Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Botánica, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Esta materia oriéntase ao estudo dos compoñentes biolóxicos do Patrimonio Natural, centrado nas especies, os hábitats e os corredores ecolóxicos, así como a análise dos factores de ameaza que inciden sobre ditos compoñentes, particularmente no caso das especies exóticas invasoras.
A Memoria Verificada da titulación contempla os seguintes contidos para esta materia:
- Bens e recursos naturais que constitúen a diversidade biolóxica.
- Factores que afectan á biodiversidade.
- Criterios de catalogación e xestión de especies e hábitats protexidos.
- Xestión de corredores ecolóxicos.
- Ameazas sobre a biodiversidade.
- Prevención e control de especies exóticas invasoras.
Estes contidos desenvolveranse da cordo ao seguinte programa:
Programa teórico (Clases expositivas):
Indícase entre parénteses a duración estimada en horas para cada tema.
Tema 1.- Diversidade biolóxica. Concepto, niveis (xenes, especies, ecosistemas).(1 h)
Tema 2.- Medio Natural e variabilidade bioxeográfica da biodiversidade. (1 h)
Tema 3.- Presións e ameazas sobre a biodiversidade. (1 h)
Tema 4.- Catalogación de especies silvestres. (1 h)
Tema 5.- Catalogación de hábitats e corredores ecolóxicos. (1 h)
Tema 6.- Retos e obxectivos na conservación da biodiversidade. (1 h)
Tema 7.- Especies exóticas invasoras: problemática e xestión. (1 h)
Tema 8.- Instrumentos de xestión da biodiversidade. (1 h)
Tema 9.- Avaliación da eficiencia das medidas de xestión. (1 h)
Programa práctico (Clases interactivas):
As actividades docentes interactivas levaranse a cabo mediante a realización unha viaxe de prácticas (12 horas) que terá como lugar de partida e regreso o Campus de Lugo e se desenvolverá en distintas áreas protexidas coa finalidade de analizar os seus compoñentes biolóxicos, especies e hábitats protexidos, ameazas para a súa conservación e instrumentos de xestión. Dita viaxe. Os estudantes deberán de redactar un informe sobre o contido da práctica, que formará parte do sistema de avaliación.
Bibliografía básica
BOE (2020). Código de Naturaleza y Biodiversidad. Boletín Oficial del Estado. Madrid.
CBD (2010). Plan Estratégico para la Diversidad Biológica 2011-2020. Montreal, Quebec; Convenio de Diversidad Biológica.
CE (2020). EU Biodiversity Strategy for 2030. Bringing nature back into our lives. COM (2020) 380 final Brussels: Communication from the Commission to the European Parliament, the Council, the European Economic and Social Committee and the Committee of the Regions.
EC (2013). The Interpretation Manual of European Union Habitats - EUR28. Bruselles: European Communities. Office for official Publications of the European Communities. Nature ENV B.3
Ramsar (2006). Manual de la Convención de Ramsar: Guía a la Convención sobre los Humedales (Ramsar, Irán, 1971), 4a. edición. Gland (Suiza). Secretaría de la Convención Ramsar.
Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE 299, 14/12/2007.
ONU (2015). Transformar nuestro mundo: la Agenda 2030 para el Desarrollo Sostenible. New York: Naciones Unidas. Asamblea General.
Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos Román, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B.; Hinojo Sánchez, B.A.; Martínez Sánchez, S.; Cillero Castro, C.; Díaz Varela, R.A.; Rodríguez González, P.M. & Muñoz Sobrino, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Fichas descritivas. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Hinojo Sánchez, B.A.; Rodríguez González, P.M.; Ferreiro da Costa, J.; Rubinos Román, M.; Gómez-Orellana, L.; de Nóvoa Fernández, B. ; Díaz Varela, R.A.; Martínez Sánchez, S. & Cillero Castro, C. (2008). Os Hábitats de Interese Comunitario en Galicia. Descrición e Valoración Territorial. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P. & Crecente Maseda, R. (Coord.). (2012). Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia. Documento Técnico. Dirección Xeral de Conservación da Natureza, Conselleria do Medio Rural (Xunta de Galicia) & Instittuo de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, IBADER (USC). Santiago de Compostela. 8 Vol.
Ramil-Rego, P., Vales, C. (Eds.) (2019). Especies Exóticas Invasoras: situación e propostas de mitigación. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade.
Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J. (2012). Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2012. Monografías do IBADER. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Ramil-Rego, P.,Ferreiro da Costa, J., Gómez-Orellana, L., López Castro, H., Oreiro Rey, C., Rodríguez Guitián, M.A. (2021). Áreas Naturales Protegidas, de las propuestas pioneras a los nuevos paradigmas en pro de la salvaguarda de la Naturaleza. Monografías do Ibader, Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Real Decreto 1274/2011, de 16 de septiembre, por el que se aprueba el Plan estratégico del patrimonio natural y de la biodiversidad 2011-2017, en aplicación de la Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. BOE. 236. 30/09/2011.
UICN (2001). Categorías y Criterios de la Lista Roja de la UICN: Versión 3.1. Comisión de Supervivencia de Especies de la UICN. Gland, Switzerland and Cambridge: UICN.
Bibliografía complementaria
Bañares, Á., Blanca, G., Güemes, J., Moreno, J.C. &. Ortiz, S. (2004). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Madrid: Ministerio de Medio Ambiente. Dirección General de Conservación de la Naturaleza.
Bañares, A.; Blanca, G.; Güemes, J.; Moreno , J.C. & Ortiz, S. (2007). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Adenda 2006. Madrid. Ministerio de Medio Ambiente. Dirección General para la Biodiversidad.
Bañares, A.; Blanca, G.; Güemes, J.; Moreno, J.C. & Ortiz, S. (2008). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Adenda 2008. Madrid. Ministerio e Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Dirección General de Medio Natural y Política Forestal.
Bañares, A.; Blanca, G.; Güemes, J.; Moreno, J.C. & Ortiz, S. (2010). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Adenda 2010. Madrid. Ministerio e Medio Ambiente y Medio Rural y Marino. Dirección General de Medio Natural y Política Forestal.
Bañón, R. (2018). Inventario de la biodiversidad marina de Galicia, Proyecto LEMGAL. Santiago de Compostela: Consellería do Mar. Xunta de Galicia.
Ferreiro da Costa, J., Ramil-Rego, P., Gómez-Orellana, L., Rodríguez Guitián, M.A.. (2011). Valoración de servicios ecosistémicos en Galicia: Aplicación en las Reservas de la Biosfera. Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Ibader. Universidade de Santiago de Compostela. Lugo.
Moreno Saiz, J.C.; Iriondo Alegria, J.M., Martínez García, F., Martínez Rodríguez, J. & Salazar Mendías, C. (2019). Atlas y Libro Rojo de la Flora Vascular Amenazada de España. Adenda 2017. Madrid: Ministerio para la Transición Ecológica. Secretaria de Estado de Medio Ambiente. Dirección General de Biodiversidad y Calidad Ambiental.
Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M. A.; Rubinos Román, M.; Ferreiro da Costa, J.; Hinojo Sánchez, B.; Blanco López, J. M.; Sinde Vázquez, M.; Gómez-Orellana Rodríguez, L.; Díaz Varela, R.; Martínez Sánchez, S. & Muñoz Sobrino, C. (2005). La expresión territorial de la biodiversidad. Paisajes y hábitats. Recursos Rurais (Serie Cursos), 2: 109-128.
Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J. (2005). Reseña del Patrimonio Natural y la Biodiversidad de Galicia: año 2005. Lugo: Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Ramil-Rego, P.; Rodríguez Guitián, M.A.; Gómez-Orellana, L & Ferreiro da Costa, J. (2012). Reseña do Patrimonio Natural e a Biodiversidade de Galicia: año 2012. Lugo: Monografías do IBADER - Serie Biodiversidade. Universidade de Santiago de Compostela.
Bibliografía complementaria (en inglés)
CBD (1992). Convention on Biological Diversity. New York: Naciones Unidas. Colección de Tratados de las Naciones Unidas.
Rivas-Martínez, S., Díaz, T.E., Fernández-González, F., Izco, J., Loidi, J., Lousã, M. & Penas, A. (2002). Vascular plant communities of Spain and Portugal. Addenda to the Syntaxonomical checklist of 2001. Itinera Geobot. 15(1-2): 5-922.
A Memoria Verificada da titulación establece a seguinte relación de competencias para esta materia:
Básicas e xerais
CG05 - Capacidade para desenvolver unha perspectiva crítica sobre os diferentes aspectos que condicionan o uso humano do territorio.
CG06 - Capacidade para abordar os problemas desde unha visión holística que considere os efectos ambientais, sociais i económicos das decisións territoriais.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB10 - Que os estudantes adquiran as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
Transversais
CT06 - Capacidade de traballo en equipo e liderado, en contornas cooperativas, pluridisciplinares o de alto nivel competitivo.
CT08 - Adquisición de responsabilidade ambiental e social na elaboración de políticas territoriais e na implantación de plans e proxectos con incidencia territorial, así como as solucións técnicas adoptadas.
Específicas
CE04 - Capacidade para levar a cabo procesos de análise, avaliación e diagnóstico do territorio, do medio ambiente, do urbanismo, dos usos do solo e da propiedade da terra desde un punto de vista económico, social e ambiental.
CE05 - Formación para extraer, analizar e presentar a información necesaria para a toma de decisións na planificación e xestión territorial e ambiental.
CE06 - Coñecemento e uso crítico da terminoloxía especializada en planificación e xestión territorial e ambiental, e capacidade para a aplicación práctica dos coñecementos sobre planificación do territorio, en especial no ámbito galego.
CE07 - Preparación e redacción de informes de ordenación do territorio, planeamento urbanístico e de xestión ambiental a traveso da análise crítica, a avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
A metodoloxía de ensinanza consiste en clases expositivas e clases interactivas. Nas clases expositivas presentaráse unha síntese actualizada dos contidos enumerados no programa da materia facendo uso dos medios audiovisuales pertinentes e, si se considera necesario, do Campus Virtual. En determinados casos, poderá recomendarse aos estudantes a lectura de publicacións específicas para fomentar o debate e intercambio de opinións na aula.
Nas clases interactivas realizarase unha viaxe de prácticas a espazos protexidos de Galicia, orientada a coñecer os seus compoñentes biolóxicos, especies e hábitats protexidos, ameazas para súa conservación e instrumentos de xestión. Dita viaxe terá como lugar de partida e regreso o Campus de Lugo. Os estudantes deberán de entregar un informe da práctica realizada no que se resuman os principales aspectos abordados durante a súa realización.
As actividades en aula e as prácticas complementaránse coa elaboración por parte dos estudantes dun traballo individual centrado na caracterización dos compoñentes da biodiversidade presentes e a problemática que lles afecta dentro dun espacio natural protexido.
A programación docente inclúe a realización de titorías en grupos reducidos (3 h) nas que os estudantes plantexarán as dúbidas relativas a conceptos teóricos ou aquelas relacionadas coa elaboración dos traballos individuais.
Todas as actividades docentes programadas terán carácter presencial, realizándose un seguimiento da asistencia e participación en cada unha delas.
Actividade formativa Horas Presencialidade
Clases expositivas. 9 100%
Clases interactivas (viaxes de prácticas). 12 100%
Tutorías en grupos reducidos. 3 100%
Elaboración de informes e traballo individual obrigatorio. 51 0%
Contémplanse tres modalidades de avaliación: a valoración da participación nas actividades programadas, a redacción do informe sobre a viaxe de prácticas e a elaboración do traballo individual da materia. As competencias avaliadas e o peso de cada unha das modalidades na cualificación final dos estudantes (primeira e segunda oportunidade e para os alumnos repetidores) é a seguinte:
Modalidade de avaliación Competencias Peso na calificación final
Valoración da participación en clase e aproveitamento das clases prácticas CG05, CG06, CB07, CB10; CT06; CE04; CE06; CE07 10%
Elaboración de informes de prácticas CG05, CG06, CB07, CB10, CT08, CE04; CE05; CE06; CE07 30%
Elaboración do traballo individual obrigatorio da materia CG05, CG06, CB07, CB10; CE05; CE06 60%
Para superar a materia é necesario superar as tres modalidades de avaliación descritas.
Os estudiantes que teñan dispensa de asistencia a algunha das actividades docentes programadas por causa de traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao dispuesto na Instrucción 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para aprobar a materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía Docente.
As actuacións dos profesores da materia rexeranse, particularmente nos casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Horas presenciais:
Clases expositivas: 9 horas.
Clases interactivas: 12 horas
Titorías: 3 horas
Total presenciais: 27 horas
Traballo persoal do alumno:
Lectura e revisión dos temas para a elaboración dos traballos: 20 horas
Elaboración dos informes de prácticas: 4 horas
Elaboración do traballo individual obrigatorio: 24 horas
Total horas non presenciais: 48 horas
Total horas de traballo do alumno: 75 horas
Recoméndase que os alumnos asistan de xeito regular ás clases e titorías e fagan un seguimento da materia no Campus Virtual, así como da documentación complementaria, notificacións e cualificacións.
Recoméndase tamén o repaso diario da materia cursada, para poder integrar axeitadamente os seus contidos teóricos coas actividades prácticas e a elaboración dos traballos individuais.
Pablo Ramil Rego
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- ramil.rego [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Manuel Antonio Rodriguez Guitian
- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- manuelantonio.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor