Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Ciencia Política e da Administración
Centro Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Transversalidade e políticas de igualdade é de carácter optativo e consta de 3 Créditos ECTS. Segundo figura na memoria do Master en Goberno Local e Políticas Públicas Innovadoras a través da mesma perséguese que o alumnado sexa capaz de:
- Identificar as oportunidades e ameazas para a incorporación da perspectiva de xénero nas políticas públicas
- Deseñar políticas e programas que incorporen a perspectiva de xénero
- Deseñar e implementar os instrumentos e ferramentas da transversalidade de xénero
- Elaborar informes de impacto de xénero
- Avaliar o impacto de xénero dunha política pública ou programa
- Deseñar dinámicas participativas con perspectiva de xénero na toma de decisións
Os contidos que se abordarán nesta materia son os seguintes:
- Políticas públicas de igualdade de xénero e as súas estratexias.
- O mainstreamimg de xénero. Instrumentos e ferramentas
- O contexto institucional multinivel das políticas de xénero.
- As políticas municipais de xénero
- Deseño de estratexias e programas con perspectiva de xénero.
- Os plans municipais de igualdade
- Participación das mulleres
Bibliografía básica:
- Alonso, Alba ( 2015), El Mainstreaming de género en España: Cronología, instrumentos e impacto en las políticas finales. Tirant Lo Blanch.
- Lois, Marta y Alonso, Alba (Coord.) (2022), Género y Política. Nuevas lineas de análisis ante la cuarta ola feminista. Valencia: Tirant lo Blanch.
- Paleo, Natalia (2018), As políticas municipais de xénero en España. Laiovento.
- Paleo, Natalia y Alonso, Alba (2022), "De la calle a las instituciones. El diálogo con el movimiento feminista y la articulación de espacios de participación para las mujeres", María Freixanet (coord.), Mirar enrere per mirar endavant. Eines municipals per a una politica feminista, Diputación de Barcelona y ICPS.
Bibliografía complementaria:
- Alonso, Alba (2019): “¿Por las mujeres con las mujeres? Políticas de género participativas en el Ayuntamiento de Barcelona”, Política y Sociedad, 56(2): 473-493
- Bustelo, María (2014), “Three Decades of State Feminism and Gender Equality Policies in Multi-governed Spain”, Sex Roles, 74, pp. 107–120.
-Bustelo, María y Emanuela Lombardo (2007), Políticas de igualdad en España y en Europa: afinando la mirada, Madrid: Cátedra.
- Cruells, Marta y Alfama, Eva (2019): “Feminismo en el municipalismo. Propuestas de políticas públicas hacia la equidad y la radicalidad democrática” en Laura ROTH, Arnau MONTERDE y Antonio CALLEJA (ed.), Ciudades democráticas. La revuelta municipalista en el ciclo post-15M, Barcelona, Icaria
- Otero, Paula y Ramón, Bouzas (2012), Estructura, recursos y desarrollo de las políticas de igualdad en el ámbito local. Revista de Estudios Políticos (nueva época), 158, 139-163
- Otero Paula y Ramón Bouzas (2019), “Gender mainstreaming in Spain: policy instruments, influencing factors, and the role of local government”, Local Government Studies, 46 (2),1-23.
- Orballs, Candice (2009): “ThePotential of Local Women’s Associations in Andalusia: Pursuing Culture, Enriching Lives and Contructing Equality”, South European Society and Politics, 15(2), 203-223
- Paleo, Natalia, y Alba Alonso (2014), “¿Es solo una cuestión de austeridad? Crisis económica y políticas de género en España”, Investigaciones Feministas, 5, 36-68.
- Rodríguez, María J. (2012): “Los Consejos Locales de la Mujer en municipios españoles. Diagnóstico sobre sesgos de inclusividad y agenda”, Revista Española de Ciencia Política, 29: 107-128
Competencias básicas:
CB1 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB4 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB5 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
Competencias xerais:
CG1. Adquisición de coñecementos, ferramentas e recursos de alto nivel para cubrir as expectativas investigadoras e profesionais do alumnado e da sociedade no relativo á organización do goberno local e as políticas públicas innovadoras.
CG2 - Capacidade de analizar, sintetizar e integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos con información limitada.
CG3 - Capacidade de realizar reflexións e análises críticos sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos no ámbito da xestión das administracións locais.
CG5 - Habilidade de aplicar os coñecementos adquiridos nun traballo concreto ou nun proceso de investigación orixinal.
CG6 - Habilidade para recuperar e analizar información de fontes que permitan deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos innovadores no ámbito xeral das ciencias sociais.
CG10. Desenvolver un pensamento estratéxico que permita definir problemas, diagnosticar e estruturar obxectivos de análises e de acción nos ámbitos da xestión local, a consultoría e a investigación.
Competencias transversais:
CT5. Capacidade de traballo nun equipo interdisciplinar
CT6. Sensibilidade cara a problemas sociais e ambientais
CT8. Competencia para a procura e xestión de información e datos
CT10. Habilidade de aprendizaxe autodirigido e traballo autónomo no campo das ciencias sociais.
Competencias específicas:
CE1. Coñecer e aplicar a metodoloxía e deseño de investigación empírica nas ciencias sociais, así como as súas principais técnicas cualitativas e cuantitativas.
CE2. Adquirir coñecementos teóricos e aplicados das técnicas de investigación e das ferramentas de diagnóstico, para poder elaborar estudos e informes de carácter científico, técnico e de consultoría no ámbito da Administración Local e da innovación democrática.
CE3. Capacidade para deseñar e implementar políticas sociais innovadoras, promovendo a economía social, a defensa do medioambiente e a igualdade de xénero, no marco da Axenda 2030.
Nas clases expositivas (de 9 horas de duración) a docente abordará en detalle os contidos teóricos do programa. Nas clases interactivas (de 12 horas de duración) fomentarase a participación activa do alumnado e a súa inmersión en aspectos máis específicos e prácticos sobre a materia. No marco da sesións interactivas realizaranse traballos individuais e/ou grupais que serán definidos, orientados e supervisados pola docente.
Para superar a materia, o alumnado deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades docentes presenciais programadas. Considérase tamén necesaria a participación activa e continua do alumnado, tanto nas clases teóricas como prácticas, pois ademais de ponderarse na nota final, so así se conseguirá os obxectivos da materia.
A avaliación de la materia constará dunha parte de avaliación continúa (50%) e doutra consistente na realización dunha proba final (50%). As actividades de avaliación continúa incluirá presentacións orais das lecturas obrigatorias, debates en clase e presentación de casos prácticos. A proba final terá como obxectivo que o alumnado amose os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos. A estrutura do seu contido será comunicada ao inicio do curso.
En caso de acceder a unha convocatoria extraordinaria, o alumnado poderá superar a materia a través dun exame final na data oficial establecida.
A asignación de horas é a seguinte:
TRABALLO PRESENCIAL NA aula
- Clases expositivas: 9
- Clases interactivas: 12
- Titorías e tarefas relacionadas co obxecto de estudo: 3
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNADO
- Estudo individual do alumno: 25
- Preparación de traballos e exposicións: 25
TOTAL HORAS: 75 horas
Aconséllase a asistencia a clase para o seguimento da materia, así como a participación activa nos seminarios e a consulta do material bibliográfico recomendado pola docente.
O alumnado disporá no CAMPUS VIRTUAL da USC da Guía Docente do curso, así como das programacións das clases expositivas e do material e textos necesarios para desenvolver as clases interactivas. Recoméndase acceder asiduamente á aula virtual da materia durante o desenvolvemento da mesma.
Natalia Paleo Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- natalia.paleo.mosquera [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
Mércores | |||
18:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Seminario 2.2 |
09.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
09.04.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |
08.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario 2.2 |
08.07.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLIS_01 | Seminario 2.2 |