Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A1 ) Identificar e delimitar problemas para iniciar a investigación.
A2 ) Seleccionar liñas de investigación.
A3 ) Técnicas de investigación para continuar despois con éxito os Estudios de Doutorado.
A4 ) Destrezas que permitan a integración en equipos de I+D+i.
A5 ) Destrezas para a investigación no ámbito empresarial.
A6 ) Recurso informáticos.
B1 ) Resolución efectiva de problemas.
B2 ) Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B3 ) Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B4 ) Capacidade de xestión da información relevante.
1) Que entendemos por investigación? A investigación na normativa actual. Diferenzas da investigación segundo areas de coñecemento.
2) O proceso de investigación: do descubrimento á xustificación. Tipos de traballos de investigación. Compoñentes dun traballo de investigación.
3) Programación dun traballo de investigación. A elección do tema de investigación. O problema investigado.
4) Organización do traballo de investigación.
5) Redacción da investigación realizada e procesos posteriores nos traballos de investigación.
Gallud Jardiel, Enrique, Manual práctico para escribir una tesis, Verbum, Madrid, 2015.
Bernal Torres, César Augusto, Metodología de la investigación : para administración, economía, humanidades y ciencias sociales, Pearson Educación, México D.F., 2006.
De-la-Mota, Carme & Puigvert, y Gemma, La investigación en humanidades, Biblioteca Nueva, Madrid, 2009.
BÁSICAS E XERAIS
CG2 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas dos nosos tempos.
CG3 - Que os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos, ideas orixinais e solucións propostas.
CG5 - Que os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestións e problemas susceptíbeis de ser abordados e resoltos.
CB6 – Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en entornas novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
CT2 - Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
CT3 - Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
CT4 - Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desenvolver valores contra as desigualdades de xénero.
ESPECÍFICAS
CE2 – Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
CE3 - Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do mestrado.
CE5 - Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar consonte a criterios éticos.
CE6 - Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
TRABALLO PRESENCIAL NAS AULAS
(1) Clases expositivas: exposición maxistral, aberta á intervención e ao debate
(2) Clases interactivas: actividades en seminario con participación activa e protagonista do alumno ou alumna.
(3) Actividade titorial: titorizacións para o seguimento dos contidos teóricos e apoio as lecturas. Titorización de apoio ao traballo desenvolvido ao longo do semestre. Titorización das presentacións e recomendación de bibliografía de apoio.
TRABALLO AUTÓNOMO DEL ESTUDANTE
(1) Preparación das presentacións nas sesións prácticas.
(2) Lectura de textos e traballo sobre eles. A cada sesión levarán resumos do contido impartido na sesión expositiva correspondente, respondendo a algunhas preguntas que estarán dispoñibles no campus virtual.
(3) Estudo dos textos.
REQUISITOS PARA LAS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alumnado. A participación significa responder habitualmente as preguntas que propoña o docente, así como realizar achegas relevantes críticos ou non en relación á materia que se estea impartindo.
1. Avaliación continua.
40% da nota. Avaliación continua por traballo continuado no seguimento da materia, asistencia e participación en actividades presenciais.
60% da nota. Elaboración dun proxecto de traballo de fin de máster. 3000-4000 palabras.
No caso de que o alumno falte en máis de tres ocasiones sen causa xustificada perderá o seu dereito á avaliación continua e será avaliado exclusivamente polo proxecto de traballo de fin de máster.
Os alumnos aos que a Xunta do Centro (ao amparo da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral) concedese unha dispensa da asistencia a clase, serán informados, atendendo ás súas circunstancias persoais, de como elaborar e entregar aqueles traballos que permitan compensar a falta de asistencia a clase mantendo o seu dereito a unha avaliación continua segundo as porcentaxes establecidas.
2. Avaliación non continua.
Exame final 100% da nota.
3. Avaliación de competencias.
A avaliación por traballo continuado no seguimento da materia, asistencia e participación en actividades presenciais permitirá avaliar avaliar tódalas competencias básicas e xerais, de xeito especial, a CG1, a CG3 e a CG5, e tódalas competencias transversais, especialmente a CT1, a CT2 e a CT3.
A elaboración do proxecto de traballo de fin de máster permitirá avaliar tódalas competencias básicas e xerais, de xeito especial, a CB3 e a CB6, e tódalas competencias transversais, de xeito especial, a CE5 e a CE6.
NORMATIVAS (REQUIRIMENTO DE ORIXINALIDADE)
Será de aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011:
Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
3 créditos ECTS, 75 horas
- Horas presenciais: 24h.
Horas de Titorías 6h.
Clases Expositivas 6h.
Clase Interactiva 12 h.
- Horas non presenciais: 51h.
Traballo persoal do alumno: traballo individual para seguimento da materia (incluído, de ser o caso, realización traballo escrito) 46h.
Traballo en grupo do alumno: traballo en común de grupos de alumnos 5h.
(1) Participación nas presentacións
(2) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
(3) Lectura da bibliografía fundamental
(4) O alumnado deberá evitar incurrir en plaxio. Este requisito cumpre coa “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”, aprobada no Consello de Goberno da USC do 15 de xuño de 2011: Art. 1.: “A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. Considerarse fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes”.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da
aula virtual.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnadod as consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos
Carlos Alberto Pose Varela
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Correo electrónico
- carlosalberto.pose [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Sala Hipatia |
Xoves | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Sala Hipatia |
22.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
22.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
12.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
12.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |