEMA 1: Introdución á teoría literaria feminista: First-Wave Feminism
TEMA 2: Second-wave Feminism
TEMA 3: Third-wave Feminism
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Saraswati, Aryu, Barbara L. Shaw and Heather Rellihan. Introduction to Women's, Gender and Sexuality Studies: Interdisciplinary and Intersectional Approaches. Oxford: OUP, 2020.
Shaw, Susan and Janet Lee. Gendered Voices, Feminist Visions: Classic and Contemporary Readings. Oxford: OUP, 2019
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Butler, Judith 1990: Gender Trouble: Feminism and the Subversion of Identity. London: Routledge
Eagleton, Mary (ed) 1986: Feminist Literary Theory. A Reader. Cambridge, MASS: Blackwell.
Hall, Donal E. and Annamariel Jagose (eds) 2012. The Routledge Queer Studies Reader. London: Routledge. (Selected chapters).
Hill-Collins, Patricia (1990: Black Feminist Thought: Knowledge, Consciousness, and the Politics of Empowerment. New York: Routledge.
hooks, bell Ain’t I A Woman? Black Women and Feminism (1987). New York: Pluto
Irigaray, Luce 1991: “The Bodily Encounter with the Mother”. The Irigaray Reader. Margaret Whitford, ed. London: Blackwell. 34–46.
Kristeva, Julia 1984: Revolution in Poetic Language. New York: Columbia UP.
______ 1997: ‘Stabat Mater’. Diana Tietjens Meyers, ed. Feminist Social Thought. London: Routledge. 302–19.
Lovaas, Ella and Yep (eds). 2006. LGBT Studies and Queer Theory: New Conflicts, Collaborations, & Contested Terrain. New York: Harrington Park P.
Rich, Adrienne 1976: Of Woman Born: Motherhood as Experience and Institution. London: Virago.
Ruddick, Sara 2009: ‘On Maternal Thinking’. Women’s Studies Quarterly 37.3&4: 305–400.
Suleiman, Susan Rubin 1988: ‘On Maternal Splitting: A Propos of Mary Gordon’s Men and Angels’. Signs 14.1: 25–41.
Woolf, Virginia [1929] 1992. A Room of One’s Own. Harmondsworth: Penguin.
Worthington, Anne (2013). Queer Sexualities. Staking Out New Territories in Queer Studies. London: Inter-Disciplinary P. (selected chapters)
Competencias (“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
G01- Capacidade para profundar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G02- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos no contexto multidisciplinar e multifacético dos Estudos Ingleses.
G04- Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05- Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06- Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
E09- Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E11- Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
- Sesións presenciais de carácter expositivo, nasque se familiarizará ao alumnado con los conceptos teóricos e a súa aplicación á literatura.
- Seminarios: nos que se estudiarán casos prácticos que exemplifiquen o uso do inglés nas tecnoloxías da información e da comunicación.
- Actividades individuais guiadas a través da plataforma virtual: Interacción e aprendizaxe on-line.
- Titorías virtuais: control de actividades, revisión de artigos, búsquedas bibliográficas e vaciados de información, lecturas, postas en común, traballo por tareas e traballo colaborativo.
- Foros de discusión e debate a través da plataforma virtual.
- Exposición/redacción dun traballo de investigación personal
- Selección de textos representativos da literatura anglosaxona (poesía, drama, novela, e/ou ensaio) para analizar os distintos discursos narrativos á luz das teorías críticas de xénero estudiadas.
Sistema de avaliación continua que atenderá aos siguientes criterios:
• Evaluación inicial ou de diagnóstico: a través dun test ou preguntas de sondeo.
• Evaluación procesual: a través da participación e o desenrolo das distintas actividades do curso. (30%). Competencias avaliadas: G01, G02, G05, E09, E11, E12)
• Evaluación final: breve presentación oral e escrita sobre algún tema do curso. (70%). (Competencias avaliadas: G02, G04, G05, G06)
Sistema de calificacións: Segundo o indicado no Real Decreto de 2003 sobre calificacións no sistema universitario español.
Nota Importante
1) Este sistema de avaliación aplicaráse para ambas convocatorias ás que ten dereito o alumnado (maio e xullo)
2) Para o caso extraordinario dalgún/-ha alumno/-a que tivera unha dispensa oficial de asistencia a clase, o 100% de la nota final dependerá do exame escrito que se realizará na data oficial designada polo Decanato da Facultade de Filoloxía.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, será de aplicación o recollido no artigo 16 da Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
O procedemento dos cálculos tense realizado de acordo coas siguientes variables:
• Número total de horas= 75
• Máximo de traballo presencial na aula = 14;
• Máximo de traballo a través da plataforma virtual = 10;
• Traballo persoal do alumno = 51
Clases expositivas: 5
Participación en foros e debates: 4
Estudio autónomo individual ou en grupo: 11
Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións, etc.):7
Actividades de control de adquisición de coñecementos: 4
Escritura de artigos, conclusións e outros traballos derivados da materia: 20
Titorías: 2
Tareas de autoavaliación: 2
Actividades en plataformas dixitais: 20
Total horas traballo presencial na aula: 14
Total horas traballo a través de plataforma virtual: 10
Total horas traballo persoal do alumnado: 51
PLAXIO:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
ALUMNADO REPETIDOR do curso académico anterior: utilizaríase o mesmo procedemento de avaliación que o aplicado ao alumnado matriculado no curso anterior, sempre que se teña superada a avaliación das clases interactivas cunha cualificación igual ou superior ao 50% da mesma.
ALUMNADO CON DISPENSA OFICIAL de asistencia: 100% da cualificación correspondería a unha proba oral non presencial que se celebrará na data e hora fixadas polo Decanato da Facultade de Filoloxía.
Este sistema de avaliación aplicaráse nas dúas oportunidades existentes para o alumnado matriculado nesta materia.
Laura Maria Lojo Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811880
- Correo electrónico
- laura.lojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C06 |
17:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C06 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
23.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C06 |
04.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C06 |