Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
Con respecto a esta materia perséguese como obxectivo xeral que as alumnas e os alumnos cheguen a coñecer e poder analizar en profundidade o complexo temático da violencia en función do xénero, a violencia que se exerce contra as mulleres, como unha violencia estructural en todas as súas dimensións e desde múltiples ángulos diferentes, isto é, desde o punto de vista psicolóxico, xurídico, social, político, lingüístico, simbólico, científico, mediático, cultural e económico.
Obxectivos específicos:
- Coñecer as múltiples formas de violencia encuberta e na adquisición de instrumentos e bagaxe para poder desenmascarar o papel cambiante da violencia contra as mulleres.
- Desenvolver e plantexar o tema da violencia contra a muller no contexto da sociedade patriarcal.
- Adquirir os coñecementos necesarios para conceptualizar e identificar a violencia de xénero e as súas diferentes manifestacións, especialmente o maltrato na parella.
- Capacitar para analizar situacións de violencia no contexto laboral, sexual, macrosocial, microsocial e medios de comunicación.
- Capacitar para desenvolver propostas de prevención da violencia en distintos contextos.
- Adquirir os coñecementos teóricos básicos sobre a regulación legal en España da loita contra a violencia de xénero e dos instrumentos legais básicos na materia.
- Estudiar detalladamente o marco lexislativo contra a violencia de xénero como exemplo de transversalidade.
- Facilitar a aprendizaxe dos hitos principais na evolución lexislativa na materia.
- Dotar ao alumnado de ferramentas que lles permitan analizar críticamente documentación, así como planificar medidas de actuación concretas cara á prevención da violencia de xénero.
Contidos
1. Violencia, xénero e sociedade patriarcal.
1.1. Introdución teórico-conceptual.
1.2. Formas de violencia contra as mulleres en función do xénero.
1.3. A violencia contra as mulleres no ámbito universitario.
2. Aspectos sociais, educativos e xurídicos da violencia de xénero
2.1. Marco xurídico internacional, estatal e autonómico.
2.2. Marco normativo estatal e autonómico.
3. A prevención da violencia de xénero.
3.1. A prevención primaria da violencia de xénero.
3.2. A prevención secundaria da violencia de xénero.
Biblografía Básica
Manier, B. (2007). Cuando las mujeres hayan desaparecido. Cátedra.
Osborne, R. (2017). Apuntes sobre la violencia de genero. Edicions Bellaterra.
Radl , R., & Gómez, Mª B. (Coords.).(2019). Formas extremas de violencia contra las mujeres. Escenarios de prostitución, violencia y explotación sexual. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Publicacións e Intercambio Científico.
Bibliografía Complementaria
Barragán, F. (Coord.). (2001). Violencia de género y currículo. Aljibe.
Bolancé J., & Lain, C. (Comp.). (2002). Violencia, género y coeducación. Grupo de Coeducación Hipatia. Ayuntamiento de Córdoba.
Bonino, L. (2001). Masculinidad, salud y sistema sanitario. El caso de la violencia masculina. Seminario Mainstreaming de género en las políticas de salud en Europa. OMS.
CNSE (2004).Guía para profesionales ante la violencia y los malos tratos a mujeres sordas. CNSE.
Corsi, J., Dohmen, M.L., & Sotes, M.A. (1995). Violencia masculina en la pareja. Una aproximación al diagnóstico y modelos de intervención. Paidós.
Corsi, J. (2003). Maltrato y abuso en el ámbito doméstico. Paidós.
Díaz Aguado, Mª. J., & Martínez Arias, R. (2001). La construcción de la igualdad y la prevención de la violencia contra la mujer desde la educación secundaria. Serie Estudios n° 73. Instituto de la Mujer.
Fagoaga, C (1999). La violencia en los medios de comunicación. Maltrato a la pareja y agresión sexual. Dirección General de la Mujer de la Comunidad Autónoma de Madrid.
Garrido, V. (2001). Amores que matan. Algar.
Instituto de la Mujer (2001). Prevenir la violencia. Una cuestión de cambio de actitud. Serie de Cuadernos de Educación no sexista nº 7. Instituto de la Mujer.
Labrador, F. J., Rincón, P. P., De Luis, P., & Fernández-Velasco, R. (2004). Mujeres víctimas de la violencia domestica. Programa de actuación. Pirámide.
Lorente Acosta, M. (2001). Mi marido me pega lo normal. Crítica.
Maquieira, V., & Sánchez, C. (1990). Violencia y sociedad patriarcal. Fundación Pablo Iglesias.
Martin, E., & Martín, M. (2001). Las violencias cotidianas cuando las víctimas son las mujeres. Instituto de la Mujer.
Osborne, R. (Coord.). (2001). La violencia contra las mujeres. Realidad social y políticas públicas. UNED.
Ruiz-Jarabo, C., & Blanco, P. (Dir.). (2004). La violencia contra las mujeres. Prevención y detección. Diaz de Santos.
San Segundo, T. (Dir.). (2016). A Vueltas Con La Violencia. Una Aproximación Multidisciplinar A La Violencia de Género. Técnos.
Themis (2001). Guía de los derechos de las mujeres víctimas de violencia familiar. Themis.
Themis (2004). Guía de atención integral a mujeres víctimas de delitos contra la libertad sexual. Themis.
VV.AA. (1995). Armas para luchar, brazos para proteger: Las mujeres hablan de la guerra. Icaria.
Velázquez, S. (2003). Violencias cotidianas, violencia de género. Paidós.
Páxinas web
www.gva.es/violencia (Centro Reina Sofía para el estudio de la Violencia).
www.fiscal.es (Fiscalía General del Estado).
www.fundacionmujeres.es (Organización adicada á igualdade de oportunidades, fomento do emprego feminino e loita contra a violencia cara as mulleres).
www.malostratos.org (Comisión para la Investigación de Malos Tratos a Mujeres).
www.mtas.es/mujer/ (Instituto de la Mujer).
www.mujeresjuristasthemis.org (Asociación de Mujeres Juristas THEMIS).
www.nodo50.org/mujeresred/violencia.htm (Páxina de varias asociacións feministas).
www.observatorioviolencia.org/ (Observatorio regional contra la Violencia de Género en la Comunidad de Madrid).
www.poderjudicial.es (Páxina do Poder judicial na que se atopa o Observatorio contra la Violencia doméstica y de género).
www.redfeminista.org (Páxina de varias asociacións feministas).
www.unifem.org (Fondo de naciones Unidas para el desarrollo de las mujeres)
www.un.org/womenwatchk (Inter-Agency Network on Women and Gender Equality, IANWGE, de Naciones Unidas).
CG1 - Saber transmitir aspectos de planificación de programas e os coñecementos correspondentes a públicos especializados e non especializados.
CG3 - Adquirir a capacidade de obtención e xestión da información e dispoñer da capacidade de decisión.
CG4 - Desenvolver un compromiso ético e deontolóxico.
CB8 - Que as e os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
TRANSVERSAIS
CT2 - Ser capaces de efectuar avaliacións e análises de políticas públicas e de planificaciones didácticas desde unha óptica de interconexiones e transversal de xénero.
CT3 - Posuír a capacidade de impulsar e xestionar a implementación de accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero (mainstreaming) nos distintos niveis da educación institucional formal, isto é, da educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos campos da educación formal no ámbito comunitario.
CT4 - Ser capaces de organizar accións favorecedoras da igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero (mainstreaming) en todas as esferas sociais, administrativas e políticas.
ESPECÍFICAS
CE1 - Dispoñer dunha formación científica básica e específica na temática Educación, Xénero e Igualdade e da capacidade de aplicar estes coñecementos nas accións concretas prácticas nas múltiples áreas como son a social, educativa, cultural, económica, laboral, política e administrativa.
CE3 - Poder efectuar e xestionar avaliacións das múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista do coñecemento científico específico das mulleres e do xénero.
CE6 - Ser capaces de elaborar proxectos de investigación sobre os diversos aspectos que interveñen nas relacións interxénero, e na problemática das desigualdades de xénero que afectan particularmente, e de forma negativa ás mulleres, nos múltiples contextos das sociedades actuais.
Metodoloxía da ensinanza
A metodoloxía basearase na combinación de clases expositivas e interactivas a través da exposición por parte do profesorado dos aspectos máis relevantes dos contidos propostos no programa, e a realización de actividades prácticas para afondar nas distintas temáticas traballadas na aula. Para o desenvolvemento da materia farase uso da Aula Virtual da materia (Campus Virtual) na que o alumnado terá a súa disposición toda a documentación necesaria.
1ª OPORTUNIDADE:
O sistema de avaliación estará baseado nun proceso de seguimento continuo a partir de traballos e prácticas relacionadas cos contidos da materia. Máis concretamente, avaliarase:
a) A participación activa e realización de actividades referidas aos contidos da materia: 30% da cualificación
b) Realización en grupo de dous traballos teórico prácticos relacionados cos diferentes contidos da materia. Valorarase a calidade dos traballos así como a observación derivada do seguimento dos mesmos durante o seu desenvolvemento: 70% da cualificación
A asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é un requisito imprescindible para a avaliación (e non puntúa).
2ª OPORTUNIDADE: A avaliación efectuarase exclusivamente a partir de probas escritas nas convocatorias previstas.
Avaliación de alumnos e alumnas aos que, por diversas circunstancias, se dispense da asistencia á clase (Instrucción núm. 1/2017, do 27 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da USC sobre a dispensa de asistencia á clase).O alumnado que teña exención de docencia ou dispensa de asistencia deberá informar da súa situación á/ao docente.
Exención de docencia ás clases expositivas.
O alumnado con exención de docencia ás clases expostivas, deberá comunicar ao profesorado a situación de exención de docencia nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades“ específico para poder superar a materia.
Exención de docencia a todas as sesións si así se determina.
O alumnado con exención de docencia a todas as sesións, deberá comunicar ao profesorado a situación de exención de docencia nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades" específico para poder superar a materia.
Dispensa de asistencia (todas as sesións).
O alumnado con dispensa de asistencia a todas as sesións, deberá comunicar ao profesorado a situación de dispensa nos 10 días seguintes á concesión e será convocado a unha titoría na que se lle facilitará un "Programa de Actividades" específico para poder superar a materia.
Normativa da facultade sobre avaliación:
Para obter unha valoración positiva na materia será preciso ter realizadas en prazo todas as actividades de avaliación especificadas así como superar cada unha delas.
Os traballos individuais ou grupales dos estudantes deberán ser orixinais. A entrega dun traballo copiado suporá o suspenso da materia e a avaliación do alumno ou alumna na seguinte convocatoria.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, excepto nas actividades programadas de forma coordinada.
PLAXIO (TANTO PARA ENSINO PRESENCIAL COMO NON PRESENCIAL)
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación. Se non se acordase outra cousa, a avaliación efectuaríase a partir de traballos ou actividades nas convocatorias previstas.
A un crédito ECTS lle corresponden 25 horas, das cales como mínimo 12 son de traballo persoal.
- Consulta e estudo dos materiais recomendados polo profesorado da materia.
- Realización e participación activa nas actividades prácticas.
- Traballo do alumnado dun modo progresivo para acadar a comprensión da materia.
-Asistencia a clase
O Consello de Goberno do 25 de marzo de 2010 aprobou o Regulamento de asistencia a clases nos cursos adaptados ao EEES
(http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Nel expóñense os beneficios da asistencia a clase, entre eles que facilita unha mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupo e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa co resto do alumnado ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-alumno máis participativa. Cómpre lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións lectivas. Nos supostos contemplados na normativa da Facultade, o alumnado poderá solicitar a exención oficial da docencia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
-Responsabilidade medioambiental. Se a/o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado
do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Maria Josefa Mosteiro Garcia
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
- Teléfono
- 881813842
- Correo electrónico
- pepa.mosteiro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
22.01.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
27.05.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |