Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
Áreas: Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Saber manexar axeitadamente as ferramentas informáticas que lle van axudar á análise de datos.
2.- Ser capaz de identificar os aspectos máis importantes no contexto da investigación clínica e da saúde para proceder á súa análise posterior.
3.- Ser capaz de planificar os diferentes deseños de investigación no ámbito da psicoloxía clínica e da saúde.
4.- Ser capaz de seleccionar a mostra axeitada en función dos obxectivos da investigación.
5.- Saber elixir a técnica de análise de datos axeitada ao deseño empregado na investigación.
6.- Saber interpretar os resultados obtidos e comunicar as conclusións no contexto da investigación da psicoloxía clínica e da saúde.
7.- Ser capaz de elaborar un informe de investigación no que se recolla, cunha linguaxe precisa, os distintos aspectos referidos a método, resultados e interpretación.
8.- Saber analizar, de forma crítica, investigacións realizadas por outros autores no contexto da psicoloxía clínica e da saúde.
1.- Metodoloxía da investigación no contexto da psicoloxía clínica e da saúde.
2.- Deseños de investigación. Clasificación.
3.- Técnicas de análise de datos axeitadas a cada un dos deseños.
4.- Execución informática.
5.- Elaboración do informe de investigación
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA.
Ferraces, M.J. y Andrade, E.M. (2000). Deseños de Investigación I. Esquemas. Santiago: Tórculo Edicións.
Ferraces, M.J., Rodríguez, M.S. y Andrade, E.M. (1995). Introducción a los diseños de investigación: Planificación, análisis estadísticos (SPSS para Windows) e interpretación. Santiago: Tórculo.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Ato, M. (1991). Investigación en ciencias del comportamiento I: Fundamentos. Barcelona: P.P.U.
Balluerka, N. e Vergara, A.I. (2002). Diseños de investigación experimental en Psicología. Madrid: Prentice-Hall.
Edwards. A.L. (1985). Experimental design in psychological research (5ª ed.). Nova York, NY: Holt, Rinehart and Winston.
Fisher, R.A. (1925). Statistical methods for research workers. Londres: Oliver and Boyd.
Kirk, R.E. (1982). Experimental design. Procedures for the behavioral sciences (2ª ed.). Belmont, CA: Brooks/Cole.
Winer, B.J., Brown, D.R. e Michels, K.M. (1991). Statistical principles in experimental design (3ª ed.). Nova York, NY: McGraw-Hill.
Competencias básicas e xerais:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CG11 - Axustarse ás obrigacións deontolóxicas da Psicoloxía no ámbito sanitario, mostrando un compromiso ético e profesional cos valores de igualdade de oportunidades, de respecto á diversidade e de resolución pacífica dos conflitos.
Competencias transversais
CT1 - Saber utilizar as tecnoloxías da información e a comunicación no desempeño profesional.
CT2 - Saber manexar fontes de documentación científica bibliográfica e dixital estandarizadas a nivel internacional.
CT4 - Saber formular hipótese de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, aplicando o método científico.
CT6 - Saber comunicar e comunicarse con outros profesionais, e dominar as habilidades necesarias para o traballo en equipo e en grupos multidisciplinares.
Competencias específicas
CE3 - Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
CE4 - Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
CE10 - Saber redactar informes psicolóxicos de forma adecuada aos destinatarios.
CE12 - Coñecer as obrigacións e responsabilidades do persoal sanitario relativas á confidencialidade da información e da protección de datos persoais dos pacientes.
CE16 - Participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito da Psicoloxía Xeral Sanitaria.
Estas competencias xerais concrétanse, nesta materia nas seguintes competencias específicas:
1.- Saber seleccionar e aplicar as técnicas e os instrumentos de avaliación máis convenientes para cada caso de acordo coas súas características e contexto.
2.- Saber analizar e interpretar os resultados dunha avaliación psicolóxica.
3.- Saber redactar informes psicolóxicos de forma adecuada aos destinatarios.
4.- Participar no deseño e desenvolvemento de proxectos de investigación no ámbito da Psicoloxía Xeral Sanitaria.
Exposición teórico- práctica, por parte da profesora, dos contidos do temario utilizando como ferramenta de apoio o paquete estadístico SPSS.
Realización práctica dun exemplo de investigaciónincluindo planificación da mesma, análise de datos e realización do informe.
1.- Examen teórico_ práctico no que se observará a destreza na interpretación dun deseño de investigación. Comprende o 70% da nota total.
2.- Realización de actividades que supón o 30% da nota total.
A materia consta de 3 créditos, o que corresponde a un total estimado de 75 horas de traballo do/a estudante, que se considera repartidas do seguinte modo:
Asistencia a actividades presenciais: 24 horas; 12 en sesións expositivas e 12 en sesións interactivas.
Traballo non presencial: 51 h. Este deberá distribuírse en actividades de estudo (25 horas) e preparación de prácticas 26 horas.
Para un correcto aprovechamiento de esta materia se recomienda:
1.- Seguimiento continuado de la materia: realización de las actividades que se programen, lectura de materiales y estudio de los contenidos.
2.- Asistencia a tutorías para la resolución de dudas y orientación en el proceso de aprendizaje.
3.- Dominio en la lectura y comprensión del inglés.
Maria Jose Ferraces Otero
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía
- Área
- Metodoloxía das Ciencias do Comportamento
- Teléfono
- 881813788
- Correo electrónico
- mjose.ferraces [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Galego | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
25.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |
01.07.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 3 |