Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
1. Coñecer e analizar en profundidade o complexo temático da educación, coeducación e socialización en función do xénero, os mecanismos múltiples, ocultos, evidentes e de toda índole e desde ángulos epistemológicos e teóricos diferentes.
ESPECÍFICOS:
1. Coñecer en profundidade os múltiples aspectos que inciden na educación e socialización humana, que como tal corresponde a unha dinámica sexuada que actúa segundo parámetros diferentes en termos de poder e recoñecemento, significado etc. para nenas e nenos.
2. Prepararse para a investigación específica do fenómeno, así como para intervencións específicas que permiten emprender accións concretas que permiten a transformación da educación e socialización humana existente.
I. Cultura, sistema social e xénero
II. Socialización
III. Axentes de socialización
IV. Conformación de identidades de xénero nos procesos de socialización
V. A construción e transmisión dos roles e estereotipos de xénero
VI. Educación e Coeducación: Educación afectivo-sexual.
VII. Cambio das masculinidades dende as aulas.
Bibliografía básica
García Marín, J. y Gómez Vázquez, Mª B. (Eds.) (2013). Diálogos en la cultura de la paridad. Reflexiones sobre feminismo, socialización y poder. Santiago de Compostela: Servicio de Publicacións da USC.
Puigvert, L. y García Lastra, M (Coords.) (2010). Monográfico Género y educación. En RASE Volumen 3, núm. 3.
Radl Philipp,R. (2001). Cuestiones Actuales de Sociología del Género. CIS-Univ. Santiago.
Subirats, M. (2010). ¿Coeducación o escuela segregada? Un viejo y persistente debate (Pp. 143-158). En RASE vol. 3, núm. 1.
Bibliografía complementaria
Arnot, M. (2009). Coeducando para una ciudadanía en igualdad. Morata.
Beauvoir, S. (2005). El segundo sexo. Cátedra. (Original publicado en 1949)
Bourdieu, Pierre (2000). La dominación masculina. Anagrama
Calvo Charro, M. (2005). Los niños con los niños y las niñas con las niñas. Almuzara.
Castaño Collado, C. (2008). La segunda brecha digital. Madrid. Cátedra.
Castells, M. y Subirats, M. (2007). Mujeres y hombres ¿un amor imposible?. Alianza Ed.
Cerviño M.J. (et. al.) (2006). Experiencias de relación en la escuela : prevenir la violencia contra niñas y mujeres. Instituto de la Mujer
Davis, B. (1994). Sapos y culebras y cuentos feministas. Los niños de preescolar y el género. . Cátedra/Universitat de Valéncia/Instituto de la Mujer. (Original publicado en 1989)
Durán, Mª Á. (2000). Si Aristóteles levantara la cabeza. Cátedra.
Friedan, B. (2009). La mística de la feminidad. Cátedra. (Original publicado en 1963)
García Marín, J.: Papá por que non pintas as unhas de cores?. Ed. Galaxia
Hooks, B. (2021): El Deseo De Cambiar: Hombres Masculinidad Y Amor . Ed. Bellaterra
Moreno, E. (Coord.) (2013). La urdimbre sexista : violencia de género en la escuela primaria. Ediciones Aljibe.
Ramos Jiménez, I. (2009). Desmontando a Disney: hacia el cuento coeducativo. Consejería de Educación. Junta de Andalucía
Rincón, A. (Coord.) (2005). Congreso Internacional Sare 2005: “Niñas son, mujeres serán”. EMAKUNDE/Instituto Vasco de la Mujer.
Rodríguez Martínez, C. (2004). La ausencia de las mujeres en los contenidos escolares. Paidos.
Rodríguez Menéndez, Mª C. y Peña Calvo, J.V. (2005). Identidad de género y contexto escolar:una revisión de modelos (Pp. 165-194). En REIS, 112.
Subirats, M. y Tomé, A. (2007). Balones fuera. Reconstruir los espacios desde la coeducación. Octaedro.
Tubert, S. (Coord.) (2011). Del sexo al género. Cátedra.
Webgrafía.
RASE. Revista electrónica de la Asociación de Sociología de la Educación (ASE): http://www.ase.es/rase
ASE. Asociación de Sociología de la Educación: http://www.ase.es/
CIS. Centro de Investigaciones Sociológicas: http://www.cis.es/
Mujeres en Red. El Periódico Feminista: http://www.mujeresenred.net/
Pensamiento crítico (Mujeres, feminismo):
http://www.pensamientocritico.org/0mujeresfem.htm
Instituto de la mujer: http://www.inmujer.es/
CIFEX. Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos de Xénero(USC): http://www.usc.es/gl/institutos/cifex/
OIX. Oficina de Igualdade de Xénero (USC): http://www.usc.es/oix
Cine y educación: http://www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion.
Competencias Básicas:
- Capacidade de obtención e xestión da información.
- Capacidade de decisión.
- Traballo en equipo.
- Aprendizaxe autónoma.
- Creatividade.
- Liderado.
- Iniciativa e espírito emprendedor.
Competencias Xerais:
- Capacidade de comprensión, análise e síntese.
- Capacidade de organización e planificación.
- Capacidade de resolución de problemas en novas áreas e contextos multidisciplinares.
- Capacidade para a integración de coñecementos.
- Razoamento crítico e capacidade de reflexión sobre responsabilidades sociais e éticas en relación co coñecemento.
-Capacidade de comunicación, tanto con colectivos especializados como non especializados.
- Capacidade de seguir unha aprendizaxe de forma continuada e autónoma
- Compromiso ético e deontolóxico.
- Recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade.
- Adaptación a novas situacións.
- Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
- Sensibilidade cara a temas da realidade social e económica.
- Espírito de superación.Competencias Específicas:
- Dominio do marco teórico que clarifica os conceptos e axuda a comprender os procesos sociais, económicos, políticos e culturais máis significativos con respecto á cuestión "educación e relacións de xénero".
- Capacidade de elaborar, programar e planificar proxectos e programas educativos dende a perspectiva de xénero no ámbito escolar e extraescolar.
- Capacidade de programar, planificar e coordinar áreas relacionadas coa igualdade nos distintos ámbitos referidos á formación, educación e socialización humana.
- Capacidade investigadora necesaria referente ao coñecemento educativo e coeducativo das relacións de xénero dende unha perspectiva transversal e multidisciplinar.
- - Capacidade de desenvolver perspectivas socio críticas, de análise da educación en función do xénero que poidan impulsar accións a favor da igualdade e a implantación da perspectiva de xénero nos múltiples espazos e niveis educativos.
Competencias Transversais:
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións transformadoras da igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal, concretamente nos ámbitos económico e laboral.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de efectuar avaliacións políticas dende unha óptica de interconexións e transversal de xénero.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), nos distintos niveis da educación institucional formal, isto é, da educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos campos da educación formal no ámbito comunitario.
- Que alumnas e alumnos sexan capaces de impulsar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero dende unha perspectiva transversal, de xénero (mainstreaming), en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
A metodoloxía relaciónase cos procesos de ensino/aprendizaxe e, por tanto, debe planificarse de forma que conduza á consecución das competencias establecidas. Nesta materia levarán a cabo metodoloxías participativas, baseada nos postulados de Hooks, Freire, entre outros.
As realidades diversas nas que interveñen os e as mestras son complexas, dinámicas, cambiantes, polo que se fai necesario empregar metodoloxías que sexan coherentes coa vida mesma, porque como sostén Assmann (2002) só así se lograrán aprendizaxes verdadeiras e duradeiras. Para iso, partirase da vida cotiá, das experiencias, do contexto, das dificultades, dos saberes, das percepcións e emocións das persoas participantes, que son as protagonistas do proceso participativo. Isto implica xerar espazos de seguridade, de protección, de confianza, de recoñecemento, de respecto á individualidade, diversidade e aos sentimentos, e impulsar o traballo colectivo, en equipo, promovendo o diálogo, a comunicación, o encontro, a participación e a creatividade.
Tipos de actividades: presenciais e traballo autónomo
As actividades presenciais divídense en:
Actividades en gran grupo: clases expositivas destinadas á adquisición de coñecementos básicos, onde levarán a cabo dinámicas participativas para vincular a través destas os contidos teóricos.
Actividades en grupo mediano: clases interactivas onde levarán a cabo diferentes dinámicas que vinculan a teoría coa práctica, nas que ten un peso importante o traballo en equipo, a cooperación, o compromiso e o intercambio de experiencias. As actividades presenciais nesta modalidade requiren dun traballo persoal, autónomo, por parte do alumnado, tanto individual como co equipo de traballo do que se forme parte.
Actividades en pequeno grupo ou individuais: dirixidas a orientar ao alumnado dunha forma máis personalizada; a realizar un seguimento do proceso de traballo autónomo, tanto individual como de equipo; así como a resolver dúbidas tanto de aprendizaxes relacionadas coa materia como relativos a procedementos de traballo, técnicas vinculadas con competencias básicas e transversais, entre outras.
As actividades de traballo autónomo están dirixidas a que o alumnado realice procura de recursos, lectura destes, realización de traballos, estudo de contidos, que implicarán a elaboración de informes, presentacións, exposicións, entre outras.
En calquera caso, farase especial fincapé en que o alumnado, utilizando distintos procedementos, chegue a realizar de forma autónoma unha elaboración e síntese da información que lle permita ir construíndo un coñecemento sólido e ben argumentado.
A avaliación continua seguirá sendo o sistema de avaliación preferente, indicándose con antelación as datas de entrega das tarefas, preguntas e do traballo-exposición. Traballarase co material e textos, preguntas e reflexións acerca dos textos e debates de lecturas/bibliografia propostos no programa para os diferentes núcleos temáticos do programa. Procurarase que os textos estean dispoñibles na Aula virtual.
Criterios de avaliación:
Participación na aula: 20%
Probas específicas, Informes escritos e outras producións: 80%
Avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase (Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase).O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia deberá informar da súa situación á/ao docente.
Exención de docencia ás clases expositivas.
O alumnado con exención de docencia ás clases expostivas, deberá comunicar ao profesorado a situación de exención de docencia nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades“ específico para poder superar a materia.
Exención de docencia a todas as sesións si así se determina.
O alumnado con exención de docencia a todas as sesións, deberá comunicar ao profesorado a situación de exención de docencia nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades" específico para poder superar a materia.
Dispensa de asistencia (todas as sesións).
O alumnado con dispensa de asistencia a todas as sesións, deberá comunicar ao profesorado a situación de dispensa nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades" específico para poder superar a materia.
Normativa da facultade sobre avaliación:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupales dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación. Se non se acordase outra cousa, a avaliación efectuaríase a partir de traballos ou actividades nas convocatorias previstas.
O tempo de estudo e traballo persoal dependerá de cada alumna e alumno, pero pártese da base de que por un crédito ECTS se calculará, no contexto que nos ocupa, aproximadamente de 12-15 horas de traballo persoal á semana.
- Desenvolver unha actitude crítica e reflexiva ao redor da materia.
- Utilizar as titorías para clarificar as dúbidas.
-Asistencia a clase
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou o Regulamento de asistencia a clases nos cursos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Nel expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles que facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa co resto do alumnado ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-alumno máis participativa. Cómpre lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións lectivas. Nos supostos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial da docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se a/o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
24.01.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
28.05.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |