Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía Moral
Centro Facultade de Filosofía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos da materia consisten en: introducir as bases do coñecemento e da investigación en torno ás relacións e roles de xénero, dos estudos das mulleres, así como os enfoques teórico-feministas máis relevantes; de modo concreto preténdese chegar a un dominio da bagaxe conceptual central e dos paradigmas ou enfoques máis importantes, e as súas implicacións para a explicación dos procesos de socialización humana e das relacións e roles de xénero; coñecer as correntes contemporáneas do pensamento feminista.
PRIMEIRA PARTE
1. Introdución
2. Aclaración conceptual e Debate: Sexo- Xénero
3. Feminismo e Coñecemento de Xénero
3.1. As orixes do Movemento Feminista
3.2. O Movemento Feminista Moderno e os Estudios e Investigacións das Mulleres (“Women’s Studies”)
4. A problemática epistemolóxica do coñecemento do xénero
4.1. Patriarcado e Androcentrismo
4.2. A polémica epistemolóxica das Teorías feministas: os enfoques teóricos da igualdade e da diferencia; Ciberfeminismos, Ecofeminismos...
SEGUNDA PARTE
1. Introdución.
2. Xénero e Política
2.1. “O persoal é político”; Privado/Público
2.2. O contrato sexual/social
2.3. Cidadanía e xénero
3. Mulleres, Xustiza e Globalización
3.1. Liberalismo Político: o enfoque das capacidades e a loita polo florecemento humano
3.2. Democracia da terra: o enfoque das necesidades e a loita pola vida
3.3. Pobreza, desigualdades, coidados: mulleres e globalización
3.4. Mulleres e guerra
PRIMEIRA PARTE
AGRA, M. X. (2017): “Del sexo y del género: epistemología y política”, en Anuario de Literatura Comparada, 7, pp. 87-106.
AMORÓS, C. (1980): “Feminismo. Discurso de la diferencia, discurso de la igualdad”, en El Viejo Topo, Extra, 10, pp. 31-33.
-- (1997): Tiempo de feminismo, Sobre feminismo, proyecto ilustrado y postmodernidad. Madrid: Cátedra.
-- (2018). 10 Palabras clave sobre Mujer. Madrid: Verbo divino
AMORÓS, C. (1985): Hacía una Crítica de la Razón Patriarcal. Barcelona: Anthropos.
BENHABIB, S. (1992): "Una revisión del debate sobre las mujeres y la teoría moral”, en: Isegoría, nº 6
BENHABIB, S. y CORNELL, D. (1990): Teoría Feminista y Teoría crítica. Valencia:
Alfons El Magnanim.
BEAUVOIR, S. (1977): El segundo sexo. Tomos I y II. Madrid: Cátedra.
DE GOUGES, O. (2007): “Declaración dos dereitos da muller e a cidadá”, en Escritos políticos e literarios. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco.
DE SALVADOR AGRA, S. (2018): “Guerrillas ciberfeministas: la batalla desde los códigos”, en Revista andaluza de antropología, pp. 133-153.
FRAISE, G. (1975): “El concepto filosófico de género”, en Tubert, S. (ed). Del sexo al género. Los equívocos de un concepto. Madrid: Cátedra.
HARAWAY, D.J. (1995): Ciencia, cyborgs y mujeres. La reivindicación de la naturaleza. Madrid: Cátedra.
LIBRERIA DE MUJERES DE MILÁN (1991): No creas tener derechos. Madrid: Horas y horas.
MILLET, K. (1997): La política Sexual. Madrid: Cátedra.
MORENO SARDA, A. (1988): La otra política de Aristóteles. Cultura de masas y divulgación del arquetipo Viril. Barcelona: Icaria, pp. 13-30
-- (2007): De qué hablamos cuando hablamos del hombre. Treinta años de crítica y alternativas al pensamiento androcéntrico. Barcelona: Icaria, pp. 89-109.
PULEO, A. (1993): La ilustración olvidada. Madrid: Anthropos.
RADL PHILIPP, R. (2001): “Acerca del estatus epistemológico-crítico de las investigaciones de género”, en: Rita Radl Philipp (ed.) Cuestiones Actuales de Sociología del Género. Madrid: CIS.
