Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Ao remate do curso, o alumnado poderá seleccionar estratexias de intervención no ámbito educativo en relación co tema da multiculturalidade, a saúde e o xénero tras estudar e analizar os distintos aspectos da saúde desde unha perspectiva de xénero e mulleres e coñecerá. como identificar diferentes problemas e necesidades en relación coa materia de saúde, sendo quen de definir obxectivos e desenvolver plans de intervención na materia multidisciplinar de multiculturalidade, saúde e xénero que contribúan a transformar a educación e a socialización das mulleres.
BLOQUE I: Cambio social, multiculturalidade e imaxinario social
• Análise das diferenzas de xénero desde unha perspectiva psicolóxica.
• Estereotipos de xénero: o papel dos patróns culturais e educativos no desenvolvemento das persoas.
• Feminismos e dereitos das mulleres en sociedades cambiantes.
• Transición aspiracional: do multiculturalismo á interculturalidade.
BLOQUE II: Mulleres, feminismos e distribución territorial
• Feminismos periféricos.
• Feminización da pobreza mundial.
BLOQUE III: A saúde desde unha perspectiva de xénero
• Saúde e asimetrías de xénero.
• O imaxinario social: xénero, interculturalidade e identidade.
• Homes pola igualdade de xénero.
• O deterioro da identidade social: estigma, estereotipos e prexuízos.
Bibliografía Básica
Barberá, E. y Martínez Benlloch, I. (2011). Psicología y género. Pearson Educación.
Expósito Molina, C. (2018). Políticas de igualdad, no discriminación y feminismos periféricos. Una mirada caleidoscópica. Investigaciones Feministas 9(2), 219-237.
Grau i Muñoz, A., Faus-Bartomeu, A. (Coords). (2022). Sociología de la salud: salud, malestar y sociedad desde una mirada crítica. Tirant Humanidades.
Martínez Torres, M. (2018). Feminización de la pobreza: un análisis dinámico. Papeles de Trabajo del Instituto de Estudios Fiscales, 11, 1-62.
Bibliografía complementaria
Carabí, A. y Armengol, J. M. (Eds.). (2008). La masculinidad a debate. Icaria.
Cockerham, W. C. (2017). Sociology of Mental Disorder (10ª ed. rev.). Routledge.
Goffman, E. (2012). Estigma. La identidad deteriorada (2ª ed.; L. Guinsberg, Trad.). Amorrortu (Obra original publicada en 1963).
Martínez Hernáez, A. (2008). Antropología médica. Teorías sobre la cultura, el poder y la enfermedad. Anthropos.
Nettleton, S. (2021). The Sociology of Health and Illness (4ª ed.). Polity Press.
Matos, M. y Paradis, C. (2013). Los feminismos latinoamericanos y su compleja relación con el Estado: debates actuales. Íconos. Revista de Ciencias Sociales, 45, 91-107.
Medina Martín, R. (2018). Feminismos periféricos, feminismos-otros: una genealogía feminista decolonial por reivindicar. Revista Internacional De Pensamiento Político, 8, 53–79.
Monreal, P. (1999). Feminización de la pobreza y nueva pobreza urbana: visibilización y olvidos. V Congreso Argentino de Antropología Social, 29 de julio al 1 de agosto de 1997, La Plata. Temas de Antropología Social. EN: Temas de antropología social: Lo local y lo global. La antropología ante un mundo en transición. La Plata: Universidad Nacional de La Plata. Facultad de Humanidades y Ciencias de la Educación. Secretaría de Extensión Universitaria.
Rodríguez Martínez, P. (2011). Feminismos Periféricos. Sociedad y Equidad: Revista de Humanidades, Ciencias Sociales, Artes y Comunicaciones, 2, 23-45.
Valls-Llobet, C. (2010). Mujeres, Salud y Poder (2ª ed.). Cátedra.
Básicas e xenerais
• Adquirir a capacidade de obter e xestionar información e ter capacidade de decisión.
• Desenvolver un compromiso ético e deontolóxico
• Ser capaz de traballar en equipo utilizando parámetros de diversidade e multiculturalidade.
• Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Transversais
• Ser capaz de organizar accións que favorezan a igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal de xénero en todos os ámbitos sociais, administrativos e políticos.
Específicas
• Ter unha formación científica básica e específica na materia de Educación, Xénero e Igualdade e capacidade para aplicar estes coñecementos en accións prácticas concretas en múltiples ámbitos como o social, educativo, cultural, económico, laboral, político e administrativo.
• Desenvolver e planificar accións educativas e de intervención socioeducativa en múltiples contextos sociais e de planificación cultural, económica, política e administrativa dende o punto de vista do coñecemento científico específico da muller e do xénero.
• Clases maxistrais: 15 (100% de presencialidade)
• Clases interactivas: 20 (100% de presencialidade)
• Titorías: 5 horas (100% de presencialidade)
• Avaliación de traballos: 60%
• Avaliación continua: 40%
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación. Se non se acordase outra cousa, a avaliación efectuaríase a partir de traballos ou actividades nas convocatorias previstas.
• Traballo autónomo do alumno: 85 horas
- A asistencia á clase é obrigatoria, polo que non se pode faltar a máis do 20% das clases sen xustificación.
- Os/as estudantes con exención de docencia, deberán de contactar co equipo docente para acordar a o deseño do curso así como a avaliación forma de avaliación. Ademais, a súa cualificación máxima será do 70% da puntuación total, dado que non poderán conseguirse todos os obxectivos da materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
− E obrigatorio o uso da conta de correo rai.
− E obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
− Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− E convinte ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
− E obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria De Los Angeles Piñeiro Antelo
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- manxeles.pineiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
09.07.2025 18:00-20:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |