Este máster atende a unha demanda crecente na sociedade actual, que precisa persoas expertas e con formación para atender as accións educativas que con cada vez maior expansión teñen lugar en contornos naturais. Noutras universidades europeas e americanas estanse impartindo títulos de similar contido.
Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza
Duración:
1 ano académico
Código RUCT: 4312425
Número de ECTS: 60
Número prazas: 25
Decano/a ou director/a do centro:
CARMEN SARCEDA GORGOSO
carmen.sarceda [at] usc.es
Coordinador-a do título:
Carmen Sarceda Gorgoso
carmen.sarceda [at] usc.es
Linguas de uso:
Castelán, Galego
Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela
Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela
Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
Orde 245/2011 do 15 de decembro (DOG 03/01/2012)
Data de publicación no BOE:
19/12/2016
Data da última acreditación:
11/03/2021
Este título atende a unha demanda crecente na sociedade actual, que precisa persoas expertas e con formación intelectual vigorosa para atender as accións educativas que con cada vez maior expansión teñen lugar en contornos naturais, e que son promovidos tanto desde o ámbito da educación formal como non formal. Noutras universidades europeas e americanas estanse impartindo títulos de similar contido.
Tanto as novas formas e hábitos das familias como o proceso de urbanización crecente, aconsellan potenciar valores entre os escolares e a xuventude, e incluso nos adultos, que o contacto coa natureza proporciona en alto grao, como o respecto ao medio natural e ao patrimonio rural, a tolerancia, a solidariedade, a coraxe ante as dificultades, e outras calidades valiosas na formación da personalidade e o espírito da cidadanía.
Os contidos do curso condénsanse en elementos centrais na formación das persoas, moi presentes na cultura, pero pouco cultivados na educación formal. A meta do curso é dotar a estes educadores de capacidades intelectuais e de xestión de grupos que lles permitan unha comprensión plena das posibilidades pedagóxicas que teñen as actividades de ocio e tempo libre na natureza.

Obrigatorias: 45
Optativas: 3
Prácticas externas obrigatorias: 6
Traballo fin de máster: 6
Total: 60
Non se contemplan
A natureza como medio educador
- P3281101
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Ética e natureza
- P3281102
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Historia ambiental
- P3281103
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Música e natureza
- P3281104
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
As artes plásticas e a natureza
- P3281105
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Literatura e Natureza
- P3281117
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Ecosistema e biodiversidade
- P3281106
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Coñecemento xeográfico do medio natural
- P3281107
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Natureza, paisaxe e arquitectura rural
- P3281108
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Dirección de grupos e resolución de conflitos
- P3281109
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
Equipamentos e organización de actividades
- P3281110
- Obrigatorio
- Primeiro semestre
- 3 créditos
Lexislación e xestión económica
- P3281111
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
Bases e recursos para o desenvolvemento da Educación Ambiental
- P3281112
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
Deseño e organización de actividades motrices ao aire libre
- P3281113
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
O excursionismo e a vida ao aire libre: fundamentos e modelos
- P3281114
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 3 créditos
Recursos para actividades motrices para persoas con diversidade funcional
- P3281203
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Recursos para actividades de Ciencias da Vida e a Terra con escolares
- P3281204
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Aprendizaxe experiencial en contornas singulares
- P3281205
- Optativo
- Segundo semestre
- 3 créditos
Practicum
- P3281115
- Obrigatorio
- Segundo semestre
- 6 créditos
Traballo fin de Máster
- P3281116
- Obrigatorio
- Traballos Fin de Grao e Máster
- 6 créditos
Este máster atende a unha demanda crecente na sociedade actual, que precisa persoas expertas e con formación para atender as accións educativas que con cada vez maior expansión teñen lugar en contornos naturais. Noutras universidades europeas e americanas estanse impartindo títulos de similar contido.
