Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego, Portugués
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filoloxía Galega
Áreas: Filoloxías Galega e Portuguesa
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquirir competencias básicas en lingua portuguesa, atendendo especialmente á dimensión oral e, na escrita, ao reforzo das estruturas gramaticais básicas e á adquisición e fixación do vocabulario básico.
- Adquirir coñecementos sobre as variedades do portugués lusitano, do brasileiro e do(s) africano(s), en frecuente “diálogo” co galego, para evidenciar ao alumnado similitudes e diferenzas
- Adquirir coñecementos referentes a algunhas características e peculiaridades das culturas dos países lusófonos, tendo como foco as necesidades dos servizos culturais.
- Comprender e analisar as dinámicas culturais de/na Lusofonía e os factores que as condicionan.
1. Fonética e ortografía do portugués. Relación entre o sistema gráfico e o sistema fonolóxico. A cuestión ortográfica no mundo portugués, no pasado e no presente.
2. O portugués, perspectiva sincrónica. A lingua no espazo, na óptica diatópica e na diastrática.
3. O portugués, perspectiva diacrónica. A vertente interna e externa da historia da lingua.
4. Aspectos de léxico, morfoloxía e sintaxe do portugués.
5. A lusofonía e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal: principais subespazos e organización político-cultural.
Os asuntos apuntados poden ser adaptados, de acordo coa formación das persoas inscritas na materia e os seus intereses profesionais, recorrendo a materiais de apoio e traballo específicos.
Bibliografia básica
- Dicionários
Dicionário Espanhol-Português. Porto: Porto Editora (Álvaro Iriarte Sanromán, coord.).
Dicionário Houaiss da Língua Portuguesa. Rio de Janeiro: Objetiva.
FERREIRA, Aurélio Buarque de Hollanda. Novo dicionário da língua portuguesa. Rio de Janeiro: Nova Fronteira.
- Métodos de aprendizagem
KUZKA, Robert e PASCOAL, José. Passaporte para Português 1 e 2 (livros do aluno). Lisboa: Lidel, 2016.
RAMOS, Elisabete. Portugalizar. Vigo: Xerais, 2007.
- Recursos online
Dicionário Priberam https://dicionario.priberam.org/
Gramática básica para alunos que já falem e escrevam a nossa língua, https://www.linguateca.pt/Diana/download/portugisisk.html
- Outros
GAMA, Manuel e SOUSA, Helena (coord.) Redes de cooperação cultural transnacionais: um olhar sobre a realidade lusófona. Famalicão: Humus, 2017. Disponível em http://www.lasics.uminho.pt/ojs/index.php/cecs_ebooks/issue/view/220/sh…
LAPA, Manuel Rodrigues. Estudos galego-portugueses. Lisboa: Sá da Costa, 1979.
LEÃO, Tânia (org.) Em suspenso. Reflexões sobre o trabalho artístico, cultural e criativo na Era Covid-19 (Cadernos da Pandemia. Vol. 5). Porto: Universidade do Porto, 2020. Disponível em https://repositorio-aberto.up.pt/handle/10216/129671
MARTINS, Moisés de Lemos (coord.) A internacionalização das comunidades lusófonas e ibero-americanas de Ciências Sociais e Humanas. Famalicão: Humus, 2017. Disponível em http://www.lasics.uminho.pt/ojs/index.php/cecs_ebooks/issue/view/223/sh…
Bibliografia complementaria
CALABRE, Lia (org.) Políticas culturais: reflexões sobre gestão, processos participativos e desenvolvimento. São Paulo: Itaú Cultural, 2009.
CARNEIRO, Roberto et al. Indústria de Conteúdos Culturais em Portugal. Lisboa: Grupo Forum / Ministério da Economia, 2000.
COELHO NETO, José Teixeira. Dicionário crítico de política cultural: cultura e imaginário. São Paulo: FAPESP / Iluminuras, 1997.
COIMBRA, Isabel / COIMBRA, Olga Marta. Gramática activa 1. Lisboa: Lidel, 1998.
MONTEIRO, Deolinda / PESSOA, Beatriz. Guia prático dos verbos portugueses. Lisboa: Lidel, 2011.
RODRIGUEZ, José Luís. "Reflexões sobre o ensino do português para galego-falantes". Actas do Congreso Internacional de Historia y Cultura en la Frontera. Cáceres: Universidad de Extremadura, Vol. II, 2000. pp. 1097-1116.
- Con10: Coñecer as características da linguaxe académica e da norma estándar na oralidade e na escritura, dunha das tres linguas internacionais presentes no plan de estudos, centrándose no ámbito da xestión cultural.
- H/D03: Valorar criticamente os materiais dispoñibles sobre as realidades da cultura como produto dun tempo, espazo, ideoloxía e corrente interpretativa determinada e en función do seu formato.
- Comp07: Competencia para utilizar instrumentalmente as linguas da comunidade e internacionais no ámbito da xestión cultural, tanto no deseño de materiais escritos como na comunicación oral.
Esta materia impartirase na modalidade de docencia híbrida. Isto significa que haberá actividades formativas presenciais xunto con docencia virtual.
No caso desta materia están programadas 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual (non presencial) síncrona.
As horas de docencia virtual síncrona figuran nos horarios oficiais e serán transmitidas pola ferramenta institucional de videoconferencia (MSTeams). Habilitarase un espazo na facultade para impartir esta docencia non presencial síncrona de forma que na súa transmisión por streaming se utilicen a rede de datos e os recursos tecnolóxicos institucionais. Este mesmo espazo será posto a disposición do alumnado que desexe seguir estas sesións desde as instalacións da universidade, sen que isto afecte ao carácter non presencial desta actividade formativa síncrona.
Estas sesións de docencia non presencial síncrona serán utilizadas para actividades formativas de presentación dos contidos máis relevantes, de resolución de problemas e guía do estudantado no seu proceso formativo e na súa elaboración das tarefas programadas.
Todos os recursos e materiais utilizados nas sesións de docencia síncrona (presentacións, vídeos, esquemas, textos, fontes bibliográficas,...) estarán dispoñibles para todo o alumnado a través da aula virtual.
Utilizaranse distintas metodoloxías adecuadas para o proceso de aprendizaxe do estudantado: clases maxistrais, exercicios, resolución de problemas, aprendizaxe baseada en proxectos, presentacións de proxectos, etc.
A aula virtual será a vía preferente para todos os envíos e comunicacións entre o estudantado e o profesorado. O alumnado da modalidade híbrida deberá planificar e organizar coidadosamente o tempo dedicado semanalmente a cada unha das materias nas que está matriculado e debe entrar nas aulas virtuais, como mínimo, unha vez por semana para realizar o seguimento continuo e constante imprescindible nesta modalidade de ensinanza.
As consultas do estudantado serán respondidas nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso
O sistema de avaliación será continuado e adaptado á natureza híbrida da disciplina, de tal modo que, sobre un máximo de 10 valores, a cualificación final estará constituída por:
a) Envolvemento activo no desenvolvemento da materia (tarefas, foro...): 4 valores.
b) Realización de un trabalho escrito e presentación oral do mesmo: 3 valores.
c) Realización de proba: 3 valores.
Na data oficialmente marcada para o exame da Primeira Oportunidade, o/a estudante poderá recuperar ou mellorar a parte relativa ás seccións a) e c) mediante unha proba escrita, e, se for o caso, (re)elaborar o traballo escrito (sección b).
Na Segunda Oportunidade, o sistema será o mesmo que o da Primeira Oportunidade.
A/o estudante que, por causas de forza maior documentalmente xustificadas, non puder desenvolver o esquema de traballo previsto na materia, deberá contactar a profesora para se determinar unha vía alternativa.
Para todos os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións" da USC.
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
É altamente recomendábel manter contato constante co português (oral ou escrito), para o cal a rede / net ten múltiplos recursos, entre os que se suxeren os seguintes:
Rádio e Televisão de Portugal (RTP) https://www.rtp.pt/ (nomeadamente “RTP Ensina” https://ensina.rtp.pt/)
Rede Globo (Brasil) https://redeglobo.globo.com/
Rádio Televisão Cabo-verdiana (RTC) http://www.rtc.cv/index.php?
Televisão Pública de Angola (TPA) http://tpa.sapo.ao/
Televisão de Moçambique (TVM) https://www.tvm.co.mz/
Jornal Público (Portugal) https://www.publico.pt/
Folha de São Paulo (Brasil) https://www.folha.uol.com.br/
Brasil El País https://brasil.elpais.com/
Jornal de Angola https://jornaldeangola.ao/ao/
Rede Angola http://www.redeangola.info/cultura/
Jornal O País (Moçambique) https://www.opais.co.mz/
Jornal de Letras, Artes e Ideias (Portugal) https://visao.sapo.pt/jornaldeletras/
Rascunho. O jornal de literatura do Brasil https://rascunho.com.br/
África 21 Digital https://africa21digital.com/
Comunidade de Países de Língua Portuguesa (CPLP) https://www.cplp.org/ (com especial atenção à seção de “Língua, Cultura e Educação” https://www.cplp.org/Default.aspx?ID=2604 )
Camões - Instituto da Cooperação e da Língua (Portugal) https://www.instituto-camoes.pt/
Instituto Português de Oriente http://ipor.mo/clp/recursos-didaticos/no-ipor/
Observatório da Língua Portuguesa https://observalinguaportuguesa.org/
Observatório Itaú Cultural (Brasil) https://www.itaucultural.org.br/observatorio-itau-cultural
Lingua(s) utilizada(s): Galego/Portugués. Eventual e ocasionalmente, outros materiais e comunicacións poderán ser apresentados noutras linguas (español, francés, inglés, italiano, etc.), sempre que a docente o considerar oportuno.
Julio Dieguez Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Filoloxía Galega
- Área
- Filoloxías Galega e Portuguesa
- Teléfono
- 881811845
- Correo electrónico
- julio.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Portugués | Aula 15 |
24.01.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 12 |
14.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |