Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Inglesa e Alemá
Áreas: Filoloxía Inglesa
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O alumnado familiarizarase coas principais escolas anglo-norteamericanas de crítica literaria e cultural dos séculos XX e XXI.
O alumnado coñecerá o contexto social e ideolóxico que deu pé ás diversas aproximacións á teoría literaria.
O alumnado clarificará conceptos e métodos da teoría literaria e cultural anglo-americana mediante a súa aplicación á análise de textos culturais e literarios do mundo anglófono.
Breve repaso das principais escolas de crítica literaria e cultural e da súa aplicación á análise da producción literaria e cultural no mundo anglófono.
Este curso presenta unha selección de perspectivas críticas para abordar aspectos como: o debate entre a herdanza clásica, a historiografía e o canon; o desenvolvemento de varias escolas críticas que van desde o New Criticism, o Formalismo Ruso, o Estruturalismo e a Narratoloxía ata o Post-estruturalismo, a Psicanálise, as teorías marxistas, o Materialismo Cultural, o Novo Historicismo, a Crítica Feminista, os Estudos de Xénero, e aproximacións máis recentes como o Multiculturalismo, a Etnocrítica, os Estudos Poscoloniais, da Diáspora e do Transnacionalismo e, finalmente, a Ecocrítica.
Básica:
Cuddon, J. A. The Penguin Dictionary of Literary Terms and Literary Theory. London: Penguin Books, 2014.
Selden, Raman. Practising Theory and Reading Literature. An Introduction. New York: Harvester Wheatsheaf, 1989.
Waugh, Patricia, ed. Literary Theory and Criticism : An Oxford Guide. New York: Oxford University Press, 2006.
Complementaria:
Bloom, Harold. The Western Canon: The Books and School of the Ages. New York: Harcourt Brace, 1995.
Brydon, Diana, ed. Postcolonialism: Critical Concepts in Literary and Cultural Studies. London and New York: Routledge, cop. 2000.
Cuddon, J. A. The Penguin Dictionary of Literary Terms and Literary Theory. London: Penguin Books, 1999.
Eagleton, Terry and Drew Milne, Eds. Marxist Literary Theory: A Reader. Oxford: Blackwell, 1996.
Eagleton, Terry. Literary Theory: An Introduction. Oxford: Blackwell, 1996.
Frassinelli, Pier Paolo, Ronit Frenkel, and David Watson, Eds. Traversing Transnationalism: The Horizons of Literary and Cultural Studies. Amsterdam and New York, NY : Rodopi, 2011.
Glotfelty, Cheryll, and Harold Fromm, Eds. The Ecocriticism Reader: Landmarks in Literary Ecology. Athens (Georgia): The University of Georgia Press, cop. 1996.
Green, Keith and Jill LeBiham. Critical Theory and Practice: A Coursebook. London and New York: Routledge, 2012.
Kurzweil, Edith and William Phillips, Eds. Literature and Psychoanalysis. New York: Columbia University Press, 1983.
Marzec, Robert T. An Ecological and Postcolonial Study of Literature. From Daniel Defoe to Salman Rushdie. London: Palgrave, 2007.
Onega, Susana & José A. García Landa. Narratology: An Introduction. London: Longman, 1996.
Rice, Philip and Patricia Waugh, Eds. Modern Literary Theory: A Reader. London: Arnold, 2001.
Rooney, Ellen, Ed. The Cambridge Companion to Feminist Literary Theory. Cambridge: Cambridge University Press, 2006.
(“Memoria do Máster Interuniversitario en Estudios Ingleses Avanzados e as Súas Aplicacións, 2ª edición", pp. 6-7: http://www.imaes.eu/wp-content/uploads/2019/12/MEMORIA_ANEXOS-I-II.pdf)
Competencias generales de este programa de Master:
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que los estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
G01 - Capacidade para afondar naqueles conceptos, principios, teorías ou modelos relacionados cos distintos campos dos Estudos Ingleses, así como para coñecer a metodoloxía necesaria para a resolución de problemas propios desta área de estudo.
G04 - Capacidade para presentar en público experiencias, ideas ou informes, así como emitir xuízos en función de criterios, de normas externas ou de reflexións persoais para o que será necesario acadar un dominio suficiente da linguaxe académica e científica tanto na súa vertente escrita como oral.
