Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 14 Clase Interactiva: 9 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
Áreas: Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
RESULTADOS DA APRENDIZAXE
O estudante, ao finalizar esta materia, deberá:
. Saber aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas no campo da prevención e promoción da saúde.
. Saber identificar e definir problemas de saúde nunha comunidade determinada.
. Saber identificar e avaliar os factores de risco e de protección no ámbito da saúde.
. Ser capaz de seleccionar as intervencións máis axeitadas para a prevención de problemas de saúde e adaptalas para o seu emprego nun contexto determinado.
. Ser capaz de deseñar programas de prevención e de promoción da saúde específicos en función dos factores relevantes (de risco e protección) e os recursos dispoñibles.
. Ser capaz de deseñar a avaliación de programas de prevención e promoción da saúde.
Bases conceptuais para a prevención da enfermidade e a promoción da saúde.
Epidemioloxía e saúde mental.
Factores de risco e de protección no campo da saúde mental.
Avaliación de riscos e necesidades.
Ámbitos de intervención para a prevención e a promoción da saúde.
Estratexias de intervención para a redución do risco e a promoción da saúde.
O deseño e diseminación de programas.
Avaliación de programas e intervencións.
Básica
Eldredge, L.K.B., Markham, C.M., Ruiter, R.A., Fernández, M.E., Kok, G., & Parcel, G.S. (2016). Planning health promotion programs: an intervention mapping approach (4th ed.). John Wiley & Sons.
Fertman, C.I., & Allensworth, D.D. (2017). Health promotion programs: from theory to practice (2nd ed.). John Wiley & Sons.
Sharma, M. (2022). Theoretical foundations of health education and health promotion (4th ed.). Jones & Bartlett Learning.
Complementaria
APA (2014). Guidelines for Prevention in Psychology. American Psychologist, 69, 285-296.
Bermúdez Parsai, M., Castro, F.G., Marsiglia, F.F., Harthun, M.L., & Valdez, H. (2011). Using community based participatory research to create a culturally grounded intervention for parents and youth to prevent risky behaviors. Prevention Science, 12, 34-47.
Buela-Casal, G., Fernández-Ríos, L., & Carrasco, T.J. (1997). Psicología preventiva: avances recientes en técnicas y programas de prevención. Pirámide
Chacón Moscoso, S., Sanduvete Chavesa, S., Portell Vidal, M. y Anguera Argilaga, M.T. (2013). Reporting a program evaluation: Needs, program plan, intervention, and decisions. International Journal of Clinical and Health Psychology, 13, 58-66.
Chorpita, B.F., & Nakamura, B.J. (2004). Four considerations for dissemination of intervention innovations. Clinical psychology, 11, 364-367.
De Pedro Cuesta, J., Ruiz, J.S., Roca, M., & Noguer, I. (2016). Salud mental y salud pública en España: vigilancia epidemiológica y prevención. Psiquiatría biológica, 23, 67-73.
Diclemente, R.J., Crosby, R., & Kegler, M.C. (2009). Emerging theories in health promotion practice and research (2nd ed.). Jossey-Bass.
Fernández-Ríos, L. y Gómez-Fraguela, J.A. (2007). La psicología preventiva en la intervención social. Madrid. Síntesis.
Frank, H. E., Becker-Haimes, E. M., & Kendall, P. C. (2020). Therapist training in evidence-based interventions for mental health: A systematic review of training approaches and outcomes. Clinical Psychology: Science and Practice, 27(3), e12330.
Hawe, P., & Potvin, L. (2009). What is population health intervention research? Canadian journal of public health, 100, I8-I14.
Langley, A.K., Nadeem, E., Kataoka, S.H., Stein, B.D., & Jaycox, L.H. (2010). Evidence-based mental health programs in schools: Barriers and facilitators of successful implementation. School mental health, 2, 105-113.
Moreno, E.M., & Torres, F.G. (2017). Metodología para la elaboración de guías de intervención basadas en la evidencia en psicología y salud mental: procedimientos del NICE. Universidad de Córdoba.
Perestelo-Pérez, L. (2013). Standards on how to develop and report systematic reviews in Psychology and Health. International Journal of Clinical and Health Psychology, 13, 49-57.
Tanner-Smith, E.E., Durlak, J.A. & Marx, R.A. (2018). Empirically Based Mean Effect Size Distributions for Universal Prevention Programs Targeting School-Aged Youth: A Review of Meta-Analyses. Prevention Science, 19, 1091–1101.
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Adquirir, desenvolver e poñer en práctica un concepto de saúde integral, que contemple os compoñentes biopsicosociales desta, de acordo coas directrices establecidas pola OMS.
- Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica do comportamento humano, así como os factores sociais e biolóxicos que poden afectalo.
- Deseñar, desenvolver e, no seu caso, supervisar e avaliar plans e programas de intervención psicolóxica, en función da avaliación psicolóxica e das variables de tipo individual e social que concorran en cada caso.
- Coñecer en profundidade a natureza psicolóxica dos trastornos do comportamento humano.
- Coñecer en profundidade os factores psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade
- Coñecer en profundidade os factores biolóxicos e psicosociais asociados aos problemas de saúde e enfermidade, especialmente os relacionados coa saúde mental.
TRANSVERSAIS
- Saber formular hipótese de traballo en investigación e recoller e valorar de forma crítica a información para a resolución de problemas, aplicando o método científico.
- Saber comunicar e comunicarse con outros profesionais, e dominar as habilidades necesarias para o traballo en equipo e en grupos multidisciplinares.
ESPECÍFICAS
- Saber elixir e aplicar as técnicas de intervención psicolóxica máis axeitadas de acordo coa súa finalidade (prevención, rehabilitación, consello, asesoramento... etc.).
- Saber deseñar programas de prevención e de promoción da saúde psicolóxica en función dos factores relevantes (de risco e protección) e os recursos dispoñibles.
- Realizar actividades de promoción e de educación para a saúde psicolóxica individual e comunitaria.
Clases expositivas
Prácticas de seminario
Titorías en grupos reducidos
Actividades de avaliación formativa
Actividades de estudo
Preparación de seminarios e prácticas (lectura de artigos e libros)
Elaboración de traballos (e posible exposición, voluntaria)
Exame escrito tipo proba obxectiva: 60%
Informes de prácticas: 20%
Presentación de traballos individuais ou en grupos reducidos: 20%
Clases expositivas: 12h
Clases interativas: 9h
Actividades de avaliación formativa: 2h
Horas de Titorías: 1h
Horas de traballo autónomo: 51h (actividades de estudo: 21h; preparación seminarios: 10h; preparación prácticas: 10h; elaboración de traballos individuais e/ou en grupo: 10h).
-Facer uso das titorías.
-Participar na clase e nas actividades propostas de forma activa e construtiva.
-Preparar os contidos mediante as diapositivas, os apuntamentos da clase e a bibliografía básica.
-Facer un uso produtivo das sesións interactivas.
Olalla Cutrin Mosteiro
Coordinador/a- Departamento
- Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía
- Área
- Personalidade, Avaliación e Tratamentos Psicolóxicos
- Teléfono
- 881813704
- Correo electrónico
- olalla.cutrin [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
11:00-12:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Laboratorio docente de Psicoloxía Clínica I |
30.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |
01.07.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos |