Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII, Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A asignatura plantéxase facer unha introdución ao estudo da evolución histórica, o desenrolo urbán e a representación das cidades da Monarquía hispánica en época moderna, dende a herdanza medieval ata a Ilustración.
Tamén fomentará o traballo autónomo a partir de materiais on -line e a capacidade de análise e síntese de información procedente de soportes artísticos, aplicando métodos e técnicas propios das ciencias humáns.
1.- Cidades, vilas e aldeas na España Moderna
2.- Da herdanza medieval á cidade renacentista
3.-A cidade barroca e os Reais Sitios: dos Austrias aos Borbóns
4.-A cidade como espazo de poder e conflito
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
BONET CORREA, Antonio (coord.), Urbanismo e historia urbana en el mundo hispano: Segundo Simposio, 1982. Madrid, Universidad Complutense, 1985.
FERNÁNDEZ CORTIZO, C.J.; MIGUÉS RODRÍGUEZ, V.; PRESEDO GARAZO, A., (eds.), El mundo urbano en el siglo de la Ilustración, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 2009.
KAGAN, Richard L.,Imágenes urbanas del mundo hispánico: 1493-1780. Madrid: El Viso, 1998.
QUESADA, Santiago, La idea de ciudad en la cultura hispana de la Edad Moderna. Barcelona: Universitat, 1992.
VV.AA., Palacios Reales en España. Historia y arquitectura de la magnificencia, Madrid, Visor, 1996.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
FORTEA, José I., "La ciudad y el fenómeno urbano en la España de la Ilustración", en El mundo urbano en el siglo de la Ilustración, Tomo I, Coruña, Xunta de Galicia, 2009, pp. 59-93.
FORTEA, José I. y GELABERT, Juan E.: La ciudad portuaria atlántica en la Historia (siglos XVI-XIX), Santander, 2005.
GELABERT GONZÁLEZ, J.E., “Ciudades, villas y aldeas (1538-1602”, en Fortea Pérez, J.I. y Gelabert González, J.E. (coords.), Ciudades en conflicto (siglos XVI-XVIII), Madrid, Junta de Castilla y León, Marcial Pons, 2008.
GELABERT, Juan E., "'Un gran palacio abandonado'. La España urbana del siglo de las Luces", en M.-R. García Hurtado (ed.), La vida cotidiana en la España del siglo XVIII, Madrid, Sílex, 2009, pp. 57-72.
LADERO QUESADA, Miguel Ángel, Ciudades de la España Medieval: introducción a su estudio. Madrid, Dykinson, 2010.
LUENGO AÑÓN, Ana, Aranjuez, utopía y realidad. La construcción de un paisaje. Madrid: CSIC; Inst. Estud. Madrileños; Doce Calles, 2008.
SAMBRICIO, Carlos, Territorio y Ciudad en la España de la Ilustración, 2 vols. Madrid, Instituto del Territorio y Urbanismo, MOPT,1991.
SANCHO GASPAR, José L., La arquitectura de los Reales Sitios. Catálogo histórico de los palacios, jardines y patronatos reales del Real Patrimonio, Madrid, Patrimonio Nacional, 1995.
TRUCHUELO GARCÍA, S., “Villas y aldeas en el Antiguo Régimen. Conflicto y consenso en el marco local castellano”, Mundo Agrario, vol. 14, nº 27, Diciembre 2013.
VIGO TRASANCOS, Alfredo (dir.), La ciudad y la mirada del artista. Visiones desde el Atlántico. Pontevedra, Teófilo Edicións, 2014.
VILLALTA, Mª.J., “Ciudades rurales” en la España Moderna. El protagonismo de las continuidades”, Revista de Demografía Histórica, vol.. 21, Nº 1, 2003, pp. 15-43.
Competencias Xenéricas
-Posuír un coñecemento avanzado dos principais recursos bibliográficos das distintas áreas temáticas e disciplinas que engloban os estudos historiográficos sobre a Monarquía de España séculos XVI-XVIII.
-Adquirir un coñecemento crítico de relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
-Aplicar adecuadamente unha metodoloxía científica propia da Historia, na execución de traballos bibliográficos, na elaboración de estados da cuestión,na análise e interpretación das fontes.
-Aplicar as novas tecnoloxías á investigación histórica e o exercicio de traballos propios dos perfís profesionais da titulación.
-Ser capaz de comentar, anotar e editar correctamente textos e documentos de acordo cos cánones críticos da historia.
Competencias Específicas
-Coñecer e comprender a nivel avanzado os sistemas e as estruturas sociais, económicas, institucionais, culturais, ideolóxicas, relixiosas que configuran os territorios que conformaban a Monarquía de España.
-Comprender e valorar as diferentes perspectivas de investigadores implicados no estudo da Monarquía de España na Idade Moderna, sabendo que proceden de contextos culturais e nacionais diferentes.
-Analizar e interpretar a nivel avanzado documentos históricos dos séculos XVI-XVIII.
Competencias Básicas
-Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenrolo e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
-Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en grande medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Transversais
-Identificar e seleccionar a metodoloxía adecuada para formular hipóteses, definir problemas e deseñar estratexias de traballo propias da investigación académica.
-Ser capaces de deseñar e executar traballos académicos avanzados tanto individual como colectivamente.
Dado que a materia ten o carácter de semipresencial, tanto a docencia expositiva como a interactiva desenvolveranse completamente de xeito virtual, por medios telemáticos, ben con mecanismos síncronos (videoconferencias: WebEx da UNICAN), ben con asíncronos (Aula virtual, foros).
-Nas clases expositivas pretendese ofrecer ao alumnado información sobre a evolución histórica, o desenrolo urbano e a representación das cidades da Monarquía hispánica en época moderna, dende a herdanza medieval ata a Ilustración. Trátase tamén de reforzar as destrezas informáticas necesarias para a recompilación, catalogación e análise crítica de información gráfica e bibliográfica sobre os espazos urbanos hispánicos en época moderna.
-As clases prácticas permitirán a adquisición de habilidades e posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumnado. Asimesmo fomentarase o traballo autónomo a partir de materiais on -line e a capacidade de análise e síntese de información procedente de soportes artísticos, aplicando métodos e técnicas propios das ciencias humanas.
O alumnado poderá facer uso, como complemento, da Aula virtual da materia.
Está previsto o emprego dun sistema de avaliación continua formativa.
-O 50 % da cualificación corresponderá a avaliación de traballos prácticos e teóricos e recensións críticas.
-O 50 % corresponde á avaliación continua sobre a asistencia e participación do alumnado en actividades e seminarios feitos en remoto (videoconferencias e Aula virtual)
Condicións recuperación: Repetición ou revisión dentro do calendario da asignatura.
Realizaranse recensións ou comentarios críticos entre unha selección de imaxes e textos que se subministrarán ao alumno ao inicio da docencia. O tratarse dunha asignatura semipresencial o detalle das recensións e traballos presentaranse no curso on-line, xunto co calendario e condicións de presentación e os materiais utilizados.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Cada hora de docencia expositiva debería ir acompañada por un traballo complementario do alumno (en forma de lecturas e fixación do exposto en clase) de unhas dúas horas.
Paralelamente estimase que para resolver cada unha das horas de docencia interactiva, o alumno debería empregar, como mínimo, unhas catro horas de traballo persoal.
-Lectura da bibliografía xeral ou especializada que aporta o profesor co programa, pero tamén aquela máis específica que se da con cada tema para obter unha visión máis completa da que é posible ofrecer nas clases teóricas.
- Capacidade de ler nalgunha lingua estranxeira de uso común na produción científica do ámbito dos estudos modernistas.
-Aclarar con preguntas en clase, ou nas titorías, as dúbidas que podan xurdir durante o período de aprendizaxe, así como no transcurso da resolución dos casos prácticos.
En caso de fraude académica tal como se define no artigo 42 da Lei de Convivencia da USC de marzo de 2023 aplicaranse as sancións previstas no artigo 11 de producirse plaxio en traballos académicos ou exames ou ben emprego non consentido de ferramentas de Intelixencia Artificial.
Hortensio Sobrado Correa
- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812606
- Correo electrónico
- hortensio.sobrado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Seminario Historia da Arte |