Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Integrar os factores naturais no coñecemento histórico.
2. Coñecer os procesos históricos de degradación e de protección da paisaxe e da natureza.
3. Reflexionar sobre os recursos naturais como fonte de conflitos sociais e políticos.
4. Reparar na potencialidade da Historia Ambiental como ferramenta para a posta en valor da paisaxe e como apoio para a dotación de novos usos da natureza.
5. Ser capaces de comunicarse e definir con rigor o vocabulario específico da Hª. Ambiental.
6. Organizar, deseñar e desenvolver de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
Unidade Didáctica 1: Historia Ambiental. Definicións e praxes
1.1 Que é a Historia Ambiental? Unha nova mirada cara a relación entre a sociedade e a natureza.
1.2 Fontes, metodoloxías e tendencias da Historia Ambiental.
Unidade Didáctica 2. Movementos sociais contemporáneos verdes.
2.1 As mil caras do pensamento verde: Conservacionismo, Preservacionismo, Ambientalismo.
2.2 Unha resposta á crise ecolóxica no século XX: Ecoloxismos. Pensamento e Movemento sociais.
2.4 Salto á política: os Partidos Verdes.
Unidade Didáctica 3. Conflitos ambientais no mundo contemporáneo.
3.1 Novas visións do conflito social dende a Historia Ambiental.
3.2 Conflitividade socioambiental: teorías e metodoloxías.
3.3 Voces subalternas
Unidade Didáctica 4. Dinámica evolutiva dos ecosistemas e agroecosistemas.
4.1 Formas de apropiación socioambiental da natureza. Do "modo de uso campesiño" ao "modo de uso industrial".
4.2 Da natureza como recurso á natureza como paisaxe: debete arredor das medidas proteccionistas.
4.3 Paisaxes impostas
Básica:
AGNOLETTI, M. ; EMANUELI, F. (ed.) (2026), Biocultural diversity in Europe, Nova York, Springer
ALTIERI, M.A. (2028), Agroecology: the science of sustainable agriculture, Barkeley, CRC Press
DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, F., (2006), La cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, Vigo, Galaxia
GONZÁLEZ DE MOLINA, M., (1993), Historia y medio ambiente, Madrid, Eudema
MCNEIL, J.R., (2003), Algo nuevo bajo el sol. Historia medioambiental del mundo en el siglo XX, Madrid, Alianza Editorial
ORTEGA CANTERO, N., (ed.), (2003), Estudios sobre historia del paisaje español, Madrid, Libros de la Catarata
TOLEDO, V.; BARRERA-BASSOL, N., (2008), La memoria biocultural. La importancia ecológica de los saberes tradicionales, Icaria.
Complementaria:
ANTROP, M. (2005). "Why landescapes of the past are important for the future", Landescape Urban Planing, 70 (1-2), pp. 21-35
BERTOLOMEU-SÁNCHEZ, J.R. (2021), Tóxicos, pasado y presente : pensar históricamente un mundo tóxico, Barcelona, Icaria
CÁNCER, L.A., (1999), La degradación y la protección del paisaje, Madrid, Cátedra
COLLANTES, F.; PINILLA, V. ( 2019), ¿Lugares que no importan? La despoblación de la España rural desde 1900 a nuestros días, Zaragoza, PUZ.
CASADO DE OTAOLA, S. (1997), Los primeros pasos de la Ecología en España. Madrid: Amigos de la Residencia de Estudiantes/Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
FOLCHI, M. "Conflictos de contenido ambiental y ecologismo de los pobres: no siempre pobres, ni siempre ecologistas», Ecología Política, 22, 2001, p. 79-100
FUENTES COLMEIRO, R., (2006), Agrosistemas sostenibles y ecológicos, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela
GONZÁLEZ DE MOLINA, M.; MARTÍNEZ ALIER, J., (ed.) (2001), Naturaleza transformada, Barcelona, Icaria
GONZÁLEZ DE MOLINA, M. et al. "Los conflictos ambientales como conflictos sociales. Una mirada desde la ecología política y la historia", Ecología Política, 50, 2015, p. 31-45.
IRIARTE GOÑI, I; INFANTE AMATE, J. (ed.). (2024), Impactos ambientales del crecimiento económico en España. Una perspectiva histórica, Zaragoza, PUZ
MARTÍNEZ ALIER, J., (2005), El ecologismo de los pobres, Barcelona, Icaria
MYTTING, L. (2016), El libro de la madera. Una vida en los bosques, Alfaguara
NORGAARD, R. (1995), Development Betrayed. The end of profess and a coevolutionary revisioning of the future, Rotuledge Press.
ORTEGA SANTOS, A.; MOLINA AGUADO, A., (2011), Oasis. Agua, Biodiversidad y Patrimonio, Granada, Editorial Atrio
RADKAU, J., (1993), "Que es la Historia del Medio Ambiente?", en Historia y Ecología, Ayer, 11, pp. 119-146
RIECHMAN, J., (2003), Cultivar la T(t)ierra. Políticas agrarias y alimentarias para entrar en el siglo XXI, Barcelona, Icaria
SABIO ALCUTÉN, A., (ed.), (2002), Naturaleza y conflicto social, Ayer, 46
SHIVA, V., (2004), Las guerras del agua. Un recurso cada vez más escaso asediado por los poderosos, Barcelona, Icaria
SIEFERLE, R.P. (2001): “Qué es la Historia ecológica?”, en GONZÁLEZ DE MOLINA, M. & MARTÍNEZ ALIER, J. (ed.), Naturaleza Transformada, Madrid, Ed. Icaria, pp. 31-55
SOTO FERNÁNDEZ, D. (2006), Historia dunha agricultura sustentábel. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia
SIGURDARDÓTTIR, S, Heida (2020), Una pastora en el fin del mundo, Capitán Swing
WORSTER, D. (1988), The Ends of the Earth. Perspectives on Modern Environmental History, Cambridge University Press
-BÁSICAS E XERAIS:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
-ESPECÍFICAS:
CE8 - Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
As clases teóricas presentan unha síntese actualizada do conxunto de saberes acumulados ao redor da relación entre sociedade e natureza en perspectiva histórica, que se concreta en actividades que se desenvolven nas clases prácticas e na excursión a unha contorna natural modificada, na que os/as alumnos/as deben descubrir, sinalar e explicar o impacto humano e a súa evolución no tempo e, á súa vez, as pegadas do mesmo na paisaxe-
1) Aulas expositivas
O obxectivo das sesións expositivas é o desenvolvemento dos contidos incluídos no programa do curso. Estes contidos complementaranse, exemplificaranse e serán discutidos nas sesións interactivas. Nas clases expositivas presentarase unha síntese actualizada do conxunto de saberes acumulados en torno á relación entre sociedade e natureza en perspectiva histórica.
2) Aulas interactivas
O obxectivo das sesións interactivas é complementar, exemplificar, profundar e discutir algúns aspectos concretos da materia.
Favorecerase a aprendizaxe autónoma. Nas aulas interactivas o alumnado traballará de maneira individual ou en pequenos grupos a partir de diferentes materiais propostos pola docente (textos, audiovisuais, fotografías, etc.) e distintas metoloxías (debate oral, comentario escrito, asistencia a conferencias, etc.). Traballarase a através de lecturas obrigatorias (artigos científicos e/ou capítulos de libro con información actualizada). A partir destas lecturas o alumnado realizará o seu estudo e elaboración de conclusións.
3) Actividade Titorial
As titorías individuais utilizaranse para o seguimento dos contidos teóricos, apoio ao desenvolvemento as tarefas, así como para recomendar bibliografía de apoio e material adicional, resolver dúbidas ou revisar comentarios e correccións.
As titorías grupais programaranse a demanda.
4) Saídas de campo
Realizarase, cando menos, unha saída prevista no horario e terá como destino a colonización de Terra Chá (Lugo) e que ocupará toda a mañá. Ao longo do cuadrimestre poden xurdir oportunidades de formación que supoñan saír da aula da facultade (exposicións, etc.) e tamén se contemplará a realización doutras saídas pola contorna dentro do horario da materia.
O alumnado ten a responsabilidade de adecuar ás condicións climáticas e orográficas das saídas propostas a súa vestimenta e calzado.
A avaliación é continuada. Toda a actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións expostas, conclusións das lecturas, exercicios de observación na excursión mediante procedementos establecidos previamente, comentarios derivados das lecturas e o material audiovisual visionado, e exercicio escrito final, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
A avaliación é continuada:
-Asistencia e participación:
Toda a actividade realizada polo alumnado é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións formuladas, etc. Este esforzo repecutirá na cualificación final ata un 20%.
-Presentación de informes orais ou escritos:
Entregarse un traballo individual ou grupal en cuxa avaliación se terá en conta o aproveitamento das lecturas, os exercizos de observación nas saídas de estudos comentarios derivados das lecturas e o material audiovisual visionado, etc. mediante procedementos establecidos previamente. Este traballo suporá o 50% da cualificación final.
-Proba obxectiva: Exame que se realizará na data oficial marcada polo centro 30%
Todo alumno/a terá dereito á realización dun exame final como fórmula para establecer un diagnóstico sobre os logros alcanzados na materia en caso de non poder ser avaliado/a de maneira contínua sempre que conte coa dipensa oficial da USC.
O alumnado en segunda oportunidade e repetidor será avaliado cos mesmos criterios que o alumnado de primeira matrícula e primeria oportunidade.
As actuacións da docente rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). A realización de prácticas fraudulentas pode conlevar o suspenso na primeira e na segunda oportunidade. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
As/os estudantes que teñan dispensa de asistencia por traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para superar a materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no programa e horario de clases e a entrega dun informe escrito.
TRABALLO PRESENCIAL
Clase presencial : 8 horas
Clases prácticas: 8 horas
Titorías individuais: 2 horas
Realización de exámenes: 2 horas
Outras tarefas propostas pola docente (saídas de campo): 7 horas
TOTAL horas de traballo presencial: 27 horas
TRABALLO PERSOAL
Estudo autónomo individual ou en grupo: 11 horas
escritura de exercicios e traballos: 15 horas
lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas: 15 horas
asistencia a actividades recomendadas: 3 horas
outras tarefas propostas: 4 horas
Total de horas de traballo persoal do alumnado: 48 horas
Participar activamente nos debates propostos nas aulas teóricas e prácticas,así como nas actividades e visitas programadas.
- Responsabilidade Medioambiental: En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia empregaranse preferentemente ferramentas do Campus Virtual para evitar o gasto innecesario de papel e outros materiais.
- Perspectiva de Xénero: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Utilización del móbil na aula: Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Cabana Iglesia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
14.01.2025 18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
01.07.2025 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |