Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten en:
- Transmitir os contidos fundamentais da materia.
- Amosar as cuestións abertas que alimentan a investigación económica actual.
- Reflexionar e alentar un pensamento crítico, mediante o debate dos diversos temas.
PLANO XERAL
1. Nacemento e consolidación do pensamento económico contemporáneo
2. Os pensamentos económicos heterodoxos
3. Elementos fundamentais do capitalismo globalizado
4. Pensar a economía nun mundo en crise: o colapso social e ecolóxico
5. É posíbel unha economía ética?
Burgui, M., Chuvieco, E. (2017): Dimensiones éticas en los dilemas ambientales. Estudio de casos. Madrid. Ediciones Internacionales Universitarias.
Domingo, Carmen (2020): Derecho a decidir: el mercado y el cuerpo de la mujer. Akal. Madrid
Etxezarreta, Mirem (2015): ¿Para qué sirve realmente la economía?, Paidós, Barcelona
Georgescu-Roegen, Nicholas (1971): La Ley de la Entropía y el proceso económico, Fundación Argentaria-Visor, Madrid, 1996.
Gómez, Pedro José (coord..) (2018): La economía mundial. Enfoques críticos. Fuhem. Madrid.
Herrero, Yayo; Cembranos, Fernando e Pascual, Marta (coords) (2015): Cambiar las gafas para cambiar el mundo. Una nueva cultura de la sostenibilidad, Libros en Acción, Madrid.
Hildyard, N. (2008): “La extracción de combustibles fósiles como generadora de refugiados ambientales” en Ecología Política, xuño, nº 4, pp. 37-50.
Jackson, T. e Webster, R. (2016): Límites Revisitado. Unha revisión do debate sobre os límites do crecemento. Véspera de Nada.
Max Neef, M.A. (1993): Desarrollo a Escala Humana. Conceptos, aplicaciones y algunas reflexiones. Montevideo-Barcelona. Nordan-Icaria.Ver Capítulo 2 (Desarrollo y necesidades humanas).
Max-Neef, Manfred e Smith, Philip B. (2011): La economía desenmascarada. Del poder y la codicia a la compasión y el bien común, Editorial Icaria, Barcelona.
Moulier-Boutang, Yann (2012): La abeja y el economista, Traficantes de sueños, Madrid.
Naredo, José Manuel (2015): La economía en evolución. Historia y perspectivas de las categorías básicas del pensamiento económico, Siglo XXI, Madrid.
Naredo, José Manuel (2006): Raíces económicas del deterioro ecológico y social. Siglo XXI, Madrid
Nuño, Laura (2020): Maternidades S.A. El negocio de los vientres de alquiler. Los Libros de la Catarata. Madrid.
Passet, René (2013): Las grandes representaciones del mundo y la economía a lo largo de la historia. Clave intelectual. Madrid
Pérez Orozco, A. (2014): Subversión feminista de la economía. Aportes para un debate sobre el conflicto capital-vida. Madrid. Traficantes de Sueños. Ver páxinas 139-184.
Polanyi, Karl (2014): Los límites del mercado. Reflexiones sobre economía, antropología y democracia, Capitán Swing, Madrid
Reuveny, R. e Peterson Allen, A. (2008): “Los refugiados ambientales y sus consecuencias en el futuro” en Ecología Política, xuño, nº 4, pp. 21-35.
Roca Jusmet, J. (2000): "La economía, la ecología y la crisis de la economía convencional", en Medina, M. y Kwiatkowsnka, T. (eds.), Ciencia, Tecnología /Naturaleza, Cultura en el siglo XXI. Barcelona: Anthropos.
Sampedro, José Luís (2013): “El reloj, el gato y Madagascar”, en Revista de Economía Crítica, Primeiro Semestre, nº 15, pp.229-238.
Sandel, M.J.(2021): Lo que el dinero no puede comprar. Límites morales del mercado. Madrid. Debate
Villavicencio, Arturo (2021): Neoliberalizando la naturaleza. El capitalismo y la crisis ecológica. Siglo XXI. Madrid
COMPETENCIAS DE TIPO XERAL
(1.1) Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos que adquira para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
(1.2) Que o estudantado adquira capacidades e coñecementos para a análise crítico en relación a achegas investigadoras.
(1.3) Que o estudantado sexa capaz de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
(1.4) Que o estudantado estea capacitado para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na procura de solucións.
(1.5) Que o estudantado teña habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos.
(1.6) Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(1.7) Que o estudantado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ambientes novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(1.8) Que o estudantado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta oy limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
(1.9) Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
(1.10) Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lle permita continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Os obxectivos e estas competencias conséguense co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Os obxectivos e competencias avalíanse a través do traballo escrito final, así como mediante las presentacións temáticas, resumes e comentarios previstos.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
(2.1) Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
(2.2) Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
(2.3) Adquirir habilidades para a transmisión e ensino de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
(2.4) Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
(2.5) Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar conforme a criterios éticos.
(2.6) Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(3.1) Utilizar as tecnoloxías da información e la comunicación.
(3.2) Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
(3.3) Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
(3.4) Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
Docencia presencial. As explicacións do profesorado acompañaranse de lecturas por parte do alumnado de textos escollidos que fundamentarán ou complementarán ditas explicacións. Igualmente, promocionarase a participación activa do alumnado en clase a través da análise e reflexión en grupo que lle permita individualizar contidos e aplicalos. Poderá haber actividades específicas que se deseñen para a súa realización telemática. As titorías serán prioritariamente presenciais, aínda que cabe a posibilidade de concertar ocasionalmente titorías telemáticas.
Sistema de evaluación continua.
Os criterios básicos polos que se rexerá a avaliación do alumnado son:
a) 20% da cualificación final en función do cumprimento con asistencia obrigatoria ás clases.
b) 20% en relación á participación nas clases e nos debates que se formulen polo profesor sobre diferentes temas.
c) 60% en relación aos traballos obrigatorios (individuais ou en grupo) realizados encomendados polo profesor. Tamén se terá en conta, no seu caso, a exposición oral e defensa de ditos traballos.
Obterán a cualificación de non presentado aquelas persoas que non se sometan á avaliación de calquera actividade obrigatoria.
Estudantes con dispensa de asistencia a clase:
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial (10 puntos), tendo como contido os textos de lectura obrigatoria e outro material que se indicarán no seu momento, nunha primeira titoría, ao comezo do curso, ca/co alumna/alumno.
REQUERIMENTO DE ORIXINALIDADE
Na realización dos exercicios e traballos encomendados ou dos exames co obxecto de ser avaliados, deben seguirse certos estándares:
- Toda reprodución literal total ou parcial tomada dun libro, revista, publicación electrónica, páxina web, etc. debe citarse entre comiñas, referenciando correctamente a fonte de onde se tomou, de modo que se poida comprobar que a cita é correcta.
- Tamén deberá facerse dita referencia se é tomada a idea principal doutro texto aínda que baixo unha nova redacción.
- De non seguirse estas normas, considerarase que se está realizando un plaxio, é dicir, unha copia no substancial de obras alleas, facéndoas pasar como propias.
- Tamén se considerará plaxio se dita copia se fai doutro compañeiro ou compañeira, facéndose pasar como autor/a do documento, ou se entrega un documento que foi escrito por outra persoa, ou o uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Os obxectivos e as competencias xerais conséguense co conxunto de actividades previstas para o seguimento da materia.
Os obxectivos e competencias específicas avalíanse a través do traballo escrito final, así como mediante as presentacións temáticas, resumes e comentarios previstos.
Sesións de seminario interactivo, titorías individuais e de grupo, a preparación do traballo escrito final (e no seu caso o exame final) serán elementos a través dos que o alumnado contribúa a mostrar a adquisición das competencias específicas. Avaliaranse mediante traballo escrito final.
As competencias transversais conséguense e avalíanse co conxunto de actividades previstas para o seguimento de la materia.
A materia consta de 3 créditos ECTS, polo que a carga total de traballo para o/a alumno/a é
de 75 horas, que se desglosan segundo se indica na seguinte táboa:
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA 24 HORAS
Clases Expositivas 9
Clases Interactivas 12
Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo 3
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO 51 HORAS
Estudo individual do alumnado 15
Preparación de traballos e exposicións en grupo 18
Realización de traballos individuais 18
(1) Participación nas presentacións
(2) Preparación das tarefas marcadas seguindo as pautas indicadas
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
Utilizarase o campus virtual para informacións xerais sobre a materia e para o depósito de materiais que se consideren de utilidade.
A lingua vehícular da materia para a impartición de clases e para diferentes materiais será o galego. Certos materiais que poden ser utilizados estarán noutros idiomas.
Xoan Ramon Doldan Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811569
- Correo electrónico
- xoan.doldan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Rosa Maria Regueiro Ferreira
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- rosamaria.regueiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Xoves | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
27.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
27.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
16.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Mead (303) |
16.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Mead (303) |