Créditos ECTS Créditos ECTS: 4
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 68 Horas de Titorías: 4 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 16 Total: 100
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia Ciencias Sociais e Educación I ten como principal obxectivo complementar a formación disciplinar que os estudantes do Máster alcanzaron na súa formación de grao. A materia ten como finalidade achegar, aos estudantes, novos coñecementos, destrezas e actitudes relevantes desde a perspectiva do ensino das Ciencias Sociais e Humanidades.
Neste curso preténdese ofrecer unha visión complexa e múltiple sobre cuestións metodolóxicas na produción de coñecementos e saberes en ciencias sociais. Por outra banda, o curso ten un carácter teórico-práctico orientado a mostrar os principais enfoques metodolóxicos e interpretativos. Finalmente, a preocupación central da materia estará en repensar os criterios interpretativos utilizados en ciencias sociais.
Ao finalizar o curso espérase que o estudantado consiga os seguintes obxectivos:
- Coñecer os fundamentos epistemolóxicos das ciencias sociais.
- Comprender o valor formativo e cultural das ciencias sociais.
- Coñecer os contidos curriculares das materias que se cursan na Educación Secundaria Obrigatoria e no Bacharelato.
- Usar temas de actualidade que poñan de manifesto a relevancia das ciencias sociais no desenvolvemento social e nas nosas vidas cotiás.
- Manexar un acervo documental apropiado (tanto a nivel bibliográfico como a nivel de recursos didácticos) que permita a actualización do estudantado en tanto que futuros/ as docentes e a eficaz motivación de quen serán os seus alumnos/ as.
A- O coñecemento científico da realidade social.
O problema fundamental do coñecemento
O idealismo
O espírito crea a materia
O materialismo
As forzas motrices da historia
De onde proceden as clases e as condicións económicas
B- Usos sociais e educativos do coñecemento social.
Pertinencia social do coñecemento
Rendemento social do coñecemento
Usos sociais do coñecemento
C- Ciencias Sociais e educación para a cidadanía
Cidadanía e ensino das ciencias sociais
Cidadanía e conceptos asociados
Cidadanía e concepción disciplinar desde a cal ensinar
D- Guía e preparación dunha unidade didáctica
Estrutura básica dunha unidade didáctica
Guía e discusión na súa preparación
Criterios de redacción
a) BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
Tema A:
- Passeron, Jean-Claude: “¿Es confiable el saber de las ciencias sociales?”, en Clarín, 06-06-2000.
- Wallerstein, Imanuel: Impensar las Ciencias Sociales. Límites de los paradigmas decimonónicos, México, Siglo XXI, 1999. Introducción: ¿por qué impensar? pp. 3-6; Capítulo 8: Comentario acerca de la epistemología: ¿qué es África? pp. 141-143; Capítulo 9: ¿Existe la India? pp. 144-148.
Tema B:
- Bourdieu, Pierre: “El campo científico”, en Redes: revista de estudios sociales de la ciencia, 1 (2), Quilmes, 1994.
Tema C:
- Adorno, Theodor: Educación para la emancipación, Madrid, Morata, 1998. Capítulo I: ¿Qué significa superar el pasado? pp. 15-29; Capítulo V: Educación después de Auschwitz, pp. 79-92; Capítulo VI: Educación, ¿para qué? pp. 93-104; Capítulo VII: Educación para la superación de la barbarie, pp. 105-114; Capítulo VIII: Educación para la emancipación, pp. 115-127.
Tema D:
- Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, Diario Oficial de Galicia, núm 120, 29 xuño 2015.
b) BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Argibay, Miguel; Celorio, Gema; Celorio, Juanjo: Educación para la Ciudadanía Global. Debates y Desafíos, Bilbao, Hegoa, 2009.
Bourdieu, Pierre y Passeron, Jean-Claude: La reproducción, Barcelona, Laia, 1977.
Celorio, Gema y Lopez de Munain, Alicia (coords): Educación para la ciudadanía global. Estrategias de acción educativa, Bilbao, UPV/EHU-Hegoa, 2011
Delgado Algarra, Emilio José: “Educación para la Ciudadanía en la enseñanza de las Ciencias Sociales y la Atención a la Diversidad dentro del marco de la competencia digital”.
García Santa María, Teresa: Un currículum de ciencias sociales para el Siglo XXI qué contenidos y para qué, Logroño, Diada, 1999.
Giroux, Henry: La escuela y la lucha por la ciudadanía, Madrid, Siglo XXI, 1995.
Guijarro Fernández, Alfonso: El diseño curricular de Ciencias Sociales en la educación secundaria obligatoria. Fundamentos de las propuestas de articularlo en torno al estudio de problemas actuales, Tesis doctoral, Universidad de Oviedo, 1997.
Pagès, Joan: “La enseñanza de las ciencias sociales y la educación para la ciudadanía en España”, en Didádicta Geográfica, 3º época, núm. 9, 2007.
c) REVISTAS:
IBER Didáctica de las Ciencias Sociales, Geografía e Historia.
Enseñanza de las Ciencias Sociales.
Con-ciencia social.
De acordo ao que se recolle na Memoria do Título do Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, establécense as seguintes competencias:
BÁSICAS E XERAIS
CX1 - Coñecer os contidos curriculares das materias relativas á especialización docente correspondente.
CX2 - Coñecer o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procesos de ensino e aprendizaxe respectivos.
CX7 - Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á equidade, a igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres, a formación cidadá e o respecto aos dereitos humanos que faciliten a vida en sociedade, a toma de decisións e a construción dun futuro sostible.
TRANSVERSAIS
CT1 - Utilizar bibliografía e ferramentas de procura de recursos bibliográficos xerais e específicos, incluíndo o acceso por Internet.
ESPECÍFICAS
CEE1 - Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización.
CEE2 - Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos.
O curso ditarase en tres clases semanais cun total de sete horas: 2 horas os luns -clase interactiva seminario- 3 horas os martes -clase expositiva- e 2 horas os mércores -clase interactiva seminario.
Para manter certa proporcionalidade entre clases expositivas, discusións teóricas e traballos prácticos, organizaranse as actividades da seguinte maneira:
As aulas expositivas estarán destinadas a presentar os contidos A e B e a discusión dos textos correspondentes a cada un deles.
As aulas interactivas seminario terán un carácter teórico - práctico e estarán destinadas a traballar os temas C e D.
Estas tarefas esixirán unha participación intensa do estudantado, que deberá ler regularmente, expoñer as distintas opinións e tratar de interpretalas dentro dos marcos conceptuais das Ciencias Sociais.
Ao longo do curso, o estudantado deberá realizar dous tipos de traballos, consistentes nun exame global e un balance bibliográfico integrador sobre materiais e cuestións vinculadas ao tema C. O balance deberá presentarse en arranxo ás pautas convidas polo docente e a súa entrega non poderá ser posterior á data oficial de exame. O exame global realizarase durante a última semana do curso.
O alumnado contará coa posibilidade dun seguimento persoalizado a través das titorías docentes. Nestas o alumnado poderá satisfacer preguntas, intereses, problemas ou cuestionamentos.
Todos os textos e materiais de traballo estarán accesibles ao alumnado a través do Campus Virtual.
O persoal docente realizará un seguimento continuo da aprendizaxe.
A cualificación final derivará da suma de dúas partes:
1. Expositiva – exame global (50%)
2. Interactiva – participación e tarefas (50%)
Para superar a materia, é preciso obter cando menos un 50% da cualificación máxima de cada unha das dúas partes.
Para o alumnado con dispensa de asistencia concedida, non se computará a parte do ítem 2 adicada a participación, sumando o resto dos ítems o 100%.
Na segunda oportunidade, en función do que cada estudante precise recuperar: 1) Realizarase exame global da parte expositiva mantendo cualificación interactivas; 2) Viceversa; 3) Realizarase exame global sobre parte expositiva e interactiva (100%).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
De acordo ao que se recolle na Memoria do Título de Máster Universitario en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, para a materia de Ciencias sociais e educación I, establécese a seguinte distribución horaria:
Aulas teóricas/sesións expositivas – Horas: 10; Presencialidade 100
Seminarios/sesións interactivas – Horas: 16; Presencialidade 100
Titorías – Horas: 6; Presencialidade 100
Traballo autónomo do alumnado – Horas: 68
É imprescindible a participación activa dos estudantes nas actividades de discusión e reflexión.
Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións"
Antonio Miguez Macho
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Teléfono
- 881812579
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Martes | |||
16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 6-7 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
15.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
23.06.2025 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 17 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |