Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Botánica, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia aborda o estudo das distintas tipoloxías de áreas protexidas coa finalidade de que o estudante adquira coñecementos que lle faculten nos aspectos chave da planificación e xestión, entre os que se atopan o coñecer e aplicar os criterios de designación das distintas figuras de áreas protexidas, identificar e coñecer os obxectivos, directrices e normativa para asegurar a súa conservación, os rexímenes de protección e a súa zonificación, a súa integración nas redes de espazos naturais e de corredores ecolóxicos e a avaliación da capacidade de carga ecolóxica en relación co uso público.
A Memoria Verificada da titulación contempla os seguintes contidos para esta materia:
- Clasificación dos espazos naturais: características e criterios de designación.
- Determinación do estado de conservación dos compoñentes do patrimonio natural y da biodiversidade.
- Zonificación dos espazos naturais.
- Criterios orientadores e réxime de protección dos compoñentes do patrimonio natural e da biodiversidade.
- Criterios e directrices orientadores da restauración dos compoñentes do patrimonio natural e da biodiversidade.
- Integración das áreas protexidas nas redes de espazos e corredores ecolóxicos.
- Procedementos para o seguimento e valoración das actuacións.
- Avaliación da capacidade de carga ecolóxica en relación con uso público.
Estes contidos desenvolveranse de acordo ao seguinte programa:
Programa teórico (Clases expositivas):
Indícase entre parénteses a duración estimada en horas para cada tema.
Tema 1.- Concepto de Area Protexida. Criterios orientadores e réxime de protección dos compoñentes do patrimonio natural e da biodiversidade (1 h).
Tema 2.- Criterios e directrices orientadoras da restauración dos compoñentes do patrimonio natural e da biodiversidade (1 h).
Tema 3.- Clasificación dos espacios naturais: características e criterios de designación dos Espazos Naturais Protexidos (1 h).
Tema 4.- Espacios Rede Natura 2000 e Areas Protexidas por Instrumentos Internacionais (1 h).
Tema 5.- Zonificación de espazos naturais (1 h).
Tema 6.- Integración das áreas protexidas nas redes de espazos e corredores ecolóxicos (1 h).
Tema 7.- Determinación do estado de conservación dos compoñentes do patrimonio natural e da biodiversidade (1 h).
Tema 8.- Evaluación da capacidade de carga ecolóxica en relación co uso público (1 h).
Tema 9.- Procedementos para o seguimento e valoración das actuacións (1 h).
Programa práctico (Clases interactivas):
As actividades docentes interactivas levaranse a cabo mediante a realización unha viaxe de prácticas (12 horas), que se desenvolverá en distintas áreas protexidas coa finalidade de poder analizar as súas características, estado de conservación, zonificación, modelos de gobernanza, medidas de xestión, etc. Dita viaxe terá como lugar de partida e regreso o Campus de Lugo. Os estudantes deberán de redactar un informe sobre os contidos abordados nesta actividade práctica, que formará parte do sistema de avaliación.
Bibliografía básica
BOE (2020). Código de Naturaleza y Biodiversidad. Madrid: Boletín Oficial del Estado.
CBD (1992). Convention on Biological Diversity. New York: Naciones Unidas. Colección de Tratados de las Naciones Unidas.
CBD (2010). Plan Estratégico para la Diversidad Biológica 2011-2020. Montreal, Quebec; Convenio de Diversidad Biológica.
Ferreiro da Costa, J. & Ramil-Rego, P. (2018). Biological Conservation and Nature Protection Strategies in Spanish Atlantic Region. In: Bülent Sen (Ed.) Selected Studies in Biodiversity: 25-44. InTech. Rijeka. Croacia.
Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE 299, 14/12/2007.
ONU (2015). Transformar nuestro mundo: la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible. New York: Naciones Unidas. Asamblea General.
Ramil-Rego, P. & Crecente Maseda, R. (Coord.). (2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Conselleria do Medio Rural (Xunta de Galicia) & Instittuo de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, IBADER (USC). Santiago de Compostela. 8 Vol.
Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J. (2012). Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2012. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P.,Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Real Decreto 1274/2011, de 16 de septiembre, por el que se aprueba el Plan estratégico del patrimonio natural y de la biodiversidad 2011-2017, en aplicación de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE. 236. 30/09/2011.
UICN (2001). Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. UICN Gland, Switzerland and Cambridge.
Bibliografía complementaria
Asensio, O. (2019). Las áreas marinas protegidas en España: una visión de conjunto. Revista Catalana de Dret Ambiental. 10. 10.17345/rcda2723.
De Rojas Martínez, F. (2006). Los Espacios Naturales Protegidos. Cizur Menor (Navarra): Thomson-Aranzadi.
Dudley, N. (2008). Directrices para la aplicación de las categorías de gestión de áreas protegidas. Gland, Suiza: UICN.
Ferreiro da Costa, J., Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L., Rodríguez Guitián, M.A.. (2011). Valoración de servicios ecosistémicos en Galicia: Aplicación en las Reservas de la Biosfera. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Gallego, M.S. (2014). La Red Natura 2000 en España. Régimen jurídico y análisis jurisprudencial. Madrid: SEOBirdLife.
Infante, O.; Fuente, U. & Atienza, J.C. (2011). Las Áreas Importantes para la Conservación de las Aves en España. Madrid: SEO/BirdLife.
Múgica de la Guerra; M.; Martínez Alandi; C.; Puertas Blázquez, J.; Atauri Mezquida, J.A.; Gómez-Limón García, J. & García Ventura, D. (2019). EUROPARC-España. 2019. Anuario 2018 del estado de las áreas protegidas en España. Madrid: Fundación Fernando González Bernáldez.
Mulero Mendigorrio, A. (2002). La protección de espacios naturales en España. Madrid: Editorial Mundiprensa.
Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos Román, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B.; Hinojo Sánchez, B.A.; Martínez Sánchez, S.; Cillero Castro, C.; Díaz Varela, R.A.; Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Hinojo Sánchez, B.A.; Rodríguez González, P.M.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos Román, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B. ; Díaz Varela, R.A.; Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.) (2019). Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade.
Bibliografía complementaria (en inglés)
EC (2013). The Interpretation Manual of European Union Habitats - EUR28. Bruselles: European Communities. Office for official Publications of the European Communities. Nature ENV B.3
Ramsar (2006). Manual de la Convención de Ramsar: Guía a la Convención sobre los Humedales (Ramsar, Irán, 1971), 4a. edición. Gland (Suiza). Secretaría de la Convención Ramsar.
CE (2020). EU Biodiversity Strategy for 2030. Bringing nature back into our lives. COM (2020) 380 final Brussels: Communication from the Commission to the European Parliament, the Council, the European Economic and Social Committee and the Committee of the Regions.
A Memoria Verificada da titulación establece a seguinte relación de competencias para esta materia:
Básicas e xerais
CG01 - Capacidade de buscar e seleccionar a información útil para resolver problemas complexos, manexando con soltura as fontes bibliográficas e estatísticas existentes.
CG02 - Capacidade de manter e extender planteamentos teóricos fundados para abordar problemas de investigación no campo da análise xeográfica e territorial.
CG03 - Capacidade de recompilar información espacial procedente de diferentes fontes e integrala en bases de datos xeoespaciais.
CG06 - Capacidade para abordar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais i económicos das decisións territoriais.
CB07 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB09 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
Transversais
CT04 - Coñecemento das principais fontes cartográficas e de información territorial.
CT08 - Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como nas solucións técnicas adoptadas.
Específicas
CE05 - Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06 - Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
CE09 - Capacidade para o deseño de políticas de planificación e xestión do uso do solo, así como da propiedade da terra.
CE10 - Capacidade tanto para a resolución de problemas derivados da infrautilización ou ineficiencia no uso do solo como da súa sobreexplotación ou uso non axeitado.
CE11 - Capacidade para pensar e actuar coma axente de desenvolvemento rural e local, considerando as persoas e comunidades involucradas nas políticas e plans de desenvolvemento.
A metodoloxía de ensinanza inclúe clases expositivas e clases interactivas. Nas clases expositivas presentarase unha síntese actualizada das estratexias, convenios e categorías internacionais, nacionais e autonómicas de protección do medio natural, analizando os compromisos de conservación da biodiversidade derivadas dos mesmos. Tamén se explicarán os contidos establecidos no programa da materia facendo uso, si se considera necesario, do Campus Virtual e os medios audiovisuais pertinentes. En determinados casos, poderá recomendarse aos estudantes a lectura de publicacións específicas para fomentar o debate e intercambio de opinións na aula.
Nas clases interactivas realizarase unha viaxe de prácticas a espazos protexidos de Galicia, orientada a coñecer a planificación e xestión vixente en ditos espazos. Os estudantes terán que entregar un informe da práctica realizada no que se resuman os principais aspectos abordados durante a súa realización. Dita viaxe terá como lugar de partida e regreso o Campus de Lugo. Os estudantes deberán de redactar un informe sobre o contido da práctica, que formará parte do sistema de avaliación.
As actividades en aula e as prácticas complementaranse coa elaboración por parte dos estudantes dun traballo individual centrado nos aspectos de planificación e xestión dunha área protexida.
A programación docente inclúe a realización de titorías en grupos reducidos (3h) nas que os estudantes plantexarán as dúbidas relativas a conceptos teóricos ou aquelas relacionadas coa elaboración dos traballos individuais.
Todas as actividades docentes programadas terán carácter presencial, realizándose un seguimiento da asistencia e participación en cada unha delas.
Actividade formativa Horas Presencialidade
Clases expositivas. 9 100%
Clases interactivas (viaxe de prácticas). 12 100%
Tutorías en grupos reducidos. 3 100%
Elaboración de informes e traballo individual obrigatorio. 51 0%
A avaliación da aprendizaxe realizarase a traveso de tres modalidades: a valoración da participación nas actividades programadas, a elaboración de informes e a redacción do traballo individual da materia. As competencias avaliadas e o peso de cada unha das modalidades na cualificación final dos estudantes (primeira e segunda oportunidade e para os alumnos repetidores) é a seguinte:
Modalidade de avaliación Competencias Peso na calificación final
Valoración da participación en clase e aproveitamento das clases prácticas CG06, CB07, CB09, CT08, CE06, CE09; CE10 10%
Elaboración de informes de prácticas CG02, CG03, CG06, CB07, CB09; CT04, CT08, CE05, CE06, CE09; CE10; CE11 30%
Elaboración do traballo obrigatorio da materia CG01, CG06, CB07, CB09; CT08, CE06, CE09, CE10 60%
Para superar a materia é necesario superar as tres modalidades de avaliación descritas.
Os estudantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por causa de traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para aprobar a materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía Docente. Ademais, os estudantes deberán de presentarse nas datas establecidas oficialmente de primeira e segunda oportunidade para presentar o traballo obrigatorio da materia.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, particularmente nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Horas presenciais:
Clases expositivas: 9 horas.
Clases interactivas: 12 horas
Titorías: 3 horas
Total presenciais: 27 horas
Traballo persoal do alumno:
Lectura e revisión dos temas para a elaboración dos traballos: 20 horas
Elaboración dos informes de prácticas: 4 horas
Elaboración do traballo individual obrigatorio da materia: 24 horas
Total horas non presenciais: 48 horas
Total horas de traballo do alumno: 75 horas
Recoméndase que os alumnos asistan de xeito regular ás clases e titorías e fagan un seguimento da materia no Campus Virtual, así como da documentación complementaria, notificacións e cualificacións.
Recoméndase tamén o repaso diario da materia cursada, para poder integrar axeitadamente os seus contidos teóricos coas actividades prácticas e a elaboración dos traballos individuais.
Pablo Ramil Rego
Coordinador/a- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor