Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Catalán
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Ciencias e Técnicas Historiográficas
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiarizar ao alumnado coa escritura e cos obxectos escritos latinos medievais, insertando o fenómeno gráfico nas restantes manifestacións da actividade humana.
- Captar e valorar a utilidade da Paleografía, a Epigrafía, a Codicoloxía e a Diplomática, para os estudos medievais.
1. A escritura latina e os obxectos escritos na Idade Media. As ciencias dos obxectos escritos.
2. Introdución à Paleografía medieval. Paleografía de lectura.
3. O documento medieval. Diplomática aplicada.
4. O libro medieval. Codicoloxía aplicada.
5. A inscrición medieval. Epigrafía aplicada.
COMMISSSION INTERNATIONALE DE DIPLOMATIQUE (CÁRCEL ORTÌ, M.M. (ed.), Vocabulaire internationale de la Diplomatique, València 1994.
FAVREAU, R., Les inscriptions médiévales, Turnhout 1979.
ID., Épigraphie médiévale, Turnhout 1997.
GARCÍA LOBO, V., Los medios de comunicación social en la Edad Media. La comunicación publicitaria (Lección inaugural, curso académico 1991-1992, Universidad de León), León 1991.
ID., La epigrafía medieval. Cuestiones de método: Centenario de la Cátedra de Epigrafía y Numismática. Universidad Complutense de Madrid 1900/1-2000/01, Madrid 2001, pp.77-119.
GASNAULT, P., Les supports et les instruments de l'écriture à l'époque médiéval: Vocabulaire du livre et de l'écriture au Moyen Âge. Actes de la Table ronde, Paris 24-26 septembre 1987, Turnhout 1989, pp.20-33.
GILISSEN, L., Prolégomènes à la Codicologie, Gand 1977.
GIRY, A., Manuel de Diplomatique, Paris 1894 (ed. facsímil Hildesheim-New York 1972).
LEMAIRE, J., Introduction à la Codicologie, Louvain-la- Neuve 1989.
MUZERELLE, D., Vocabulaire codicologique. Répertoire méthodique des termes français relatifs aux manuscrits, Paris 1985 (http://vocabulaire.irht.cnrs.fr/vocab.htm)
OSTOS, P., PARDO, M. L., RODRÍGUEZ DÍAZ, E. E., Vocabulario de Codicología, Madrid 1997.
PAOLI, C., Diplomatica, Firenze 1898-1899, ed. aggiornata da G.C.BASCAPÈ, Firenze 1942 (ed. anast. Firenze 1969).
PETRUCCI, A., Scrittura come invenzione, scrittura come espressione: Estudis Castellonencs 6(1994-1995)1093-1100.
ID., Funzione della scrittura e terminologia paleografica: Palaeographica, Diplomatica et Archivistica. Studi in onore di Giulio Battelli, Roma 1979, pp.3-30.
ID., Prima Lezioni di Paleografia, Roma 2007.
STIENNON, J., Paléographie du Moyen Âge, Paris 1973.
VEZIN, J., La réalisation matérielle des manuscrits latins pendant l'haut Moyen Âge: Codicologica 2(1978)15-51.
VVAA, Conceptos. Actas del III Congreso de Historia de la Cultura Escrita, Alcalá de Henares 1998.
VVAA., Paleografía y Diplomática, Madrid (reimp.) 2002.
VVAA, Tagung des Comité International de Paléographie Latine: Archiv für Diplomatik 50(2004)417-465.
VVAA., Lire le manuscrit médiéval. Observer et décrire, Paris 2005.
VVAA, Diplomática antigua, Diplomática moderna (III Jornadas de la Sociedad Española de Ciencias y Técnicas Historiográficas), [Murcia 2006].
- Coñecemento de normas, procedementos e recursos para a realización de lectura/transcrición paleográfica de escritos medievais en alfabeto latino.
- Capacitación para á descripción codicográfica do libro medieval.
- Capacitación para o estudo crítico e a interpretación e edición do documento medieval.
- Capacitación para a edición de inscricións medievais.
A maior parte das sesións serán teórico-prácticas, con apoio en textos, imaxes e facsímiles. Asimesmo desenvolveranse prácticas propiamente ditas en horario de aula sobre reproducións fotográficas e facsímiles adaptadas ao correspondente apartado do programa
Co fin de completar os contidos e verificar se se comprenderon os conceptos e as técnicas expostas, facilitaranse aos alumnos lecturas complementarias e proporanse exercicios prácticos que serán avaliados.
Aspectos avaliables, procedemento de avaliación e porcentaxes na cualificación final.
Primeira e segunda oportunidade.
a) 70% da nota final.
a.1. Cualificación do exame final teórico-práctico obrigatorio (0-4).
a.2. Cualificación de exercicios ou tarefas breves (0-3).
b) 30% da nota final.
Avaliación continua formativa. Cualificación da asistencia (0-1,5) e participación activa dos alumnos nas clases (0-1,5). Asistencia: a asistencia é obrigatoria. Controlarase mediante firma. As faltas xustificadas (enfermidade, imprevisto familiar ou de traballo, etc.) non supoñerán diminución algunha na cualificación e, por tanto, non é necesaria ningunha tarefa "de substitución" como traballos ou similares. Os alumnos deberán informar das razóns desta ausencia xustificada, por escrito, á profesora antes de que conclúa o período de docencia. As faltas de asistencia non xustificadas non poden suplirse por ningunha outra tarefa (traballos ou similares). Como a asistencia ao 80% das clases é xa obrigatoria no conxunto de máster para que os alumnos poidan ser avaliados, tomaranse en consideración para a porcentaxe na cualificación final só as sesións correspondentes ao 20% adicional.
Participación activa: valoraranse as intervencións nas sesións presenciais e a realización de lecturas complementarias.
Na segunda oportunidade só se realizará o exame final.
Por razóns obvias, no que se refire aos apartados (a.2) e (b.) manterase nesta oportunidade as cualificacións que o alumno obtivo na primeira, durante o período de docencia.
No caso de alumnado que teña dispensa de asistencia, segundo o disposto na instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral dá USC, o 100 % correspondente a asistencia e participación (30% da nota final) será cumprimentado cun sistema individualizado de avaliación acorde aos motivos da dispensa.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
150h de traballo do alumno.
Presenciais:
48 h actividades formativas presenciais (expositivas e interactivas)
2h tutorías
Non presenciais:
100 de traballo autónomo
Aconséllase o estudo "diario" dos conceptos teóricos expostos na clase e a realización de exercicios prácticos propostos para a súa corrección posterior.
Ana Isabel Suarez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Ciencias e Técnicas Historiográficas
- Teléfono
- 881812688
- Correo electrónico
- ana.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:15-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 3 da Facultade de Historia |