Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia oriéntase á pregunta que aporta a educación á sociedade. Desde o punto de vista da función, a educación aporta desenvolvemento formativo da condición humana individual, social, histórica e de especie, e iso implica desenvolvemento cívico, que, de acordo co sentido cultural e territorial da educación, identifícase como desenvolvemento cívico da diversidade, como formación para a convivencia cidadán dende a perspectiva dos dereitos de terceira e cuarta xeración.
Podemos racionalizar criterios para a toma de decisións nesta cuestión da convivencia cidadán pacífica planetaria razoando sobre o carácter e o sentido da educación, a relación educativa, a convivencia cualificada e especificada e a converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Non só a sociedade civil é un axente moral dentro da relación sociedade-poder-lexitimación, senón que a sociedade civil ten que estar formada para cumprir o seu cometido; o desenvolvemento cívico é un obxectivo da formación e compoñente da orientación formativa temporal de cada comunidade.
O obxectivo xeral do máster EDUCACIÓN, DIVERSIDAD CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover a iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese de doutoramento.
OBXECTIVOS XERAIS DE MÓDULO RELACIONADOS COA MATERIA
Analizar as estreitas relacións existentes entre educación, democracia e cidadanía na época contemporánea.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
• Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidade nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
OBXECTIVOS DERIVADOS DA MATERIA
• Definir e analizar principios de determinación do concepto de educación en valores
• Coñecer os fundamentos teóricos do carácter e o sentido da educación en relación coas dimensións xerais de intervención, as áreas de experiencia e as formas de expresión
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
• Ser capaz de seleccionar textos idóneos en relación coa educación para a cidadanía en perspectiva intercultural
• Coñecer e comprender enfoques teóricos sobre a conexión entre educación intercultural e educación para a cidadanía, desde o sentido da educación
• Desenvolver coñecementos e destrezas que capacitan para o uso e a construción de experiencia axiológica respecto da formación cívica.
• Comprender o papel da educación na construción da sustentabilidade e da cidadanía mundial dende a construcion de ámbitos de educación.
1. O desenvolvemento cívico como coñecemento pedagóxico: cualificación, especificación e sentido de responsabilidade compartida e derivada no desenvolvemento cívico. Transformar a información en coñecemento e o coñecemento en educación para o desenvolvemento cívico.
2. A educación en valores: o permanente e o cambiante. Carácter e sentido da educación como base do seu significado.
3. Posibilidade e necesidade da educación en valores. Elixir, comprometerse, decidir e realizar (integración afectiva, cognitiva e creativa) o valor.
4. A sociedade civil como axente moral e o desenvolvemento cívico como obxectivo: a actitude intercultural como exercicio de educación en valores e cualificación do significado de educación.
5. A relación educativa: convivencia, conflito e mediación. O reto da liberdade comprometida cos principios de educación, que fundamentan as finalidades.
6. Conclusión: A converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Dos dereitos de terceira xeración aos dereitos de cuarta xeración (do desenvolvemento cívico ao desenvolvemento dos pobos).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (4 DOCUMENTOS DE CONCEPTO):
Touriñán, J. M. (2024). La relación educativa es el medio idóneo de interacción educando-educador: una mirada desde la pedagogía. en J. M. Touriñán e S. Longueira (Coords.), Pedagogía y educación, en perspectiva mesoaxiológica. Cuestiones actuales. Colección internacional de pedagogía mesoaxiológica patrocinada por Redipe (Libro 17). Redipe-Capítulo de Estados Unidos. (pp. 19-125).
Touriñán, J. M. (2016). La educación intercultural es cualificación del significado de educación vinculada al sentido de la educación, en Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación (2ª ed.) (pp. 133-173). Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). La educación para el desarrollo de los pueblos. Un escalón de la educación para la convivencia ciudadana planetaria y una orientación formativa temporal, necesaria, en Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación (2ª ed.) (pp. 209-245). Andavira.
Touriñán, J. M. (2022).Construyendo el ámbito de educación “museo”: museísmo pedagógico y procesos de educación, en J. M. Touriñán, Pedagogía, de las artes. La perspectiva mesoaxiológica. Andavira. Cap. 5.
A principios de curso, haberá un programa detallado accesible no campus virtual, ofrecendo documentos e alternativas por se algún dos referenciados non estivera dispoñible
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Touriñán, J. M. (2023). La educación en perspectiva mesoaxiológica: construir el ámbito de educación, hacer el diseño educativo y generar intervención desde la Pedagogía, en J. M. Touriñán, Pedagogía mesoaxiológica. Postulados y fundamentos, capítulo 5. (DOCUMENTO DE APOYO A LA EXPLICACIÓN EN CLASE).
Morín, E. e outros (2002). Desafíos de la mundialización. Cuadernos de la Fundación M. Botín, 2. Observatorio de análisis y tendencias.
Olveira, Mª E. (1999). A familia como transmisora da identidade de orixe: A emigración española a Francia. Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
Olveira, M. E. (2000). Interculturalismo en Europa: El referente de las segundas generaciones españolas en Francia. Revista Española de Pedagogía, 216, 341-357.
Olveira, M. E. y otros (2003). Emigración, interculturalismo y legitimación cultural. Las Sociedades Gallegas en el Exterior. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, (8), 9-20.
Pérez-Díaz, V. (1997). La esfera pública y la sociedad civil. Taurus.
Reboul, O. (1972). ¿Transformar la sociedad? ¿Transformar la educación? Narcea.
Sauca, J. M. e Wences, M. I. (Eds.) (2007). Lecturas de la sociedad civil. Un mapa contemporáneo de sus teorías. Trotta. (DOCUMENTO DE APOYO AL DESARROLLO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2014). Educar con valores es una competencia profesional y educar en valores es una materia escolar, en Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. Netbiblo. [Cap. 7, epíg. 2 y Cap. 8, epígs. 6 y 7]. http://dondestalaeducacion.com/files/8414/8042/0068/128._LIBRO_PDF__Don… [Mismo contenido en Touriñán, J.M. (2016). Educar con valores una competencia profesional insoslayable e irrenunciable, en Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención. Andavira (Cap. 7, epíg. 2 y Cap. 8, epígs. 6-7)]. (DOCUMENTO DE APOYO AL DESARROLLO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2018). Síntesis del contenido del vídeo 1 sobre perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía. La perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía 1: conocimiento de la educación y concepto de educación. Sesiones docentes correspondientes al Curso de Pedagogías Alternativas. REDIPE. http://dondestalaeducacion.com/files/8515/6485/1219/Sintesis_Vid_1_y_2_… (DOCUMENTO DE APOYO AL DESARROLLO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2018). Síntesis del contenido del vídeo 2 sobre perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía. La perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía 2: construir el ámbito de educación, hacer el diseño educativo y generar intervención. Sesiones docentes correspondientes al Curso de Pedagogías Alternativas. REDIPE. http://dondestalaeducacion.com/files/8515/6485/1219/Sintesis_Vid_1_y_2_… (DOCUMENTO DE APOYO AL DESARROLLO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2019). Saber para construir ámbitos de educación, valorando educativamente cada medio utilizado, es Pedagogía, en SI(e)TE, Saber para hacer en educación. Andavira. (DOCUMENTO DE APOYO AL DESARROLLO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (Dir.) (2012). Desarrollo cívico, sentido intercultural de la educación y convivencia cualificada y especificada. Netbiblo. [Cap 1, epígs. 2-3-4-5-10-11].(DOCUMENTO DE APOYO AL DESARROLLO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2019a). Estudiar es actividad común externa y siempre educamos con la actividad. Una aproximación desde la perspectiva mesoaxiológica. Teoría de la Educación. Revista interuniversitaria, 31 (2), 7-39. (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Longueira, S, Rodríguez, A. e Touriñán, J. M. (2019b). Valores educativos comunes y específicos: análisis descriptivo de su integración pedagógica en las materias escolares a partir de la percepción de los docentes sobre su actividad. Revista Boletín Redipe, 8 (6), junio, 23-49. (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2019c). ¿Qué estamos haciendo mal? Una reflexión desde la Pedagogía, en A. de la Herrán, J. M. Valle y J. L. Villena (Coords.), ¿Qué estamos haciendo mal en la educación? Reflexiones pedagógicas para la investigación, la enseñanza y la formación. Octaedro, pp. 287-330. (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2020a). Saber para construir ámbitos de educación, valorando educativamente cada medio utilizado, es Pedagogía, en SI(e)TE (2020). Saber para hacer en educación. Andavira, capítulo 7. (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Touriñán, J. M. (2020b). Los medios y su valor pedagógico en la relación educativa, en A. Medina, A. de la Herrán y M.ª C. Domínguez, Hacia una Didáctica humanista. Redipe (Bowker Books in print)-UNED, pp. 199-268. (Documento de apoyo al desarrollo conceptual).
Sauca, J. M.ª e Wences, M.ª I. (Eds.) (2007). Lecturas de la sociedad civil. Un mapa contemporáneo de sus teorías. Trotta.
UNESCO (1997) Nuestra diversidad creativa. Informe de la comisión mundial de cultura y desarrollo. UNESCO.
UNESCO. (2021). Reimaging Ours Futures Together. A New Social Contract for Education. Report from the International Commission of the Futures of Education. UNESCO.
Pode consultarese documentación complementaria nas seguintes fontes: https://www.youtube.com/channel/UCzbNAzwFApNMViix5_HDz0w
http://dondestalaeducacion.com (desenvolvementos conceptuais específicos)
Nos libros que se referencian de seguido:
Touriñán, J. M. (2024). Pedagogía y educación, en perspectiva mesoaxiológica Postulados y fundamentos). Andavira.
Touriñán, J. M. (Dir.) (2023). Colección Internacional de Pedagogía Mesoaxiológica (18 libros). Patrocinada por Redipe. http://dondestalaeducacion.com/
https://www.youtube.com/channel/UCzbNAzwFApNMViix5_HDz0w
REDIPE | Red Iberoamericana de Pedagogía
Touriñán, J. M. (2021). Pedagogía, de las artes. La perspectiva mesoaxiológica. Andavira.
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar. Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. Bello y Martínez.
COMPETENCIAS XERAIS DO TÍTULO
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CG3 - Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
COMPETENCIA BÁSICA DO TÍTULO
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS DO TÍTULO
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer»
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TÍTULO
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria
COMPETENCIAS PARTICULARES DO MÓDULO ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Identificar competencias sociais e interculturais en perspectiva local e global.
2. Avaliar programas de educación intercultural e de educación para a cidadanía.
3. Usar experiencias axiolóxicas sobre os contextos pedagóxicos tendentes á construción da ciudadanía.
Seguiranse as directrices xerais de máster. De xeito particular nesta materia realizaranse actividades teóricas e prácticas dentro e fóra da aula virtual. Contémplase a posibilidade de traballos de carácter conceptual e probas de carácter temático. Dado o carácter semipresencial desta materia, contemplaranse as actividades anteriores en relación á súa posibilidade de realización en modalidade de espazo e tempo asíncrono. A asistencia ás sesión presenciais son condición necesaria para poder ser executado o proceso de avaliación na materia.
Utilizarase a aula virtual como ferramenta de apoio.
O alumnado, ademais da actividade diaria, debe realizar a avaliación por módulo, atendendo ás directrices específicas desa modalidade. Esta materia pertence ao Módulo III e neste caso o traballo non é sobre unha tese ou sobre un artigo susceptible de síntese en forma de mapa conceptual, como corresponde aos Módulos I e II, respectivamente. No Módulo III trátase de facer un traballo de recensión sobre artigos e libros propostos desde a materia. Nesa modalidade a distribución do peso na avaliación entre traballo de avaliación por módulo e actividade diaria en clase será de 70% traballo de módulo e 30% actividade diaria.
O alumnado deberá realizar como parte da súa actividade diaria o seguimento na clase das exposicións de carácter conceptual do profesorado. Ademais, tomando como punto de partida as exposicións e os documentos de concepto e apoio especificados no programa, dentro da parte correspondente á actividade diaria, como práctica interactiva, o alumnado en grupos deberá realizar un traballo escrito.
Esta materia ten dous partes (a do Prof. J. M. Touriñán e a das profesoras Esther Olveira e Silvana Longueira). As cualificacións son complementarias, pero hai que obter, para facer sumatorio, un 5 polo menos en ambas as partes.
A cualificación do 30% (3 puntos sobre 10) distribúese do seguinte modo: Asistencia ás clases e seguimento das exposicións (40% da nota = 1.2 como máximo). Actividade práctica en grupos ( 60% da nota = 1.8 como máximo).
O alumnado deberá realizar como parte da súa actividade práctica un traballo de carácter conceptual, tomando como punto de partida un dos catro documentos especificados no programa como documentos de concepto, de maneira que o alumnado defina e relacione 10 conceptos vinculados co título e o contido central do artigo elixido. Para esta actividade práctica, o alumnado formará grupos e cada grupo deberá entregar á profesora Silvana Longueira o traballo escrito en PDF e por medios electrónicos coa firma dos compoñentes do grupo. A distribución do peso da cualificación na avaliación continua será a mesma que na avaliación por módulo: 30% para a actividade diaria e 70% para a proba teórica. Cada parte debe ser aprobada para o sumatorio final (polo menos 1.5 e 3.5 respectivamente). Se se dese o caso de insuficiencia na materia no resultado final, manterase a nota de cada parte aprobada para a seguinte convocatoria.
O traballo de práctica en grupo é o 60% da cualificación parcial. A asistencia a todas as sesións é o 40%. Ambas as notas son a cualificación da actividade diaria que representa o 30 % da cualificación final que debe obterse sumándolle a nota de avaliación por módulo ou á nota da proba teórica da materia (70%).
O traballo de prácticas, de carácter conceptual, ten como obxectivo elaborar un mapa conceptual, relacionando 10 conceptos seleccionados do contido do artigo elixido, apoiándose nas teses da materia.
O alumnado de exención de docencia ou que perda 30% das asistencias deberá avaliarse atendendo ás directrices marcadas no apartado de observacións deste programa
Aulas e avaliación: 42 h.
Titorías obrigatorias 6 horas
Traballo autónomo do estudantado [actividades (traballos, comentarios, etc.] e estudo: 102 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudio, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudio e de iniciación ás tarefas investigadoras
A principios de curso, haberá un programa detallado accesible no campus virtual, que desenvolve estas directrices.
Calquera circunstancia persoal que puidera alterar o normal seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesorado á maior brevidade. De non facelo non se poderá considerar a súa influencia na avaliación do rendemento académico.
Ao comezo das clases da materia entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos da materia serán entregados a través da Aula Virtual. No caso de que algunha tarefa sexa solicitada polo profesorado en formato físico (papel impreso), teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-INDICACIÓN REFERIDA AO PLAXIO E AO USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
MODALIDADE DE EXAME, DE TRABALLO E DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA OU PERDA DE MÁIS DUN 30% DA ASISTENCIA NA MATERIA
O alumnado que estea incluído nesta directriz non segue o sistema presencial de asistencia completa e avaliación continua. Poderá vir a algunha clase, se #o seu circunstancias llo permiten, pero non se integra nos grupos de traballo aos efectos da súa actividade, que debe ser realizada de maneira individual.
Todos os documentos que hai na aula virtual para o alumnado #asistente son válidos para o de dispensa ou o de perda de máis do 30% de asistencia. As directrices xerais de curso son comúns para todo o alumnado. Todos deben estudar os documentos que corresponden.
O alumnado referido nesta directriz debe facer o resumo do documento de Apoio ás explicacións de clase que está especificado no programa-tese e o resumo do documento Cadros Ed. Valores (...).
Fanse os dous resumos cunha extensión, cada un deles, de 10 a 15 folios escritos por unha cara. Cada resumo organizarase en tres partes: estrutura do documento, contido fundamental relatado nos epígrafes do documento e conclusións (destacando nas conclusións: 1.- que achega ao obxectivo central da materia (que achega a educación á sociedade) o texto, obxecto de resumo, e 2.- que parte da tese central explicitada no programa-tese desenvólvese no documento de Apoio e no de Cadros que resumiu, segundo proceda).
O alumnado referido nesta directriz debe facer, ademais dos dous resumos indicados no parágrafo anterior, unha proba escrita consistente en redactar no exame un resumo do contido dun dos catro artigos especificados como documentos de concepto no programa-tese (o que elixa). O seu resumo redactado no exame responderá á mesma organización que os dous resumos aludidos no epígrafe anterior: estrutura, contido e conclusións do traballo. Pero nas conclusións deberá aterse ás seguintes condicións:
A conclusión necesariamente permitirá ver,
1.-que di o contido do documento elixido respecto do obxectivo fundamental deste seminario, que é dar resposta á pregunta que achega a educación á sociedade
2.- que parte da tese central exposta no programa-tese desenvólvese no texto a resumir.
3.- a resposta necesariamente especificará 10 conceptos craves do documento resumido que farían posible concibir un mapa conceptual do documento.
Os resumos dos documentos de Apoio e Cadros fanse individualmente e poderanse entregar escritos en papel, cando vaian realizar o exame ou en PDF por medio electrónico. Tamén se pode redactar previamente a resposta da proba escrita. No exame pode usar o documento elixido para exame e a resposta redactada con anterioridade como documentos de consulta e apoio á redacción que se vai a realizar na aula de exame. O tempo de redacción na proba será como máximo dúas horas.
As cualificacións son complementarias, pero hai que obter, para facer sumatorio, un 5 polo menos en cada resumo e na redacción na aula de exame.
A distribución do peso da cualificación na avaliación de alumnos non #asistente será a establecida na normativa: 30% para os dous resumos e a redacción do artigo na aula de exame e 70% para a proba teórica de módulo. Cada parte debe ser aprobada para o sumatorio final (polo menos 1.5 e 3.5 respectivamente sobre 10). O 30% distribúese en 10% para cada actividade (1 punto para cada un dos dous resumos e 1 punto para a redacción na aula). Para aprobar deben superarse con aprobado as tres actividades.
Se se dese o caso de insuficiencia no exame de módulo no resultado final, manterase a nota desta parte aprobada (30% da nota) para a seguinte convocatoria.
María Esther Olveira Olveira
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
14.01.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
09.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |