Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega, Historia da Arte, Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
Áreas: Filoloxía Románica, Historia da Arte, Filoloxía Latina
Centro Facultade de Filoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Dar a coñecer os aspectos de continuidade e ruptura entre os elementos culturais sobre os que se asentaban a Antigüidade Clásica e a Idade Media.
2. Afondar nos fundamentos da cultura europea occidental mediante o estudo da transmisión dos principais elementos culturais que, a través da Idade Media, nos legou a Antigüidade grecolatina.
3. Reflexionar sobre as condicións nas que se sustenta a percepción do pasado e a maneira en que esta inclúe sempre un proceso de (re)creación.
4. Desde un punto de vista máis particular, analizar o modo en que os homes do Occidente medieval concibían o devir histórico, os tempos pretéritos e, en especial, a época Clásica.
1.- Cuestións previas: visións do mundo antigo na Idade Media.
2.- Textos antigos e textos medievais: mutación e continuidade. A escola como factor de enlace. O mundo clásico nos "Carmina Burana".
3.- Os contidos transmitidos: A materia antiga nas literaturas medievais de lingua romance. A percepción do pasado e a súa adaptación ao contexto da sociedade feudal.
4.- A pervivencia da Antigüidade nas imaxes do Medievo. Do "Virxilio Vaticano" ao "Ovidio Metamorphoseos vulgare" de 1497: mais de mil anos de imaxes do mito.
Adhémar, J., Influences antiques dans l’art du Moyen Âge français, París, 1996.
Barasch, M., “The Demonization of Classical Art”, en: The Language of Art. Studies in Interpretation, New York, 1997.
Baswell, C., Virgil in medieval England : figuring the "Aeneid" from the twelfth century to Chaucer, Cambridge, 1995.
Buonocuore, M. (ed.), Vedere i Classici: l'illustrazione libraria dei testi antichi dall'età romana al tardo medioevo, Roma, 1996
Baumgartner, E. - Harf-Lancner, L. (eds.), Entre fiction et histoire: Troie et Rome au Moyen Âge, Paris, 1997.
Blázquez, J. M., Intelectuales, ascetas y demonios al final de la Antigüedad, Madrid, 1998.
Buschinger, D. (ed.), Le roman antique au Moyen Age: Actes du colloque du Centre d’études médiévales de l’Université de Picardie, Amiens, 14-15 janvier 1989, Göppingen, 1992.
Carracedo Fraga, J. (ed.-trad.), Carmina Burana: poemas de amor, Vigo, 2004.
Casas Rigall, J., La materia de Troya en las letras romances del siglo XIII hispano, Santiago de Compostela, 1999.
Constans, L. (ed.), Le Roman de Troie, New York, 1968.
Courcelle, P.-J., Lecteurs Païens et Lecteurs Chrétiens de l'Énéide, 2 vols., Paris, 1985-1986.
Croizy-Naquet, C., Thèbes, Troie et Carthage: poétique de la ville dans le roman antique au XIIe siècle, Paris, 1994.
Curtius, E. R., Liter atura Europea y Edad Media Latina, 2 vols., México, 1954.
Desmond, M., Reading Dido. Gender, textuality, and the Medieval Aeneid, Minneapolis-London, 1994.
Díaz y Díaz, M. C., Index Scriptorum Latinorum Medii Aeui Hispanorum, 2 vols., Salamanca, 1958-59.
Harf-Lancner, L. et alii (eds.), Conter de Troie et d’Alexandre: pour Emmanuèle Baumgartner, Paris, 2006.
Haynes, J., The Medieval Classic: Twelfth-Century Latin Epic and the Virgilian Commentary Tradition, Oxford, 2021.
Heitz, C., Recherches sur les rapports entre architecture et liturgie à l’époque carolingienne, Paris, 1963.
Jung, M. R., La légende de Troie en France au Moyen Age: analyse des versions françaises et bibliographie raisonnée des manuscrits, Basel 1996.
Krautheimer, R., Rome profile of a city, 312-1308, Princeton, 2000.
Moralejo Álvarez, J. L., "Literatura hispano-latina (siglos V-XVI)", en J.M. Díez Borque (coord.), Historia de las literaturas hispánicas no castellanas, Madrid, 1980, pp. 13-137.
Nees, L., A Tainted Mantle. Hercules and the Classical Tradition at the Carolingian Court, Philadelphia, 1991.
Panofsky, E., Renacimiento y renacimientos del arte occidental, Madrid, 1981.
Petit, A., L’anachronisme dans les romans antiques du XIIe siècle, Lille, atelier national de reproduction des Thèses, Lille, 1985.
Seznec, J., Los dioses de la antigüedad en la Edad Media y el Renacimiento, Madrid, 1983.
Survival of the Gods: Classical Mythology in Medieval Art, Exhibition Catalogue, Providence, 1987.
Traill, D. A. (ed.-trad.), Carmina Burana, 2 vols., Cambridge MA, 2017.
