Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 6 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Veterinaria
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Coñecer as técnicas de diagnóstico molecular
Coñecer as técnicas de diagnóstico citoxenético
Coñecer las técnicas de diagnóstico xenómico
Coñecer las bases da análise proteómica
1. Coñecer as Técnicas de diagnóstico molecular
2. Técnicas de diagnóstico citoxenético: cariotipos, FISH
3. Técnicas de diagnóstico xenómico
4. Técnicas de análise proteómica
• TEMAS
TEMA 1 Técnicas de diagnóstico citoxenético: Conceptos xeraies. Cultivo de linfocitos e procesado. Técnicas de bandeo cromosómico. Cariotipos. Hibridación de ácidos nucleicos. Hibridación in situ fluorescente (FISH)
TEMA 2 Técnicas de diagnóstico molecular e xenómico: Técnicas xenerais e as súas aplicacions. Paneis de xenes de interés. Estudios de exoma completo. Estudio de xenoma completo. Análise de CNVs e sondas MLPAs
TEMA 3 Técnicas de análise proteómica: Bases y conceptos xerais. Métodos e técnicas en proteómica: extracción, cuantificación, separación e identificación de proteínas. Proteoxenómica. Busca, análise obtención de información funcional sobre proteínas con UniProt (http://www.uniprot.org)
Bibliografía básica:
Corrales F., Calvete J.J. 2014. Manual de Proteómica. Sociedad Española de Proteómica.
Gersen S., Keagle M. 2013. The Principles of Clinical Cytogenetics. Springer
Heim S., Mitelman M. (eds). 2015. Cancer Cytogenetics: Chromosomal and Molecular Genetic Aberrations of Tumor Cells. Wiley Blackwell
Stracham T., Read A. 2011. Human Molecular Genetics. Garland Science
Twyman R.M.2013. Principles of Proteomics, 2, Garland Science
Bibliografía complementaria:
Saraswathy N., Ramalingam P. 2016. Concepts and Techniques in Genomics and Proteomics, Woodhead Publishing Series in Biomedicine
Outros recursos para consulta:
Será proporcionada polo profesorado ó longo do curso
Competencias Básicas:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de seren orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partires dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vencelladas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB10 - Que os estudantes posúan las habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudiando dun modo que haberá de ser en grande medida auto dirixido ou autónomo.
Competencias Xerais:
CG01 - Capacidade de organización e planificación do estudo e a experimentación nas áreas de coñecemento implicadas.
CG02 - Integrar coñecementos e enfrontarse á toma de decisións a partires de información científica e técnica.
CG03 - Transmitir os resultados do estudo e da investigación a públicos especializados, académicos e xeneralistas.
Competencias Específicas:
CE01 - Comprender a relación entre a Xenómica e a Xenética e a saúde humana, animal e vexetal, necesaria para o desenvolvemento das diversas funcións dun profesional orientado ó avance da saúde.
CE02 - Coñecer os métodos e tecnoloxías seguros para a aplicación dos novos desenvolvementos da Xenómica e da Xenética en diversos sectores produtivos.
CE03 - Desenvolver as destrezas e habilidades en análise xenómica e xenética, e en consello xenético.
CE04 - Ser capaz de levar a cabo a trazabilidade do material xenético para a detección de mutacións e o control de riscos e identificación de puntos críticos, na saúde, a produción, a manipulación e o procesado.
CE05 - Adquirir coñecementos e habilidades no desenvolvemento do traballo científico nas ciencias da vida, polo menos nunha das seguintes áreas de coñecemento: Xenética, Fisioloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal e Forense, Produción Animal, Produción Vexetal.
CE06 - Saber manexar as fontes de información relacionadas coa Xenómica (e outras ómicas), a Xenética, as súas tecnoloxías e os aspectos de seguridade relativos ás mesmas, incluíndo a produción animal e vexetal.
Competencias Transversais:
CT06 - Capacidade de xestión de información, resolución de problemas e toma de decisións.
CT07 - Capacidade para elaborar, expoñer e discutir un texto científico-técnico organizado e comprensible.
Clases Expositivas
Lectura e análise dos textos proporcionados polo profesorado, de xeito presencial e/ou na
aula virtual
Talleres/ Seminarios presenciais ou na aula virtual
Traballos grupais e/ou participación en foros de debate presencial ou virtual
Actividades mediante TIC (equipos informáticos)
Desenvolvemento de traballos académicos e defensa presencial
Titorías personalizadas presenciais e online
Traballo autónomo non presencial do alumnado
• Proba escrita: Avaliarase mediante unha proba escrita a adquisición dos principais conceptos teóricos por parte do alumnado (50% da cualificación na materia)
• Proba práctica: Mediante un exame avaliaranse os coñecementos adquiridos coa docencia práctica (20% da cualificación na materia)
• Avaliación continua: Avaliarase de xeito continuo tanto a actitude do alumnado nas clases teóricas e prácticas como na resolución de problemas, cuestións e exercicios propostos (30% da cualificación da materia)
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Horas presenciais: 24
Expositivas: 13
Interactivas de Laboratorio (prácticas): 6
Titorías personalizadas: 3
Exame: 2
Horas de traballo do alumnado: 51
Estudar de forma continuada e traballar sobre as lecturas recomendadas.
É preciso obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 na proba escrita para que se sumen ó resto das actividades, de non alcanza ese mínimo na proba escrita a avaliación final será suspenso.
Calquera plaxio nas actividades que se realicen suporá unha nota de cero na actividade afectada, sen posibilidade de recuperala na convocatoria de xullo.