Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Lingua e a Literatura
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia proponse que o alumnado logre un coñecemento teórico sobre a representación da natureza na literatura, dunha parte, e doutra que adquira as destrezas necesarias para a planificación e aplicación de actividades de contido literario en espazos urbanos e na natureza.
Propóñense os seguintes obxectivos:
a) Familiarizar aos futuros profesionais no campo das actividades educativas relacionadas co tempo de lecer, o aire libre e o contacto coa natureza, coa importancia que a representación literaria da paisaxe ten para modular a percepción e a experiencia estética.
b) Dotar ao alumnado dos materiais e textos literarios que no futuro poderán servirlles
para espertar o interese e a sensibilidade na contorna natural de persoas que participen en actividades educativas na natureza.
c) Interpretar textos literarios da tradición universal nos que desempeñe un papel relevante a paisaxe.
d) Coñecer autores ou, de forma xenérica, tendencias e escolas e as diferentes actitudes cara ao medio natural.
e) Identificar motivos, temas e tópicos relacionados coa natureza.
g) Coñecer textos da literatura infantil e xuvenil enfocados ao traballo dos valores estéticos do medio e, en xeral, ecolóxicos.
i) Coñece-los mecanismos para planificar e desenvolver roteiros literarios.
1. A presenza da natureza nas obras literarias: percorrido histórico.
2. A interpretación literaria de motivos e temas: topoi e valores estilísticos.
3. Natureza e discurso ecocrítico na literatura actual.
4. Xeografías literarias e educación literaria: rotas literarias, mapas literarios, paisaxes literarias, casas de autoras/es, festivais e eventos literarios, cidades e vilas literarias.
5. Planificación e deseño de actividades de educación literaria na natureza.
BÁSICA
Carson, R. (2018). O sentido do abraio. Vigo: Catroventos.
Flys Junquera, C.; Marrero Henríquez, J.; Barella Vigal, J. (2010). Ecocríticas. Literatura y medio ambiente. Madrid: Iberoamericana/ Vervuert.
COMPLEMENTARIA
Arana Palacios, J. (2013). Embarquen por la biblioteca. Una aproximación a los viajes literarios. Trea.
Bataller Català, A., & Gassó, H. H. (Eds.) (2014). Un amor, uns carrers: cap a una didàctica de les geografies literàries. Publicacións de la Universitat de València.
Bataller Català, A., Hernández Gassó, H. & Torrents i Sunyol, J. (Eds.) (2024). Geografies literàries: noves mirades socials i educatives. Tirant lo Blanc.
Bataller, A. (2023). Experiencias didácticas en rutas literarias: patrimonio, turismo literario y nuevas tecnologías. Contextos Educativos. Revista de Educación, (32), 231–249. https://doi.org/10.18172/con.5658
Chumillas, J., & Quer, P. (2024). La construcción de una ruta literaria: del diseño a las aplicaciones turísticas y didácticas. LIT&TOUR – International Journal of Literature and Tourism Research (IJLTR), (3), 41-51. https://publicacoes.ciac.pt/index.php/litntour/article/view/239
Douglas, V. (2014). Feminist ecocriticism: enviroment, women and literature. Lanham: Lexinton Books.
Figueira, L. Mota (2013). Manual para Elaboração de Roteiros de Turismo Cultural. Instituto Politécnico de Tomar.
Garralón, A. (2013). Leer y saber leer. Los libros informativos para niños. Madrid: Tarambana.
Glotfelty, C., & Fromm, H. (1996). The Ecocriticism reader: landmarks in literary ecology. The University of Georgia Press.
Hones, S. (2022). Literary geography. Routledge.
López Sández, M. (2008). Paisaxe e Nación. A creación discursiva do territorio. Vigo: Ed. Galaxia.
López Silvestre, F. (2005). El discurso del paisaje. Historia cultural de una idea estética en Galicia (1723-1931). Santiago de Compostela: Servizo de Publicaciöns e Intercambio Científico.
Mato Fondo, M. (1998). A escrita da terra. Configuración do espacio natural na literatura galega. A Coruña: Espiral Maior.
Orr, D. W. (1994). Earth in mind: on education, environment and the human prospect. Island Press.
Quer, P. (Ed.). Teoria i pràctica de les Geografies Literàries. Universitat de Vic, Eumo.
Quinteiro, S., & M. J. Marques (Eds.). Working Definitions in Literature and Tourism. A Research Guide. CIAC. https://doi.org/10.34623/h3xd-jt31
Thion Soriano-Mollá, D. (2011). La Naturaleza en la Literatura Española. Vigo: Editorial Academia del Hispanismo.
Orr, D. W. (1994). Earth in mind: on education, environment and the human prospect. Island Press.
Quer, P. (Ed.). Teoria i pràctica de les Geografies Literàries. Universitat de Vic, Eumo.
Quinteiro, S., & M. J. Marques (Eds.). Working Definitions in Literature and Tourism. A Research Guide. CIAC. https://doi.org/10.34623/h3xd-jt31
Westling, L. (1996). The Green Breast of the New World. Landscape, Gender, and American Fiction. Athens and London: University of Giorgia Press.
Westphal, B. (2007). La Géocritique: réel, fiction, espace. Éditions de Minuit.
BÁSICAS
- Que os/as estudantes sexan quen de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecentos e xuízos.
- Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
ESPECÍFICAS
- Que o estudantado desenvolva a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
- Que os/as estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais primixenios.
As clases expositivas ofrecerán unha visión global sobre os tópicos e temas relacionados coa natureza na literatura, xenericamente a universal, e de forma particular a española e a galega. Ofreceranse lecturas, tanto teóricas sobre os asuntos propostos como exemplos literarios específicos, para o seu comentario na aula. Fixaranse os elementos de construción dunha actividade educativa na natureza. Nas clases interactivas a atención centrarase na planificación, deseño e elaboración de diferentes actividades. As sesións complementaranse con titorías individuais ou grupais, que se poderán realizar presencial ou telematicamente, para resolver dúbidas ou profundizar nos conceptos apuntados.
Algunhas das sesións desenvolveranse fóra da aula. Estas saídas están motivadas polo peso que a planificación das actividades posúe tanto no temario fixado como no desenvolvemento nas sesións prácticas.
O traballo relacionado co desenvolvemento dunha actividade educativa na natureza poderá levarse a cabo de forma coordinada con outras materias do módulo.
Contémplase a posibilidade de que o alumnado realice, de forma voluntaria, unha experiencia aprendizaxe-servizo como parte das tarefas da avaliación continua.
É fundamental, dado que a avaliación é continua, a participación activa e a asistencia. Avaliarase:
1. Asistencia e participación activa en clases e actividades: 20%
2. Planificación e desenvolvemento de actividades educativas: 50%
3. Exposicións orais: 30%
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá que recuperar, na segunda, as actividades suspensas.
A avaliación ten en conta a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG ,21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). Os estudantes que teñan dispensa de asistencia por calquera das casuísticas fixadas pola normativa oficial terán que respectar o fixado pola Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A asistencia ás sesións é obrigatoria e requírese a presenza en, polo menos, 80% delas. A asistencia será computábel para nota dentro do punto 1 do sistema de avaliación estabelecido previamente. O alumnado repetidor terá a obriga de asistir ás sesións. Este programa axústase ao especificado no “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela”, aprobado polo Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
TRABALLO PRESENCIAL
Clase presencial en grupo completo: 8h
Clases prácticas: 8h
Titorías: 7h
Total horas de traballo presencial: 23h
TRABALLO AUTÓNOMO
Total: 52 horas.
É fundamental amosar unha actitude aberta e participativa, coa axeitada sensibilidade e respecto cara ás diversas manifestacións literarias e a súa relación coa natureza, así como reflectir a adecuada pulcritude lingüística tanto nos traballos escritos como nas exposicións orais.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación co traballo persoal ou grupal que se realiza para a materia, deben terse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar cubertas plásticas innecesarias ou outras envolturas externas.
- Sempre que sexa posible, usar grampas no canto de espirais.
- Impresión a dobre cara con calidade de "aforro de tinta".
- Non usar follas en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar os arquivos adxuntos que non teñen referencia directa aos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO:
No que respecta aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase empregar a linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá na aula coma nos traballos académicos encomendados.
EMPREGO DO TELÉFONO MÓBIL NA AULA
O uso de teléfonos móbiles na aula limítase ao seu emprego como ferramenta de traballo seguindo as instrucións dadas pola profesora, o que fai aos estudantes responsables das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse do seu uso inapropiado.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o emprego da conta rai, así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
Noelia Estevez Rionegro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821036
- Correo electrónico
- noelia.rionegro [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Cristina Martinez Tejero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Lingua e a Literatura
- Teléfono
- 982821049
- Correo electrónico
- cristina.martinez [at] usc.gal
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Luns | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
14.01.2026 18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
29.06.2026 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |