Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia da Arte, Botánica, Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Historia da Arte, Botánica, Enxeñaría Agroforestal
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia céntranse en que os/as estudantes sexan capaces de valorar e aproveitar o potencial educativo da paisaxe en xeral, no seu contexto histórico e cultural, e o potencial das construcións rurais tradicionais en particular. Deben acadar un coñecemento técnico da paisaxe e das construcións rurais tradicionais para que poidan ser aplicados dun modo práctico ao deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Natureza e paisaxe. Historia dos conceptos e a súa relación coa arte e a cultura. Presenza da paisaxe no imaxinario colectivo contemporáneo. Exemplos de análise de paisaxes e problemas na avaliación da súa calidade. Importancia da arquitectura rural. Fontes de información en arquitectura rural. Técnicas de análise e valoración de construcións tradicionais de un territorio. Exemplificacións de organización, deseño e desenvolvemento de actividades educativas na natureza e ao aire libre.
Estes contidos serán desenvoltos de acordo ao seguinte temario:
PROGRAMA TEÓRICO
1.- Natureza e paisaxe.
2.- Historia dos conceptos e a súa relación coa arte e a cultura.
3.- Presenza da paisaxe no imaxinario colectivo contemporáneo.
4.- Exemplos de análise de paisaxes e problemas na avaliación da súa calidade.
5.- Importancia da arquitectura rural.
6.- Fontes de información en arquitectura rural.
7.- Técnicas de análise e valoración de construcións tradicionais dun territorio
PROGRAMA PRÁCTICO
Dentro do horario dedicado a clases interactivas realizarase unha viaxe de campo na que serán mostradas in situ algunhas actividades especificamente deseñadas para destacar o potencial educativo destes recursos: a paisaxe en xeral e as construcións rurais tradicionais en particular.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Caamaño Suárez, M. (2003). As construcións da arquitectura popular: Patrimonio etnográfico de Galicia. Santiago de Compostela. Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos.
Díaz-Fierros, F. & López Silvestre, F. (Eds.)(2009): Olladas críticas sobre a paisaxe. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
Llano Cabado, P. de. (1981-1983): Arquitectura popular en Galicia. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela.
Maderuelo, J. (2007): El paisaje. Historia de un concepto. Ed. Abada. Madrid.
Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L., Muñoz Sobrino, C., García Gil, S., Iglesias, J., Pérez Martínez, M., Martínez Carreño, N. & De Novoa, B. (2009). Cambio climático y dinámica del paisaje en Galicia. Recursos Rurais 5: 21-47.
Ferreiro da Costa, J., Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L., Rodríguez Guitián, M.A. (2011). Valoración de servicios ecosistémicos en Galicia: Aplicación en las Reservas de la Biosfera. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.) (2019). Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade.
Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L. (Eds.) (2019). Xardinería e Paisaxismo en Galicia: Recursos e novos enfoques. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P.,Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L., Ferreiro da Costa, J. (Eds.) (2017). Conservación e xestión de humidais en Galicia. Horreum-Ibader, Lugo. 167p.
Ramil-Rego, P. & Ferreiro da Costa, J. (2015). Guía de campo para a interpretación do feismo na paisaxe galega. IBADER - Observatorio Galego do Territorio - Asociación Científica Horreum. Lugo: Horreum. 55 pp.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
AA. VV. (1955): Paisaxe e cultura. Ensaios. Ed. Galaxia. Vigo.
Bas López, B., (1983). As construción populares: un tema de etnografía en Galicia. Cuadernos do Seminario de Sargadelos 44. Edicións do Castro. Sada. A Coruña.
Caamaño Suárez, M. (1999). As construcións adxectivas. Cadernos do Museo do Pobo Galego 9. Santiago de Compostela.
Estévez, X. & Fernández, M.X. (Eds.)(2007): Territorio, paisaxe, identidade. Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela.
Fernández De Rota, J.A. (1984): Antropología de un viejo paisaje gallego. Ed. Siglo XXI. Madrid.
Llano Cabado, P. de. (1996). Arquitectura popular en Galicia. Razón e construción. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Santiago de Compostela.
López Silvestre, F. (2008): Os límites da paisaxe na Galicia dos Austrias (1517-1700). Biblioteca Nueva. Madrid.
López Silvestre, F. (2009): A emerxencia da paisaxe na Galicia da Ilustración (1700-1833). Biblioteca Nueva. Madrid,
Martínez Sánchez, S., Ramil-Rego, P. & Chuvieco, E. (2010): Monitoring loss of biodiversity in cultural landscapes. New methodology based on satellite data. Landscape and urban Planning 94 (2): 127-140
Martínez Sánchez, S., Ramil-Rego, P., Sánchez Hinojo, B. & Chuvieco Salinero, E. (2011). Assessing Loss of Biodiversity in Europe Through Remote Sensing: The Necessity of New Methodologies. En: O. Grillo & G. Venora (Eds): Biodiversity loss in a changing planet. In Tech. 19-48. Rijeka, Croatia.
Ramil-Rego, P. (2009a): Sinopse dos agrosistemas de Galicia. En: X. Simón Fernández & D. Copena Rodríguez (Eds.): Construindo un rural agroecolóxico: 51-70. Universidade de Vigo.
Ramil-Rego, P. (2009b). Xénese e ocaso das paisaxes naturais de Galicia. En: F. Díaz-Fierros Viqueira & F. López Silvestre (Eds.): Olladas críticas sobre a paisaxe: 171-184. Consello da Cultura Galega. Santiago de Compostela.
Ramil-Rego, P., Muñoz Sobrino, C., Gómez-Orellana, L. & Fernández Rodríguez, C. (2001). Historia ecológica de Galicia: Modificaciones del paisaje a lo largo del Cenozoico. Semata 13: 61-96.
Tiberghien, G. A. (2017): Notas sobre la cabaña, Biblioteca Nueva, Madrid.
Nesta materia o alumno adquirirá ou poñerá en práctica unha serie de competencias básicas, desexables en calquera titulación universitaria, e específicas vinculadas aos contidos propios da materia. Dentro do cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
Competencias básicas (CB)
CB8.- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos básicos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Competencias específicas (CE)
CE8.- Que os estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades.
CE9.- Que os estudantes teñan actitudes e comportamentos positivos en relación coa paisaxe e os elementos naturais.
Traballo presencial: clase presencial en grupo completo. Clase teórica presencial en grupo completo.
- iniciarase o alumno no estudo da historia da paisaxe en Galicia. Dotarase o alumnado da información suficiente para ampliar os seus coñecementos sobre esta materia pola súa conta.
- iniciarase o alumno na materia, formando o alumno na busca e análise de información sobre arquitectura rural tradicional específica e útil para o seu obxectivo.
Traballo presencial: outras tarefas (excursións)
- visitaranse varios enclaves paisaxísticos que se consideran exemplo a protexer así como áreas nas que se ten superado a capacidade de carga ecolóxica e outras onde existen medidas de xestión a fin de mitigar os impactos. Posibles espazos a visitar: Camiño de Santiago (treito O Cebreiro-Sarria), Reservas de Biosfera de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses, Monumento Natural Praia das Catedrais, Humidal Protexido Ortigueira-Mera, Humidal Protexido Valdoviño, ZEC Ancares-Courel, etc). O alumno, mediante traballos en clase, deberá elaborar propostas para: fomentar a protección dos valores paisaxísticos, mellorar a comunicación entre os grupos locais e os grupos expertos e mitigar as malas intervencións. Durante a visita, o grupo analizará in situ un edificio tradicional e o seu potencial educativo, o que servirá de base fundamental para o seu traballo individual final. O alumno terá que poñer en práctica os coñecementos adquiridos para seleccionar unha construción en concreto e elaborar unha visita guiada a esta. Cada alumno expoñerá o seu traballo en clase, sinalando as actividades educativas que se poderían desenvolver alí e xustificando o interese social e ético destas.
- buscarase información e valorarase a construción obxecto de análise e estudo durante a visita de campo.
Traballo persoal: escritura de exercicios, conclusións o traballo derivados da materia.
Traballo presencial: titorías (individuais, en pequeno grupo ou en grupo completo). Titorías en grupo completo. Os estudantes serán atendidos en titoría de grupos reducidos para orientar o seu proceso de elaboración do traballo conxunto das materias do módulo (2 horas repartidas en catro sesións).
A información básica sobre os contidos da materia, así como o material complementario útil para o traballo persoal dos alumnos será proporcionada a traveso da Plataforma Virtual da USC.
Traballo presencial: realización de exercicios escritos ou exames
Traballo persoal: estudio autónomo. Recomendacións de traballo personal
A avaliación do grado de adquisición das competencias relacionadas coa materia realizarase por medio de tres vías: a primeira relacionada coa elaboración dun traballo en grupo que versará sobre temas abordados polo conxunto de materias que conforman o módulo 3, a segunda vinculada á valoración do grao de asistencia e participación nas actividades específicas da materia e a terceira baseada na realización dunha proba sobre contidos da mesma e/ou in traballo individual centrado nos contidos da materia, cuya exposición diante da clase poderá ser avaliada también.
Establécese o seguinte cadro de correspondencias entre os sistemas de avaliación empregados, as competencias avaliadas e o peso de cada sistema na cualificación final:
Sistema de avaliación Competencias
avaliadas Ponderación
mínima (%) Ponderación
máxima (%)
Elaboración do traballo escrito y/o presentación oral conxunto materias do módulo 3 CB8 30% 50%
Asistencia e participación nas aulas da materia CE8-CE9 30% 50%
Proba obxectiva sobre os contidos específicos da materia e/ou traballo indovidual CB8-CE8-CE9 30% 50%
Para os casos de realización fraudulenta dos exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que lle sexa concedida dispensa de asistencia a clase (segundo a Instrucción Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), se avaliará cun examen final específico que suporá o 100% da cualificación.
Estímase que, para superar a materia, o alumno debería dedicar o seguinte tempo de traballo persoal:
Traballo persoal do alumnado Nº de horas
Estudo autónomo individual ou en grupo 20
Elaboración de exercicios, conclusións ou traballos derivados da materia 18
Outras tarefas propostas polos profesores da materia: visitas a lugares
de interese xeográfico e deseño dunha visita guiada 10
TOTAL 48
Para obter éxito nesta materia, é recomendable contar con alta capacidade para buscar e analizar información escrita, pois é unha das claves para chegar a comprender o valor que pode ter unha determinada paisaxe ou construción. Non menos importante é a capacidade que convén ter para traballar no campo: os mellores resultados obteranse despois dunha análise pormenorizada da información escrita e a inspección detallada in situ do medio natural. O éxito está asegurado se á capacidade de traballo se lle une a capacidade de gozar e querer facer gozar aos demais coa natureza, o aspecto vocacional da temática da materia.
A materia contempla saídas e camiñatas na natureza. É necesario contar con roupa, calzado e material axeitado a condicións climáticas de calor/frio, vento e choiva moderados. Unha vez informado/a da saída, o/a alumno/a debe comunicar aos profesores calquera circunstancia persoal (enfermidade, doencia, invalidez, impedemento) que poidera chegar a facer necesaria una atención especial, coidado ou incluso o abandono da actividade no seu transcurso.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Pedro Ortiz Sanz
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- juan.ortiz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Elvira Antonia Diaz Vizcaino
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- elvira.diaz [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Patricia Cupeiro Lopez
Coordinador/a- Departamento
- Historia da Arte
- Área
- Historia da Arte
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Xoves | |||
---|---|---|---|
18:00-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 30 |
17.01.2025 16:30-17:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
01.07.2025 12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |