Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Comprender o carácter complexo das cidades e do seu mosaico urbano.
- Entender a necesidade de repensar as cidades coma consecuencia das crises do século XXI
- Achegarse ás cidades coma laboratorios de experimentación no ámbito do goberno e gobernanza urbana.
- Entender a evolución das politicas urbanas en base a unha realidade urbana, económica e social cambiante.
- Observar e avaliar os diferentes mecanismos de canalización da demandas cidadás de participación e a.
- Recoñecer situacións de vulnerabilidade nos espazos urbanos
- Identificar procesos de resiliencia, os actores promotores e o impacto que se deriva dos mesmos.
1.- Territorios e administración local urbana.
2.- Do goberno urbano á gobernanza urbana.
3.- As políticas urbanas: vellas políticas para realidades urbanas cambiantes.
4.- A cidade dual: vulnerabilidade (económica, residencial, social, dotacional, ambiental) e resultados electorais.
5.- A resiliencia como alternativa á falla de planificación e xestión.
6.- Os procesos participativos urbanos: deseño, execución e avaliación
7.- As crises do século XXI. A necesidade de (re)pensar as cidades
Bevilacqua, C.; Calabró, F. y Dellla Spina, L. (Eds.) (2020): New Metropolitan Perspectives: Knowledge Dynamics, Innovation-driven Policies Towards the Territories’ Attractiveness. Chan (Suiza): Springer,
Blanco, I. & Subirats, J. (2012). “Políticas urbanas en España: dinámicas de transformación y retos ante la crisis.” Geopolitica(s), 3 (1), 15-33. http://revistas.ucm.es/index.php/GEOP/article/view/39304
Blanco, I. y Oriol Nel.lo (2018): Barrios y crisis: crisis económica, segregación urbana e innovación social en Cataluña. Valencia: Tirant lo Blanch.
Brandis, D; Chumillas, I.; Del Río, I.; Morales, G. (2014). Territorios inconclusos y sociedades rotas. XIII Coloquio y Trabajos de Campo del Grupo de Geografía Urbana. Fanstein, S. (2010). The Just City. Ithaca, NY: Cornell University Press.
González Pérez, J.M.; Lois-González, R.C. e Piñeira-Mantñán, Mª.J. (2016): The economic crisis and vulnerability in the Spanish cities: urban governance challenges. Procedia-Social and Behavioral Sciences 223, 160-166
Harvey, D. (2005) A brief history of neoliberalism, Oxford: Oxford University Press.
Iglesias M. Martí-Costa M., Subirats J. and Tomás M. (Eds) Políticas urbanas en España, p. 442. Icaria editorial 201–228, Barcelona
López, R., Durán, F. R., Piñeira, M. J. The Lessons of Public–Private Collaboration for Energy Regeneration in a Spanish City. The Case of Txantrea Neighbourhood (Pamplona). Sustainability 13(4), 1610. 2021
Méndez, R., Abad, L. D. & Echaves, C. (2015). “Atlas de la crisis. Impactos socioeconómicos y territorios vulnerables en España.” Valencia: Tirant lo Blanch
Nel.lo, O., Checa, J. (2021). Residential Segregation and Living Conditions. An Analysis of Social Inequalities in Catalonia from Four Spatial Perspectives. Urban Science 5 (45).
Rius, J. R., Gomà, A, Nel.lo, O. (2021). La geografía del descontento. Segregación residencial, actitudes políticas y comportamiento electoral. En Nel.lo, O. Efecto barrio. Segregación residencial, desigualdad social y políticas urbanas en las grandes ciudades ibéricas. Valencia: Tirant lo Blanch.
Peck, J, (2004) ‘Geography and public policy: constructions of neoliberalism’, Progress in Human Geography, 28, 392–405.
Piñeira-Mantñán, Mª.J.; Lois-González, R.C. e González Pérez, J.M. (2019). New models of urban governance in Spain during the post-crisis period: the fight against vulnerability on a local scale. Territory, Politics, Governance 7 (3), 336-364
Piñeira M. J., Duran, F. R., López, R. Citizen Action as a Driving Force of Change. The Meninas of Canido, Art in the Street as an Urban Dynamizer. Sustainability. 12(2), 740.
Piñeira , M. J., González, J. M. (2020). La ciudad en rebelión..Vulnerabilidades urbanas y nuevos gobiernos en la ciudad. Número monográfico del BAGE: Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 87.
Romero, J. & Farinós, J. (2011). Redescubriendo la gobernanza más allá del buen gobierno. Democracia como base, desarrollo territorial como resultado. Boletín de la Asociación de Geógrafos Españoles, 56, 295-319. www.agegeografia.es/ojs/index.php/bage/article/view/1354
Competencias Xerais
Transmisión de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
Capacidade de análise e reflexión sobre os problemas públicos locais e as responsabilidades sociais e éticas no ámbito da xestión das administracións locais.
Capacidade de xeración de novas ideas e resolución de problemas en contornas cambiantes que permitan avances no coñecemento da xestión local e as políticas públicas.
Aplicación de coñecementos orientados adquiridos á práctica profesional ou a investigación sobre o ámbito local.
Capacidade de recuperación e análise de información que permita deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito da xestión pública local e das ciencias sociais en xeral.
Desenvolvemento dun pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análise e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
Competencias Específicas
Adquisición de coñecementos para poder elaborar estudos e informes de carácter técnico, de consultoría e científicos no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
Coñecemento dos principais paradigmas, enfoques teóricos e técnicas de dirección e xestión pública desde unha perspectiva interdisciplinar.
Xestión e dirección de equipos de persoas.
Xestión do conflito.
Capacidade para o deseño e xestión de plans estratéxicos participativos, programas, proxectos e servizos relacionados coa xestión e a innovación no espazo urbano.
O temario desenvolverase da maneira máis equilibrada posible en función da importancia de cada tema, combinando a docencia expositiva coas prácticas de aula.
Docencia expositiva: nas sesións de docencia expositiva, explicarase de maneira presencial na aula os conceptos teórico-prácticos dos contidos, apoiándose en presentacións multimedia. Respecto ao material para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado dispoñerá do material docente complementario na aula virtual.
Docencia interactiva: as sesións de docencia interactiva levarán a cabo na aula establecida no horario ou fora da Facultade. Cando exista algunha actividade que así o aconselle (conferencias, exposicións...), convidarase á súa asistencia, compensando o tempo empregado niso.
Titorías personalizadas: realizaranse de maneira persoal ou a través do correo electrónico ou a aula virtual, cando por razón xustificada non poida vir ás mesmas no horario establecida.
Se se dan as condicións, realizarase unha saída de campo (xunto con outros materias do Grao, de ser posible) onde se poñan en práctica os contidos acadados na aula.
Para a superación da materia considérase necesaria a participación activa e continua do alumno, tanto nas clases teóricas coma prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, só así conseguirá acadar os obxectivos da materia. A avaliación continua complétase co traballo e as exposicións dos alumnos nas aulas. Ademais da entrega dun traballo de curso, que se poderá realizar de xeito individual ou en grupo.
As prácticas interactivas suporán o 40%da nota e o traballo final o 60%.
Só no caso de que o alumno non acade a cualificación suficiente para superar a materia a través da avaliación continua, realizarase un exame final, segundo os epígrafes do programa.
A materia ten unha carga de traballo persoal de 75 horas (3 ECTS), entre clases presenciais e actividades non presenciais.
Esta materia implica un traballo continuado de seguimento das aulas e da realización dos traballos prácticos. Alén das aulas, recoméndase facer uso das titorías para un adecuado seguimento da materia. Asemade, agárdase do alumno unha aprendizaxe autónoma mediante a lectura de capítulos de libros e artigos de revistas especializadas recomendadas na bibliografía.
Valorarase de xeito especial a actitude activo do alumnado nas clases, a súa participación e aportes críticos.
Maria Jose Piñeira Mantiñan
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812632
- Correo electrónico
- mariajose.pineira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 0.1 |
Xoves | |||
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
11.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
11.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
10.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
10.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |