Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
-Coñecer e manexar os fundamentos básicos da metodoloxía da investigación científica no eido dos estudos feministas e das mulleres.
- Coñecer os fundamentos da investigación cuantitativa e cualitativa e as principais características das distintas modalidades de investigación nos estudos feministas e das mulleres.
-Coñecer e dominar as distintas técnicas de recollida de información e de análise de datos para entender e poder analizar de forma adecuada os datos nos estudos feministas e das mulleres.
Tema 1. O proceso de investigación cuantitativa no ámbito da investigación social.
Tema 2. Metodoloxía de investigación cuantitativa.
2.1. Características xerais da metodoloxía de investigación cuantitativa.
2.2. Métodos e deseños na metodoloxía de investigación cuantitativa.
2.3. A análise cuantitativa de datos.
Tema 3. O informe de investigación cuantitativa.
Tema 4. O proceso de investigación cualitativa no ámbito da investigación social.
Tema 5. Metodoloxía de investigación cualitativa.
5.1. Características xerais da metodoloxía de investigación cualitativa.
5.2. Métodos e deseños na metodoloxía de investigación cualitativa.
5.3. Estratexias de recollida e análise da información cualitativa.
Tema 6. O informe de investigación cualitativa.
Bibliografía Básica
Bisquerra, R. (Coord.). (2004). Metodología de la investigación educativa. La Muralla.
Caprile, M. (Coord.). (2012). Guía práctica para la inclusión de la perspectiva de género en los contenidos de la investigación. Recuperado de http://www.idi.mineco.gob.es/stfls/MICINN/Ministerio/FICHEROS/UMYC/Guia…
García Calvente, Mª. M. (2010). Guía para incorporar la perspectiva de género a la investigación en salud. Recuperado de http://www.umaza.edu.ar/archivos/file/GuiaInvestigacionGenero.pdf
Porto, A., & Mosteiro, Mª J. (2016). Análisis descriptivo de datos con IBM SPSS Statistics. Andavira.
Bibliografía Complementaria
Albert, Mª J. (2006). La Investigación Educativa. Claves teóricas. McGrawHill.
Alonso, L.E. (2015). La entrevista abierta como práctica social. En M. García, F. Alvira, L.E. Alonso y M. Escobar (Comps.). El análisis de la realidad social. Métodos y técnicas de investigación (pp. 390-417). Alianza Editorial.
Cohen, L., Manion, L., & Morrison, K. (2011). Research métodos in education. Routledge.
Corbetta, P. (2003). Metodología y técnicas de investigación social. McGrawHill.
Denzin, N.K., & Lincoln, Y.S. (Eds.) (1994). Hanbook of Qualitative Research. Sage
Etxeberría, J., & Tejedor, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. La Muralla.
Flick, U. (2012). Introducción a la investigación cualitativa (3ª ed.). Morata
García Ferrando, M., Alvira, F., Alonso, L.E., & Escobar, M. (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación (4ª ed.). Alianza Editorial
Gil Flores, J. (1994). Análisis de datos cualitativos. Aplicaciones a la investigación educativa. PPU.
Hammersley, M., & Atkinson, P. (1994). Etnografía: Métodos de investigación. Paidós.
Latorre, A., Del Rincón, D., & Arnal, J. (2003). Bases metodológicas de la investigación educativa. Experiencias.
McMillan, J.H., & Shumacher, S. (2005). Investigación educativa. Pearson.
Montero, J.M. (2007). Problemas resueltos de estadística descriptiva para ciencias sociales. Thomson.
Rodríguez Gómez, G., Gil Flores, J., & García Jiménez, E. (1996). Metodología de la investigación cualitativa. Aljibe.
Ruíz Cantero, Mª. T. (s.f.). El enfoque de género en la investigación y la difusión del conocimiento. Recuperado de http://www.redhygeia.com/doc12.pdf
Ruíz-Maya Pérez, L. (1991). Metodología estadística para el análisis de datos cualitativos. Centro de Investigaciones Sociológicas.
Simons, H. (2011). El estudio de casos: teoría y práctica. Morata.
Tójar Hurtado, J.C. (2006). Investigación cualitativa. Comprender y actuar. La Muralla.
Tolmie, A. (2011). Quantitative methods in educational and social research using SPSS. Open University Press.
Páxinas web
Secretaría Xeral de Igualdade: http://igualdade.xunta.es/es
Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/
Centro de Documentación Instituto de la Mujer: http://www.inmujer.es/servRecursos/centroDocumentacion/home.htm
Revistas
Revista multidisciplinar de estudios de género: https://e-revistas.uc3m.es/index.php/FEMERIS
Revista Internacional de Estudios Feministas: https://revistas.udc.es/index.php/ATL
Journal of Feminist, Gender and Women Studies: https://revistas.uam.es/revIUEM
Competencias Básicas e Xerais:
CG2 - Posuír a capacidade de comprensión, análise e síntese e a capacidade de organización.
CG3 - Adquirir a capacidade de obtención e xestión da información e dispoñer da capacidade de decisión.
Competencias Transversais:
CT2 - Ser capaces de efectuar avaliacións e análises de políticas públicas e de planificacións didácticas desde unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
Competencias Específicas:
CE3 - Poder efectuar e xestionar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
CE5 - Ser capaces de realizar análises de datos empíricos referentes a elementos escollidos da estrutura social desde a óptica das mulleres e do xénero.
CE6 - Ser capaces de elaborar proxectos de investigación sobre os diversos aspectos que interveñen nas relacións interxénero, e na problemática das desigualdades de xénero que afectan particularmente, e de forma negativa ás mulleres, nos múltiples contextos das sociedades actuais.
A metodoloxía a seguir basearase na combinación de clases expositivas e interactivas, a través da exposición por parte do profesorado dos aspectos máis relevantes dos contidos propostos no programa, e a realización de actividades prácticas para afondar nas distintas temáticas traballadas na aula. Para o desenvolvemento da materia farase uso da aula virtual da USC na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria.
O sistema de avaliación estará baseado nun proceso de seguimento continuo a partir de traballos e prácticas relacionadas cos contidos da materia. Máis concretamente avaliarase:
- A realización de actividades referidas aos contidos da materia: 30% da cualificación
- A realización en grupo dun traballo práctico relacionado cos contidos da mesma, que suporá o 70% da cualificación, no que se valorará a súa calidade asi como a observación derivada do seguimento do mesmo durante o seu desenvolvemento.
O alumnado con dispensa de asistencia a clase ou exención de docencia, deberá poñerse en contacto co profesorado da materia nos primeiros 15 días posteriores á comunicación de dita concesión para presentar a documentación pertinente e acordar o plan de traballo. Para este alumnado o seguimento da materia se realizará a través do campus virtual e titorías individuais e a avaliación consistirá na realización dunha proba escrita (40%) e un traballo práctico relacionado cos contidos da materia (60%).
Na segunda oportunidade, o alumnado será avaliado unicamente por unha proba final que terá un peso do 100% na avaliación.
Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado suporá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para a avaliación (e non puntúa).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
AVALIACIÓN NO CURSO 2024/25:
Dado que durante o curso 2024/25 non haberá docencia presencial desta materia, os/as estudantes matriculados na mesma deberán contactar canto antes coa coordinadora da materia no curso 2023/24 para acordar o sistema de avaliación. En todo caso, de non acordarse outra cousa, o alumnado será avaliada/o mediante un traballo final nas convocatorias previstas que suporá o 100% da cualificación.
A un crédito ECTS lle corresponden 25 horas, das cales como mínimo 12 son de traballo persoal
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
-Asistencia a Clase
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. O alumnado con dispensa de asistencia a clase (Instrución núm.1/2007, da Secretaria Xeral da USC) deberá poñerse en contacto co profesorado para concretar o sistema de titorizacion e avaliación.
- Perspectiva de Xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Josefa Mosteiro Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 4 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |