Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Microbioloxía e Parasitoloxía
Áreas: Microbioloxía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia ‘Ciencia, técnica, pensamento aborda aborda o rol central da ciencia e da técnica na sociedade contemporánea, e polo tanto a súa relevancia radical para o pensamento contemporáneo. A análise desta posición da ciencia e da técnica no panorama do pensamento actual realizase tanto dende unha perspectiva histórica do desenrolo como, principalmente, pola presentación de problemas científico-técnicos de relevancia para o pensamento filosófico contemporáneo.
Os obxectivos da materia consisten en:
- Transmitir os contidos fundamentais da asignatura.
- Amosar as cuestións abertas que alimentan a investigación neste eido.
- Alentar a imaxinación e o debate para tratar de facer aportacións e contrastar ideas.
PLANO XERAL
O continuo avance científico-tecnolóxico constitúe probablemente o feito máis definitorio do noso tempo, con enormes implicacións tanto a nivel económico, como social e mesmo político que están a transformar irreversiblemente nosas sociedades de modo irreversible. Por todo iso, este feito crucial debe ser obxecto central da reflexión filosófica contemporánea. Con esta materia trátase de cultivar e desenvolver aquelas competencias ligadas á comprensión dos problemas da ciencia e a técnica actuais co fin de desenvolver a capacidade para apreciar e entender os problemas filosóficos que suscitan. Para tal fin, o programa articúlase en 3 bloques:
1) A ciencia como actividade filosófica. Consideracións históricas. Ciencia: método e filosofía.
2. Exposición e tratamento dalgúns problemas e teorías particularmente relevantes desde o punto de vista ontolóxico, epistemolóxico e ético-político: elaboración filosófica.
2.1 Bioloxía. A singularidade da Bioloxía no conxunto das ciencias. Diversidade, Evolución, Etoloxía e Sociobioloxía. Bioloxía e valores humanos. Bioloxía sintética.
2.2 Cara unha ciencia global: Bioloxía da xenómica, do desenvolvemento e dos sistemas complexos.
3. Filosofía, ciencia e técnica no pensamiento contemporáneo. Reflexións dende unha pandemia.
1. H. J. Morowitz, The emergence of Everything. Oxford University Press, Oxford, 2002.
2. E. Laszlo, The Systems View of the World. A Holistic Vision of our Time. Hampton Press, New York, 1996.
3. Ayala, F. J., Arp, R. (eds.), Contemporary Debates in Philosophy of Biology, Malden, MA: Wiley-Blackwell. 2010.
4. Casadesús J., Ruíz-Berraquero, F. Descrifrar la vida: ensayos de Hitoria de la Biología. Universidad de Sevilla. 1994.
5. Diéguez, A., Claramonte V. (eds) Filosofía actual de la Biología. Contrates, Revista Internacionald e Filosofía, suplemento XVIII, 2013.
6. Mayr, E., Historia do Pensamento Biolóxico. Diversidade, evolución, herdanza. Universidade de Santiago de Compostela, 1997.
COMPETENCIAS DE TIPO BÁSICO E XERAL`
CX1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CX2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos
nosos tempos.
CX3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CX4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
CX5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa eflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
CE1 - Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
A docencia desenvolverase sempre consonte ao que propio dun seminario ou workshop. Alguén, normalmente e sempre por defecto o profesor, exercerá unha responsabilidade “expositiva” propiciando un diálogo aberto que entodo caso estará centrado e coordinado polo profesor.
TRABALLO AUTÓNOMO DO ALUMNADO
Lectura dos textos propostos e elaboración de voluntaria de comentarios.
REQUISITOS PARA AS AULAS
Asistencia e participación activa.
É posible superar a materia mediante avaliación continua ou realizando o exame final. A avaliación continua constará de dous aspectos distintos:
1) O traballo continuado no seguimento da materia; incluídos posibles controis de coñecemento, asistencia e participación en actividades presenciais.
2) Traballo escrito como parte do traballo do alumno. Este traballo atenderá ós seguintes requisitos.
· Consistirá na presentación dunha liña argumental, defendendo unha tese.
· Terá unha estrutura ordeada. Constarán de resumo inicial, unha introdución expondo a tese, liña argumental e estrutura do traballo; estruturación conseguinte por seccións e conclusión final.
· Seguirá o formato de texto académico estándar (Times New Roman tamaño 12, con notas a rodapé tamaño 10, interlineado 1,5, párrafo xustificado, sen portadas).
· Terá unha extensión en torno a 10 páxinas.
O exame final constará de 10 preguntas, de resposta curta ou tipo test, sobre os diferentes contidos do programa.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
O peso das diferentes compoñentes da avaliación continua será:
1. Traballo continuado no seguimento da materia: 50%
2. Traballo ou exame final: 50%
As competencias da resolución de exercicios e contestación ós cuestionarios serán avaliadas atendendo á precisión coa que sexan resoltos. As competencias dos ensaios breves avaliaranse tendo en conta a capacidade de síntese e a claridade da exposición. As competencias relativas ó traballo serán avaliadas tendo en conta: (i) a súa calidade de contido e argumentativa, que amosará o coñecemento do tema, (ii) o rigor formal, que avaliará a capacidade de composición de textos (iii) a escrita, que amosará o coidado no uso da lingua.
O alumnado que conforme a este método de avaliación non supere a materia ou desexe mellorar a nota acadada, poderá concorrer ao exame final, sendo a calificación do exame a nota definitiva e realizarase na data oficialmente establecida para o caso.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
O/a alumno/a debe atender ó código de boas prácticas da USC, que di que hai que traballar con honradez intelectual e seriedade no contraste das citas, respeitando o traballo dos demáis,
evitando todo tipo de plaxios e apropiacións indebidas, actuando co máximo respecto á propiedade intelectual ou industrial. A non observacia de esta norma conlevará non superar a
materia nas dúas convocatorias anuais.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data oficial sobre os contidos da materia.
A materia consta de 3 créditos ECTS, polo que a carga total de traballo para o/a alumno/a é
de 75 horas, que se desglosan do xeito seguinte:
· Horas presenciais semanais: Aproximadamente, 24 horas no conxunto do semestre.
- Horas de titorías: 3 h.
- Horas expositivas: 9 h.
- Horas interactivas: 12 h.
· Traballo personal do/a alumno/a: 51 horas no semestre.
- Estudo individual: 30 horas no semestre.
- Realización de traballos individuais: 20 horas no semestre
- Outras tarefas: 1 hora no semestre
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación das tarefas marcadas seguindo as pa utas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
(4) Ler, estudar, escribir e programar.
Jesús Ángel López Romalde
Coordinador/a- Departamento
- Microbioloxía e Parasitoloxía
- Área
- Microbioloxía
- Teléfono
- 881816908
- Correo electrónico
- jesus.romalde [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Sala Hipatia |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Sala Hipatia |
08.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
08.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
27.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
27.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |