Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 49.5 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 8.5 Clase Interactiva: 16 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía
Áreas: Fisioloxía
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as bases dos procesos clínicos nos que poden utilizarse técnicas da Neurofisioloxía Clínica.
- Coñecer as posibilidades que ofrecen as técnicas electrofisiolóxicas para o diagnóstico e seguimento dos procesos clínicos relacionados co sistema nervioso.
- Familiarizarse coa utilización das técnicas da Neurofisioloxía Clínica.
- Adestrarse no manexo de bibliografía especializada, así como no uso das TIC para preparar a materia.
PROGRAMA DE CLASES TEÓRICAS
1. Características dos procesos fisiolóxicos e patolóxicos susceptibles de ser estudados mediante técnicas electrofisiolóxicas. Particularidades diferenciais dos rexistros electrofisiolóxicos experimentais e clínicos.
2. Bases fisiolóxicas dos movementos oculares. Tipos de movementos oculares. Técnicas de rexistro dos movementos oculares (EOG). Aplicacións clínicas do EOG.
3. Bases fisiolóxicas da actividade muscular. Técnicas de rexistro da actividade muscular (electromiografía, EMG). Aplicacións clínicas da EMG.
4. Actividade eléctrica na retina. Técnicas de rexistro da actividade retiniana (electroretinograma, ERG). Aspectos clínicos do ERG.
5. Bases fisiolóxicas da actividade eléctrica cerebral. Técnicas de rexistro da actividade cerebral (EEG). Aplicacións clínicas do EEG. Utilidade do EEG na epilepsia.
6. Bases fisiolóxicas da actividade eléctrica na corteza visual. Rexistro de potenciais evocados visuais (PEV), auditivos (PEA) e somestésicos. Aplicacións clínicas dos PEV, PEA e somestésicos.
7. Rexistros da actividade cerebral mediante electrodos intracerebrais. Particularidades do rexistro intracerebral. Implantes de electrodos de estimulación intracerebral. Aplicación do rexistro unitario no tratamento quirúrxico de determinadas patoloxías do sistema nervioso como a enfermidade do Parkinson, a distonia e outros trastornos do movemento.
PROGRAMA DE CLASES PRÁCTICAS
Práctica 1. Rexistro de ERG.
Práctica 2. Rexistro de PEV, PEA e sometésicos.
Práctica 3. Rexistro de EEG.
SEMINARIOS
Realizaranse seminarios por parte dos alumnos nos que se presentarán revisións científicas recentes relacionadas cos temas do curso.
KANDEL, E.R. Principios de Neurociencia. McGraw-Hill, Madrid, 2001.
LEVIN, K.H., LUDERS, H.O. (eds). Comprehensive Clinical Neurophysiology, W. B. Saunders, 2000.
ROWAN, A.J., TOLUNSKY, E. (eds), Primer of EEG., Butterworth-Heineman, 2003.
KAUFMAN, P.L., ALM, A. (eds). Physiology of the eye. Mosby, 2002
O alumno deberá posuír e potencia-las seguintes competencias e destrezas xenéricas:
- Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita tanto nas linguas propias da comunidade como en inglés.
- Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
- Capacidade de análise e síntese.
- Habilidades para conseguir analizar información dende diferentes fontes.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Capacidade para aplica-la teoría a práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo
Utilizaranse:
- Clases maxistrais.
- Seminarios impartidos polos alumnos.
- Prácticas utilizando sistemas de rexistros habituais en Neurofisioloxía Clínica.
- Emprego da plataforma virtual: habilitarase na aula virtual da materia un foro de titorías, para dúbidas específicas do temario. Farase uso da aula virtual para a realización de actividades non presenciais empregado para iso as ferramentas institucionais dispoñibles.
- Os alumnos deberán presentar unha memoria sobre as actividades realizadas, que suporá o 40% da nota final.
- A asistencia e participación nas clases terase en conta e suporá un 20% da nota final.
- Realizarase un exame sobre os contidos do curso, que suporá un 40% da nota final
3 créditos ECTs, calculando 27 horas por crédito (presenciais e non presenciais), temos un total de 81 horas que se reparten da seguinte maneira:
- Teoría: 13 horas presenciais e 33 horas de traballo persoal (horas totais: 43)
- Clases prácticas: 15 horas presenciais e 7 horas de traballo persoal (horas totais: 22)
- Asistencia, preparación e exposición de seminarios: 2 horas presenciais e 9,5 horas de traballo persoal (horas totais: 11,5)
- Titorías personalizadas: 0,5 horas.
- Exame teórico e memoria: 4 horas.
- Asistencia e participación activa nas clases e seminarios.
- Estudo e revisión periódica da materia impartida, utilizando material bibliográfico para comprender e profundizar na información obtida en clase.
- Aclaración cos profesores de posibles dúbidas.
Jose Luis Relova Quinteiro
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812293
- Correo electrónico
- joseluis.relova [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Hospital Clínico |
Mércores | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Hospital Clínico |
Xoves | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Hospital Clínico |
Venres | |||
10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Hospital Clínico |
02.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 05 (videoconferencia). Rita Levi Montalcini |