Para iniciar estes estudos, como perfil de ingreso, é recomendable ter algunha experiencia en asociacionismo xuvenil, coñecemento da natureza, deportes de montaña, excursionismo, capacidade narrativa e de descrición de paisaxes, nocións de seguridade en actividades ao aire libre e coñecemento de idiomas. Valorarase a posesión do nivel B1 no dominio dunha lingua estranxeira.
Obrigatorias: 45
Optativas: 3
Prácticas externas obrigatorias: 6
Traballo fin de máster: 6
Total: 60
Desde o inicio do curso, cada alumno contará cun titor para a orientación personalizada dos seus estudos. A FFP é un centro con ampla experiencia na titorización e acolleita de alumnos, sendo un dos primeiros Centros da USC que desenvolveu un plan de acolleita dos estudantes.
Ao comezo do curso realizarase unha sesión de acolleita na que se explicarán detalladamente as metas e obxectivos que persegue o máster, así como os aspectos organizativos da docencia, sistema titorial, material e bibliografía, recursos informáticos, profesores que van participar, e os recursos que ten que aportar cada estudante individualmente. No primeiro mes desde o comezo do curso, a dirección do máster asignará un titor a cada alumno entre o abanico de profesores que teñan dispoñibilidade para desempeñar esta tarefa.
O titor desempeñará as seguintes funcións básicas co estudante titorizado:
1) Orientar as súas necesidades básicas de formación e información.
2) Supervisar cando sexa pertinente os seus traballos e progreso global.
3) Aconsellar sobre as distintas alternativas sobre o desenvolvemento das tarefas.
4) Atender a cantos problemas académicos ou persoais que puidesen obstaculizar o logro do éxito no estudo e na formación que finalmente puidese alcanzar.
5) Sinalar aspectos do itinerario curricular que poden ser especialmente importantes para os seus intereses formativos e futuro profesional específico.
6) Atender e resolver, si é posible, as súas dúbidas ante o traballo práctico.
7) Mediar ante os outros profesores e alumnos sobre calquera cuestión que permita unha optimización da súa aprendizaxe.
8) Axudar a elixir o director máis adecuado para o proxecto final do máster.
9) Aqueloutros aspectos que se considere oportuno conforme a acordos tomados colexiadamente.
O estudante poderá cambiar de titor cando non estea satisfeito co que ten asignado mediante escrito razoado dirixido ao director do máster. Ningún titor atenderá a máis de tres alumnos. Todos os titores contarán coa documentación do Plan de Acción Titorial con que conta a FFP, e traballarán conforme aos protocolos establecidos no devandito Plan, especialmente no que se refire a estilos de aprendizaxe dos alumnos e organización do traballo. Na reunión de titores estudarase a pertinencia de novos procedementos conforme ás necesidades específicas que poidan presentar os alumnos. Todos os estudantes matriculados no curso terán acceso á USC-virtual. Nela crearase un curso específico para este máster no que a titoría electrónica e unha ampla base de recursos en rede, entre outros instrumentos, permitirán unha optimización dos procesos de orientación das aprendizaxes.
Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:
- A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
- A supresión gradual da impartición da docencia.
- Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.
Acceso
Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión de:
A.1. Un título universitario oficial español.
A.2. Un título expedido por unha institución de educación superior pertencente a outro Estado integrante do Espazo Europeo de Educación Superior que faculte no mesmo para o acceso a ensinos de Máster.
A.3. Un título pertencente a un sistema educativo alleo ao Espazo Europeo de Educación, previa comprobación pola Universidade de que o citado título acredita un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao.
A.4. Un título superior das Ensinanzas Artísticas Superiores do sistema educativo español.
Admisión
Modalidade: criterios xerais
Titulacións por orde de preferencia:
Preferencia 1
Titulacións en Mestre (todos os títulos); Educación Social; Pedagoxía; Psicopedagoxía; Actividade Física e do Deporte; Bioloxía; Veterinaria; Xeografía; Turismo; Ciencias Empresariais; Enx. Agrónomo ou de Montes; Master en Educación Secundaria
Preferencia 2
Titulacións en Humanidades; Enx. Técnico Forestal ou Agrícola; en Obras Públicas e en Topografía.
Preferencia 3
Outras titulacións universitarias
Información actualizada en cada convocatoria de matrícula

Que os estudantes sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornos naturais, en concreto saberán deseñar unha actividade educativa orixinal sobre nun contorno natural previamente elixido.
1. Que os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
2. Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
3. Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
4. Que os estudantes teñan coñecementos integrais sobre o que é un medio natural.
5. Que os estudantes adquiran habilidades para a xestión, a toma de decisións e a resolución de conflitos e imprevistos que se poidan presentar na organización e desenvolvemento de actividades.
6. Que os estudantes sexan capaces de colaborar e traballar en equipo con outros profesionais e desenvolver a capacidade de intercomunicación.
7. Que os estudantes sexan capaces de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornas naturais.
Mobilidade
A súa planificación e xestión desenvólvese a través da Vicerreitoría de Relacións Institucionais e da Oficina de Relacións Exteriores da Universidade, en coordinación coa Facultade a través da “Unidade de apoio á xestión de centros e departamentos” (UAGCD) e do vicedecano/a responsable de programas de intercambio. As facultades, ademais dos responsables citados arriba, conta coa colaboración de varios profesores/as que actúan como coordinadores académicos, e cuxa función é titorizar e asistir nas súas decisións académicas aos estudantes propios e de acolleita.
A selección dos candidatos lévase a cabo, para cada convocatoria ou programa, por unha Comisión de Selección, composta polo decano ou decana, o vicedecano ou vicedecana responsable de programas de intercambio, o/a responsable da UAGCD e os/as coordinadores académicos, de acordo con criterios de baremación, previamente establecidos, que teñen en conta o expediente académico, unha memoria e, no seu caso, as competencias en idiomas que esixe a Universidade de destino.
A Universidade, a través da Oficina de Relacións Exteriores, mantén un sistema de información permanente a través da web, que se complementa con campañas e accións informativas específicas de promoción das convocatorias.
Ademais, conta con recursos de apoio para os estudantes de acolleita, tales como a reserva de prazas nas Residencias Universitarias, ou o Programa de Acompañamento de Estudantes Estranxeiros (PAE) da Vicerreitoría de Relacións Institucionais, a través do cal voluntarios/as da USC realizan tarefas de acompañamento dirixidas á integración na cidade e na Universidade dos estudantes de acolleita.
En canto aos/as estudantes de acolleita, organízase unha sesión de recepción, ao comezo de cada semestre, na que se lles informa e orienta sobre a Facultade e os estudos, á vez que se lles pon en contacto cos coordinadores académicos, que actuarán como titores, e o persoal do Centro implicado na súa atención.
A mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional
Prácticas
A realización do practicum terá lugar en contacto directo con institucións e organizacións educativas públicas e/ou privadas, seleccionadas pola comisión de docencia do master, que permitan o desenvolvemento experiencial, a media responsabilidade como máximo, de todos os contidos do master.
Os convenios a asinar establecerán a forma operativa de desenvolvemento, tendo en conta os seguintes criterios xerais:
1.- Haberá actividades de desenvolvemento individual e outras de desenvolvemento colaborativo.
2.- Cada alumno/a dispoñerá dun\/a profesor/a-titor/a de referencia que supervisará o conxunto das prácticas.
3.- Cada alumno/a dispoñerá dun titor/a en o centro de desenvolvemento que será a súa referencia directa.
4.- Haberá actividades de preparación conxunta previas á estancia no centro e de reflexión conxunta, posteriores a devandita estancia.
5.- O conxunto de documentación elaborada (xa sexa individual e/ou colectiva) será a fonte básica da elaboración do Proxecto Fin de Master.
