Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 76.5 Horas de Titorías: 4.5 Clase Expositiva: 13.5 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Organización de Empresas
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O obxecto da materia é o estudo da Administración da área de Operacións e da Tecnoloxía das empresas, o cal debería capacita-lo estudantado para:
- Asumir responsabilidades directivas e de xestión en contornas competitivas, globais e dinámicas.
- Dirixir e xestionar a área de operacións dunha empresa.
- Resolver problemas de dirección de operacións.
- Resaltar a importancia da organización da produción no desenvolvemento de vantaxes competitivas e no resultado da empresa.
- Recoñecer a relevancia estratéxica de as decisións do ámbito operativo e a súa estreita vinculación coas decisións nos restantes ámbitos funcionais.
Relevancia estratéxica da xestión das operacións. Planificación estratéxica das operacións. Características e evolución dos sistemas produtivos. Contido das estratexias de operacións. Dimensións da Misión de Operacións.Desenvolvemento de novos produtos desde unha perspectiva de operacións. Estratexias de organización produtiva. Calidade Total. Orientación tecnolóxica. Subcontratación, Cooperación e Alianzas. Globalización das operacións
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos estratégicos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
DOMÍNGUEZ MACHUCA, J.A. y OTROS (1995): Dirección de operaciones. Aspectos tácticos y operativos en la producción y los servicios. McGraw-Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y OTROS (2006): Estrategia de Producción. McGraw Hill.
FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, E. y VÁZQUEZ ORDÁS, C. (1995): Dirección de la Producción (vol. 2). Civitas.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones estratégicas (11ª ed.). Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2015): Dirección de la producción y de operaciones. Decisiones tácticas (11ª ed.). Prentice Hall.
HEIZER, J. y RENDER, B. (2009): Principios de Administración de Operaciones. Prentice Hall.
MIRANDA, F.J., RUBIO, S., CHAMORRO, A., y BAÑEGIL, T.M. (2004): Manual de dirección de operaciones. Thomson Learning.
BÁSICAS E XERAIS:
CB01- Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB03- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
CB04- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades;
CB05- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG01- Coñecemento avanzado en Dirección de empresas, fundamentalmente nos seus métodos, técnicas e áreas de aplicación.
CG03- Capacidade para aplicar os coñecementos adquiridos á realidade empresarial.
CG05- Capacidade para a toma de decisións de xestión no ámbito da empresa en xeral e en particular das súas diferentes áreas funcionais.
CG06- Capacidade para comunicar información, ideas, problemas de dirección de empresas -de carácter xenérico ou específico- e propostas de solución.
CG07- Capacidade para deseñar proxectos de xestión integrada ou de áreas funcionais da empresa.
CG08- Dominio de diversas ferramentas, instrumentos e métodos de xestión necesarios para dirixir unha empresa.
CG09- Capacidade para identificar, reunir e interpretar datos relevantes sobre cuestións relacionadas coa xestión empresarial.
CG10- Conciencia da responsabilidade social da empresa.
TRANSVERSAIS:
CT01- Sentido ético da dirección e xestión empresarial.
CT02- Capacidade de razoamento crítico
CT03- Capacidade de análise e síntese.
CT04- Capacidade de planificación e organización.
CT05- Capacidade de argumentación e comunicación
CT06- Capacidade para integrarse e traballar en equipos de composición diversa.
ESPECÍFICAS:
CE06- Capacidade para xestionar as operacións e os sistemas de información da empresa.
As sesións expositivas utilizaranse para introducir os contidos dos temas que conforman o programa, salientando os aspectos especialmente relevantes e as relacións entre os diferentes contidos, estimulando a participación do estudantado. Estas sesións poderán contar coa presenza de profesionais expertos na materia e/ou profesorado convidado doutras universidades.
As sesións interactivas centraranse na aplicación práctica dos contidos teóricos presentados nas sesións expositivas. Estas sesións terán como obxectivo resolver casos e exercicios prácticos para mellorar a capacidade dos estudantes para recoñecer, definir e analizar os problemas aos que se enfrontan as empresas, e para tomar as decisións máis apropiadas, á vez que se facilita a interacción entre os estudantes. Poderanse realizar tamén probas de avaliación continua.
As titorías están destinadas fundamentalmente a orientar ao estudantado sobre os traballos e presentacións a realizar, casos prácticos ou lecturas, así como a liquidar as dúbidas e problemas que se lle expoñan e proporcionarlles retroalimentación sobre os resultados do proceso de aprendizaxe.
Empregarase o campus virtual como soporte para a docencia.
En caso de ser posible, levarase a cabo algunha sesión práctica en forma de conferencia ou visita a empresa.
A avaliación da materia lévase a cabo seguindo un proceso de avaliación continua no que se teñen en conta todas as actividades que se deben realizar ao longo do cuadrimestre, complementado cun exame final.
Na devandita avaliación continua teranse en conta aspectos tales como o uso adecuado das técnicas e ferramentas propias da materia, a claridade e capacidade expositiva, o dominio da terminoloxía propia da materia ou a participación activa, cun peso na avaliación final dun 50%. Avaliaranse, a través das diferentes actividades de avaliación continua, as competencias: CB01, CB03, CB04, CB05, CG01, CG03, CG5, CG6, CG7, CG8, CG9, CG10, CT01, CT02, CT03, CT04, CT05, CT06, CE06.
O exame final constará de preguntas teóricas que poderán ser de distintos tipos, e exercicios prácticos, cun peso na avaliación final dun 50%. Avaliaranse principalmente as competencias: CB04, CG01, CG03, CG05, CG06, CG08, CT02, CT03, CT05, CE06.
Para aprobar o curso é necesario que os estudantes obteñan unha nota superior ou igual a cinco (sobre dez) no exame e que a nota total do exame mais as das actividades sexa igual ou superior a cinco (sobre dez).
En caso de non superar a materia, a nota final será a obtida no exame.
No caso de realización fraudulenta de exercicios ou probas, aplicarase o disposto na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
A asistencia tanto ás clases expositivas como ás clases interactivas é un dereito, pero tamén un deber do estudantado, salvo que ao estudante lle sexa concedida a dispensa de asistencia seguindo o “Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster”. Os estudantes a quen sexa concedida adispensa serán avaliados cunexame final específico que supoñerá o 100% da nota final.
Dito isto, para os estudantes sen dispensa, a asistencia a clase non terá unha incidencia directa na nota de avaliación, pero será necesaria a asistencia ás clases expositivas e interactivas para participar nas actividades avaliables que poidan realizarse nelas. Existen causas xustificadas de falta de asistencia no marco do devandito regulamento.
Para o estudantado repetidor o sistema de avaliación será, en xeral, o mesmo, existindo a posibilidade, a xuízo do profesorado, de conservar a avaliación positiva de actividades do curso anterior. Para o estudantado repetidor con dispensa, poderá acordarse un sistema de avaliación alternativo.
Este sistema de avaliación aplicarase tanto na primeira oportunidade como na segunda.
A materia é de 4,5 créditos e cada crédito equivale a 25 horas.
As horas de traballo totais distribúense do seguinte modo:
Presenciais (inclúen as horas de docencia expositiva, docencia interactiva, titorías e avaliación): 36.
Traballo persoal do estudantado: 76,5
Non existen requisitos previos, aínda que é recomendable dispor de coñecementos básicos de organización de empresas e das disciplinas ligadas ao ámbito operativo da empresa. Ademais, resulta esencial a asistencia a clase e participación, o análise e resolución dos casos e problemas propostos e as lecturas recomendadas.
Maria Del Pilar Piñeiro Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Organización de Empresas
- Correo electrónico
- pilar.pineiro.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Mércores | |||
---|---|---|---|
17:30-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 13 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula 13 |
18.12.2025 18:30-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |
18.12.2025 18:30-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
10.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula 13 |
10.06.2026 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 13 |