Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Capacidade para identificar a información e procesos de información que pertencen a cada un dos sistemas da empresa.
Capacidade de interacción con outras persoas non vinculadas aos estudos de dirección de empresas (Enxeñeiros informáticos e outros profesionais do TIC).
Capacidade de análise da función das tecnoloxías da información nos sistemas empresariais.
Coñecemento das oportunidades de negocio proporcionadas polo uso das novas tecnoloxías.
Capacidade para percibir e valorar a importancia do sistema de información para a adopción de decisións empresariais.
Tema 1: O SISTEMA DE INFORMACIÓN NA EMPRESA
Tema 2: AS TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E A COMUNICACIÓN NA EMPRESA
Tema 3: O DESENVOLVEMENTO DE SISTEMAS DE INFORMACIÓN
Tema 4: ANÁLISE DE SISTEMAS
Básica
ARJONILLA, Jesús; MEDINA, José Aurelio (2010): La gestión de los sistemas de información en la empresa. Teoría y casos prácticos. Madrid: Pirámide
GÓMEZ VIEITES, A.; SUÁREZ REY, C. (2011): Sistemas De Información: Herramientas Practicas para la Gestión Empresarial. Madrid: Rama.
LAUDON, K.C.; LAUDON, J.P. (2016). Sistemas de información gerencial (14th edición). México: Pearson
Complementaria
COHEN KAREN, D.; ASÍN LARES, E. (2005). Sistemas de información para los negocios. Un enfoque de toma de decisiones. México: McGraw-Hill
DE PABLOS HEREDERO, C., LÓPEZ HERMOSO AGIUS, J.J., MARTÍN-ROMO ROMERO, S.; MEDINA SALGADO, S. (2019). Organización y transformación de los sistemas de información en la empresa. Madrid: ESIC (e-book)
O profesorado poderá recomendar bibliografía específica para cada tema.
Competencia Básicas:
CB04. Que o estudantado saiba comunicar as súas conclusións -e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan- a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB05. Que o estudantado posúa as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias Xerais:
CG02. Capacidade para dispor dunha visión estratéxica dos problemas empresariais.
CG06. Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG08. Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
CG09. Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
Competencias Específicas:
CE06. Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
Competencias Transversais:
CT2. Capacidade de razoamento crítico
CT3. Capacidade de análise e síntese.
CT4. Capacidade de planificación e organización.
CT5. Capacidade de argumentación e comunicación
CT6. Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
As sesións expositivas teñen por finalidade introducir ao alumnado na xestión do sistema de información e no seu impacto na satisfacción do cliente e no resultado organizativo. O enfoque didáctico ten por obxectivo a formación do alumnado propiciando a comprensión dos procesos de información que sustentan as decisións empresariais e a modelización de diversos problemas coa finalidade de promover a calidade das decisións. Nas sesións interactivas trátase de que o alumnado aplique os conceptos teóricos, traballe en equipo e desenvolva a capacidade de comunicación, en particular, a de presentación e argumentación.
Para o desenvolvemento da materia establécense as seguintes pautas de actuación:
• A exposición do tema e a presentación dos materiais de traballo complementaranse con exercicios e casos que fomenten a participación e o debate.
• Explicacións axustadas ao nivel de partida do alumnado. Considérase a materia como unha iniciación aos contidos establecidos.
• Conexión entre os contidos transmitidos e a realidade. Tanto exemplos como casos, sempre que sexa posible, versarán sobre feitos reais.
• Os contidos teóricos da materia desenvolveranse en clases expositivas de 2 horas, 1 día por semana. A parte práctica desenvolverase en clases interactivas en grupo reducido de 1,5 hora, 1 día por semana.
As sesións expositivas e interactivas desenvolveranse de xeito presencial no horario oficial publicado polo centro.
Para as actividades asíncronas e para a entrega de tarefas habilitarase unha caixa de correos na aula virtual coa data e hora límite de entrega.
A asistencia ás sesións é obrigatoria, polo que o profesorado de cada grupo fará un seguimento da asistencia do alumnado e a súa participación nas sesións.
A participación nas sesións expositivas e interactivas complementarase co traballo persoal que o alumnado que inclúe, entre outras, actividades de procura de información e material bibliográfico, lectura do devandito material e elaboración e defensa de traballos individuais ou colaborativos.
Este traballo autónomo será guiado polo profesorado nas horas destinadas a titorías, que servirán para resolver dúbidas e solucionar problemas aos que se enfronte o alumnado no proceso de ensino-aprendizaxe. As titorías tamén servirán de canle de retroalimentación sobre os resultados obtidos. As titorías desenvolveranse de xeito presencial ou virtual (utilizando a ferramienta corporativa Microsoft Teams) no horario habitual publicado oficialmente polo profesorado.
O desenvolvemento da materia realizarase con apoio da aula virtual docente creada para ese efecto na plataforma Moodle.
A avaliación da materia levarase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre, considerando aspectos tales como a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa (50%), e un exame centrado fundamentalmente na avaliación dos coñecementos adquiridos, cun peso na avaliación final do 50%. O peso das actividades dentro da avaliación continua especificarase a comezos de curso na guía docente da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
O alumnado ao que lle sexa concedida a dispensa de asistencia a clase (seguindo a Instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral sobre dispensa de asistencia a clase en determinadas circunstancias), avaliarase cun exame final específico que suporá o 100% da nota.
Para superar a materia hai dúas oportunidades. O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade terá dereito a unha segunda, que será a que figure no seu expediente académico no caso de que a cualificación alcanzada fose superior.
O sistema de avaliación destas dúas oportunidades recóllese a continuación.
Primeira oportunidade ordinaria
A) Avaliación continua: Participación en clase, resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas, realización e presentación de traballos en grupo/individuais e outras actividades vinculadas ás clases interactivas. Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CB4, CB5, CG2, CG6, CG9, CE6, CT4, CT5, CT6..
B) Exame final de contidos. Peso na cualificación final: 50%.
Nesta parte avaliaranse as seguintes competencias: CG8, CE6, CT2, CT3.
Segunda oportunidade extraordinaria de recuperación:
Aplicarase o mesmo sistema de avaliación que na primeira oportunidade, é dicir, realizarase un novo exame final de contidos, coa ponderación establecida para a primeira oportunidade, que se sumará coa puntuación alcanzada na avaliación continua.
De acordo coa Normativa de Permanencia vixente na USC para os estudos de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia e/ou participación en calquera das actividades suxeitas a avaliación suporá que a nota final do estudante sexa distinta de NON PRESENTADO.
O alumnado repetidor someterase ao mesmo réxime de avaliación.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas, total 112,5 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
• Horas de clase expositiva e interactiva, titorías e avaliación na modalidade que se determine: 45.
• Traballo persoal do alumnado: 67,5.
Non existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas, das disciplinas ligadas ao ámbito operativo da empresa e de Informática de Xestión.
Manuel Fernando Picon Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- fernando.picon [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-17:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
17:30-19:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
23.05.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
08.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
08.07.2025 09:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |