Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
- Familiarizar aos futuros profesores coa investigación didáctica que permita cuestionar as prácticas docentes de “sentido común” no ensino da historia e das ciencias sociais, e fomentar hábitos de reflexión que conduzan a un cambio didáctico;
- Analizar de forma crítica os currículos de historia e ciencias sociais no Ensino Secundario Obrigatorio e no Bacharelato, identificando os enfoques disciplinares e didácticos que os inspiran;
- Analizar os discursos e as prácticas do profesorado de historia e ciencias sociais constatando a pervivencia do "código disciplinar" e as manifestacións máis destacadas das innovacións educativas;
- Coñecer e ter en conta as actitudes, intereses e representacións dos estudantes sobre á historia escolar e as consecuencias sobre os procesos de aprendizaxe da historia;
- Coñecer e utilizar estratexias e recursos de ensinanza que faciliten a aprendizaxe de contidos substantivos e competencias históricas no contexto escolar;
- Deseñar e experimentar propostas de ensinanza da historia e ciencias sociais que teñan en conta a investigación didáctica e que utilicen recursos e estratexias innovadoras.
1. A historia escolar e a relevancia do coñecemento histórico
- As funcións da historia no sistema escolar
- Os pasados dolorosos e o ensino da historia
- A relevancia dos contidos históricos
2. Ensinar historias difíciles
- As historias difíciles ou controvertidas
- Profesores e estudantes ante as historias difíciles
- O debate nas aulas de historia
3. O profesorado e o ensino da historia e das ciencias sociais
- A investigación sobre o profesorado e a ensinanza da historia
- Enfoques ou modelos docentes dos profesores de historia
4. Os estudantes e a aprendizaxe da historia
- A investigación sobre a aprendizaxe da historia
- Narrativas históricas e identidade nacional
- O pensamento histórico dos estudantes
5. Memoria histórica e ensino da historia
- Memoria e historia
- A memoria nas aulas de historia
- Propostas para traballar coa memoria nas aulas de historia
6. O deseño de propostas de ensinanza
- Xustificación e relación co currículo
- Obxectivos e competencias
- Contidos: Coñecementos substantivos e competencias históricas
- Secuencia de actividades
- Avaliación das aprendizaxes e do proceso
Básica:
DOMÍNGUEZ CASTILLO, J. (2015). Pensamiento histórico y evaluación de competencias. Graó
GÓMEZ C., ORTUÑO, J., MIRALLES, P. (2018). Enseñar ciencias sociales con métodos activos de aprendizaje. Octaedro.
Miralles, P., Gómez, C. (Coords.) (2018). La educación histórica ante el reto de las competencias. Octaedro.
Complementaria
BARTON, K. C., & LEVSTIK, L. S. (2004). Teaching history for the common good. Routledge.
CARRETERO, M.; ASENSIO, ;M. & RODRÍGUEZ MONEO, M. (Comp.) (2012). History Education and the Construction of National Identities. Information Age Publishing.
CARRETERO, M.; BERGER. S.; GREVER, M. (eds.) (2017). Palgrave Handbook of Research in Historical Culture and Education. Springer.
Carretero, M., Rosa, A., González, M. F. (Comps.) (2006). Enseñanza de la historia y memoria colectiva. Paidós.
Cuesta, R. (2007). Los deberes de la memoria en la educación. Octaedro.
EPSTEIN, T., y PECK, C. L. (Eds.) (2018). Teaching and Learning Difficult Histories in International Contexts. A Critical Sociocultural Approach. Routledge.
FELIU, M. e HERNÁNDEZ, F. X. (2011). Enseñar y aprender historia. 12 ideas clave. Graó.
FERRO, M.(2008). El cine: una visión de la Historia. Akal.
GISPERT, E. (2009). Cine, Ficción y Educación. Laertes.
Gómez, C. J., Miralles, P., López, R. (Eds.) (2021). Handbook of Research on Teacher Education in History and Geography. Peter Lang.
Gómez, C. J., Souto, X. M., Miralles, P. (Eds.) (2021). Enseñanza de las ciencias sociales para una ciudadanía democrática. Octaedro.
GROSS, M., y TERRA, L. (Eds.) (2019). Teaching and Learning Difficult Pasts: Comparative Perspectives. New York: Routledge.
KITSON, A.; STEWARD, S.; e HUSBANDS, Ch. (2015). Didáctica de la historia en secundaria obligatoria y bachillerato. Morata.
LEVESQUE, S. (2008). Thinking historically: Educating students in the 21st century. University of Toronto Press.
López, R., Miralles, P., Prats, J. e Gómez, C. (dirs.) (2017). Enseñanza de la historia y competencias educativos. Graó.
MARCUS, A. S. et al. (2010). Teaching History with Film. Strategies for Secondary Social Studies. Routledge.
Miralles-Sánchez, P., Sánchez-Ibáñez, R., Moreno-Vera, J.R. (eds.) (2024). Aprender historia en el siglo XXI. Octaedro.
MOLINA, S.; LLONCH, N. e MARTÍNEZ, T. (2016). Identidad, ciudadanía y patrimonio. Educación histórica para el siglo XXI. Trea.
Sánchez-Fuster, M.C., López-García, A., Monteagudo-Fernández, J. (2024). Tecnologías emergentes y alfabetización digital para enseñar historia. Octaedro
SEIXAS, P., & MORTON, T. (2013). The big six historical thinking concepts. Nelson Education.
STERARNS, P., SEIXAS, P., WINEMBURG, S. (Eds.) (2000). Knowing, Teaching and Learning History. National and International Perspectives. Universtiy Press.
TREPAT, C. e RIVERO, M. P. (2010). Didáctica de la historia y multimedia expositiva. Graó.
XUNTA DE GALICIA (2007). Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se establece o currículo da ESO na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 13 de xullo).
XUNTA DE GALICIA (2008). Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo de bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG de 23 de xuño)
Revistas
CLASE DE HISTORIA: http://www.claseshistoria.com/revista/index.html
Clío. History and History Teaching. Zaragoza: Asociación Proyecto Clío. http://clio.rediris.es/
Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales: http://centros.uv.es/web/departamentos/D90/valenciano/
Enseñanza de las ciencias sociales: revista de investigación. http://161.116.7.34/publicacions01/revistes.htm
Her&Mus. Heritage and Museography. Lleida: Unviersitat de Lleida. https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=13773
Íber. Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia. Barcelona: Graó. http://iber.grao.com/revistas/presentacion.asp?ID=10
Revista de investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales (REIDICS): https://revista-reidics.unex.es/index.php/reidics/about
Blogs e sitios web
CLIO EN RED. Red de profesorado de historia e didáctica das ciencias sociais. http://clioenred.ning.com/.
HISTODIDÁCTICA. por Joaquim Prats. http://www.ub.edu/histodidactica
DIDÁCTICA DE LAS CC SS Y TIC. Blog do profesor Diego Sobrino. https://diegosobrino.com/
Esta materia debe contribuír ao desenvolvemento de certas competencias xerais, específicas e transversais que forman parte do proxecto formativo da titulación e que se sinalan de seguido:
a) Competencias xerais:
CX1. Coñecer os contidos curriculares de historia e ciencias sociais.
CX2. Coñecer os resultados máis destacados da investigación didáctica sobre os procesos de ensino e aprendizaxe da historia e as ciencias sociais.
CX3. Planificar, desenvolver e avaliar propostas de ensino e aprendizaxe, utilizando metodoloxías de traballo que faciliten a adquisición das competencias propias das materias de historia e ciencias sociais, así como outras compartidas coas demais materias e áreas da Educación Secundaria.
CX4. Buscar, obter, procesar e comunicar información (oral, impresa, audiovisual, dixital ou multimedia), transformala en coñecemento e aplicala aos procesos de ensino e aprendizaxe da historia e das ciencias sociais.
b) Competencias específicas
CEE5. Coñecer os aspectos teóricos e prácticos sobre o ensino e a aprendizaxe da historia e as ciencias sociais.
CEE6. Transformar os currículos de historia e ciencias sociais en propostas de ensino e programas de actividades.
CEE7. Adquirir criterios de selección, elaboración e avaliación de materiais educativos para as materias de historia e ciencias sociais.
CEE8. Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as opinións e achegas dos estudantes.
CEE9. Integrar os materiais audiovisuais e multimedia no proceso de ensino e aprendizaxe.
CEE10. Coñecer e utilizar procedementos de avaliación que se ocupan non só dos resultados da aprendizaxe dos estudantes senón tamén do deseño e do proceso de ensino.
c) Competencias transversais
CT1. Utilizar bibliografía e ferramentas de busca de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluído o acceso a Internet
CT3. Potenciar a capacidade de traballo en contornos cooperativos e interdisciplinares
A metodoloxía de traballo inspírase nos métodos interactivos e dialóxicos, que parten da base de que a aprendizaxe é un proceso individual pero mediado por factores sociais e grupais, e que a interacción e o diálogo son fundamentais na incorporación de novas ideas e na adquisición de novos significados.
O desenvolvemento da materia combinará clases expositivas con outras interactivas e coas actividades de titorías personalizadas. As clases expositivas utilizaranse para presentar por parte do profesor os grandes núcleos teóricos da materia e suxerir as vías para profundar en cada un deles.
As clases interactivas demandarán máis o traballo autónomo e a implicación dos estudantes para analizar casos, discutir documentos, resolver problemas, organizar debates, etc.
As sesións de titoría utilizaranse para orientar e facer seguimento das tarefas, traballos, lecturas, exposicións, etc. que realicen os estudantes, así como para resolver as dificultades que se presenten.
Na materia aproveitaranse as ferramentas do Campus Virtual da USC para facilitar o acceso aos materiais de ensinanza e establecer comunicación co alumnado.
Na avaliación da materia teranse en conta tres aspectos:
a) A asistencia e participación nas actividades diarias da aula, que supoñerá un 10% da cualificación final. A asistencia a clase é obrigatoria e os estudantes deberán asistir como mínimo ao 80% da duración horaria da materia.
b) A realización de traballos en pequenos grupos, informes, exposicións orais, etc., que terá un peso do 30%. Na medida do posible, tratarase de realizar traballos en grupo que permitan avaliar varias materias da especialidade.
c) A realización e presentación dunha proposta de ensinanza individual que se axustará aos parámetros que se indiquen na aula (60% da cualificación final)
EXENCIÓN DE DOCENCIA
En cumprimento da instrución 1/2017 da Secretaría Xeral sobre a execución de asistencia a clase, o alumnado que dispoña de exención de docencia deberá acordar un plan de traballo específico co profesor, que incluirá:
- Un programa de lecturas e actividades a realizar con prazo de entrega dos traballos indicados (30% da cualificación final)
- Un calendario de reunións (un mínimo de catro) de titorización para realizar o seguimento e avaliación das tarefas encargadas (10% da cualificación final)
- A realización dunha proposta de ensinanza individual que se debe axustar aos parámetros que se indiquen na aula (60% da cualificación final)
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
Clases expositivas: 18 horas
Clases interactivas (seminarios, debates, exposicións,…prácticas): 24 horas
Titorías en grupo pequeno e mediano: 6 horas
Total de horas de traballo presencial en el aula: 48 horas
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
Estudo autónomo, individual ou en grupo: 40 horas
Elaboración de informes, resolución de problemas, deseño de propostas de ensino, etc.: 40 horas
Preparación e participación en debates, presentacións orais, etc.: 15 horas
Lecturas recomendadas, búsquedas bibliográficas, outras tarefas: 7 horas
Total de horas de traballo persoal do alumno: 102 horas
Recoméndase que os estudantes fagan e sigan, baixo a supervisión do profesor e desde o inicio do cuadrimestre, un plan de lecturas e traballos. Non é aconsellable tratar de resolver a materia nas últimas semanas do cuadrimestre nin presentar traballos que non foron orientados e supervisados polo profesor.
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
Para todas as comunicacións académicas será obrigatorio o uso da conta rai así como das demais ferramentas tecnolóxicas institucionais (Campus Virtual, Ms Teams, Microsoft Office 365, etc.)
O ensino-aprendizaxe (aulas / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
En todas as actuacións relacionadas coa materia respectaranse as normas de protección de datos da USC: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
PLAXIO
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
Jose Angel Armas Castro
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812013
- Correo electrónico
- xose.armas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Mércores | |||
16:00-17:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
Xoves | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |
20.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
26.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |