Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 48
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Economía Aplicada
Áreas: Economía Aplicada
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Coñecer as nocións básicas da Teoría do Federalismo Fiscal e dos principais elementos do gasto e do financiamento das facendas locais.
- Familiarizarse coas estruturas e procesos orzamentarios no ámbito local.
- Ser capaz de analizar e resolver problemas de xestión financeira local mediante a utilización de diversos programas e bases de datos.
- Dominar e utilizar as técnicas analíticas aplicables na orzamentación e no exame crítico da xestión orzamentaria local.
FEDERALISMO FISCAL E FACENDAS LOCAIS.
- Aspectos teóricos do federalismo fiscal: a) distribución de competencias de gasto e de financiamento entre niveis de goberno; b) equilibrios financeiros (verticais e horizontais) e mecanismos de coordinación; c) transferencias intergobernamentais; e d) endebedamento subcentral.
- Facendas locais en España: a) competencias e funcións de gasto; b) sistema de financiamento; c) marco de disciplina fiscal; d) análise do gasto e endebedamento; e) bases de datos e fontes estatísticas dispoñibles para o seu estudo.
XESTIÓN ORZAMENTARIA NAS ENTIDADES LOCAIS.
- Aspectos xerais dos orzamentos locais: a) definición e principais características; b) estruturas orzamentarias; c) ciclo orzamentario; d) procesos reais de elaboración, execución e control; e d) referencia aos orzamentos participativos.
- Análise das cifras orzamentarias: a) saldos e equilibrios no orzamento local; b) outros indicadores orzamentarios; c) composición, "amabilidade" co crecemento, reasignación e incrementalismo; e d) modificacións dos créditos e desviacións orzamentarias.
- Orientación a resultados e técnicas analíticas: a) contabilidade de custos e orzamento por resultados na Administración Local; b) experiencias innovadoras e "benchmark cases"; c) técnicas analíticas para a orzamentación; e d) eficiencia, eficacia e equidade do gasto local.
- Xestión financeira máis aló do orzamento: a) contabilidade pública local e contabilidade nacional; b) análise de condición financeira; c) xestión de tesourería; e d) retos de futuro na xestión financeira local.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (I): FEDERALISMO FISCAL Y HACIENDAS LOCALES
Caramés, L. (2005), Economía Pública Local, Civitas.
Cordero García, J. A. (dir.) (2021), Estudios sobre financiación local, Tirant lo Blanch.
Fernández Gómez, N. e Cantarero Prieto, D. (2018), Hacienda autonómica y local. Teoría Básica, 3ª ed, TGD.
Instituto de Estudios Fiscales (IEF) (ed.) (2018), Reforma de la financiación territorial: informes de las comisiones de expertos de 2017, IEF.
Lago Peñas, S. e Martínez-Vázquez, J. (eds.) (2013), La consolidación fiscal en España: el papel de las comunidades autónomas y los municipios, IEF.
Monasterio Escudero, C. e Suárez Pandiello, J. (1996), Manual de Hacienda Autonomica y Local, Ariel.
Rangel, C. (2003), Economía Pública Multijurisdiccional. Modelos Teóricos y el caso español como experiencia práctica, CES.
Sevilla Segura, J. V. (2013), Lecciones sobre financiación pública de Estados descentralizados, IEF.
Utrilla de la Hoz, A. (2019), "La financiación local: luces y sombras de la hacienda pública española", en Ayala Cañón, L.; Loscos Hernández, J. e Martínez López, R. (coords.), El futuro del sector público. Estudios en homenaje a Jesús Ruiz-Huerta Carbonell, IEF, 341-348.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (II): GESTIÓN PRESUPUESTARIA EN LAS ENTIDADES LOCALES
Álvarez Corbacho, X. e Oviedo Creo, M. (2017), "Los problemas presupuestarios de las entidades locales: ingresos y gastos", Documentos de Red Localis, 7.
Barreres Amores, E. J. (coord.) (2020), Manual de control interno de las entidades locales, Wolters Kluwer.
Bosse, J.; Heichlinger, A.; Padovani, E. e Vanebo, J.O. (2013), En busca de la excelencia en la gestión pública local: siete caminos al éxito, European Institute of Public Administration.
Caamaño Alegre, J. e Fernández-Leiceaga, X. (2016), "El ajuste del gasto en España: estabilidad, elaboración de los presupuestos y control financiero", Papeles de Economía Española, 147: 26-49.
Cabannes, Y.; Mayor, J. M. e Molina, J. (coords.) (2020). Presupuestos participativos: aportes y límites para radicalizar la democracia, Tirant Lo Blanch.
Campos Acuña, C. e Fernández Llera, R. (Dirs.) (2018), Presupuestos y financiación local: la hora de la verdad, II Informe Red Localis, Wolters Kluwer.
Carrasco Díaz, D. (2011), Manual de Procedimiento para la implantación de un sistema de costes en la Administración Local, Federación Española de Municipios y Provincias (FEMP).
Farfán Pérez, J.M. (2019), La gestión de la Tesorería en las Entidades Locales, Wolters Kluwer.
Fernández Llera, R. e Oviedo Creo, M. (2018), "Un renovado control interno local", Documentos de Red Localis, 9.
Hernández de Cos, P. e Pérez, J.J. (2014), "El seguimiento en tiempo real de los presupuestos autonómicos y locales", Presupuesto y Gasto Público, 77: 79-99.
Hernández Pascual, J. (2021), "Guía para la elaboración del Presupuesto por Programas en el ámbito municipal", Documentos de Trabajo del IEF, 11.
IGAE (2006), Manual de cálculo del déficit en contabilidad nacional adaptado a las Corporaciones Locales, Intervención General de la Administración del Estado, Ministerio de Economía y Hacienda.
Suárez, M. F. (2007), La sostenibilidad de la mejora continua de procesos en la Administración pública: un estudio en los ayuntamientos de España, Tesis doctoral, Escuela Superior de Administración y Dirección de Empresas (ESADE), Universidad Ramón Llull.
Vigo Martín, B. e González Pueyo, J. M. (2018), Manual de Presupuestos y Contabilidad de las Corporaciones Locales, 9ª ed., Wolters Kluwer.
Vila i Vila, J. (2014), Endeudamiento e Inversión en las Haciendas Locales. ¿Existe un Ciclo Político Presupuestario? El Caso de los Ayuntamientos Valencianos, Tesis Doctoral dirigida por la Dra. Ana Herrero Alcalde, UNED.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Albi, E.; González-Páramo, J. M. e López Casasnovas, G. (1997), Gestión pública: Fundamentos, técnicas y casos, Ariel.
Albi, E.; González-Páramo, J. M. e Zubiri, I. (2017), Economía Pública I: Fundamentos. Presupuesto y Gastos, 4ª ed. renov., Ariel.
Albi Ibáñez, E. e Onrubia Fernández, J. (2015), Economía de la gestión pública: cuestiones fundamentales, Editorial Universitaria Ramón Areces.
Albi Ibáñez, E. e Onrubia Fernández, J. (2018), Supervisión, control y evaluación para una gestión pública transparente, IEF.
Bustos Gisbert, A. (2010), Lecciones de Hacienda Pública, 5ª ed., Colex.
Caamaño Alegre, J. (2007), El control del gasto bajo un prisma de Gestión Pública: análisis teórico y aplicaciones a la IGAE, IEF.
Cruz, J. M. N. (2008), Economia e Política: uma Abordagem Dialéctica da Escolha Pública, Coimbra Editora.
Sánchez Revenga, J. (2009), Manual de Presupuestos y Gestión Financiera del Sector Público, IEF.
Zapico Goñi, E. (2022), Presupuesto y evaluación del gasto público: de la competición a la colaboración, IEF.
Segundo a memoria do Máster, esta materia contribúe ao desenvolvemento por parte do alumno das seguintes competencias:
Competencias básicas:
CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Competencias xerais:
CG1. Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
CG3. Capacidade de realizar reflexións e análises críticas sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
CG4. Capacidade para xerar novas ideas e resolver problemas en contornas cambiantes que permita avances no coñecemento da xestión local e das políticas públicas.
CG7. Capacidade para abordar situacións complexas, críticas e impredicibles de forma sistemática e creativa, con xuízo crítico, con información incompleta, asumindo riscos, tomando decisións e comunicándoas a calquera tipo de audiencia.
CG8. Actuar de forma autónoma na avaliación dos acontecementos sociopolíticos, prever os seus posibles escenarios de desenvolvemento, e adoptar as medidas pertinentes para aproveitar as oportunidades e sinerxias nas que poida verse inmersa a administración local.
CG10. Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
CG11. Detectar e xestionar a influencia dos cambios tecnolóxicos nos servizos en liña, as redes sociais, a comunicación e o marketing de servizos públicos; que permita facer un aproveitamento óptimo dos mesmos na xestión local.
Competencias transversais:
CT1. Comunicación oral e escrita
CT2. Organización e planificación
CT3. Capacidade de razoamento crítico
CT4. Autonomía na aprendizaxe
CT5. Capacidade de traballo nun equipo interdisciplinar
CT6. Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT7. Creatividade e capacidade innovadora
CT8. Competencia para a procura e xestión de información e datos
CT9. Compromiso pola calidade, o rigor, a responsabilidade e a honestidade no desenvolvemento do traballo, así como nos seus resultados.
CT10. Habilidade de aprendizaxe autodirixido e traballo autónomo no campo das ciencias sociais.
Competencias específicas:
CE1. Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais, así como as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas.
CE2. Adquirir coñecementos teóricos e aplicados das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico, para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
CE4. Coñecer as principais paradigmas e enfoques teóricos tanto clásicos como actuais, así como as novas técnicas de dirección e xestión pública baixo unha perspectiva interdisciplinar.
CE5. Coñecer os procedementos administrativos para a contratación pública e a xestión financeira e orzamentaria das facendas locais.
CE9. Adquirir o coñecemento teórico e instrumental necesario para o exercicio dunha actividade profesional de alto nivel, para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
CE10. Adquirir a capacidade de localizar, seleccionar e avaliar información, fontes estatísticas, documentais e bibliográficas de utilidade, interese e aplicación ao ámbito da xestión pública local innovadora.
CE11. Capacidade de deseñar, analizar e avaliar políticas, proxectos e programas innovadores, para promover un goberno e unha xestión pública eficiente e próxima á cidadanía.
Nas 18 horas de docencia expositiva tratarase de facilitar a aprehensión dos conceptos clave mediante as explicacións do profesor, no seu caso apoiadas coa proxección de diapositivas ou co emprego doutros medios audiovisuais. Darase ademais aos alumnos ocasión de expor as súas dúbidas e puntos de vista, podéndoselles tamén interpelar para comprobar o seu grao de seguimento e comprensión do explicado. En canto ás 24 horas de docencia interactiva, dedicaranse á realización de exercicios, análises de datos económico-financeiros, presentación e debate de temas polos alumnos, ou calquera outras actividades susceptibles de contribuír aos obxectivos da materia. Será o responsable da docencia quen indique aos seus estudantes cal ha de ser o seu papel no desenvolvemento da devandita docencia interactiva, como van corrixirse as actividades que o requiran, e cal vai ser a súa incidencia na nota final do alumno.
A avaliación basearase, en primeiro lugar, na asistencia e participación activa do alumno nas clases e na súa realización dos traballos ou actividades programados, todo o cal suporá o 75% da cualificación. En segundo lugar, realizarase un exame final que abarcará tanto aspectos teóricos como prácticos e suporá o 25% restante da cualificación.
Os alumnos que teñan "exención de docencia" serán avaliados 100% no exame final.
Consonte á memoria do Máster, os alumnos, ademais das diferentes clases e titorías, deberán dedicar unha media de 100 horas ao traballo persoal.
Dispoñer de coñecementos básicos previos de Economía Política e Facenda Pública. Asistir regularmente e participar activamente nas clases.
Jose Caamaño Alegre
Coordinador/a- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881814764
- Correo electrónico
- jose.caamano [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Xoaquin Maria Fernandez Leiceaga
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Teléfono
- 881811574
- Correo electrónico
- xoaquin.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Francisco Jesus Ferreiro Seoane
- Departamento
- Economía Aplicada
- Área
- Economía Aplicada
- Correo electrónico
- franciscojesus.ferreiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Seminario 2.2 |
Xoves | |||
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | Seminario 2.2 |
22.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
22.01.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |