Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 45 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 17 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Ciencias Morfolóxicas
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Anatomía e Embrioloxía Humana
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer os procesos de atrofia e morte neuronal que se producen durante o envellecemento normal.
- Coñecer os procesos de atrofia e morte neuronal que se producen nas patoloxías do envellecemento cerebral.
- Coñecer as técnicas experimentais e modelos animais que se utilizan para o estudo das principais enfermidades neurodexenerativas.
- Comprender os principais mecanismos implicados nas enfermidades neurodexenerativas de maior incidencia social.
- Comprender as bases experimentais das novas estratexias de neuroprotección e neurorreparación.
- Adestrarse no manexo de bibliografía especializada, así como no uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) para preparar a materia.
A) Clases expositivas (15h)
1. Teorías xerais sobre o envellecemento.
2. Envellecemento normal e patolóxico.
3. Introdución aos mecanismos implicados na neurodexeneración.
4. Neurobioloxía da enfermidade de Alzheimer. Modelos animais para o estudo da enfermidade de Alzheimer.
5. Introdución á neurobioloxía dos ganglios basais e das enfermidades neurodexenerativas.
6. Enfermidade de Parkinson. Fundamentos da súa fisiopatoloxía e das novas estratexias terapéuticas. Modelos animais.
7. Enfermidade de Huntington. Fundamentos da súa fisiopatoloxía e das novas estratexias terapéuticas. Modelos animais.
8. Estrés oxidativo cerebral e neurodexeneración.
9. Metabolismo enerxético neuronal, neuroexcitotoxicidade e neurodexeneración.
10. Fenómenos de agregación de proteínas e neurodexeneración.
11. Mecanismos moleculares de neuroprotección.
12. Concepto de célula nai. Células nai no sistema nervioso. Propiedades, localización e capacidade neurorrexenerativa.
13. Terapia celular con células nai e enfermidades neurodexenerativas. Terapia celular alternativa para a enfermidade de Parkinson.
14. Células nai e neuroprotección.
15. Aspectos éticos e legais da investigación con células nai.
B) Seminarios (12h)
Os estudantes elaborarán e exporán traballos realizados en grupos, sobre temas que se suxiran para completar a súa formación, empregando revisións científicas recentes.
Básica
Davis, Cyndy Davis and Sanberg, Paul R., eds, 2007. Cell therapy, stem cells and brain repair. New Jersey: Springer Humana Press.
Qureshi, G. Ali and Parvez, S. Hasam, eds., 2007. Oxidative stress and neurodegenerative disorders. Amsterdam: Elsevier Science.
Rao, Mahendra S., Carpenter, Melissa and Vemuri, Mohan C., eds. 2012. Neural development and stem cells. 3th ed. New Jersey: Springer Humana Press.
Schapira, Anthony, Wszolek, Zbigniew, Dawson, Ted M. and Wood Nicholas., eds., 2017. Neurodegeneration. New York: John Wiley & Sons
Slack, Jonathan Michael Windhan, 2017. The science of stem cells. New Jersey: Wiley-Blackwell
Wolfe M. S., 2018. The molecular and cellular basis of neurodegenerative diseases. Underlying mechanisms. San Diego: Academic Press.
Complementaria
Beart, Pilip, Robinson, Michael, Rattray Marcus and Maragakis Nicholas J., eds., 2017. Neurodegenerative diseases. Pathology mechanisms and potential therapeutic targets. Berlin: Springer.
Mobley Arie S., 2019. Neural stem cells and adult neurogenesis. San Diego: Academic Press.
Salgado, Antonio J., ed., 2020. Handbook of innovations in central nervous system regenerative medicine. New York: Elsevier.
Empregaranse artigos científicos e outros recursos de interese para temas ou actividades particulares. De ser necesario, o profesorado facilitará o acceso a estes recursos a través da aula virtual.
- Fluidez e propiedade na comunicación oral e escrita tanto nas linguas propias da comunidade como en inglés.
- Compromiso persoal de esforzo para a aprendizaxe.
- Capacidade de análise e síntese.
- Habilidades para conseguir analizar información desde diferentes fontes.
- Capacidade de crítica e autocrítica.
- Capacidade para aplicar a teoría á práctica.
- Habilidade para traballar de forma autónoma e en equipo.
A docencia expositiva realizarase mediante clases maxistrais, empregando medios audiovisuais e a lousa. Promoverase a participación do alumnado. Realizaranse seminarios nos que os alumnos prepararán e expoñerán traballos elaborados en grupo, sobre temas relacionados coa materia. Realizaranse titorías individualizadas para a orientación da aprendizaxe e a resolución de dúbidas e habilitarase un foro público de titorías na aula virtual da materia.
Empregarase un sistema de avaliación continua. A asistencia a clases expositivas e seminarios é requisito imprescindible para que o alumno poida superar a materia. Avaliarase a elaboración, presentación e defensa dos traballos realizados nos seminarios e representarán ata un 50% da nota máxima global. Valorarase ademais a actitude e participación dos alumnos nas clases, e supoñerá ata un 50% da cualificación global.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións (Resolución do 15 de xuño de 2011, DOG do 21 de xullo de 2011).
3 créditos ECTS:
- Clases expositivas: 16h
- Estudo individual: 30h
- Clases interactivas:
- Seminarios: 12h
- Elaboración de traballos: 5h
- Titorías en grupos reducidos o individualizadas: 1h
- Actividades de avaliación:
- Presencial: 1h
- Traballo persoal: 10h
- Total horas de traballo presencial: 30h
- Total horas de traballo persoal do estudante: 45h
Levar a cabo unha aprendizaxe activa dos coñecementos que se adquiren co desenvolvemento do temario, empregando esquemas organizados e realizando nexos entre os coñecementos propios e os novos. Ademais, recoméndase a participación activa nas clases e a utilización das horas de titorías. É importante que o alumno adquira conciencia da importancia da comprensión dos conceptos e dos métodos e técnicas descritas, para desenvolver destrezas para a súa aplicación fronte a problemas prácticos na súa futura vida profesional.
Para o máximo aproveitamento da materia é recomendable que os estudantes posúan coñecementos previos de neuroanatomía, neuroquímica e bioloxía celular, de inglés para o manexo da bibliografía/recursos didácticos e competencias no uso de tecnoloxías da información e a comunicación. O alumnado terá á súa disposición unha aula virtual da materia na plataforma Moodle, cos recursos e canles de comunicación que ofrece. Ademais, poderase empregar como medio de comunicación docente-alumnado a aplicación Microsoft Teams e o correo electrónico.
Jose Luis Labandeira Garcia
- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815468
- Correo electrónico
- joseluis.labandeira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
German Sierra Paredes
- Departamento
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Área
- Bioquímica e Bioloxía Molecular
- Teléfono
- 881812212
- Correo electrónico
- german.sierra.paredes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Jannette Rodriguez Pallares
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias Morfolóxicas
- Área
- Anatomía e Embrioloxía Humana
- Teléfono
- 881815466
- Correo electrónico
- jannette.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
Venres | |||
16:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | X_Fac. Medicina |
04.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | X_Fac. Medicina |