Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 16 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Farmacia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Introdución ó estado da arte das técnicas de simulación computacional en nanomateriais, as técnicas de modelización e simulación, así como os principais tipos de recursos computacionais.
-Introdución as técnicas de simulación numérica
-Modelos clásicos, semi-clásicos e cuánticos
-Técnicas de simulación Monte-Carlo
-Ferramentas de simulación
-Técnicas de computación HPC e HTC
-Computational Physics. J. M. Thijssen. Cambridge University Press, 1999.
-Electronic Structure: Basic Theory and Practical Methods. R. M. Martin. Cambridge University
Press, 2004.
-The Finite Element Method: Its Basis and Fundamentals, 6th Ed. O.C. Zienkiewicz, R.L. Taylor,
J.Z. Zhu. Elsevier Butterworth-Heinemann, 2005.
-An Introduction to Parallel Programming. P. Pacheco. Morgan Kaufmann Publishers, 2011.
-Essentials of Computational Chemistry: Theories and Models, C. J. Cramer, 2nd Ed. Wiley, 2005
Competencias Básicas:
• CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
• CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
• CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
Competencias Xerais:
• CG1 – Dominar técnicas de recuperación de información relativas a fontes de información primarias e secundarias (incluíndo bases de datos co uso de computador) e de análise crítica da información, en lingua española e inglesa.
• CG2 - Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas e integrar dita información para expor e contextualizar un tema de investigación.
• CG3 – Ser capaz de identificar teorías e modelos científicos e aproximacións metodolóxicas adecuadas para o deseño e a avaliación de materiais nanoestructurados.
• CG5 - Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
• CG10 - Adquirir a formación necesaria para poder integrarse en futuros estudos de doutoramento en Nanociencia e Nanotecnoloxía, ou en ámbitos relacionados.
Competencias Transversais:
• CT01 – Saber expor un proxecto de investigación sinxelo de forma autónoma en lingua española e inglesa.
• CT06 – Iniciativa para a formación continuada e o abordaxe de novos retos científicos e tecnolóxicos.
Competencias Específicas:
• CE05 – Avaliar as relacións e diferenzas entre as propiedades dos materiais a escala macro, micro e nano.
• CE09 –Aplicar técnicas computacionales, de deseño experimental e análise estatística para a preparación de sistemas nanoestructurados e a avaliación das súas propiedades.
• CE10 –Entender as etapas de deseño e caracterización de sistemas nanoestructurados para liberación de substancias activas e/ou encapsulación/confinamento de biomarcadores ou de substancias nocivas, avaliación da súa eficacia e seguridade.
-Clases teóricas con participación dos alumnos
-Discusión de casos prácticos en seminarios co apoio de métodos informáticos e encerado
-Aprendizaxe baseado en problemas
-Presentacións orais de temas previamente preparados, seguidas de debate coa participación de estudantes e profesores
-Asistencia a conferencias ou mesas redondas
- Exame escrito sobre os contidos da materia (60% da cualificación). O exame da materia consistirá en preguntas de resposta curta ou tipo test e/ou resolución de problemas.
- Participación activa nos seminarios, clases prácticas e/ou presentacións orais (40% da cualificación). Avaliarase a participación activa en seminarios e prácticas de laboratorio. Esta avaliación levarase a cabo mediante a resolución de cuestións e problemas expostos na clase, a presentación de traballos, a realización de tests e/ou a intervención nos debates que poidan xurdir.
Para a avaliación poderase utilizar a plataforma Moodle (aula virtual).
Presenciales
Clases presenciales teóricas: 10
Seminarios y clases prácticas de pizarra: 8
Tutorías programadas: 2
Clases prácticas de laboratorio o de informática: 6
Exposiciones orales de los alumnos apoyadas por material audiovisual o conferencias de
profesores invitados: 2
Evaluación y/o examen: 3
SUBTOTAL 30
No presenciales
Preparación de pruebas y trabajos dirigidos: 14
Estudio y trabajo personal del alumno: 26
Búsquedas bibliográficas y utilización de bases de datos: 5
SUBTOTAL 45
TOTAL 75 h
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.