As horas que esixen da presenza do alumnado oriéntanse á preparación e/ou reflexión sobre a estancia formativa nas institucións de referencia. A fase de estancia terá polo menos dúas visitas do supervisor/a de cada alumno/a. Na devandita estancia o alumno/a asumirá unha función plenamente profesional e a disposición das necesidades da institución de acolleita.
O practicum será valorado desde dúas instancias distintas:
1.- A supervisión do master que terá en conta a participación activa nas sesións previas e posteriores, a actitude de colaboración e o dossier de documentación recompilados con relación ao proxecto fin de master. Esta valoración será do 50% do total.
2.- O titor/a da institución que valorará, de acordo coa documentación proposta pola comisión do prácticum o axuste ás competencias profesionais que debe asumir na estancia na institución en todos os elementos de desenvolvemento. Esta valoración será do 50% do total.
O traballo Fin de Master presentarase á conclusión dos estudos, de modo que no momento da defensa do mesmo o alumno deberá ter superado todos os demais créditos necesarios para a obtención deste título de Master, isto é, 54 créditos ECTS.
Dado que cada alumno/a dispoñerá dun\ha profesor/a-titor/a que o orientará na elección e realización do seu proxecto fin de máster, serán estes os que propoñerán unha oferta ampla de posibles traballos a desenvolver que, con independencia dos seus obxectivos, metodoloxías e contidos concretos, deberán axustarse formalmente ao modelo xeral de proxecto fin de máster.
As horas que esixen da presenza do alumnado oriéntanse á presentación dos aspectos formais que todos os proxectos de fin de máster, con independencia dos seus contidos, obxectivos e metodoloxías concretos (a determinar entre cada alumno/a e o seu profesor/a-titor/a), deben respectar. Presentarase igualmente o modelo a seguir na defensa oral e pública do proxecto fin de máster. Tanto unha como outra actividade contarán con apoio audiovisual (power point).
O proxecto fin de máster será obxecto de avaliación por parte dunha comisión de tres membros: o coordinador do máster (ou persoa en quen delegue), o profesor/a-titor/a do alumno/a que presenta o proxecto e un experto na materia obxecto de proxecto (que poderá ser un membro do corpo de profesorado do máster ou un profesional externo de recoñecido prestixio). A comisión avaliará os aspectos tanto formais como de contido do proxecto.
O cadro docente está formado por profesores da Universidade de Santiago de Compostela.
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Oferta |
|||||||
IN01 Prazas ofertadas Número de prazas ofertadas para cada curso académico. Info da escala: Número enteiro |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
25,0 |
|
Matrícula |
|||||||
IN02 Matrícula Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming. Info da escala: Número enteiro |
38,0 |
22,0 |
34,0 |
33,0 |
26,0 |
37,0 |
|
IN03 Matrícula de acceso Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
24,0 |
15,0 |
25,0 |
25,0 |
24,0 |
24,0 |
|
IN04 Matrícula de novo ingreso por preinscrición Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción. Info da escala: Número enteiro |
24,0 |
15,0 |
25,0 |
25,0 |
24,0 |
24,0 |
|
IN05 Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
-11,11 |
-37,5 |
66,67 |
0,0 |
-4,0 |
- |
|
Perfil de entrada |
|||||||
IN06 Nota media de acceso por preinscrición Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada. Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos). |
7,5644 |
7,7924 |
7,6118 |
7,7944 |
8,0968 |
8,1311 |
|
IN08 Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
5,26 |
4,55 |
8,82 |
3,03 |
23,08 |
0,0 |
|
IN09 Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
15,79 |
4,55 |
23,53 |
12,12 |
11,54 |
5,41 |
|
IN13 Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
- |
- |
72,73 |
50,0 |
75,68 |
|
Adecuación á demanda |
|||||||
IN12 Tasa de ocupación Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
96,0 |
60,0 |
100,0 |
100,0 |
96,0 |
96,0 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Mobilidade allea |
|||||||
IN18 Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
0,0 |
4,55 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
0,0 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|---|---|---|---|
IN22 Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
96,3 |
100,0 |
100,0 |
96,55 |
83,33 |
93,33 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
|
---|---|---|---|---|---|---|---|
Abandono |
|||||||
IN41 Taxa de abandono RD 1393/2007 Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
3,7 |
8,33 |
13,33 |
0,0 |
0,0 |
8,33 |
|
Avaliación |
|||||||
IN36 Taxa de avaliación Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
89,8 |
89,27 |
96,9 |
98,46 |
90,85 |
93,36 |
|
Duración media dos estudos |
|||||||
IN38 Duración media dos estudos Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos. Info da escala: Número racional con dous decimais |
1,2963 |
1,1111 |
1,3846 |
1,1724 |
1,1667 |
1,4 |
|
Eficiencia dos titulados |
|||||||
IN53 Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
97,11 |
98,9 |
95,77 |
97,97 |
98,36 |
96,14 |
|
Estudantes por grupo |
|||||||
IN32 Media de alumnos por grupo de docencia interactiva Relación entre o número de alumnos matriculados e o número de grupos de docencia interactiva. Info da escala: Número racional con dous decimais |
22,4 |
13,5 |
22,2222 |
22,3333 |
20,3889 |
21,6667 |
|
IN55 Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
- |
15,1333 |
25,0 |
25,0667 |
22,6667 |
24,2667 |
|
IN56 Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas) Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias. Info da escala: Número racional con dous decimais |
- |
5,3333 |
8,3333 |
8,6667 |
9,0 |
8,6667 |
|
Éxito |
|||||||
IN35 Taxa de éxito Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
98,69 |
99,29 |
99,6 |
100,0 |
99,52 |
100,0 |
|
IN50 Taxa de éxito dos egresados Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
97,11 |
98,9 |
95,77 |
99,31 |
100,0 |
99,67 |
|
Graduación |
|||||||
IN37 Taxa de graduación Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
85,19 |
83,33 |
73,33 |
92,0 |
96,0 |
87,5 |
|
Rendemento |
|||||||
IN34 Taxa de rendemento Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
88,63 |
88,64 |
96,51 |
98,46 |
90,41 |
93,36 |
|
Satisfacción |
|||||||
IN19 Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
5,0 |
3,5 |
- |
- |
3,61 |
4,1944 |
|
IN20 Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
- |
- |
4,17 |
5,0 |
4,24 |
|
IN21 Satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores académicos coas prácticas externas. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
5,0 |
- |
- |
- |
- |
- |
|
IN23 Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
3,0668 |
3,125 |
- |
- |
- |
- |
|
IN33 Grao de satisfacción dos egresados cos servizos Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
3,7777 |
3,8667 |
- |
- |
- |
- |
|
IN42 Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
2,3698 |
3,2328 |
- |
3,26 |
3,55 |
- |
|
IN46 Satisfacción do alumnado coa docencia recibida Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
4,18 |
- |
- |
3,9 |
4,4 |
|
IN47 Satisfacción do profesorado coa docencia impartida Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida. Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00 |
- |
4,4815 |
- |
- |
4,4833 |
4,5837 |
|
IN48 Taxa de resposta na enquisa de satisfacción Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
- |
58,8235 |
- |
- |
20,0 |
48,1481 |
Indicador |
2017-2018 |
2018-2019 |
2019-2020 |
2020-2021 |
2021-2022 |
2022-2023 |
---|---|---|---|---|---|---|
IN24 Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
78,57 |
84,62 |
84,62 |
84,62 |
85,71 |
78,57 |
IN25 Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
77,27 |
69,57 |
76,19 |
72,73 |
78,26 |
79,17 |
IN26 Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título. Info da escala: Porcentaxe con dous decimais |
31,82 |
30,43 |
33,33 |
36,36 |
39,13 |