Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Familiarizar aos/as estudantes coas principais concepcións da hermenéutica filosófica contemporánea.
• Dar a coñecer as fontes da disciplina e a bibliografía recente.
• Adestrar na capacidade para interpretar o discurso filosófico nas súas distintas modalidades e xéneros.
• Enmarcar a disciplina entre as correntes actuais da Filosofía.
• Mellorar as destrezas na comunicación oral e escritura.
• Posibilitar a análise crítica da información e mensaxes da sociedade actual.
Tema 1. O concepto de Hermenéutica no marco da Filosofía contemporánea.
Tema 2. Filosofía e linguaxes das artes.
Tema 3. O ser do discurso e o discurso sobre o ser: M. Heidegger.
Tema 4. Cara a unha fenomenoloxía hermenéutica: a vía larga de Paul Ricoeur.
1) BÁSICA
1. Dilthey, W.: El surgimiento de la hermenéutica; Ed. Istmo, Madrid 2000.
2. Dufrenne, M.: Fenomenología de la experiencia estética (2 vols.), Fernando Torres Ed., Valencia 1983.
3. Goodman, N.: Los lenguajes del arte, Ed. Seix barral, Barcelona 1976.
4. Gadamer, H.-G.: Verdad y método. Fundamentos de una hermenéutica filosófica, Ed. Sígueme, Salamanca 1988.
5. Ricoeur, P.: Del texto a la acción. Ensayos de Hermenéutica, FCE, México, 2002.
2) COMPLEMENTARIA
1. Agís Villaverde, M.: Historia de la Hermenéutica. Devenir y Actualidad de la Filosofía de la Interpretación, Ed. Sindéresis, Madrid 2020.
2. Agís Villaverde, M. Anatomía del pensar. El discurso filosófico y su interpretación, Sindéresis, Madrid 2022.
3. Diccionario de Hermenéutica, Universidad de Deusto, Bilbao, 1997.
4. Ferraris, Maurizio: Historia de la Hermenéutica,
5. Maceiras Fafián, M. y Trebolle Barrera, J.: La hermeneutica contemporánea, Ed. Cincel, Madrid 1995.
6. Mura, G.: Ermeneutica e verità. Storia e problemi della filosofia dell'interpretazione, Roma 1990.
7. Acero, J.J. et al. (eds.): El legado de Gadamer, Universidad de Granada, 2004.
8. Agís Villaverde, M.: Conocimiento y razón práctica. Una recorrido por la filosofía de Paul Ricoeur, Ed. Fundación E. Mounier, Madrid 2011.
9. Agís Villaverde, M.: Del símbolo a la metáfora. Introducción a la filosofía hermenéutica de Paul Ricoeur, Universidad de Santiago, 1995.
10. Agís Villaverde, M. Caminantes. Un itinerario filosófico, Fund. E. Mounier, Madrid 2012.
11. Bengoa Ruiz de Azúa, J.: De Heidegger a Habermas. Hermenéutica y fundamentación última en la filosofía contemporánea, Ed. Herder, Barcelona, 1992.
12. Rigobello, A.: L'apriori ermeneutico. Ed. Rubbettino, Roma, 2007.
13. Lledó, E.: Filosofía y lenguaje, Ed. Ariel, Barcelona.
14) Ortiz-Osés, A.: La nueva filosofía hermenéutica, Ed. Anthropos, Barcelona
XERAIS E BÁSICAS
CG1 - Que os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a achegas investigadoras.
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos
nosos tempos.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG4 - Que os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas
susceptibles de ser abordados e resoltos.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/o aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas
novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á
aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos
especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodiriXido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar críticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra
as desigualdades de xénero.
ESPECÍFICAS
CE1 - Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
CE2 - Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do
máster.
CE4 - Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
CE7 - Saber interpretar con criterio crítico medios de expresión como os baseados nas representacións icónicas, plásticas e
literarias.
A) Clases expositivas: Lección impartida polo profesor. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos aínda que os estudantes non necesitan manexalos en clase. Habitualmente estas clases seguirán os contidos do programa, construídos a partir da bibliografía seleccionada para cada tema. A asistencia a estas clases é básica para ter unha visión panorámica dos temas tratados, polo que é conveniente o seguimento destas por parte dos estudantes.
B) Seminarios: Clases interactivas na que analizan e traballan en grupo textos e documentos, entregados previamente polo profesor cunha guía de lectura. O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor, posta en común de comentarios de texto na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais aínda que os estudantes non os manexarán en clase. A participación nestas clases será avaliada, polo que é conveniente a asistencia regular dos estudantes.
C) Titorías en grupo: Supoñerán 5 horas para cada estudante. É o tempo que se reserva para que o/a estudante poida solicitar documentación e información bibliográfica ao profesor. Tamén están pensadas para a resolución de dúbidas, tanto sobre ou contido das sesións como sobre outros aspectos da materia (metodoloxía, avaliación, etc.).
A) AVALIACIÓN DO CONTIDO
A avaliación do CONTIDO desta materia farase mediante avaliación continua, contemplándose a posibilidade dun un exame final, caso de que o estudante non poida asistir a clase, non siga as pautas da avaliación continua ou non a supere.
A avaliación dos/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais farase mediante a modalidade de exame final (100% de la nota).
A avaliación continua farase valorando a asistencia e participación nas sesións na aula e nas titorías. Porén, a avaliación apoiase principalmente na realización dun traballo final escrito que o estudante expoñerá de maneira oral na aula nas últimas semanas de clase.
A cualificación final do estudante distribúese nos seguintes apartados:
TIPO DE ACTIVIDAD E PORCENTAJE EN LA NOTA FINAL
Asistencia e participación nas sesións 5%
Titorías 5%
Entrega de catro traballos escritos correspondentes ás clases prácticas (comentarios de texto, etc.) 40% (10% cada uno)
Traballo final elaborado individualmente polo estudante, exposto na aula na sesión finais do curso e entregado por escrito 50 %
Exame, caso de non participar ou non superar a avaliación continua (100 %)
Exame final para os/as estudantes con dispensa (ou exención) de asistencia ás clases presenciais (100 %)
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases teóricas (con participación dos estudantes) ...... 10 h.
Clases interactivas ................................................. 10 h.
Titorías grupo ..................................................... 5 h.
Total ................................................................... 25 h.
TRABALLO PERSOAL DO ESTUDANTE
Seguimento do curso (Lecturas, prácticas, etc.) ......... 20 h.
Traballo escrito ..................................................... 15 h.
Estudo .................................................................. 15 h.
TOTAL .................................................................. 50 h.
- Participar nas sesións expositivas e interactivas.
- Traballar cos textos encomendados seguindo as pautas indicadas.
- Utilizar o recurso das titorías.
Recomendacións de cara á avaliación
O/A alumno/a debe elaborar os traballos escritos citando as fontes bibliográficas, consonte ás normas internacionais aceptadas. Debe incorporar ademais reflexións propias e orixinais.
Para elaborar o esquema do seu traballo pode aconsellarse co profesor. Aqueles estudantes que atopen dificultades importantes á hora de traballar nas actividades prácticas propostas deben acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudarlles a resolver as súas dificultades.
É moi importante levar o traballo ao día e entregar as prácticas despois de realizar a posta en común na aula. Non se admitirá que se entreguen os traballos das prácticas todos xuntos ao final do semestre.
No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Recomendacións de cara á recuperación
Os profesores analizará con aqueles/as estudantes que nos superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades atopadas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (lecturas, exercicios, exemplos, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.
Marcelino Agis Villaverde
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 881812520
- Correo electrónico
- marcelino.agis [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Nussbaum (109) |
Martes | |||
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Seminario Nussbaum (109) |
27.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
27.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |
12.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Butler (108) |
12.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Butler (108) |