Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Financeira e Contabilidade
Áreas: Economía Financeira e Contabilidade
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxectivo desta materia é ofrecer unha visión xeral e introdutoria acerca da empresa, e en concreto do seu sistema contable e financeiro, que posibilite a aqueles alumnos procedentes de titulacións nas que non se estudaron estas materias poder seguir con normalidade o resto de materias do postgrao.
1. O sistema contable.
2. As contas anuais
3. A contorna das decisións financeiras.
4. A función financeira na empresa.
5. Introdución ao cálculo financeiro.
6. As operacións de investimento na empresa.
7. As operacións de financiamento na empresa.
CERVERA,M; GONZÁLEZ, A; ROMANO, J (2008): Contabilidad financiera (adaptada al nuevo PGC). Editorial CEF
MASIDE SANFIZ, J.M; CANTORNA AGRA, S; VIDAL LOPO, R. Y ALVAREZ DOMINGUEZ, Mª A. (2013): Contabilidad financiera. Teoría y práctica del Plan general de Contabilidad. Andavira editora.
BREALEY, R.; MYERS, S.; ALLEN, A. (2010): Principios de Finanzas Corporativas, 9ª Edición; McGraw Hill-Interamaricana de España.
ESCRIBANO RUIZ, JAVIER: Gestión Financiera, Ed. paraninfo.
XIMÉNEZ RODRÍGUEZ, JAVIER Y OTROS: Análisis y Cálculo de las Operaciones Financieras, Tórculo Ediciones
- Comprender e saber aplicar os conceptos de activo, pasivo, neto, gasto e ingreso.
- Coñecer a estrutura básica dos estados financeiros.
- Familiarizar ao alumno/a coas bases da función financeira desenvolvida pola empresa, a súa linguaxe técnica e as ferramentas informáticas fundamentais que se empregan en finanzas.
- Empregar os distintos métodos de valoración de investimentos, tanto dende unha perspectiva estática como dinámica. Coñecer as vantaxes e inconvenientes dos distintos tipos de criterios.
- Coñecer as diferentes posibilidades de financiamento que posúen as empresas, tanto as de carácter interno coma as externas.
Dado o carácter de nivelación desta materia, as clases adaptaranse ás necesidades concretas dos alumnos. Combinaranse sesións expositivas dos fundamentos principais dos temas a tratar con sesións interactivas nas que os alumnos mostren como foron avanzando nos coñecementos requiridos.
O desenvolvemento das sesións terá lugar nos horarios de clase establecidos no calendario oficial. Nas clases presenciais combinaranse sesións expositivas e actividades prácticas dos estudantes, como comentarios sobre artigos relacionados co tema, análise e presentación de tarefas propostas e casos prácticos relacionados co ámbito da materia.
A participación activa e continuada nas actividades propostas, ademais de ser sometida a avaliación para a nota final, permitirá ao alumno acadar os obxectivos da materia. Para superar a materia o estudante terá que asistir un mínimo ao 80% das actividades docentes programadas
A avaliación das competencias adquiridas polo alumno coa materia consistirá na consideración agregada de dous elementos:
1. Consistirá na avaliación continua das actividades desenvolvidas na aula virtual e / ou presencial cunha ponderación do 50% da materia, de xeito que:
• A realización das tarefas consistirá na entrega de documentación escrita na que o alumno expoña a actividade proposta: realización de exercicios, comentarios sobre artigos, traballos, etc.
• A realización das probas propostas na aula, representan o 25%. Consistirá en probas, en xeral, de tipo test, exercicios e / ou de preguntas breves relacionadas cos contidos da materia e aspectos tratados.
2. Consistirá na avaliación dun exame final ou proba final, cunha ponderación do 50% da materia total. Esta proba realizarase nas datas establecidas no calendario de probas de 1ª e 2ª oportunidade.
Os estudantes que teñan concedida unha exención de asistencia a clase (seguindo a Instrución nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a renuncia á asistencia a clase en determinadas circunstancias), serán avaliados cunha proba ou exame final que será do 100 % de nota
Para os casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
- Horas presenciais: 21h
- Estudio dos contidos: 35h
- Realización das tareas propostas: 12 h
- Examenes: 2h
- Titorías: 3h
Dado que se trata dunha materia de nivelación é fundamental a asistencia e participación nas clases.
É recomendable, ainda que non imprescindible, contar con certa práctica coa folla de cálculo.
David Rodeiro Pazos
Coordinador/a- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811585
- Correo electrónico
- david.rodeiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Ruben Lado Sestayo
- Departamento
- Economía Financeira e Contabilidade
- Área
- Economía Financeira e Contabilidade
- Teléfono
- 881811672
- Correo electrónico
- ruben.lado.sestayo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 09 |
Martes | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 09 |
Mércores | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 09 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 09 |
Venres | |||
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 09 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | Aula 09 |
25.10.2024 11:00-13:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
25.10.2024 11:00-13:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 09 |
26.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 09 |