Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 5 Clase Interactiva: 18 Total: 23
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioloxía Funcional
Áreas: Bioloxía Celular
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Adquirir conceptos básicos de bioloxía molecular e do fluxo da infomación xenética.
- Coñecer técnicas de laboratorio e recursos bioinformáticos empregados en neurobioloxía molecular para o estudo do sistema visual.
- Desenrolar habilidades para la utilización destas técnicas de modo práctico.
FUNDAMENTOS TEÓRICOS:
Bases da bioloxía molecular e fluxo da información xenética. Conceptos básicos sobre os fundamentos das prácticas a realizar. Análisis da expresión de xenes e proteínas no sistema visual.
SEMINARIOS:
Presentación e discusión dun artículo de investigación orixinal onde se utilicen técnicas de bioloxía molecular para analizar a expresión de xenes/proteínas no sistema visual e para manipular a súa actividade.
PRÁCTICAS DE LABORATORIO:
Práctica 1. Extracción de ARN total de ollo/retina/encéfalo e obtención de ADNc.
Práctica 2. Bioinformática: uso de software para o deseño de cebadores. Amplificación de ADNc mediante PCR.
Práctica 3. Clonación de ADNc nun vector plasmídico (ligación en vector e transformación en células competentes). Obtención de preparacións de ADN plasmídico.
Práctica 4. Obtención de ribosondas antisentido para a detección de ARN mediante hibridación in situ: linearización de ADN plasmídico, purificación de ADN lineal, obtención e purificación de ribosondas.
Bibliografía básica:
O profesor proporcionará tódolos materiais bibliográficos necesarios en formato papel e/ou pdf.
Bibliografía complementaria:
- Cooper GM 2021. La Célula, 8ª Edición, Marbán.
• Coñecementos:
Con01. Demostrar coñecementos dende distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
Con13. Demostrar coñecemento no estudo das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio a especialización profesional e investigadora.
• Habilidades e destrezas:
H/D01. Demostrar habilidades dende distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
H/D05. Adquirir a habilidade para o manexo de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC).
H/D06. Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
• Competencias:
Comp01. Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
Comp05. Aplicar a metodoloxía e os procedementos propios da investigación científica en Ciencias da visión.
Comp06. Capacidade para transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
Empregaranse:
- Clases maxistrais de introdución os fundamentos teóricos.
- Prácticas de laboratorio e seminarios. Os alumnos traballarán en parellas durante as prácticas de laboratorio e nos seminarios.
As clases maxistrais (5 horas) e os seminarios (5 horas) realizaranse de forma síncrona non presencial a través da ferramenta Teams. As prácticas (13 horas) serán presencias no laboratorio.
- A asistencia e participación nas clases expositivas, prácticas e seminarios é obrigatoria e necesaria para la superación da materia (asistencia mínima o 80% das sesións). Representa un 10% da nota final.
- O alumno deberá superar un exame sobre os contidos tratados en teoría e prácticas que representará o 50% sobre a nota final.
- O 40% da nota final corresponderá a avaliación da presentación realizada nas sesión de seminarios.
23 horas de docencia sincrona (presencial e non presencial):
- 5 horas de contidos teóricos (non presencial síncrona).
- 5 horas de seminarios (non presencial síncrona).
- 13 horas de traballo práctico no laboratorio (presencial).
51 horas de traballo persoal do alumno para o estudo dos contidos teóricos, preparación dos seminarios e repaso das actividades realizadas nas prácticas de laboratorio.
- Asistencia e participación activa nas actividades programadas.
- Estudo e consulta do material bibliográfico e da información obtida durante o desenrolo das actividades.
- Aclaración co profesor de posibles dúbidas.
Material necesario que debe traer el alumno para realizar las prácticas: bata de laboratorio, calculadora, caderno de notas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Anton Barreiro Iglesias
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Martes | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula virtual |
Mércores | |||
10:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Outros Centros |
Xoves | |||
10:00-13:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Outros Centros |
01.06.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 3 |