Van Peteghem, J., Italian Readers of Ovid from the Origins to Petrarch. Responding to a Versatile Muse, Leiden, 2020.
Warburg, A., El renacimiento del paganismo: aportaciones a la historia cultural del Renacimiento europeo, Madrid, Alianza, 2005.
1. Coñecemento de textos, formas e imaxes do repertorio medieval e capacidade para dotalas dunha interpretación en función do coñecemento de textos e imaxes do repertorio clásico.
2. Coñecemento dos mecanismos para a integración do pensamento, da estética e do imaxinario propio do mundo antigo no mundo medieval e análise crítica deses mecanismos.
3. Capacidade para percibir a distancia e a continuidade entre o mundo antigo e o mundo medieval.
1. As clases expositivas consistirán en explicacións por parte dos profesores dos temas propostos no apartado de contidos.
2. Nas clases de seminario realizaranse exercicios prácticos de lectura e comentario de textos e imaxes baixo a guía dos profesores. Neses exercicios requirirase a participación activa dos alumnos.
3. Dentro das actividades non presenciais dirixidas o estudante deberá ler algunhas páxinas seleccionadas de bibliografía que no seu momento se indicarán e deberá ir elaborando un traballo escrito individual que será utilizado como elemento de avaliación. Ese traballo consistirá nunha recensión crítica dunha obra acordada cos profesores entre as citadas na bibliografía recomendada; nesa recensión deberá poñerse en relación o contido da obra cos contidos estudados na materia. O traballo deberá ser entregado a través da aula virtual antes do 25 de abril de 2025 para a primeira oportunidade e antes do 13 de xuño de 2025 para a segunda oportunidade.
4. Utilizarase a aula Virtual da USC para aloxar materiais e para a realización dalgunhas actividades prácticas.
Os elementos que se terán en conta para unha avaliación continua nas dúas oportunidades oficiais serán os seguintes:
1. A asistencia regular ás clases e a participación activa e pertinente nas diferentes actividades propostas supoñerán o 30% da cualificación final. Valoraranse a asistencia regular ás clases e a participación activa e pertinente en todas as actividades desenvolvidas na aula que así o requiran. Para que esta parte da avaliación poida ser tida en conta non poderá faltarse ás clases sen xustificación máis do 5% das horas presenciais programadas. A asistencia será controlada mediante sinatura.
2. O traballo descrito no punto 3 do apartado “Metodoloxía” permitirá conseguir o 70% restante da cualificación total. Valoraranse a calidade, a orixinalidade e a pertinencia do contido, e a calidade da presentación formal.
Os estudantes con dispensa oficial de asistencia a clases serán avaliados nas dúas oportunidades exclusivamente mediante o traballo indicado no punto 3 do apartado “Metodoloxía”.
Este último sistema de avaliación tamén poderá ser acordado ao inicio do semestre cos estudantes que xustifiquen ante os profesores algunha causa que lles impida asistir regularmente ás clases.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios e probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
A materia consta de 6 créditos ECTS, equivalentes a 150 horas de traballo do alumno. Deste conxunto, 75 horas (50%) dedicaranse a traballo obrigatorio dirixido polos profesores e as outras 75 horas (50%) a traballo libre por parte dos alumnos. As horas de traballo dirixido distribuiranse en 48 horas de actividades formativas presenciais (o que supón o 64% do total) e 27 de actividades dirixidas non presenciais (36%).
A distribución de horas entre as actividades dirixidas será a seguinte:
- Clases expositivas: 18 horas.
- Clases prácticas de seminario: 24 horas.
- Titorías: 6 horas.
- Lecturas, preparación de exercicios e realización do traballo final: 27 horas.
É recomendable a capacidade de ler nalgunhas linguas modernas estranxeiras, moi especialmente en inglés, italiano e francés.
Recoméndase unha asimilación paulatina dos contidos, dedicándolle tempo á lectura e á análise dos textos e das imaxes obxecto de estudo.
Non se require un coñecemento previo de linguas clásicas (latín e grego), posto que os textos antigos leranse en tradución e será competencia dos profesores a explicación e contextualización de aspectos léxicos, métricos e de significado dos elementos propios do mundo antigo.
Lémbrese que é necesario utilizar a conta oficial de correo da USC (@rai.usc.gal), as ferramentas tecnolóxicas institucionais da USC (Campus Virtual, Microsoft Office 365, MSTeams etc.), e que é obrigatorio cumprir a normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/gl/politica-privacidade-proteccion-datos).
Maria De Fatima Diez Platas
- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Teléfono
- 881812546
- Correo electrónico
- fatima.diez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
José Carracedo Fraga
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Clásica, Francesa e Italiana
- Área
- Filoloxía Latina
- Teléfono
- 881811881
- Correo electrónico
- jose.carracedo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Santiago Gutierrez Garcia
- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxía Románica
- Correo electrónico
- santiago.gutierrez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:15-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | C07 |
Venres | |||
18:15-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | C07 |