Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Antropoloxía Social
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é dotar ao alumnado dun coñecemento teórico e práctico sobre as principais técnicas do traballo de campo etnográfico. A materia ofrece a oportunidade de adquirir os coñecementos teóricos, capacidades e prácticas necesarias para iniciarse neste tipo de técnicas que son hoxe moi utilizadas en proxectos de distintas especialidades.
Obxectivo Xeral:
Adquirir coñecementos sobre o traballo de campo etnográfico.
Obxectivos Específicos:
OE1: Coñecer e utilizar algunhas das técnicas utilizadas no traballo de campo: observación participante, caderno de campo, tipos de entrevistas, historias de vida.
OE2: Coñecer as posibilidades que ofrecen a fotografía e as gravacións de audio e vídeo para o traballo de campo etnográfico.
OE3: Coñecer as implicacións éticas que conleva o traballo de campo.
1. Diferenzas entre técnicas cualitativas e traballo de campo etnográfico.
2. Aplicacións do método etnográfico en varias disciplinas de humanidades e ciencias sociais.
3. Observación participante: o diario de campo.
4. Entrevistas: tipos de entrevistas; técnicas de transcrición; uso de fontes orais.
5. Antropoloxía visual e uso de fontes audiovisuais.
6. A escritura etnográfica.
7. Ética e traballo de campo etnográfico
Bibliografía básica:
Díaz de Rada, Á.2011. El taller del etnógrafo: materiales y herramientas de investigación en etnografía. UNED. Madrid.
Bibliografía complementaria:
Banks, M. 2010. Los datos visuales en investigación cualitativa. Madrid: Ediciones Morata.
Bourgois, P. 1990. "Confronting Anthropological Ethics: Ethnographic Lessons from Central America." Journal of Peace Research 27: 43-54.
Clifford, J., 1986. "Partial Truths.". En Marcus, G.E. (eds.). Writing Culture: The Poetics and Politics of Ethnography. University of California Press. Berkeley and Los Angeles. Pp.1-26
Del Olmo, M. 2010. Dilemas éticos en antropología. Las entretelas del trabajo de campo etnográfico. Trotta. Madrid.
Díaz de Rada, Á. 2010. Cultura, antropología y otras tonterías. Trotta. Madrid.
Escalera Reyes, J. y Coca Pérez, A. 2013. “Teoría y práctica de la participación”. En Escalera Reyes, J. y Coca Pérez, A. (Ed.) Movimientos sociales, participación y ciudadanía en Andalucía. Sevilla: Aconcagua Libros.
Ferrándiz, F. 2011. Etnografías contemporáneas. Anclajes, métodos y claves para el futuro. Anthropos. Barcelona.
Malinowski, B. 1922 [1975]. Los argonautas del Pacífico Occidental (introducción). Barcelona. Península.
Maskens, M y Blanes, R. 2013. "Don Quixote's choice: A manifesto for a romanticist anthropology," HAU: Journal of Ethnographic Theory 3, no. 3 (Winter 2013): 245-281.
Rabinow, P. 1992, Reflexiones sobre un trabajo de campo en Marruecos, Madrid, Júcar.
Wachtel, N. 1997. Dioses y vampiros: regreso a Chipaya. Fondo de Cultura Económica, México, D.F.
COMPETENCIAS DE TIPO BÁSICO E XERAL
CB1 - Adquirir coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB3 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. Estas competencias básicas avaliaranse ao fío da execución das actividades previstas en “Actividades Formativas” e dacordo aos criterios establecidos en “Metodoloxía de avaliación”.
CG1 - Que os estudantes posúan e comprendan os coñecementos proporcionados polo Máster a través de cada un dos seus dous itinerarios, mediante os contidos expositivos e os procesos de interacción en relación a achegas investigadoras recentes.
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar eses coñecementos como investigadores para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos, xa sexa no ámbito investigador, no profesional, de empresas ou de institucións.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir eses coñecementos, as ideas, cuestións e solucións expostas, así como as planificacións previstas, tanto a un público xeral como a aquel directamente coñecedor como especialista da problemática.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión crítica con actitude proactiva e creativa na procura de solucións, cun elevado grao de autonomía complementada con tendencia á colaboración nun marco de interdisciplinariedade.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptibles de ser abordados e resoltos.
Avaliaranse mediante a participación do alumnado nas clases interactivas, as exposicións en grupos, a elaboración de fichas de lectura e a realización de traballos individuais. Mo caso de dispensa de asistencia, mediante a realización dun examen final.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación no desempeño profesional.
CT2 - Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital, estandarizadas a nivel internacional.
CT3 - Formular hipóteses de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Desenvolver o seu traballo desde a perspectiva da calidade e a mellora continua, coa capacidade autocrítica necesaria para un desempeño profesional responsable.
Avaliaranse mediante a participación do alumnado nas clases interactivas, as exposicións en grupos, a elaboración de fichas de lectura e a realización de traballos individuais. Mo caso de dispensa de asistencia, mediante a realización dun examen final.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer os contidos das materias seguidas no Máster. Estes contidos especifícanse nas fichas das materias.
CE2 - Saber trasladar eses coñecementos ao ámbito da investigación, de maneira que se poida ampliar e desenvolver o coñecemento sobre COÑECEMENTO E CIDADANÍA a través dun programa de doutorado.
CE3 - Estar en condicións de aprender a ensinar os coñecementos adquiridos no Máster e os que están directa ou indirectamente relacionados.
CE4 - Saber aplicar eses coñecementos mostrando a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de investigación ou profesional.
CE5 - Capacidade para analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, realizar inferencias contextualizadas á mellor hipótese, reflexionar e deliberar conforme a criterios éticos, formulando xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas coa información dispoñible CE6 - Saber expresarse oralmente, comunicar, debater e dialogar con tolerancia
CE7 - Saber expresarse por escrito, pois non en balde o discurso escrito segue sendo unha canle importante para a comunicación e expresión do pensamento crítico
Avaliaranse mediante a participación do alumnado nas clases interactivas, as exposicións en grupos, a elaboración de fichas de lectura e a realización de traballos individuais. Mo caso de dispensa de asistencia, mediante a realización dun exame final.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (número de horas):
Clases Expositivas: 9
Clases interactivas: 12
Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo: 3
Total: 24
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO:
Estudo individual do alumno: 25
Preparación de traballos e exposicións en grupo: 12
Realización de traballos individuais: 12
Outras tarefas: 2
Total: 51
O sistema de avaliación continua incluirá a asistencia e participación nas sesións de discusión en clase (40%), a realización de fichas de lectura (30%) e a superación dun traballo escrito final de corte etnográfico (30%). En todas estas tarefas deberán mostrarse as competencias discursivas orais e escritas propias do nivel universitario.
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA ÁS AULAS
Quen teña dispensa de asistencia ás aulas será avaliado mediante un exame final na data oficial sobre os contidos da materia.
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas. Horas presenciais semanais: 3 horas (cun total de 9 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva) no segundo bimestre do curso. Aproximadamente 24 horas no conxunto do semestre. Incluíndo 3 horas de titorías. Horas non presenciais semanais recomendadas para a preparación de textos e traballo: 1,5 horas. Aproximadamente 21 horas no semestre. Horas de estudo semanais (ademais das non presenciais): 2 horas semanais. Aproximadamente 30 horas no semestre.
“Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011:
Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
Diego Allen-Perkins Avendaño
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Antropoloxía Social
- Correo electrónico
- diego.allen-perkins [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
Xoves | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario Butler (108) |
21.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
21.05.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
23.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |