Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 10 Total: 20
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Filosofía e Antropoloxía
Áreas: Filosofía
Centro Facultade de Humanidades
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Enuméranse a continuación os obxectivos da materia, divididos en tres bloques temáticos:
I. Comprensión da loita pola igualdade de xénero como dinámica de fonda transformación cultural dende a Modernidade até a actualidade.
Ia. Coñecer os fitos fundamentais na historia da loita pola igualdade de xénero.
Ib. Reflexionar sobre as transformacións culturais e sociais derivadas da loita pola igualdade de xénero.
Ic. Comparar o mundo occidental e outras tradicións baixo a óptica da igualdade de xénero.
II. Coñecemento das políticas de xénero
IIa. Coñecer as principais institucións implicadas na loita pola igualdade de xénero no ámbito local, autonómico, estatal, europeo e mundial.
IIb. Coñecer as políticas desenvolvidas dende estas institucións a favor da igualdade de xénero (realizarase o estudo específico de diversos casos concretos).
IIc. Coñecemento de políticas de xénero no entorno próximo (universidade, municipio, escola, comunidade autónoma).
III. Capacitación para a xestión (e transformación) cultural
IIIa. Detectar actitudes contrarias á igualdade de xénero e deseñar ferramentas sociopsicopedagóxicas para modificar ditas actitudes.
IIIb. Interpretar os feitos culturais (literatura, filosofía, arte, música, etc.) dende un punto de vista de xénero.
IIIc. Deseñar programas culturais complementarios das políticas de xénero.
Tema 1. Historia da teoría feminista I: dende as orixes á primeira vaga.
Tema 2. Historia da teoría feminista II: a segunda e a terceira vagas.
Tema 3. Xestión cultural e xénero.
Tema 4. Análise de intervencións culturais con perspectiva de xénero.
Tema 5. Deseño e avaliación dunha intervención cultural concreta.
Bibliografía básica:
-Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 1. De la Ilustración al segundo sexo. Madrid: Minerva Ediciones.
-Amorós, C. De Miguel, A. (2005): Teoría feminista: de la Ilustración a la globalización. Tomo 2. Del feminismo liberal a la posmodernidad. Madrid: Minerva Ediciones.
-Llevadot, Laura (2022) Mi herida existía antes que yo. Barcelona, Tusquets Editores.
Bibliografía complementaria:
-Ander-Egg, E. & Aguilar, M.J. (2012), Como elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales, Buenos Aires: Lumen, 2012.
-Barona, F. (1999). Gestión cultural, una actitud de-vida: proyectos y gerencia. Cámara de Comercio de Cali (Colombia); Fundación ATMA.
- Gautier, A. (ed.) (2011). Mujeres y cultura, políticas de igualdad. Ministerio de Cultura.
-Jiménez , M., J. Gallego, I. (eds.), (2003). Españolas del siglo XX promotoras de la cultura. Servicio de Publicaciones, Centro de Ediciones de la Diputación de Málaga.
-López, C. M., Fernández, A., Fernández, A. (eds.) (2012). El protagonismo de las mujeres en los museos. Editorial Fundamentos.
-Mayayo, P. (2003). Historia de mujeres, historias del arte. Cátedra.
-Nochlin, L. (2007), “¿Por qué no han existido grandes artistas mujeres?”, en Karen Cordero, K. e Sáenz, I. (comp.), Crítica feminista en la teoría e historia del arte. México, UIA.
-Pastor, P. (2012) El género en la gestión cultural en Aragón. Observatorio de Cultura, Consejería de Cultura, Ayuntamiento de Zaragoza.
-Rodríguez, M. G. (2008) La gestión artístico-cultural y la mujer en España. Servicio de publicaciones de la Univ. de Málaga.
-Rodríguez, R. M. (2002) «¿Feminización de la cultura?» en Revista Debats 76,
Institució Alfons el Magnànim.
-Pollock, G. (2006) Encounters in the visual feminist Museum. New York: Routledge.
-Roselló, D. (2008), Gestión cultural: estudios de caso. Ariel.
-Roselló, D. (2011), Diseño y evaluación de proyectos culturales. Ariel.
-VV. AA. (1993-1998) Breve historia feminista de la literatura española (en lengua castellana). Anthropos.
- Con05: Comprender a realidade contemporánea como atravesada polos desafíos da interculturalidade, da igualdade de xénero e da integración da diversidade.
- Comp03: Competencia para utilizar os fundamentos humanísticos da nosa cultura e os principais conceptos desenvolvidos nesta para o traballo en xestión cultural.
Segundo as metodoloxías que figuran na memoria do título, esta materia combina as seguintes: “clase maxistral”, “aprendizaxe baseada en proxectos”, “debate”, “presentación na aula”. Procederemos do seguinte xeito:
Os temas 1, 2 e 3, de carácter introdutorio, desenvolveranse mediante exposicións por parte do docente nas sesións interactivas presenciais. Colgaranse os materiais correspondentes no campus virtual.
O tema 4 desenvolverase de forma autónoma por parte do alumnado, co apoio do profesorado responsable da materia.
O tema 5 dedicarase a elaborar unha intervención cultural concreta de maneira individual. Esta actividade constituirá o núcleo da avaliación e considérase como fundamental para o desenvolvemento da materia. Nomeadamente deberá recorrerse a un determinado elemento identificable como “cultural” no deseño desta actividade.
Por exemplo:
visibilización de mulleres que teñan feito algunha achega cultural esquecida
organización dunha actividade cultural
rodaxe dun documental ou curtametraxe
organización dunha exposición
recuperación da memoria
Trátase unicamente dun proxecto de actividade, e non se agarda que sexa realizada. Malia o anterior, a actividade debe estar programada co maior realismo posíbel. Debe contar porén cun capítulo de financiamento (desagregación de gastos previsíbeis), e debe facerse asemade unha exploración de cales poderían ser as fontes de dito financiamento (convocatorias públicas en Concellos, Deputacións, Xunta, Fundacións, etc.).
Esta actividade debe ser descrita pormenorizadamente nun Informe Técnico.
Para as materias de tres créditos da modalidade híbrida programáronse 10 horas de docencia expositiva presencial e 6 horas de docencia virtual síncrona.
Compromiso docente de atender adecuadamente as consultas realizadas polo alumnado mediante o envío dun correo de resposta nun prazo non superior ás 48 horas de días lectivos e a súa resolución antes de sete días lectivos, sempre e cando o profesor/a non estea desfrutando dalgún permiso.
Para todos os casos, incluíndo alumnado repetidor e alumnado con dispensa de asistencia, a avaliación consistirá na elaboración dun PROXECTO DE INTERVENCIÓN CULTURAL DENDE UNHA PERSPECTIVA DE XÉNERO (100% da nota final)
O seguimento, participación, exposicións, traballos na aula e titorías individuais e grupais pode subir un 10% da nota final. En ningún caso se poderá sacar máis dun 10 na nota final.
A actividade “Proxecto de intervención cultural dende una perspectiva de xénero” debe ser descrita pormenorizadamente nun Informe Técnico, cun máximo de extensión de 7500 palabras. Poderá incluír calquera material que se considere relevante. Debe contar cos seguintes apartados:
Presentación do concepto de xénero sobre o que se pretende traballar
Presentación da intervención cultural prevista: - Presentación dos motivos polos cales se elixe.
Identificación do público ao que vai dirixida
Enumeración dos obxectivos que se pretenden acadar.
Produción: cronograma dos contactos que se deben establecer, as solicitudes hai que cursar (financiamento, locais), indicar como se vai contactar co público interesado, etc., etc., fixando tamén un calendario ou cronograma hipotético. Plan de financiamento: presuposto detallado, taxación dos custes (material funxible, transporte, publicidade, etc.). Exploración de fontes de financiamento (convocatorias de diversas institucións).
Relación das facetas da actividade prevista cos obxectivos propostos. Cronograma: planificación detallada no tempo tanto da actividade de xestión previa como da realización da mesma. Debe establecerse unha data hipotética para a realización de dita actividade que será diferente se se trata dunha actividade puntual (visita a un museo, concerto, obra de teatro) ou dunha actividade cunha duración no tempo (p. ex. exposición).
Avaliación externa da actividade: enquisa sobre a consecución dos obxectivos
Autovaloración.
Entrega: Segundo indique o docente responsable da materia.
A DATA DE ENTREGA SERÁ A DATA OFICIAL DE EXAME. BAIXO NINGÚN CONCEPTO ACEPTARANSE PROXECTOS ENTREGADOS CON POSTERIORIDADE A ESA DATA.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Avaliación dos resultados de aprendizaxe:
Por medio da asistencia e participación ás sesións presenciais avalíanse as competencias: Con05, Comp03
Por medio do Proxecto final avalíanse as competencias: Con05, Comp03
Dependendo das capacidades de cada alumno/a, estímase como tempo mínimo de dedicación para superar a materia aproximadamente o dobre do horario lectivo (dúas horas de estudo por cada hora lectiva). Enténdese por tempo de estudo o tempo de relectura das notas tomadas na aula, de ampliación mediante a lectura das obras de consulta, elaboración de resumos, traballos, etc.
Horas Presenciais: 10
Horas Non Presenciais Síncronas: 6
Horas Non Presenciais Asíncronas: 8
Horas de Traballo persoal: 51
(1) Lectura semanal
(2) Preparación do traballo coas tutorias
(3) Consulta de dúbidas na clase ou nas titorías
(4) Completar as clases expositivas coa lectura da bibliografía recomendada
(5) Participar activamente nas sesións expositivas e interactivas
(6) Realización semanal das tarefas programadas
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados, segundo as recomendacións da USC.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, MS-Teams e outras ferramentas institucionais.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− Obrigatoriedade do cumprimento da Normativa de protección de datos
Delmiro Rocha Alvarez
Coordinador/a- Departamento
- Filosofía e Antropoloxía
- Área
- Filosofía
- Teléfono
- 982824735
- Correo electrónico
- delmiro.rocha [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
23.05.2025 16:00-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |
19.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 14 |