Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Departamento externo vinculado ás titulacións, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Área externa M.U en Saúde Pública, Medicina Preventiva e Saúde Pública
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Aprendizaxe dos métodos estatísticos necesarios para a análise epidemiolóxica correcta dos datos sobre a saúde da poboación.
1. Recordatorio dos conceptos da Estatística Descritiva. Introducción ao paquete estatístico SPSS.
2. Recordatorio dos conceptos fundamentáis da Inferencia Estatística. Comparación de medias e prevalencias usando o paquete estatístico SPSS.
3. Táboas de clasificación. Contrastes chi-cadrado de independencia e de homoxeneidade.
4. Modelos de regresión. Contrastes. Regresión simple linear e non linear.
5. Regresión linear múltiple. Correlación parcial e semiparcial. Interacción entre variables esplicativas.
6. Regresión loxística. Introducción ao modelo. Covariables contínuas. Covariables categóricas. Interpretación dos coeficientes.
Altman, D. G. (1990): "Practical Statistics for Medical Research", Chapman & Hall.
Daniel, W.W. (2002): “Bioestadística. Base para el análisis de las ciencias de la salud”, Limusa Wiley.
Indrayan, A. (2008): "Medical Biostatistics", Chapman & Hall.
Jewell, N. P. (2003): "Statistics for Epidemiology", Chapman & Hall.
Kleinbaum D.G., Kupper L.L. and Muller k.E. (1988) " Applied Regression Analysis and other Multivariable Methods". PWS-KENT publishing Company. Boston.
Martín Andrés, A.; Luna del Castillo, J. (2004): “Bioestadística para las ciencias de la salud”, Norma.
Selvin, S. (2004): "Statistical Analysis of Epidemiologic Data", Oxford.
Visauta Vinacua, B. (2007): "Análisis estadístico con SPSS (Estadística básica)" 3ª Edición, McGrawHill.
Coñecer as indicacións e o manexo das ferramentas estatísticas precisas para a análise de datos de saude da poboación.
Saber empregar as ténicas estatísticas axeitadas para a análise de datos en función da natureza das variables.
Ser capaz de manexar programas informáticos que permiten analizar, dende o punto de vista estatístico, una base de datos e interpretar os resultados acadados.
Coñecer a importancia dos métodos estatísticos na análise de calquera actividade sanitaria.
Nas clases expositivas desenvolveranse os contidos mediante a explicación dos conceptos teóricos e a utilización de exemplos relacionados coa epidemioloxía e a saúde pública.
Nas clases interactivas os alumnos terán a oportunidade de aplicar os conceptos teóricos a estudos epidemiolóxicos: consistirán na resolución de exercicios por parte do alumno, supervisados polo profesor, e utilizando o programa SPSS. Porase especial énfase na selección da técnica estatística apropiada e na correcta interpretación dos resultados obtidos.
Para a avaliación da materia teranse en conta as actividades e tarefas realizadas polos alumnos ao longo do curso especialmente a capacidade de análise da información e o dominio no manexo das ferramentas informáticas (30% da cualificación). Ademais haberá un exame final teórico-práctico, na aula con ordenador, ao que lle corresponderá o 70% da cualificación final da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Por cada hora de clase expositiva ou interactiva é conveniente dedicar dúas horas adicionais de traballo persoal do alumno.
Para superar con éxito a materia é conveniente a asistencia ás clases e as tutorías. Así mesmo, a resolución e a revisión das tarefas propostas ao longo do curso deberían servir para acadar os obxectivos do curso.
Agustin Montes Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
- Área
- Medicina Preventiva e Saúde Pública
- Teléfono
- 881812271
- Correo electrónico
- agustin.montes [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Piñeiro Lamas
- Departamento
- Departamento externo vinculado ás titulacións
- Área
- Área externa M.U en Saúde Pública
- Correo electrónico
- maria.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Martes | |||
---|---|---|---|
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
Xoves | |||
16:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
22.11.2024 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |
16.06.2025 16:30-18:00 | Grupo /CLE_01 | Medicina-Aula Prácticas M. Preventiva e S. Pública |