Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Historia
Áreas: Área externa M.U en Historia Moderna: Monarquía de España Séculos XVI-XVIII, Historia Moderna
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Estudo dos fundamentos teóricos e das bases materiais da organización, da súa reglamentación xurídica, da súa funcionalidade e da súa xerarquización interna.
Análise dos fenómenos de desviación social, violencia e delincuencia.
Análise dos conflitos relacionados cos poderes e os problemas territoriais
Análise dos factores socioeconómicos dos conflitos sociais
Análise de modelos de conflito social rural e urbán
Reconstrución dos mecanismos de control e de disciplinamento social.
Presentación académiica de resultados científicos sobre as materias d asignatura
1. ORDEN SOCIAL, CONFLITO E DELITO
2.-CONTROL E DISCIPLINAMENTO SOCIAL
3.-PLURALIDADE DE PODERES, CONFLITOS E
CONSENSOS NA MONARQUÍA
4.-MODALIDADES DE CONFLITO URBÁM
5.-FORMAS DE CONFLITIVIDADE RURAL
Destas unidades temáticas, o prof. Pegerto SAAVEDRA é responsable a núm. 5 ("Formas de conflitividade rural"). Da núm. 3 encargáse a profa. da UC Susana TRUCHUELO, da 4 os prof. José M. LÓPEZ GARCÍA e José ANTOLÍN NIETO (UAM), e das unidades 1 e 2 o prf. Tomás A. MANTECÓN MOVELLÁN, da UC, que é o responsable da materia e o autor da Guía da mesma, da esta programación é unha adaptación.
Básica:
Antoine, A./Michon, C. (dirs.): Les sociétés au 17e siècle. Angleterre. Espagne, France, Rennes, 2005.
Crimen y castiqo, dossier de la revista Historia Social, n° 6, invierno, 1990, pp- 47-141.
Fortea, J.I.!Gelabert, J.E./Mantecón, TA (eds.): Furor et rabies. Violencia, conflicto y marginaci6n en la Edad Moderna, Santa nder, 2002.
Fortea, J.I.!Gelabert, J.E. (eds.): Ciudades en conflicto (siqlos XVI-XVIII), Valladolid, 2008. Mantecón, TA: España en tiempos de lIustración. Los desafíos dei siglo XVIII. Madrid: Alianza, 2013.
Roodenburg, H./Spierenburg, P. (eds.): Social control in Europe. 1500-1800, Columbus: The Ohio State University Press, 2004 ..
Spierenburg, P.: A history of murder. Personal violence in Europe from the Middle Ages to the Present, Cambridge: CUP, 2008.
Complementaria:
Alloza, A.: La vara quebrada de la justicia. Un estudio histórico sobre la delincuencia madrileña entre los siglos XVI Y XVIII, Madrid, 2000.
Gelabert, J.E.: Castilla convulsa, 1631-1652, Madrid, 2001.
Iglesias Estepa, R.: Crimen, criminales y reos. La delincuencia y su represión en la antigua provincia de Santiago entre 1700 y 1834, Santiago de Compostela, 2008.
Kagan, R.L.: Pleitos y pleiteantes en Castilla, 1500-1700, Valladolid, 1991.
López Garcia, J.M.: El motín contra Esquilache: crisis y protesta popular en el Madrid del siglo XVIII, Madrid,2006.
Lorenzo Cadarso, P.L.: Los conflictos populares en Castilla (siqlos XVI-XVII), Madrid, 1996. Mantecón, TA: Conflictividad V disciPlinamiento social en la Cantabria rural del Antiguo Santander, 1997.
Mantecón, TA (ed.): Batjin y la historia de la cultura popular, Cuarenta años de debate, Santander, 2008.
Munita, JA (ed.): Conflicto, violencia y criminalidad en Europa y América, Bilbao, 2004.
Saavedra, P.: La vida cotidiana en la Galicia delAntiguo Régimen, Barcelona, 1994.
Sanchez Aquirreolea, D.: El bandolero yl a frontera. Un caso significativo: Navarra, siglos XVI-XVIII, Pamplona, 2006.
Truchuelo, S.: Guipüzcoa y el poder real en la Alta Edad Moderna, San Sebastiän, 2004.
W.AA.: Conflictos y represiones en el Antiguo Régimen, Valencia, 2000
Competencias xenéricas:
-Dominar as tradicións historiográficas e os recursos metodolóxicos e conceptuais para o estudo da Ide Moderna nos seus distintos ámbitos.
-Chegar a ter un coñecemento avanzado dos principais recursos bibliográficos das diferentes áreas temáticas.
-Ter capacidade para organizar, archivar e planificar material documental manuscrito e impreso e bibligráfico, co que traballan habitualmente os historiadores modernistas.
-Adquirir un coñecemento crítico da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
-Aplicar adecuadamente a metodoloxía científica propia da Historia na realización de traballos bibliográficos e nos basados na elaboración de fontes.
-Aplicar as novas tecnoloxías á investigación histórica.
-Ser capaz de comentar, anotar e editar textos e documentos.
Competencias específicas:
-Coñecer e comprender, a nivel avanzado, os sistemas e estructuras sociais, económicas, institucionais e culturais que configuran os territorios da Monarquía de España.
-Coñecer os principais debates sobre a organización da sociedade do Antigo Réxime e valorar as súas características específicas.
-En relación co punto anterior, coñecer as principais correntes históricas que se ocuparon e ocupan da Historia Social, en especial das centradas nos procesos de cambio, conflito, control e disciplinamento social.
-Aplicar, a nivel avanzado, teorías, métodos e técnicas para o estudo dos diversos temas que abarca o estudo da sociedade do Antigo Réxime.
-Analizar e interpretar, a nivel avanzado, documentos históricos relacionados coas diversos unidades temáticas.
Nas clases expositivas preténdese ofrecer ao alumnado información sobre a organización da sociedade do Antigo Réxime, para que poda entender a súa articulación específica desde perspectivas variadas, en particular a económica,a xurídico-política e a cultural, e para que sexa capaz de entender os procesos de disciplinamento e cambio social e os variados conflitos que teñen lugar tanto no mundo urbano como rural.
As clases prácticas permitirán, mediante lecturas bibliografías, consulta de determinadas fontes e discusións cos profesores, a adquisición de habilidades e posta a punto dos coñecementos adquiridos a través do traballo persoal do alumno, que deberá así achegarse ao proceso de construción do coñecemento histórico.
O alumnado poderá facer uso, como complemento, da aula virtual da asignatura.
En todo caso clases expositivas e traballos prácticos non son independentes desde o punto de vista metodolóxico e dos mecanismos de avaliación: a docencia semipresencial e metodoloxía docente, articulada en leccións teóricas, realización de análises ou recensións, traballos prácticos orientados polo profesor , seminarios en aula ou a través de foros on-line e as titorías individuales e de grupo presenciales e on-line afectan á metodoloxía e criterios de avaliación.
O sistema de avaliación realizaráse fundamentalmente mediante a o seguimento e valoración de traballos prácticos realizados polos alumno para cada un dos cinco temas, que terán o mesmo peso na cualificacón final (un 20 por cen cada un deles). Os traballos escritos que se soliciten deben incorporar elementos que forman parte de toda a materia impartida, incluíndo os seminarios e debates presenciales o por foros on-line.
As horas de traballo autónomo correspóndense coas que o alumno debe deber empregar nas actividades relacionadas coa elaboración do traballo. Aqueles alumnos que non consigan unha nota igual ou superior a cinco (5) de promedio nas diveras unidades temáticas poderán recuperar a materia de acordo co calendario académico.
Por cada 3 horas de teoría de cada unidade temática, o alumno deberá facer 1 hora de prácticas en aula, 0,5 de titorías, e 20 de traballo autónomo. No conxunto das cinco unidades temáticas que ten a asignatura, o total de horas presenciais é de 25 (teoría, titorías e actividades de seguimento e avaliación) e o de actividades non presenciais de 100.
Recoméndase a lectura da bibliografía básica e complementaria que figura na programación, pero tamén da máis específica que se propoña para cada unidade temática. En relación con isto resulta fundamental o dominio de linguas como o inglés ou o francés.
Dado que se trata dunha materia optativa tamén se agarda dos alumnos un evidente interés á hora de participar en debates e discusións, sexan presenciais ou on-line, e a de tomar contacto cos procesos de construción do coñecemento histórico mediante o achegamento ás algunhas fontes documentais.
Isidro Dubert García
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Moderna
- Teléfono
- 881812617
- Correo electrónico
- isidro.dubert [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario Historia da Arte |