G05 - Habilidades para investigar e manexar novos coñecementos e información no contexto dos Estudos Ingleses.
G06 - Capacidade para adquirir un espírito crítico que leve aos estudantes a considerar a relevancia das investigacións existentes nas áreas de estudo que conforman os Estudos Ingleses, así como das súas propias.
G08 - Autonomía progresiva na aprendizaxe, buscas propias de recursos e información, accedendo para isto a fontes bibliográficas e documentais sobre os distintos ámbitos que conforman os Estudos Ingleses.
Competencias específicas de este programa de Master:
E09 - Coñecemento dos principios, modelos e recursos de investigación literaria/cultural no ámbito anglófono.
E11 - Capacidade para identificar e analizar as características máis relevantes da cultura e das institucións do ámbito anglófono a través de diversos tipos de textos pertencentes a diferentes épocas históricas.
E12 - Capacidade para comprender diferentes aproximacións teóricas e críticas así como a súa aplicación á análise de textos literarios e culturais no ámbito anglófono.
E13 - Coñecemento das relacións entre as principais manifestacións artísticas e literarias no ámbito anglófono.
Presentacións introdutorias a cada escola de crítica dada polas profesoras.
Tarefas diarias para que o alumnado as presenten nas discusións de clase e en grupo a partir dunha serie de lecturas asignadas.
As tarefas virtuais realizaranse por Teams.
Documento final escrito entregado polo alumnado dentro do prazo proposto polas profesoras.
Esta metodoloxía ten como obxectivo practicar as destrezas orais e escritas, así como mellorar o traballo individual e colaborativo.
As discusións e as presentacións orais perseguirán a comprensión crítica de teorías culturais e literarias, así como a apertura da mente e a receptividade a enfoques críticos distintos aos nosos. Durante o curso, o alumnado preparará e discutirá temas a través da plataforma virtual do curso.
O documento final escrito ten como obxectivo principal o uso adecuado de ferramentas e prácticas académicas: orixinalidade, uso correcto do material bibliográfico e outras fontes de información, presentación axeitada dun ensaio escrito que satisfaga todos os requisitos académicos formais e estruturais.
Primeira convocatoria:
Tarefas diarias: 30% (Competencias avaliadas: CB6, CB9, G01, G04, G05, G06, G08, E09, E11, E12, E13)
Participación nos debates en grupo: 20% (Competencias avaliadas: CB8, G06, E09, E11, E12, E13)
Traballo final escrito: 50% (Competencias avaliadas: CB6, CB9, G01, G04, G05, G06, G08, E09, E11, E12, E13)
Apectos que se terán en conta para a avaliación: fluidez oral e escrita, capacidade para artellar hipóteses e para discutilas, asistencia a clase e participación na mesma.
Segunda convocatoria:
O alumnado que non supere a materia na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda en xullo (UDC, USC) ou setembro (UVigo) (data a acordar coa profesora). Nesta segunda oportunidade o alumnado terá que amosar o seu dominio da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo supervisado e coas mesmas características e valor porcentual que en decembro, e mais os exercicios que acorde coa profesora como substitución das outras actividades da materia.
O alumnado con exención oficial de asistencia a clase presentará un traballo final escrito que contará o 100% da nota final.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
a) Número total de horas= 121
b) Horas de clase (máximo) = 21
c) Plataforma virtual (máximo)= 24
d) Traballo individual do alumnado= 76
A asistencia a clase é obrigatoria
A participación activa do alumnado nos debates da clase formará parte da súa avaliación.
Presuponse o coñecemento completo das normas de estilo MLA para os traballos escritos.
Atendendo ao artigo 9.2.a do Estatuto do Estudiante da USC e ao artigo 36 da Lei Orgánica do Sistema Universitario, nas clases expositivas e interactivas non está autorizado o uso de dispositivos electrónicos (teléfonos móbiles, tablets, ordenadores, etc.) agás cando o autorice expresamente a profesora.
Manuela Palacios Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Inglesa e Alemá
- Área
- Filoloxía Inglesa
- Teléfono
- 881811892
- Correo electrónico
- manuela.palacios [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
Xoves | |||
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
Venres | |||
18:15-19:15 | Grupo /CLE_01 | Inglés | C05 |
19:15-20:15 | Grupo /CLIS_01 | Inglés | C05 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
16.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | C05 |
20.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | C05 |