RUBIN, G. (1986): “El tráfico de mujeres: notas sobre la “Economía política” del sexo”, en Nueva Antropología, vol. Viii, 30, pp. 95-145.
MARTÍN-GAMERO, A. (1975): Antología del feminismo. Madrid: Alianza.
NASH, M. (1988): “Conceptualizacón y desarrollo de los estudios en torno a las mujeres: un panorama internacional”, en Papers, Revista de Sociología, pp. 13-32.
PULEO, A. (2021): Claves ecofeministas. Madrid: Plaza y Valdés.
WOLLSTONECRAFT, M. (2000): Vindicación de los derechos de la Mujer. Madrid: Cátedra.
SEGUNDA PARTE
AGRA ROMERO, Mª X. (1998) (comp.): Ecología y feminismo. Granada: Comares.
-- (2002) “Ciudadanía: el debate feminista” en F. Quesada (Ed.): Naturaleza y sentido de la ciudadanía hoy. Madrid: Publicaciones-UNED, pp. 129-160.
-- (2006) “Ciudadanía, feminismo y globalización” en A. Rubio Castro/ J. Herrera (coords.): Lo Público y lo Privado en el contexto de la Globalización. Instituto Andaluz de la Mujer, Sevilla, pp. 67-97.
-- (2008) “Ciudadanía: ¿un asunto de familia?”, en Isegoria, 38, pp. 139-154.
-- (2009) “Martha C. Nussbaum: liberalismo político de las capacidades”, en R. Maíz (Comp.): Teorías políticas contemporáneas. Valencia: Tirant lo blanch, pp. 365-398.
-- ( 2010) “Multiculturalidad, género y justicia”, en Mª Josefina Clavo Sebastián/Mª Ángeles Goicoechea Gaona (Coords.): Miradas multidisciplinares para un mundo en igualdad: ponencias de la I Reunión científica sobre Igualdad y Género. Servicio de Publicaciones de la Universidad de La Rioja.
-- (2012) “El feminismo y/en la filosofía política”, en Revista Laguna, 30, pp. 31-45.
-- (2013) “Vulnerabilidad: injusticias y cuidados”, en Margarita Boladeras (ed.): Bioética: justicia y vulnerabilidad. Barcelona: Editorial Proteus, pp. 49-82.
-- (2016) ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións, USC Editora.
AMORÓS, C. (2005): La gran diferencia y sus pequeñas consecuencias… para las luchas de las mujeres. Madrid: Cátedra.
-- (2008) : Mujeres e imaginarios de la globalización. Reflexiones para una agenda teórica global del feminismo. Santa Fé: Homo Sapiens Ediciones.
--(2000) (Comp.): Feminismo y Filosofía. Madrid: Síntesis.
AMORÓS, C./ MIGUEL, A. de (Eds.) (2005): Teoría feminista: De la Ilustración a la Globalización. De la Ilustración al segundo sexo. 1.
-- Teoría feminista: de la ilustración a la globalización. Del feminismo liberal a la posmodernidad. 2.
- Teoría feminista: de la ilustración a la globalización. De los debates sobre el género al multiculturalismo. Madrid: Minerva Ediciones.
AMORÓS, C. / POSADA, L. (eds.) (2007): Multiculturalismo y feminismo. Madrid: Instituto de la Mujer.
BEARD, M. (2019): Mulleres e poder. Un manifesto. A Coruña: Hércules.
BIRULÉS, F. (2005): Entreactos. En torno a la política, el feminismo y el pensamiento. Buenos Aires/Madrid: Katz.
CASTELLS, C. (Comp.) (1996): Perspectivas feministas en teoría política. Barcelona: Paidós.
FRAISSE, G. (2003): Los dos gobiernos: la familia y la ciudad. Madrid: Cátedra.
FRASER, N. (1997): Iustitia Interrupta. Reflexiones críticas desde la posición ‘postsocialista’. Santafé de Bogotá: Siglo del Hombre Ed.
GUERRA, Mª J., HARDISSON, A., (Eds.) (2006): 20 Pensadoras del siglo XX. Vol. I-II. Oviedo: Ediciones Nobel.
HELD, V. (2020): “Nacimiento y muerte”, en Dilemata, 31, pp. 1-25.
NUSSBAUM, M. C. (2002): Las mujeres y el desarrollo humano: el enfoque de las capacidades. Barcelona, Herder.
--(2007): Las fronteras de la justicia. Consideraciones sobre la exclusión. Barcelona, Paidós, 2007.
PATEMAN, C.(2019): El contrato sexual. Madrid: Ed. Ménades.
PHILLIPS, A. (2020): “Las pretensiones universales del pensamiento político”, en Michele Barrett y Anne Phillips (comp.): Desestabilizar la teoría. Debates feministas contemporáneos. Barcelona: Paidós, pp. 25-44.
PULEO, A. H. (2011): Ecofeminismo para otro mundo posible. Madrid: Cátedra.
QUESADA, F. (ed.) (2014): Mujeres y guerra: cuerpos, territorios y anexiones. Madrid: Biblioteca Nueva.
SEGATO, R. L. (2016): La guerra contra las mujeres. Madrid: Traficantes de sueños.
SEN, A.: “Desigualdad de género y teorías de la justicia”, en Mora. Revista del Instituto Interdisciplinario de Estudios de Género, nº 6, 4-18.
SHIVA, V. (1995): Abrazar la vida: mujer, ecología y desarrollo. Madrid, Horas y horas.
SHIVA, V. (2006): Manifiesto para una democracia de la tierra. Justicia, sostenibilidad y paz. Barcelona: Paidós.
VALCÁRCEL, A. (1997): La política de las mujeres. Madrid: Cátedra.
YOUNG, I. M. (2000): Justicia y política de la diferencia. Madrid: Cátedra.
YOUNG, I. M. (2011): Responsabilidad por la justicia. Madrid: Morata.
Outras referencias bibliográficas poderán ser facilitadas na aula.
BÁSICAS E XERAIS
(CG2) Que as e os estudantes saiban aplicar os coñecementos que adquiran para identificar, formular e resolver problemas do noso tempo.
(CG1) Que as e os estudantes adquiran capacidades e coñecementos para a análise crítica en relación a aportacións investigadoras.
(CG3) Que as e os estudantes sexan capaces de transmitir coñecementos ideas orixinais e solucións propostas.
(CG4) Que as e os estudantes estean capacitados para unha dinámica de reflexión con actitude proactiva e creativa na busca de solucións.
(CG5) Que as e os estudantes teñan habilidades para recoñecer, nos diversos saberes e na práctica social, cuestión e susceptibles de ser abordados e resoltos.
(CB6) Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base u oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
(CB7) Que as e os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
(CB8) Que as e os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seu coñecementos e xuízos.
COMPETENCIAS DE TIPO ESPECÍFICO
(CE1) Coñecer e comprender formulacións filosóficas relacionadas cos ámbitos temáticos do máster.
(CE2) Desenvolver destrezas que permitan trasladar os coñecementos adquiridos ao ámbito da investigación.
(CE3) Adquirir habilidades para a transmisión e ensinanza de contidos filosóficos relacionados cos ámbitos temáticos do máster.
(CE4) Saber aplicar os coñecementos adquiridos na resolución de novos problemas.
(CE5) Ser capaz de: analizar e sintetizar, argumentar loxicamente, formular xuízos, e deliberar consonte á criterios éticos.
(CE6) Saber expresarse oralmente e por escrito, comunicar, debater e deliberar.
CCOMPETENCIAS TRANSVERSAIS
(CT1) Utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación.
(CT2) Manexar e analizar criticamente fontes de documentación científica, bibliográfica e dixital.
(CT3) Valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas.
(CT4) Promover o respecto aos dereitos humanos e á diversidade cultural e das persoas, así como desarrollar valores contra as desigualdades de xénero.
Para a docencia teórica empregarase un modelo de clase interactiva para optimizar a interacción profesora-alumna/ou, a parte das leccións teórico explicativas por parte da profesora. Neste sentido, seguindo unha concepción didáctico-comunicativo- interaccionista contémplanse especialmente intervencións activas e alocucións das alumnas e dos alumnos (exposicións, resumos, preparación de preguntas para o pleno da clase etc.) como parte integrante da propia clase, isto é, achegas en relación co material que se usará nas distintas clases para profundar nos distintos complexos temáticos suscitados teoricamente no espazo da aula.
De modo concreto desenvolveremos ademais sesións e talleres prácticos con respecto á temática precisa que nos ocupa durante todo o semestre e segundo o programa específico da materia. Facilitarase que as alumnas e os alumnos teñan un sentido crítico sobre os contidos das clases e a súa participación activa favorecerá o desenvolvemento das actitudes críticas a través da expresión e contraste de opinións e ideas.
REQUERIMENTOS PARA AS AULAS
Participación activa (que obviamente require asistencia)
A materia require necesariamente da participación activa do alumnado nas aulas interactivas. Esta é así mesmo moi recomendable nas expositivas.
TITORÍAS DE GRUPO
Para a preparación dos ensaios e dos exames terán lugar titorías de grupo, onde se explicarán todas as cuestións sobre as que haxa dúbidas, se explicará a metodoloxía práctica a seguir para superar a materia e se exporá a bibliografía que se pode empregar para a preparación dos exames. Estas terán lugar ao comezo e na metade do curso.
É posible superar a materia mediante avaliación continua ou indo ao exame final
Para a avaliación continua contarán:
(1) O contido da materia dividirase nas diferentes sesións prácticas nas que as/os estudantes presentarán e discutirán este. Neste sentido, as presentacións valoraranse como parte da nota.
(2) Realizarase un traballo final (entre 5 e 10 páxinas máximo) sobre algún dos tópicos ou contidos dados.
DIMENSIÓNS DA AVALIACIÓN
O traballo final valoraráse de 0 a 10 puntos, aportará o 60% da calificación. Ademais da entrega en versión dixital (pdf) pola plataforma, terá que ser exposto de maneira oral. Dos 6 puntos da avaliación 4 serán para o traballo escrito e 2 para a exposición e defensa do mesmo no turno de preguntas. Xunto a esta, a participación activa comentando o traballo realizado sobre os textos na aula aportará o 10%. As presentacións temáticas, o traballo sobre os textos, resumes e comentarios o restante 30%.
A/o aluna/o que conforme a este método de avaliación non supere a materia ou que desexe mellorar a nota acadada poderá concorrer ao exame final.
EXAME FINAL
As persoas que concorran ao exame final terán que dar conta do conxunto da materia impartida no curso así como dos textos de lectura obrigatoria e de apoio empregados nas aulas expositivas e interactivas. O exame final consiste nunha proba escrita: un comentario de texto (4 puntos) e dúas cuestións (3 puntos cada unha).
ESTUDANTES CON DISPENSA DE ASISTENCIA A CLASE
Quen teña dispensa de asistencia a clase será avaliado mediante un exame final na data oficial, no que se dará conta dos textos de lectura obrigatoria (Comentario de texto dunha das lecturas obrigatorias; 4 puntos) e das lecturas sobre os temas do programa que serán sinaladas nunha primeira titoría, ao comezo do curso, ca/co aluna/aluno (dúas cuestións: 3 puntos cada unha).
O tempo de traballo estimado para esta materia en correspondencia cos 3 créditos que ten é de 75 horas
-Horas presenciais semanais: 3 horas (9 horas de docencia expositiva e 12 horas de docencia interactiva) no primeiro bimestre do curso. Aproximadamente, 24 horas no conxunto do semestre. Incluindo 3 horas de titorías.
-Horas non presenciais semanais, recomendadas para o traballo con textos: 1,5 horas. Aproximadamente, 21 horas no semestre.
-Horas de estudo semanais (para alén das non presenciais): 2 horas semanais. Aproximadamente, 30 horas no semestre.
Recomendase seguir o traballo, as análises e o estudo dos textos e materiais presentados na clase tal e como o require o traballo na aula e de sesión en sesión.
O temario preciso, así como a bibliografía concreta, explicarao e entregará en clase ou a través da Aula virtual.
PLAXIO: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
-Para a interacción co profesorado é obrigatorio o uso da conta de correo rai.
Yolanda Martinez Suarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía Moral
- Teléfono
- Ext 12527
- Correo electrónico
- yolanda.martinez.suarez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
Martes | |||
17:30-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | Seminario Butler (108) |
16.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |
16.01.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
06.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario Nussbaum (109) |
06.06.2025 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario Nussbaum (109) |