Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola, Didácticas Aplicadas
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola, Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Coñecer os aspectos físicos do medio, en particular os correspondentes ao espazo xeográfico galego.
2. Utilizar a información xeográfica como instrumento de interpretación do territorio.
3. Interrelacionar o medio natural coa esfera social e humana.
Contidos teóricos:
1. O COÑECEMENTO XEOGRÁFICO DO MEDIO NATURAL.
1.1. Os fundamentos tectónicos do relevo.
1.2. As rochas e o seu modelado. Os sistemas morfoxenéticos.
1.3. Masas de aire, centros de acción e frontes.
1.4. Clasificación e distribución dos climas.
1.5. Aspectos bioxeográficos.
2. O MEDIO NATURAL GALEGO.
2.1. O medio físico en Galicia. Xeoloxía, xeomorfoloxía, clima, solos.
2.2. Sinopse bioxeográfica de Galicia.
2.3. Agricultura na educación
Contidos prácticos:
1. Os estudantes realizarán prácticas con diferentes tipos de mapas e datos conducentes a propoñer unha actividade educativa na natureza, así como propostas sobre a paisaxe e o desenvolvemento sustentable en espazos protexidos.
2. Prácticas de campo, que inclúen viaxes e visitas, exercicios de localización xeográfica e interpretación dos valores naturais en espazos naturais protexidos de Galicia.
INNOVACIÓN DOCENTE
Os alumnos poden participar nunha actividade de innovación docente, dentro do programa Aprendizaxe-Servizo, denominada "Plantando Cara ao Lume".
a) Bibliografía básica:
Tarbuck, E. J., Lutgens, F. K. e Tasa, D. (2015). Ciencias de la Tierra. Una introducción a la geología física. Pearson.
Van Cleave, J. (2004). Ciencias de la Tierra para niños y jóvenes. 101 experimentos superdivertidos relacionados con las ciencias que estudian nuestro planeta. Limusa.
b) Bibliografía complementaria:
Bielza de Ory, V. (Ed.) (1984). Geografía general (vol. I). Taurus.
Gómez Ruiz, M. L. (2010). El tratamiento de los procedimientos en la Geografía del Bachillerato. Nuevas propuestas de metodología activa a partir de la investigación empírica. Universidad Complutense de Madrid. Dispoñible en: http://eprints.ucm.es/
Graves, N. (2000). La enseñanza de la Geografía. Visor.
López Bermúdez, F., Rubio, J. M. e Cuadrat, J. M. (1992). Geografía física. Cátedra.
Moreno, A. e Marrón Gaite, M. J. (1995). Enseñar Geografía. De la teoría a la práctica. Síntesis.
Río Barja, F. J. (Coord.) (1996). Galicia. Xeografía (tomo XVII). Hércules.
Sandoya, M. A. (2010). Trabajar con Mapas en Educación Secundaria. CCS.
Torres Luna, M. P. de (Dir.) (1986). Geografía de Galicia (tomos 1-2). Xuntanza.
COMPETENCIAS XERAIS
CG5.- Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornos naturais. En concreto, saberán deseñar unha actividade educativa orixinal sobre un contorno natural previamente elixido.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7.- Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
CE10.- Que os estudantes adquiran coñecementos integrais en relación co medio natural.
As clases expositivas consistirán en leccións impartidas polos profesores, dedicadas á presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada na análise de paisaxes, comentario de documentos gráficos e cartográficos, así como outras actividades que faciliten o coñecemento xeográfico do medio natural. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas…) serán orientadas polos profesores tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia. O estudante será motivado para desenvolver traballos orixinais e creativos directamente relacionados cos obxectivos do máster.
Utilizaranse as ferramentas do Campus Virtual.
Os estudantes aos que lles fose concedida dispensa da asistencia a clase (Instrución nº 1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias e Normativa para a concesión da dispensa de asistencia a clase aprobada pola Xunta de Facultade) deberán asistir ás prácticas de campo, así como ás sesións de presentación dos traballos, tanto o elaborado conxuntamente coas restantes materias do módulo 3 como os traballos específicos da materia.
A avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias. Na medida do posible, a avaliación estará integrada no propio proceso de ensino-aprendizaxe. Para iso, utilizaranse tres instrumentos de avaliación:
1) Asistencia e participación na clase: Ponderación 10%. Competencias avaliadas: CG5, CE7, CE10.
2) Elaboración dun traballo conxunto coas restantes materias do Módulo 3 ("Os elementos do medio natural"): Ponderación 60%. Competencias avaliadas: CG5, CE7, CE10.
3) Elaboración de traballos específicos da materia: Ponderación 30%. Competencias avaliadas: CG5, CE7, CE10.
Os estudantes aos que lles fose concedida dispensa da asistencia a clase deberán realizar o traballo conxunto coas restantes materias do módulo 3 (60%) e tamén os traballos específicos da materia (40%).
Traballo presencial: 27 horas
Traballo persoal: 48 horas
Total: 75 horas
Que o alumno se implique na elaboración do traballo conxunto coas restantes materias do módulo, desenvolvendo un labor integrador e colaborativo, e amosando actitudes de interese e identificación co espazo obxecto de estudo.
ADVERTENCIA SOBRE PLAXIO E USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Francisco Rodriguez Lestegas
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 982821039
- Correo electrónico
- f.lestegas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Agustín Merino García
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Correo electrónico
- agustin.merino [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Aula 30 |
16.01.2025 17:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
02.07.2025 11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |